Entroido

Entroido 2017

Este curso celebramos o ENTROIDO cun desfile no patio do Colexio. Os disfraces fixéronse sobre o tema: Xogos e Deportes.

Que emocionante!

(Premer na imaxe para ver máis fotos)

Entroido 2016

O venres 5 de febreiro celebramos no cole a festividade do Entroido. Profes, alumnos e alumnas divertímonos coas actividades organizadas polo Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias.

  • Taller de elaboración de Mecos.
  • Desfile.
  • Loita de Mecos.

 

Semana do Entroido 2016

Do 1 ao 5 de febreiro celebramos no centro a Semana do Entroido. Con este motivo, e dado que o lema da nosa biblioteca este ano é "os maiores tamén contan", durante esta semana viremos disfrazados da parella de velliños da película "UP".

O Entroido 2015

O venres día 13 celebramos o entroido no cole. Os disfraces ocuparon as aulas: tanto profesorado como alumnado.

  

Día de Entroido: Disfraz libre

O cole cheo de colorido!

 Os profes tamén participaron!
 

 Os nenos e nenas de Educación Infantil tamén celebraron o entroido!!

Calvo Sotelo                           Uceira                         Campo da Feira

Día 27 de febreiro: Ademais algo no tronco

Os nenos e nenas de Educación Infantil disfrutaron deste día de diferentes xeitos:

CALVO SOTELO                        UCEIRA                         CAMPO DA FEIRA

 

Día 26 de febreiro: Hoxe toca colorido nos pés

Hoxe tamén o profe Moncho sorprendeunos cun expositor de miniaturas de disfraces típicos do entroido galego.

QUE ORIXINAL!

 

Día 25 de febreiro: Tamén algo no pescozo

  

Día 24 de febreiro: Algo na cabeza.

É a primeira orde da Meca.

Semana de Entroido

Do 24 ao 28 de febreiro celebraremos a Semana do Entroido. Este ano seguiremos as ordes da Meca. Desta maneira, os nenos e nenas, que queiran participar activamente, deberán seguir as instruccións diarias, tendo en conta que son acumulativas:

 

Luns, día 24: cada neno ou nena deberá traer algo na cabeza.

Martes, día 25: deberán traer algo no pescozo.

Mércores, día 26: traerán algo que resalte nos seus pés.

Xoves, día 27: deberán traer algo no tronco.

Venres, día 28: o disfraz será libre, cada un virá disfrazado do que lle apeteza.

 


Feliz Entroido!

Distribuir contido