G1903005 Roteiro Antonio Machado en Segovia

Lembrando a Machado en Segovia
Mar, 15/10/2019 - 13:08

Neste roteiro pola cidade na que viviu Antonio Machado percorreremos os lugares que foron emblemáticos durante a súa estadía en Segovia e o camiño que percorría cada día para ir desde o Instituto onde impartía clase ata a pensión onde se aloxaba. É un recorrido entrañable que nos permitirá coñecer mellor o gran poeta e recrear a Segovia da súa época.

A visita comeza na Plaza de Díaz Sanz, onde se atopa o Instituto no que impartiu clases de francés. Continúase camiñando ao pé do Acueducto ata chegar ao miradoiro da Canaleja e á Casa de los Picos, no seu patio impartiu Machado a súa primeira conferencia en Segovia. Seguimos subindo a rúa facendo referencia a lugares que foron relevantes para o autor e que desapareceron para deixar lugar a novas construcións, como o antigo Hotel Comercio ou o Café de la Unión, onde presidía la tertulia. Así chegamos á Plaza Mayor para descubrir outros lugares que contan a historia do poeta, como o Café Juan Bravo.

Finalmente descendemos a rúa Escuderos e chegamos á Casa-Museo de Antonio Machado, a súa residencia durante os anos de estadía na nosa cidade. Ao entrar nesta antiga pensión, que rexentaba doña Luisa Torrego, comprobamos o encanto que respira esta casa, fiel reflexo da época en que a habitou Antonio Machado.

Data de realización: 26 de outubro de 2019

Lugar: Segovia

Relator: Jesús Pastor Martín

Enlace a parte do percorrido: preme