Skip to Content

logos á dereita

Novidades

Carta adicada ao alumnado de 6º de Primaria

Carta adicada ao alumnado de 6º de Primaria

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2021-22

 

 PRAZOS

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

DOCUMENTACIÓN

 

Anexo III-1- Descarga 

Certificado de Convivencia.

 

Fotografía do neno ou nena en tamaño carnet.

 

Recorden traer a documentación relativa a comedor no caso de que

 

solicitaran este servizo.

 

  

 Deben entregar a documentación no Edificio Uceira. (09:00-14:00h) 

 

 

 PUBLICACIÓN DE LISTAXES

 

Listaxe provisional: 2 de xullo.

 

Prazo de reclamación: do 5 ao 9 de xullo.

 

Listaxe definitiva: 12 de xullo.

 

 

 

 

Mascarillas Solidarias

Hoxe recibimos unha doazón de mascarillas para o noso centro.

Queremos agradecer á "Mercería A Moderna" e a todos aqueles/as que participaron na iniciativa:

"Mascarillas Solidarias" este bonito xesto.

 

CÓMIC SOBRE O CORONAVIRUS

Ola familias!

Adxunto deixamos un arquivo que contén un cómic moi bonito e interesante que nos achega Verónica, a coordinadora do proxecto de Educación Sanitaria: "Pupas, sustos e outros desgustos".

Con el, queren facerlle chegar aos nenos/as o seu agradecemento polo ben que o están facendo.

Ánimo! Xa queda menos!

Unha aperta!

VÍDEO SORPRESA PARA AS/OS PROFES...

Os nenos e nenas do cole sorprendéronnos hoxe con este vídeo tan emotivo.

Estamos desexando volver a vernos e que o cole se encha coa vosa maxia.

Grazas a todas as familias, e grazas á Anpa Uceira por montar este precioso vídeo.

E, sobre todo, GRAZAS ás pequenas e pequenos por esta alegría.

 

 

CRISE COVID-19

Ola familias!

Coa intención de non interromper por completo  a actividade académica, o profesorado vén plantexando unha proposta de materiais aos que podedes acceder nos enlaces da parte superior dereita da páxina web. Estes enlaces iranse actualizando cada certo tempo.

Se alguén está nunha situación que lle impida realizar estas tarefas, non pasa nada.

NON SON AVALIABLES

NON SE AVANZA MATERIA

Podedes empregar estas propostas como inspiración ou facer outras actividades alternativas:

 

-Realizar debuxos libres ou dirixidos ou calquera actividade plástica.

-Facer redaccións en galego e castelán.

-Proporlles copias ou ditados en galego e castelán.

-Adicar tempo diariamente á lectura en galego e castelán.

-Adicar tempo diario ao cálculo.

- Xogade xuntos, cantade, bailade...

E facede todas esas cousas que noutro momento sería imposible.

Lembrade que tendes os enderezos electrónicos do profesorado para calquera consulta.

Moito ánimo familias!

 

Para contactar co equipo directivo podedes escribir a: ceip.calvo.sotelo@edu.xunta.gal

 

 

Admisión e Matrícula para o curso 2021/2022

PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO!

PROCEDEMENTO

Para presentar unha solicitude poderá facelo de varias formas:

Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro a través da aplicación: AdmisionAlumnado.

Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica

 Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

Todos os trámites presenciais realizaranse no edificio Uceira en horario de

09:00-14:00h mantendo as normas de distanciamento e seguridade.

 PRAZOS

Prazo de presentación de solicitudes:

Do 1 ao 22 de marzo

 Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.

Prazo de reclamación contra a listaxe provisional: no

 prazo de cinco días hábiles posteriores á resolución provisional.

Publicación de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.

Formalización da matrícula: Do 20 ao 30 de xuño.

 

 MODELOS PARA PRESENTAR A SOLICITUDE 

 DOCUMENTOS

 DESCARGA

Solicitude de praza no centro do 1 ao 22 de marzo. DESCARGA O ANEXO II.   (GALEGO)

Solicitude de praza no centro do 1 ao 22 de marzo. DESCARGA O ANEXO II (CASTELÁN)
Nota informativa para as familias.

Anexo I Admisión (editable unha vez descargado)

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE (ANEXO II)

Anexo I Admisión.

Orixinal ou copia cotexada do DNI do alumno/a (se o ten), e dos seus pais.

Orixinal ou copia cotexada do Libro de Familia.

Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para o curso para o que solicita praza (só para alumnado de Primaria).

Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio onde conste a custodia do menos, se é o caso. 

CHARLA SOBRE O COIDADO DOS RÍOS PARA SEXTO

Por xentileza da Confederación Hidrográfica tivemos unha charla para o alumnado de sexto de primaria.

Anxo Moure explicoulles a importancia da defensa e valoración dos ríos como fonte de biodiversidade, así como a necesidade de coidar os ríos para velar pola súa conservación. Ensinoulles tamén os nomes de distintas barcas e seres mitolóxicos relacionados coa auga.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Distribuir contido


by Dr. Radut