Gallego

OBSERVA_ACCIÓN: resolución provisional

Gallego

Data: 

09/12/2019 - 12/12/2019

Lugar: 

CAFI

Áreas-CAFI: 

S1903003 - Achieving a meaningful CLIL classroom

Summary: 

Aproximación e reflexión sobre modelos con enfoque AICLE, atendendo tanto aos distintos enfoques metodóloxicos e estratexias para empregar na aula, así como á programación, secuenciación e avaliación en AICLE.
Gallego

Data: 

15/01/2020 - 30/01/2020

Lugar: 

Centro Autónomico de Formación e Innovación (CAFI)

Tema: 

Sección: 

Áreas-CAFI: 

S1903003 - Achieving a meaningful CLIL classroom

Summary: 

Aproximación e reflexión sobre modelos con enfoque AICLE, atendendo tanto aos distintos enfoques metodóloxicos e estratexias para empregar na aula, así como á programación, secuenciación e avaliación en AICLE.
Gallego

S1903003 - Achieving a meaningful CLIL classroom 

Centro Autónomico de Formación e Innovación (CAFI)

Datas: 15 e 16 de xaneiro do 2020 -  29 e 30 de xaneiro do 2020

S1903003 - Achieving a meaningful CLIL classroom

G1903013 - Roteiro Torrente Ballester en Ferrol

Summary: 

Ferrol me fecit
Gallego

A peripecia vital de Gonzalo Torrente Ballester na súa cidade natal pódese resumir en catorce "estacións" que retratan a súa infancia e mocidade e os seus primeiros anos como profesor, ata a súa morte e repouso no cemiterio de Serantes.

Comeza o percorrido no val de Serantes no cemiterio desta poboación (antigo municipio e agora pertencente a Ferrol) é onde se enterrou a Torrente e onde se lle fai unha ofrenda floral cada ano; a casa dos seus avós maternos, nos Corrais; a ermida de San Antonio da Cabana...

Pola tarde continuaremos con lugares moi vinculado á infancia do escritor como a Praza de Amboage ou o Tirso de Molina no que estudou. Percorreremos a rúa Gravina na que viviu cando aprobou as oposicións a catedrático de instituto e pediu Ferrol como destino. No número 8 desta rúa residiu no que consideraba "os anos máis felices da súa vida" e alí celebraba cada xoves un faladoiro ao que, cando podía, asistía Álvaro Cunqueiro, e pola que tamén pasou o xa entón médico Carlos Castilla  cando cumpría co servizo militar. Aquí empeza a súa carreira como escritor. Nesta casa escribe Javier Mariño, El golpe de Estado de Guadalupe Limón e varias obras de teatro.

A ruta continúa polo Paseo de Herrera, desde onde Torrente dicía que se podía contemplar "a paisaxe industrial máis bonita do mundo"; o Jofre, a onde acudía a ver obras de teatro desde pequeno espertando unha paixón que nunca o abandonou; e o Casino, que frecuentaba e do que foi directivo. O Instituto Concepción Arenal (o antigo e o actual da rúa Cuntis), onde impartiu clases en diversos períodos, o peirao de Curuxeiras pola súa querenza polo mar ou o busto dedicado a Torrente no campus de Ferrol forman parte tamén dun percorrido urbano que continúa no actual Centro Torrente Ballester, en cuxa casa anexa viviu ata os catro anos.

Código en fprofe: G1903013

Data: 16 de novembro de 2019

Lugar: Ferrol

Relator: José Antonio Ponte Far

 

Ferrol me fecit
Roteiro Torrente Ballester en Ferrol

G1903005 Roteiro Antonio Machado en Segovia

Summary: 

Lembrando a Machado en Segovia
Gallego

Neste roteiro pola cidade na que viviu Antonio Machado percorreremos os lugares que foron emblemáticos durante a súa estadía en Segovia e o camiño que percorría cada día para ir desde o Instituto onde impartía clase ata a pensión onde se aloxaba. É un recorrido entrañable que nos permitirá coñecer mellor o gran poeta e recrear a Segovia da súa época.

A visita comeza na Plaza de Díaz Sanz, onde se atopa o Instituto no que impartiu clases de francés. Continúase camiñando ao pé do Acueducto ata chegar ao miradoiro da Canaleja e á Casa de los Picos, no seu patio impartiu Machado a súa primeira conferencia en Segovia. Seguimos subindo a rúa facendo referencia a lugares que foron relevantes para o autor e que desapareceron para deixar lugar a novas construcións, como o antigo Hotel Comercio ou o Café de la Unión, onde presidía la tertulia. Así chegamos á Plaza Mayor para descubrir outros lugares que contan a historia do poeta, como o Café Juan Bravo.

Finalmente descendemos a rúa Escuderos e chegamos á Casa-Museo de Antonio Machado, a súa residencia durante os anos de estadía na nosa cidade. Ao entrar nesta antiga pensión, que rexentaba doña Luisa Torrego, comprobamos o encanto que respira esta casa, fiel reflexo da época en que a habitou Antonio Machado.

Data de realización: 26 de outubro de 2019

Lugar: Segovia

Relator: Jesús Pastor Martín

Enlace a parte do percorrido: preme

 

G1903005 Roteiro Antonio Machado en Segovia

S1903005 - Building learning environments with young learners

Summary: 

Por que ensinar a través do teatro ou do "storytelling"? Poñerás en práctica a túa expresión en lingua inglesa á vez que gañarás confianza en ti mesmo e nas túas habilidades para entreter e facer as clases máis divertidas. Aprenderás actividades para realizar na aula vivíndoas en primeira persoa, experimentándoas e experienciándoas ti mesmo. Se facemos fincapé nas propostas prácticas e na motivación do alumnado, melloraremos o ambiente na aula, así como o desexo de aprender.
Gallego

BUILDING LEARNING ENVIRONMENTS WITH YOUNG LEARNERS

CÓDIGO EN FPROFE S1903005 

Relatores

Raquel Feliu Torres

Pablo Reboleiro Rama

Datas e horarios (CAFI)

- 13 e 14 de novembro, de 17.00 a 20.00 h.

- 20 e 21 de novembro, de 17.00 a 20.00 h.

S1903005 - Building learning environments with young learners

G1902011 Simposio ILG 2019. Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional. Plan Proxecta

Summary: 

Simposio ILG 2019: Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional
O Simposio ILG 2019 Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional ten por obxectivo xeral poñer en valor o patrimonio inmaterial e sensibilizar arredor da necesidade da súa recollida, protección, promoción e desenvolvemento, con especial atención ao patrimonio da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Gallego

O Simposio ILG 2019 Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional ten por obxectivo xeral poñer en valor o patrimonio inmaterial e sensibilizar arredor da necesidade da súa recollida, protección, promoción e desenvolvemento, con especial atención ao patrimonio da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Con este marco de fondo, o encontro organízase en tres xornadas con cadanseu foco temático.

A finalidade da primeira xornada é facilitar principios metodolóxicos básicos, desde o punto de vista da antropoloxía cultural e da dialectoloxía, para unha recolleita adecuada do patrimonio inmaterial. Na segunda xornada preténdese mostrar o valor dos datos lingüísticos e presentar unha nova ferramenta para o estudo da variación dialectal, poñendo o foco no léxico de Galicia e do norte de Portugal. Finalmente, a terceira xornada estará dedicada á presentación de proxectos vinculados coa recolleita de léxico e concibidos para o ámbito do ensino non universitario.

Pretendemos que este simposio sexa un lugar de encontro de investigadores, docentes e estudantes ao redor do patrimonio inmaterial, un punto de confluencia de disciplinas, enfoques e intereses diversos que sirva para ampliar a nosa mirada, crear sinerxías e promover novos proxectos ao redor da riqueza léxica e cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Como cada ano, o Simposio ILG 2019 está organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega; nesta anualidade, ademais, forma parte da oferta formativa do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso académico 2019/2020.

Data de realización: 5, 6 e 7 de novembro

Lugar de celebración: Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC (Avda. Castelao, s/n, Campus Norte)

Código en fprofe: G1902011

 

Programa

Simposio ILG 2019: Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional
Simposio ILG 2019: Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional

Historia, usos e aprendizaxe da lingua escrita

Summary: 

G1902018 Aprendizaxe da lingua escrita
Gallego

Data de celebración: sábado 19 de outubro

Lugar de celebración: Auditorio Abanca (Preguntoiro 23) Santiago de Compostela

Horario: 9:00 -  20:00h

Horas: 8 horas

A celebración da Xornada: Historia, usos e aprendizaxe da lingua escrita xustificase pola necesidade de crear un espazo onde profundizar no proceso de ensino-aprendizaxe da lectura e a escritura dende un enfoque proposto por Myriam Nemirovsky, baseado nas investigacións de Emilia Ferreiro sobre o modo no que as nenas e nenos aprópianse do sistema de escritura

Obxectivo:

Difundir boas prácticas ao redor do ensino e a aprendizaxe inicial da linguaxe escrita, desde un enfoque significativo e funcional, intercambiando experiencias ao redor deste enfoque metodolóxico

 

INSCRICIÓN EN FPROFE: G1902018: Historia, usos e aprendizaxe da lingua escrita.

 

Historia, usos e aprendizaxe da lingua escrita
Historia, usos e aprendizaxe da lingua escrita

Proba de nivel

Summary: 

Probas de nivel para acceder aos cursos CALC
Como saber o teu nivel lingüístico
Gallego

As probas de nivel para participar nos cursos CALC están pensadas para o alumnado que se quere matricular nalgún dos cursos que se ofertan en colaboración coa EOI e, tendo coñecementos previos, carece da titulación necesaria. A proba de nivel non certifica o nivel de competencia do alumnado, senón que, simplemente, diagnostica o seu nivel de acceso e permítelle matricularse nun curso máis adiantado. A proba de nivel tampouco outorga automaticamente unha praza, hai que se apuntar no curso e aplicaranse os criterios publicados no Plan anual de formación do profesorado.

 

A data de realización será o vindeiro mércores 25 de setembro de 2019 ás 17:00h.

 

Os códigos das probas de nivel que se realizan no CAFI e CFR son os seguintes:

- CAFI - S1902019

- CFR da Coruña - C1902015

- CFR de Ferrol - F1902014

- CFR de Lugo - L1902014

- CFR de Ourense - O1902012

- CFR de Pontevedra - P1902018

- CFR de Vigo - V1902021

Probas de nivel para participar nos cursos CALC
Probas de nivel para participar nos cursos CALC

S1903007 - Ludificación da lectura e da escritura

Summary: 

Escritura creativa
Gallego

Escritura creativa, dinamización da lectura e creación de materiais educativos:

  • Título: Ludificación da lectura e da escritura
  • Código en fprofe: S1903007
  • Relatora: Alicia Romero López
  • Lugar: CAFI, Santiago de Compostela
  • Data: 3 - 10 - 17 - 24 de outubro de 2019, de 18:00 a 20:00h excepto o último día que é de 17:00 a 20:00h
Ludificación
Ludificación da lectura e da escritura