Skip to Content

 

logos á dereita

Publicada a listaxe definitiva de admitidos no comedor escolar para o curso 2024/2025

 

Publicada a listaxe definitiva de admitidos/as no comedor escolar para o vindeiro curso 2024/25 no taboleiro de entrada do Edificio da Uceira.

AVISOS

Publicada a listaxe provisional de fondolibros no interior do edificio Uceira (nesta listaxe só aparece o número de libros concedidos).

 

A listaxe definitiva de fondolibros sairá o luns día 8 de xullo (O reparto de libros é en setembro, avisarase ás familias a través da páxina web e do Abalarmobil).

Os cheques de axudas para material e talóns para libros poden recollerse a partir de mañá 4/7/24 no edificio Uceira.

Non esquezan coller os recibos de comedor do mes de xuño para aboar o pagamento (o xustificante pode enviarse por email : ceip.calvo.sotelo@edu.xunta.gal

 

As clases comezarán o 11 de setembro.

BO VERÁN FAMILIAS 

 

 

EMOCIONARNOS A TRAVÉS DA ARTE

Hoxe recibimos a visita da televisión local para realizar unha pequena reportaxe sobre a proposta educativa do Equipo de Plurilingüismo do centro. Velaquí a reportaxe e a entrevista coa mestra coordinadora do equipo, Cristina González.

 

 

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES/AS DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR 2024/2025

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024/2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 8 setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.

Durante o curso escolar 2024-2025  só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

O director do centro.

O Carballiño, 17 de xuño de 2024.

LETRAS GALEGAS 2024

8M 2024

 

Conmemoración do Día da Paz

Conmemoramos o Día Escolar  da  Paz e a Non Violencia a través de varias actuacións musicais. O alumnado de Educación Infantil  realizou unha percusión de ritmos africanos, Si ma ma ka.

Os nenos e nenas de 1°,2° e 3° interpretaron a súa propia versión de "Imagine", de John Lennon e, para rematar, o alumnado de 4°,5° e 6°  formou  a palabra  PAZ.

CONCURSO CHAPAS

Chapa ganadora

A alumna gañadora do I Concurso de chapas Calvo Sotelo foi:

CARLA M.I (5ºB)

PARABÉNS!

Distribuir contido


by Dr. Radut