Skip to Content

 

logos á dereita

Actividades

GALA ANTI COVID

O vindeiro martes terá lugar a

GALA ANTI COVID DO ENSINO DAS TERRAS DO CARBALLIÑO

na que participarán os centros educativos que aparecen na imaxe con máis de 2400 alumnos e alumnas dende os 3 aos 18 anos. Os nenos/as poderán ver a gala en directo, as familias terán acceso ao enlace para poder velo con posterioridade á mesma a través de Youtube ou da Televisión do Carballiño.

 

 

 

25-N: Dia Internacional contra a Violencia de Xénero

Hoxe, 25 de novembro, celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O profesorado traballou a temática nas aulas e os nenos/as deseñaron unha chapa conmemorativa.

 

 

Compartimos tamén este vídeo elaborado polo Concello de Carballiño. Podedes ver a colaboración do noso centro a partir do minuto 22.

HALLOWEEN

Todo o alumnado celebrou Halloween como cada ano, pero esta vez cada un na súa aula, co seu grupo. Aquí temos un vídeo para que vexades que, pese ás dificultades, a alegría non nos falta.

Grazas a todas as familias por facer posible estes grandes momentos.

HALLOWEEN 2020

Plan Proxecta

 

Publicamos a memoria do Plan Proxecta "Seguridade Vial e Sostible" que se desenvolveu durante o curso, con alumnado de 1º a 4º de Ed. Primaria.

 

MEMORIA

 

 

 

LIGAZÓN Á REPRESENTACIÓN GRÁFICA

 

 

Día da Paz

O mércores, día 30 de xaneiro, celebramos no centro o DÍA DA PAZ.

FOTOS

Halloween 2018

Fotos de Halloween e photocall

LIGAZÓN 1

 

LIGAZÓN 2

 

Obradoiro "Pupas, sustos e outros desgustos"

Durante este mes de xuño estase a desenvolver no colexio o obradoiro "Pupas, sustos e outros desgustos" co alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria. Está impartido por persoal da Consellería de Sanidade. Ensinan nocións básicas para que os máis cativos saiban como actuar ante feridas, cortes, enfermidades,... e deste xeito perder o medo! Tamén aprenderán como alertar aos servizos de urxencias e a realizar actuacións básicas.

 

Charlas da Garda Civil

Os días 11 e 12 de abril a Garda Civil de Ourense impartíu a petición do Centro tres Charlas:

  • Acoso escolar para 5º e 6º.
  • Riscos de internet para 5º.
  • Consumo de tabaco e alcol para 6º.

Distribuir contido


by Dr. Radut