Lexislación

Normativa Comedor Escolar

A  Consellería de Educación publicou unha nova normativa do Comedor Escolar, segundo a cal, se pagará en función da renda das familias. Haberá 4 modalidades de pago:

  • Alumnado con gratuidade total.

  • Alumnado que abonará 1 € diario.

  • Alumnado que abonará 2,5 € diarios.

  • Alumnado que abonará 4,5 € diarios.

Nos seguintes apartados poden consultar as instruccións a seguir:

Os solicitantes de comedor deberán cumprimentar o seguinte documento:

  • Modelo de autodeclaración e especificacións.

    NOTA IMPORTANTE: A renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado de facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF.

    casiña 450 + casiña 452 – casiña 454 + casiña 457 + casiña 460 – casiña 461– casiña 741 

    Tamén podería calcularse mediante a seguinte operación:

    casiña 455 + casiña 451 + casiña 453 + casiña 465 + casiña 458 – casiña 741

    Para facilitar o cálculo do prezo a pagar poden consultar a 

    Calculadora simulación dos prezos dos comedores escolares ,

    que permite simular o cálculo dos prezos de comedores en función da renda neta per cápita da unidade familiar.

Distribuir contido