Nadal

Festival de Nadal 2015

O día 17 de decembro celebramos o festival de nadal para os nenos e nenas de educación primaria. Estivemos acompañados de pais, nais, avós, avoas e outras persoas achegadas.

Esperamos que disfrutarades con todos nós, nenos, nenas, profesores, profesoras que traballamos a reo para que este festival fora un momento de unión entre familias e colexio, que traballamos pola educación dos nenos e nenas para que sexan uns homes e mulleres iguais, tolerantes, solidarios,... en definitiva "xente de ben"

Ogallá vos gustara!

 

Só nos queda desexarvos unhas moi BOAS FESTAS DE NADAL. Disfrutade das vacacións, das comidas, dos agasallos e sobre todo da compañía dos seres queridos. Vémonos o vindeiro ano 2016, o día 7 de xaneiro.

FELICIDADE A TODOS E TODAS!

Adornos de Nadal

Este ano, o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias solicitou a colaboración de todas as familias, para que axudaran aos seus fillos e fillas na elaboración de adornos de Nadal para decorar o centro.

O resultado foi espectacular; botas, bastóns, estrelas, bolas e papás noel encheron o cole do espíritu navideño.

Gracias pola vosa colaboración!

 

Festival de Nadal 2014

O xoves día 18 de decembro celebramos o Festival de Nadal no Centro, que estivo organizado do seguinte xeito:

EDIFICIO CALVO SOTELO (xoves 18 ás 15:30 h.)

  • É Nadal (power point)
  • Panxoliña: la orquesta original (4 anos)
  • Poema: Papá Noel despistado (4 anos)
  • Canción: o inverno (3 anos)
  • Los cuentos van a Belén (5 anos)
  • Chistes (5 anos)
  • Panxoliña: los colores vamos al portal (todos)
  • Visita de Papá Noel, organizada polas familias.

EDIFICIO CAMPO FEIRA (xoves 18 ás 15:30 h.)

Popurri (todos xuntos):

  • Campanita del lugar.
  • Imos a Belén.
  • Los peces en el río.
  • 25 de Nadal.
  • Dádenolo aguinaldo.
  • Un feliz Nadal.
  • Visita de Papá Noel, organizada polas familias.

EDIFICIO UCEIRA

ED. INFANTIL ás 10:15 h.

  •  Villancico: la vaca haciendo mu (3 anos).
  • Dramatización: buscando Papá Noel a árbore de Nadal (4 anos).
  • Canción: en Navidad (5 anos)
  • Canción aquella estrella de allá (todos)

5º e 6º de ED. PRIMARIA ás 11:00 h. 

  • Poesía: el pantalón de Papá Noel 5º A.
  • Villancico: los peces en el río 6º A.
  • Baile: adrenalina 6º A.
  • Baile: bad 6º B.
  • Canción: si no te quisiera 6º C.
  • Rap 6º C.
  • Canción: si me voy 6º C.
  • Canción: la, la, la, 6º C.
  • Villancico: hoy he visto una estrella (6º todos).

1º, 2º e 3º B de ED. PRIMARIA ás 12:15 h.

  • Canción: Dominick the donkey 1º A.
  • Baile: let it snow 1º B.
  • Canción: the little snowman 1º C.
  • Panxoliña: Rinio 2º A.
  • Teatro: as pousadeiras de Papá Noel 2º B.
  • Canción: solo con tres letras 2º B.
  • Teatro: as boneca de Rosiña 2º C.
  • Canción y poema: lluvia 3º B.

Nadal 2013

O xoves, día 19 de decembro, tivemos o FESTIVAL DE NADAL no Salón de Actos da Uceira, tendo como espectadores ás familias do noso alumnado.

As actuacións estiveron repartidas en sesión de mañá e tarde e, foron as seguintes (para ver máis premer nas imaxes):

 

Desfile mestura de estilos "Imos de Festa", realizado por nenos e nenas de 2º de primaria, que remata cun baile de nenos de 4º.

 

Panxoliña "Cantade Mociños", interpretada por alumnos de 2º de primaria.

 

Educación infantil cantou: "Estrellita donde estás", nenos e nenas de 3 anos."Hoy canto para ti", nenos e nenas de 4 anos."El invierno", nenos e nenas de 5 anos."É Nadal" , todo o alumnado de infantil."Cantade mociños", os nenos e nenas de 5 anos.

Enlace

Teatro: "A visita do Inspector" interpretada por alumnos e alumnas de 3º de primaria.

 

Panxoliña "Os Pastores", cantada por nenos e nenas de 3º de primaria.

Anuncio: "Se chove que chova", interpretado por alumnos e alumnas de 6º B.

 

Programa de televisión: "Atopar ou non atopar", realizado por nenos e nenas de 6º e

que remata coa actuación de Laura, unha nena de 1º C, que canta varias cancións.

 

Dramatización: "As chicharras e as formigas", por alumnos e alumnas de 1º

Anuncios: "Publicidade variada", dramatizados por alumnos de 4º

 

Baile: "Soy tu gominola" de nenas de 5º C

Teatro: "Preparándonos para emigrar. Anos 60", interpretado por alumnos e alumnas de 5º

 

Tamén o xoves, día 19 de decembro pola tarde, os edificios do Calvo Sotelo e do Campo da Feira tiveron os seus propios FESTIVAIS e FESTAS.

 

enlace Calvo Sotelo                                                enlace Campo Feira

Curso 2012-13

Agasallos dos Reis Magos


DESPOIS DAS VACACIÓNS, menuda sorpresa cando chegamos hoxe ao cole... Os Reis Magos deixaron agasallos nalgunhas aulas!

Festival na Uceira

Hoxe chegou o día do Festival! Atrás quedan un montón de ensaios, o resultado, ... OBSERVÁDEO VOS MESMOS.

 


Cuchipanda

Case que todas as clases tiveron festas de Nadal.

 

Visita ao ASILO

 

 

Conto de Nadal

Dende a Biblioteca do Cole propuxeron como actividade a de facer contos de Nadal.

Actividades de Nadal

Traballamos tamén coa pizarra dixital.


Moitas grazas pola vosa colaboración

O cole está precioso!

 

Seguimos atopando máis Papá Noel no Cole


 

Os vosos traballiños de  Nadal

Os pais e nais tamén colaboraron.


Quen dixo que facer un Papá Noel é difícil?

Os nenos e nenas de 3 anos puxéronse e...


 

Durante estes días ...

Ademáis de decorar o cole, prepáranse fichas para o Nadal e trabállanse contidos dixitais e xogos.


Xa chega  Nadal

Xa sabedes que este ano levaron para a casa un traballiño para facer cos pais e nais. Os nenos de 3 anos levaron unha bola, os de 4 anos unha bota de Papá Noel e os de 5 anos unha árbore de Nadal. O resultado foi moi gratificante.

 

Primeiros Traballiños de Nadal

Como todos os anos o Equipo de Dinamización Lingüística propón a todas as clases a elaboración de tarxetas de Nadal en galego.



O Nadal Chega a Escola

Todos colaboramos para adornar o Cole.



Distribuir contido