Skip to Content

Igualdade

III CONCURSO DEBUXOS E VÍDEOS 25N

Bo día, 

Onte no Salón de Plenos do concello do Pereiro celebrouse un acto onde escolares dos centros educativos do concello, cos seus mestres, mostraron a súa repulsa contra a violencia de xénero. Tamén se entregaron os premios e diplomas do III Concurso de debuxos e vídeos 25N.

O alumnado de cuarto de primaria do Ben Cho Shey saiu gañador na súa categoría.

Parabéns para todos/as!!!!!

Deixamos unhas fotiños de dito acto.

   
 

CIBERBULLYING

Bo día, 

Este luns ,6 de novembro, o alumnado de sexto de primaria asistiu a unha conferencia sobre os perigos nas redes sociais . Dita actividade foi levada a cabo por a empresa Xeración S.C.G.

A charla é unha das actividades que se desenvolven dentro do Plan de Igualdade do centro.

Deixamos unhas fotiños do acto.

 

 

III MUNDIAL BEN CHO SHEY: 2ª XORNADA

III MUNDIAL BEN CHO SHEY: INAUGURACIÓN E RESUMO PARTIDOS 1ª XORNADA

Bo día.

Ao longo deste curso vaise celebrar  o III Mundial Ben Cho Shey . Os equipos están formados por o alumnado de cuarto,quinto e sexto de educación primaria. Os nenos e nenas de terceiro de primaria farán as funcións de árbitros/as e de cámaras, reporteiros/as e periodistas de Bencho-radio . 

O 16 de marzo foi a cerimonia de inauguración e comezou a rodar a competición.

Aquí vos deixo un resumo do desfile inaugural e as mellores xogadas dos primeiros partidos.

A xogarrrr!!!!

 

 

8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

BO día.

Este mércores conmemoramos o Día Internacional da Muller. A rapazada fixo uns debuxos e lemas en cartolinas que se expuseron no patio. Tamén escoitamos e cantamos a canción de Matriarca do grupo GUADI GALEGO.

Aquí vos deixamos unha escolma das imaxes do día.

Un saúdo

Álbum: CURSO 2022-2023 -> DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

8 DE MARZO- DÍA DA MULLER

A igualdade continúa na nosa escola, CEIP Ben-Cho-Shey.

O alumnado de 6º EP convídavos a visualizar e escoitar as respostas das entrevistas realizadas ás mulleres da nosa contorna en tempos COVID-19.

GRAZAS A TODAS!!!!!!

                                               

GRAZAS SUSANA GONZALEZ: ENFERMEIRA

 

                                                               

GRAZAS NOEMÍ CONDE : NEURÓLOGA INFANTIL

                                                                                         

GRAZAS Mª TERESA : GARDA CIVIL

                                                                                      

Distribuir contido


by Dr. Radut