Skip to Content

logos á dereita

APERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/25

 

Admisión e Matrícula para o curso 2024/2025

PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO!

PROCEDEMENTO

Para presentar unha solicitude poderá facelo de tres formas:

⓵ Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro a través da aplicación: AdmisionAlumnado.

⓶ Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

⓷ Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

Todos os trámites presenciais realizaranse no edificio Uceira en horario de 09:00-14:00h.

 

 PRAZOS

Prazo de presentación de solicitudes: Do 1 ao 20 de marzo de 2024.

Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: 25 de abril.

Prazo de reclamación contra a listaxe provisional: no  prazo de cinco días hábiles posteriores á resolución provisional.

Publicación de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: 15 de maio.

Formalización da matrícula: Do 20 ao 30 de xuño.

 MODELOS PARA PRESENTAR A SOLICITUDE 


DOCUMENTOS DESCARGA
Solicitude de praza no centro do 1 ao 20 de marzo. DESCARGA O ANEXO II.   (GALEGO)
Solicitude de praza no centro do 1 ao 20 de marzo. DESCARGA O ANEXO II (CASTELÁN)
Nota informativa para as familias.
Anexo I Admisión

 


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE (ANEXO II)

◘ Anexo I Admisión.

◘ Orixinal ou copia cotexada do DNI do alumno/a (se o ten), e dos seus pais.

◘ Orixinal ou copia cotexada do Libro de Familia.

◘ Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para o curso para o que solicita praza (só para alumnado de Primaria).

◘ Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio onde conste a custodia do menor, se é o caso. 

 

 



page | by Dr. Radut