Novas

MOI IMPORTANTE: XORNADA ÚNICA

MOI IMPORTANTE!

XORNADA ÚNICA

 

Benqueridas familias:

 

Despois da sondaxe sobre a xornada única que tivemos no mes de decembro, no que maioritariamente as familias decidistes a favor de implantala no centro, estamos nun momento decisivo para conseguila.

 

Convocámosvos a todos á VOTACIÓN OFICIAL que se levará a cabo o mércores día 23 de xaneiro no edificio Uceira en horario de 10:30 a 20:00 horas. UN VOTO POR FAMILIA.

 

Queremos recordarvos a importancia de que veñades a votar para conseguir aquilo polo que tanto tempo levamos loitando.

 

A xornada única supón os seguintes cambios para o centro:

 

  1. Horario lectivo: Será de 9:00 a 14:00 horas.

  2. Comedor: En horario de 14:00 a 15:00 horas.

  3. Esta xornada implica unha serie de Actividades Extraescolares voluntarias que se realizarán no centro polas tarde en horario de 15:00 a 17:00 horas.

 

En canto ás ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, informámosvos de varios aspectos:

 

  1. As familias decidirán voluntariamente a que actividades extraescolares asistirán os seus fillos/as, de entre todas as ofertadas.

  2. Durante o horario de actividades, a biblioteca do centro permanecerá aberta e atendida por un profesor/a, para todo aquel alumnado que queira ou necesite utilizala. Isto facilita a libre elección de actividades xa que os alumnos/as poden permanecer nela de 15:00 a 17:00 horas, sendo totalmente gratuita.

  3. As actividades programaranse en función da demanda e interese das familias.

 

Para aclarar as posibles dúbidas, mañá martes día 22 de xaneiro ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Uceira, celebraremos unha REUNIÓN INFORMATIVA para todas as familias que queiran asistir.

 

NOTA: O censo de familias está a disposición de quen queira consultalo no taboleiro da secretaría do centro, edificio Uceira.

Resultado enquisa sobre o horario do Centro

Hoxe día 10 de decembro, realizouse o reconto da enquisa sobre o HORARIO DO CENTRO. O resultado foi o seguinte:

  • XORNADA CONTINUA: 340 familias
  • MODIFICACIÓN DE HORARIO: 30 familias
  • HORARIO ACTUAL: 54 familias
  • ENQUISAS EN BLANCO: 2
  • ENQUISAS NULAS: 5

TOTAL DE ENQUISAS RECOLLIDAS: 431

 

Sobre o total de familias do centro (451 familias), o resultado sería o seguinte:

  1. XORNADA CONTINUA: 75,39%
  2. HORARIO ACTUAL: 11,97
  3. CAMBIO DE HORARIO: 6,65%
  4. NULOS: 1,11%
  5. EN BLANCO: 0,44%
  6. ABSTENCIÓN: 4,43%

ELECCIÓN MAIORITARIA: XORNADA ÚNICA

Enquisa sobre o horario do Centro

Hoxe, día 4 de decembro os nenos e nenas levan na mochila unha carta informativa, un sobre e unha enquisa, para que vostedes opinen sobre o horario que consideren mellor para o Centro.

É moi importante que marquen a opción que consideren, é a mellor para vostedes. Unha vez marcada unha única opción, deberán metela no sobre, pechalo e devolvelo mañá día 5 de decembro ao Colexio polo seu fillo/a. Unha enquisa por familia.

A participación é fundamental. A opinión maioritaria de vostedes servirá para plantexar á Consellería unha mellor xornada lectiva para o Centro.

 

Sexa cal sexa a opción escollida, pedímoslles que participen en dita enquisa!

 

 

Resultado da votación do profesorado para o Consello Escolar

Como resultado das votacions de representantes do profesorado para o Consello Escolar, quedan escollidas:

 

  • Marta Mª Nolasco Fraguas.
  • Pablo Raab Cedrón.

 ACTA DA XUNTA ELECTORAL

 

Representante da Administración e Servizos para o Consello Escolar

Hoxe, día 28 de novembro celebráronse as votacións do persoal da Administración e Servizos para o Consello Escolar do Centro.

representante escollida foi:

  • Ana Tejada Santalices.

ACTA DA XUNTA ELECTORAL

 

 

Representantes de pais/nais ao Consello Escolar

Hoxe, día 26 de novembro celebráronse as votacións para elixir dous representantes de pais/nais para o Consello Escolar do Centro (renovación parcial 2018).

Proclamáronse os seguintes representantes:

  • Gistau Subias, Raúl.
  • Santiago Janeiro, Elvira.

 

ACTA DA XUNTA ELECTORAL

 

Eleccións ao Consello Escolar

Recórdase que está aberto o prazo para a presentación de candidaturas a representantes do Consello Escolar do Centro para o profesorado, persoal da administración e servizos e pais/nais do alumnado, dende o xoves día 8 ata o vindeiro 15 de novembro ás 14:00 horas.

Os censos están expostos na Secretaría do Centro. As reclamacións a ditos censos poderanse facer ata o día 19 de novembro en que a Xunta Electoral os elevará a definitivos.

Reunións de pais/nais

O primeiro día de curso, mércores día 12 de setembro, haberá as seguintes reunións de pais/nais:

  • Ed. Infantil 4 e 5 anos, cada titoría no seu edificio, ás 09:45h.
  • 1º e 2º de Primaria, acudirán ao Salón de Actos, acompañados das familias ás 09:45, para posteriormente acudir a unha reunión cos titores correspondentes.
  • , reunión en cada titoría, ás 09:45 horas.

 

  • 4º, 5º e 6º , as reunións serán no mes de outubro.

Reunión Informativa ás familias de 3 anos

O xoves día 6 de setembro ás 12 horas da mañá, terá lugar no Salón de Actos do Edificio Uceira, unha reunión informativa para as familias do alumnado de 3 anos, do Centro (dos tres edificios).

Distribución de alumnado de 3 anos por edificios

Publicamos a listaxe provisional de distribución de alumnado de 3 anos por edificios para o curso 2018-19, aprobada polo Consello Escolar o día 18 de xuño de 2018.

 

DISTRIBUCIÓN PROVISIONAL

Distribuir contido