Actividades

Plan Proxecta

 

Publicamos a memoria do Plan Proxecta "Seguridade Vial e Sostible" que se desenvolveu durante o curso, con alumnado de 1º a 4º de Ed. Primaria.

 

MEMORIA

 

 

 

LIGAZÓN Á REPRESENTACIÓN GRÁFICA

 

 

Día da Paz

O mércores, día 30 de xaneiro, celebramos no centro o DÍA DA PAZ.

FOTOS

Halloween 2018

Fotos de Halloween e photocall

LIGAZÓN 1

 

LIGAZÓN 2

 

Obradoiro "Pupas, sustos e outros desgustos"

Durante este mes de xuño estase a desenvolver no colexio o obradoiro "Pupas, sustos e outros desgustos" co alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria. Está impartido por persoal da Consellería de Sanidade. Ensinan nocións básicas para que os máis cativos saiban como actuar ante feridas, cortes, enfermidades,... e deste xeito perder o medo! Tamén aprenderán como alertar aos servizos de urxencias e a realizar actuacións básicas.

 

Charlas da Garda Civil

Os días 11 e 12 de abril a Garda Civil de Ourense impartíu a petición do Centro tres Charlas:

  • Acoso escolar para 5º e 6º.
  • Riscos de internet para 5º.
  • Consumo de tabaco e alcol para 6º.

Charla sobre a Vespa Velutina

O venres día 6 de abril os nenos de 6º de Ed. Primaria asistiron a unha charla organizada polo Concello sobre a VESPA VELUTINA, a vespa asiática que ameaza as abellas locais. Os nenos e nenas aprenderon a preparar trampas caseiras para atrapalas e deste xeito reducir a súa propagación.

Día da Paz 2018

Con motivo do Día da Paz 2018, no Ceip Plurilingüe Calvo Sotelo creamos un vídeo LIPDUB desde Ed. Infantil ata 6º de Primaria.

 

 "CELEBRA LA VIDA"

(Premer na imaxe para ver o vídeo. Debido a cantidade de visitar para velo hai que descargalo)

Tamén saimos todos ao patio para conmemorar este día.

Halloween 2017

O martes día 31 de outubro celebramos no cole o día de Halloween. O cole adornouse para tal ocasión. Fixéronse moitas actividades relacionadas coa temática: decoráronse as portas de cada titoría, trouxeron alimentos terroríficos, exposición de cabazas, disfraces, truco ou trato polas portas do colexio,...

 

  

Xornada de Educación Vial

Os días 21 e 22 de marzo celebráronse no centro xornadas de Educación Vial impartidas por persoal de tráfico para 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

Contacontos: "O cociñeiro Martiño"

O luns día 6 de febreiro, os alumnos e alumnas de Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria disfrutaron coa historia do "Cociñeiro Martiño" que relatou Iago López.

Distribuir contido