Festivais

Festival de Nadal 2018

Para rematar o trimestre, celebrouse no Centro o Festival de Nadal. Os nenos e nenas de Educación Infantil o mércores, día 19, e os de Primaria, o xoves día 20. Esperamos que disfrutaran das actuacións.

  •  Fotos

 

 

Festival de Fin de Curso

O día 21 de xuño celebramos no patio do edificio Uceira o Festival de Fin de Curso. Esperamos que todos o pasarades moi ben!

 

Festival de Nadal

Hoxe día 21 de decembro celebramos o Festival de Nadal para rematar o 1º trimestre do curso.

Festival Fin de Curso 1ª Parte

primeira parte do Festival de Fin de Curso 2013-2014 foi para Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria e celebrouse o martes día 17 de xuño.

As actuacións foron as seguintes:

  1. Coreografía Fanki (1ª parte) coa canción "Bailando" de Enrique Iglesias por nenos e nenas de 3º.
  2. Conto: "A Maxia dun Xoguete", por nenos e nenas de 1º C.
  3. Cancións dos alumnos e alumnas de primeiro:
    • "Imos Bailar" 1º A
    • "Nadando sen parar" 1º B
    • "Imitar" 1ºC
  4. Cancións de Ed. Infantil:
    • "O Xogo da Carrasquiña" 3 anos.
    • "O Pirimpimpin" 4 anos.
    • Coreografía da canción "Grease" 5 anos.
  5. Escenificación da canción "Papaventos de Papel" por os nenos e nenas de 2º A e 2º B.
  6. Posta en escena da canción "E ti, telo, telo" por alumnos e alumnas de 2º B e 2º C.
  7. Dramatización da obra de teatro "Mulleres dun tempo" a cargo de alumnos e alumnas de 3º e algúns de 4º.
  8. Canción "A Xoaniña" por nenos e nenas de 1º B.
  9. Coreografía Fanki (2ª parte) coa canción "Bailando" de Enrique Iglesias por nenos e nenas de 3º.

Disfrutade vendo as seguintes imaxes do evento!

Infantil e 1º ciclo de Primaria

En primeiro lugar actuaron os nenos e nenas de 4ºA, representando o teatro musical: ORQUESTRA VARÓN DANDY.

ENLACE

Despois sairon ao escenario os nenos e nenas de Educación Infantil que nos escenificaron as seguintes cancións:

3 anos- O CARACOL, COL, COL, do grupo Pirilampo.

4 anos- COSQUILLAS do Canta Juego.

5 anos- SETE CORES do grupo Pirilampo

ENLACE

A profe Gloria de 5 anos, despediuse dos seus alumnos e alumnas cun poema, e despois entregoulle un diploma e a orla a todos os nenos e nenas que rematan infantil, para incorporarse o vindeiro curso á primaria.

ENLACE

A continuación tocoulle actuar aos nenos e nenas de 1º curso de Primaria coa escenificación da obra con baile: RATONES Y GATOS.

ENLACE

Deseguido subiron ao escenario os alumnos e alumnas de 2º curso para agasallarnos coa posta en escena da obra de teatro: CONCURSO DE ANUNCIOS.

ENLACE

E por último, os nenos e nenas de 2º C puxeron en escena a obra de teatro, AS VACACIÓNS DE MILUCHA, e remataron co recitado da poesía de Rosalía de Castro, ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES.

ENLACE

2º ciclo de Primaria

En primeiro lugar volveron actuar os nenos e nenas de 4º A, representando o teatro musical: ORQUESTRA VARÓN DANDY.

ENLACE

A continuación sairon ao escenario os nenos e nenas de 3º A, para representarno dous contos: OS CINCO AMIGOS e ZAPATÓNS. Despois deleitáronnos co recitado de dúas poesías: O CARACOL e BOLBORETA.

ENLACE

En terceiro lugar tocoulle subir ao escenario os alumnos e alumnas de 3º B, para agasallarnos coa posta en escena de dous contos: OS TRES VIAXEIROS e O FILLO DA LÚA.

E remataron co recitado da poesía GALICIA, de Manuel María.

ENLACE

Continuouse coa actuación dos nenos e nenas de 3º C, que tamén nos representaron dous contos: O FILLO DO PANADEIRO e A FEIRA DE VANESA.

Despois seguiron co recitado de varias poesías: A MUIÑEIRA de Manuel María, ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES e SOMBRA NEGRA de Rosalía de Castro.

ENLACE

Proseguimos coa representación de diferentes pezas musicais a cargo dos alumnos e alumnas de 3º:

3º A, canción cantada, e despois bailada, OH, SUSANA.

3º B, canción con pequena percusión RATAPÓN.

3º C, canción cantada, e despois bailada, UNHA SEÑORA ÍA.

De seguido subiron ao escenario, para cantar dúas pezas musicais, os alumnos e alumnas de 4º.

4º B, canción EU SON UN ARTISTA.

4º C, canción A LENGUA DO XANDUCA.

ENLACE

Xa para rematar os nenos e nenas de 4º C, agasalláronnos coa posta en escena da  obra de teatro: DESVENTURAS DA ESPIÑA BERENGUELA.

Finalmente remataron poñéndolle ritmo a este festival escenificando o bailo: VAMOS A LA PLAYA.

ENLACE

3º ciclo

En primeiro lugar actuaron os nenos e nenas de 4º A representando o teatro musical, "ORQUESTRA VARÓN DANDY"

ENLACE

Despois sairon ao escenario os alumnos e alumnas de 5º A, agasallándonos coa representación do poema, "ME SIENTO COMO UN CAÑÓN", continuaron cunha "Poesía adicada a todas as Nais" e finalmente remataron co baile "GENTLEMAN PSY COREANO"

ENLACE

No posto número tres tocoulle actuar aos nenos e nenas de 5º C, co recitado das seguintes poesías de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro: "CAMPANAS DE BASTABALES", "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES" e "HAS DE CANTAR".

ENLACE

Para darlle un pouquiño de ritmo a este festival chegaron algúns alumnos e alumnas de 6º A que nos representaron o baile da canción de Abraham Mateo: "SEÑORITA"

ENLACE

Continuamos coa clase de 6º B que nos ofertou a representación dun "TELEDIARIO CÓMICO", guión elaborado por Esteban. Despois continuaron poñéndolleritmo a este día coa posta en escena do baile: "LIMBO".

ENLACE

Xa para rematar os alumnos e alumnas de 5º ofrecéronnos a representación de diferentes pezas musicais:

5º A canción con frauta e pequena percusión: "A SAIA DA CAROLINA".

5º B canción con frauta: "ADEUS CO MEU CORAZÓN".

5º C canción con frauta e pequena percusión: "HEIME DE CASAR CUN VELLO".

 ENLACE

Distribuir contido