III CONCURSO DEBUXOS E VÍDEOS 25N

Bo día, 

Onte no Salón de Plenos do concello do Pereiro celebrouse un acto onde escolares dos centros educativos do concello, cos seus mestres, mostraron a súa repulsa contra a violencia de xénero. Tamén se entregaron os premios e diplomas do III Concurso de debuxos e vídeos 25N.

O alumnado de cuarto de primaria do Ben Cho Shey saiu gañador na súa categoría.

Parabéns para todos/as!!!!!

Deixamos unhas fotiños de dito acto.