Skip to Content

logos á dereita

Novidades

ENQUISA DE CONVIVENCIA

 

 

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE A ENQUISA DE CONVIVENCIA

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través do Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia pon en marcha a realización dunha enquisa para valorar os problemas de convivencia na comunidade educativa e desenvolver a Estratexia Galega para a Convivencia Escolar dos próximos anos.

A recollida de datos será mediante unha ferramenta informática en liña e totalmente anónima.

Para cubrir o formulario teredes que acceder á ligazón https://edu.xunta.gal/convfamil 

onde teredes que inserir o código que vos facilitamos hoxe a través do alumnado.

Cada familia realizará unha soa enquisa aínda que teña varios fillos ou fillas no centro.

A vosa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar.

Moitas grazas pola vosa participación!

Un saúdo.

O equipo directivo.

 

BENVID@S AO NOSO COLEXIO

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Por mor da situación covid non se poderán facer visitas de forma presencial. Podedes ver un vídeo das nosas instalacións e velaquí vos deixamos un cartel informativo cos servizos que oferta o noso centro.

Pincha no cartel para ver o vídeo das instalacións.

DÍA DE ROSALÍA

O vindeiro 25 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía con un concerto didáctico online en colaboración con outros centros da contorna.

 

Bo Nadal Familias!

BO NADAL FAMILIAS!!

AQUÍ DEIXAMOS AS ACTUACIÓNS DO NOSO CENTRO PARA A GALA ANTI COVID DO ENSINO DAS TERRAS DO CARBALLIÑO.

Pinchando AQUÍ tedes o acceso á Gala Anticovid completa, tanto de Infantil e Primaria coma de Secundaria, na que participamos xunto aos centros da contorna.

O CLAUSTRO DE PROFESORADO E O PERSOAL NON DOCENTE DO CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO DESÉXAVOS QUE PASEDES UNHAS BOAS FESTAS.

Este é o vídeo no que participou todo o alumnado de Educación Infantil dos doce centros:

 

Este vídeo é a felicitación en clave de rock do profesorado do centro: 

 

Neste vídeo podedes ver a todo o  alumnado de Educación Primaria:

 

GALA ANTI COVID

O vindeiro martes terá lugar a

GALA ANTI COVID DO ENSINO DAS TERRAS DO CARBALLIÑO

na que participarán os centros educativos que aparecen na imaxe con máis de 2400 alumnos e alumnas dende os 3 aos 18 anos. Os nenos/as poderán ver a gala en directo, as familias terán acceso ao enlace para poder velo con posterioridade á mesma a través de Youtube ou da Televisión do Carballiño.

 

 

 

25-N: Dia Internacional contra a Violencia de Xénero

Hoxe, 25 de novembro, celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O profesorado traballou a temática nas aulas e os nenos/as deseñaron unha chapa conmemorativa.

 

 

Compartimos tamén este vídeo elaborado polo Concello de Carballiño. Podedes ver a colaboración do noso centro a partir do minuto 22.

REPARTO MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE E. PRIMARIA E ED. ESPECIAL.

NORMATIVA QUE REGULA O PROCEDEMENTO:

ORDE DO 28 DE OUTUBRO DE 2021

      https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330E&ano=2021&numpub=1&lang=gl

 

PARA QUEN?

SÓ para alumnado de Educación Primaria e Educación Especial.

QUEN TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE?

- NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

- SI TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:

O alumnado que NON foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

      • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.
      • Alumnado matriculado en educación especial.
      • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
      • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

COMO A TEN QUE PRESENTAR? 

      • No edificio Uceira, unicamente de xeito PRESENCIAL.

QUE PRAZO TEÑO? 

      • Do 15 ao 26 de novembro de 2021

FORMULARIO DE SOLICITUDE:

ANEXOS 1 E 2

 

 

 

 

HALLOWEEN

Todo o alumnado celebrou Halloween como cada ano, pero esta vez cada un na súa aula, co seu grupo. Aquí temos un vídeo para que vexades que, pese ás dificultades, a alegría non nos falta.

Grazas a todas as familias por facer posible estes grandes momentos.

HALLOWEEN 2020

Canción da profe Ceci

Ola a todos/as! Aquí tendes unha canción que a profe Ceci compuxo para que o alumnado asimile as novas normas na loita contra a COVID19.

Agardamos que vos guste moito!

 

Educación Infantil: Información para as familias de nova incorporación.

Consulta aquí a información:

 

 

Información para as familias de  nova incorporación

 

Tamén podedes atopar toda esta información nos diferentes blogs de Educación Infantil do noso centro:

 

http://coxegasnauceira.blogspot.com/

http://csinfantil.blogspot.com/

http://bolboretasdocampodafeira.blogspot.com/

 

Distribuir contido


by Dr. Radut