Gallego

Román Rodríguez salienta o compromiso da Xunta e o esforzo de pais, profesores e alumnos na atención á diversidade

O conselleiro visitou hoxe o CEEPR (Centro de Educación Especial) Amencer-Aspace, onde compartiu cos nenos e nenas estes primeiros días de curso escolar

A Consellería, a través dun convenio de colaboración coa asociación que xestiona o centro, financia o transporte escolar e o servizo de comedor

Gallego
Román Rodríguez salienta o compromiso da Xunta e o esforzo de pais, profesores e alumnos na atención á diversidade
Román Rodríguez salienta o compromiso da Xunta e o esforzo de pais, profesores e alumnos na atención á diversidade

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, salientou hoxe o compromiso da Xunta de Galicia coa atención á diversidade do alumando galego, “facilitando e garantindo o acceso á educación dun sector da poboación escolar que require unha atención máis específica, concreta e preferente”.

Así o indicou durante a súa visita ao CEEPR (Centro de Educación Especial) Amencer-Aspace, onde compartiu cos nenos e nenas estes primeiros días de curso escolar. “As persoas con discapacidade, especialmente os rapaces e rapazas, teñen o desexo de aprender e a capacidade de facelo”, sinalou o titular do departamento educativo do Executivo galego. Neste sentido, lembrou que a tarefa da Administración é poñer á súa disposición os medios e recursos necesarios para “favorecer o seu acceso á educación en igualdade de condicións”.

Deste xeito, a Consellería, a través de convenios de colaboración con ata once entidades sen ánimo de lucro, destina este curso algo máis de 686.000 euros para financiar o transporte escolar adaptado e o servizo de comedor do alumnado con discapacidades. Neste caso, e mediante o convenio asinado coa Asociación de Atención á Parálise Cerebral e Afíns Amencer-Aspace, os nenos e nenas contan cunha atención específica nos seus traslados ao colexio, así como no comedor, de acordo coas súas necesidades físicas e psíquicas particulares.

Desprazamentos cubertos

Ao abeiro destes acordos quedan cubertos os desprazamentos de ida e volta desde os domicilios dos rapaces aos seus centros escolares, así como aos centros nos que reciban tratamento rehabilitador cando este coincida co horario escolar. Pola súa parte, as asociacións comprométense a facilitar os desprazamentos cos vehículos adaptados que sexan necesarios, así como a prestar os pertinentes servizos especializados de acompañamento e atención ao alumnado trasladado. Deste xeito, a Consellería farase cargo do 80% do gasto derivado da prestación de todos estes servizos.

Grazas a estes convenios, 200 nenos e nenas beneficiaranse este curso do transporte escolar adaptado, mentres que 359 terán apoio no servizo de comedor. Todo isto demostra, segundo explicou o conselleiro, o compromiso do seu departamento coa “educación en igualdade de oportunidades”. 

O conselleiro, que durante a súa visita estivo acompañado polo director xeral de Centros, José Manuel Pinal, tamén agradeceu o traballo e esforzo de pais, profesores, alumnos e demais persoal implicado na aposta pola equidade e a integración social dende o ámbito educativo.

A Consellería de Cultura e Educación destina 686.000 euros a financiar o transporte escolar adaptado e o servizo de comedor de alumnado con discapacidades

O conselleiro Román Rodríguez asinou hoxe os convenios de colaboración con once entidades sen ánimo de lucro de toda Galicia

Os acordos encádranse no compromiso do departamento educativo da Xunta de Galicia coa atención á diversidade do alumnado galego, garantindo o acceso á educación dun sector da poboación escolar galega que require una atención específica e preferente

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación destina 686.000 euros a financiar o transporte escolar adaptado e o servizo de comedor de alumnado con discapacidades
A Consellería de Cultura e Educación destina 686.000 euros a financiar o transporte escolar adaptado e o servizo de comedor de alumnado con discapacidades

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará algo máis de 686.000 euros a financiar o transporte escolar adaptado e o servizo de comedor de alumnos e alumnas con discapacidade durante o vindeiro curso escolar.

O conselleiro Román Rodríguez e mailos representantes de once entidades sen ánimo de lucro asinaron hoxe os convenios de colaboración respectivos tanto en materia de transporte como de comedor. Os acordos encádranse no compromiso do departamento educativo da Xunta de Galicia coa atención á diversidade do alumnado galego, que garante o acceso á educación dun sector da poboación escolar galega que require una atención específica e preferente.

Transporte adaptado

No caso do transporte escolar adaptado, a Consellería destina un total de 533.377 euros a financiar este servizo escolar complementario do cal se beneficiarán 200 nenos e nenas durante o curso 2015-2016.

En concreto asináronse convenios coa Asociación de Atención á Parálise Cerebral e afíns Amencer-Aspace para posibilitar o desprazamento do alumnado discapacitado ao CEE (Centro de Educación Especial) Amencer (en Pontevedra) e ao CEE Princesa Letizia (en Vilagarcía de Arousa); coa Asociación de familias de persoas con discapacidade psíquica das comarcas do Barbanza e Noia, AMICOS, para o desprazamento ao CEE Amicos, en Ribeira; coa Asociación BS A Esperanza do Val Miñor para acudir ao CEE Juan María; coa Asociación de Pais de persoas con parálise cerebral-A Coruña ASPACE; coa Asociación a favor das persoas con discapacidade intelectual da provincia de Pontevedra, ASPANAEX, para o desprazamento ao seu CEE Aspanaex; coa Asociación pro persoas con discapacidade intelectual de Galicia (APRONAGA) para acudir ao CEE Ntra. Sra. de Lourdes; coa Asociación Autismo Ourense, para acudir ao CEE Ilustre Mestre; e coa Asociación BATA para o desprazamento ao CEE BATA-Os Mecos.

Trátase de escolares con distintos tipos de discapacidades que precisan nos seus traslados ao centro educativo dunha atención específica e personalizada, de acordo coas súas necesidades físicas e psíquicas particulares. Así, os convenios cobren os desprazamentos de ida e volta desde os domicilios dos rapaces aos seus centros escolares, así como aos centros en que reciban tratamento rehabilitador, cando este coincida co horario escolar. Ademais, o servizo obxecto dos convenios estará adaptado ás necesidades horarias das alumnas e alumnos, moitas veces condicionadas polos tratamentos médicos que necesitan.

Ao abeiro destes convenios, as devanditas asociacións comprométense a facilitar os desprazamentos cos vehículos adaptados que sexan necesarios, así como a prestar os pertinentes servizos especializados de acompañamento e atención ao alumnado trasladado. Pola súa banda, a consellería farase cargo do 80% do gasto derivado da prestación destes servizos.

Servizo de comedor

Doutra banda, a Consellería destina 152.709 euros a financiar o servizo de comedor de alumnos con necesidades especiais do cal se beneficiaran un total de 359 nenos e nenas. Estes acordos responden ás liñas de actuación do departamento educativo da Xunta de apoiar aos colectivos máis vulnerables e, neste senso, o servizo de comedor escolar enmárcase no obxectivo básico de escolarización do alumnado discapacitado.

Neste caso, o conselleiro de Cultura e Educación asinou hoxe os respectivos convenios de colaboración coa Asociación de familias con persoas con discapacidade psíquica AMICOS, para o servizo de comedor escolar do alumnado do seu CEE de Ribeira (A Coruña); coa Asociación Autismo Ourense, para o comedor escolar do alumnado discapacitado no CEE Ilustre Mestre; coa Asociación de pais de persoas con parálise cerebral-ASPACE no seu CEE da Coruña; coa Asociación AMENCER-ASPACE nos CEE Amencer-Aspace e Princesa Letizia; coa Asociación de pais de persoas con trastorno do espectro autista (TEA) da provincia da Coruña, ASPANAES, para o comedor nos seus locais da Coruña, Santiago, Ferrol e As Pontes; coa Asociación pro persoas con discapacidade intelectual de Galicia, APRONAGA, para atender os alumnos no CEE Ntra. Sra. de Lourdes; coa Asociación Ntra Sra. de Chamorro para o comedor no CEE en Narón; e coa Fundación Menela no CEE de Vigo.

Colectivo: 

A Consellería de Cultura e Educación eleva a 200 o número de alumnos con discapacidades aos que facilitará o servizo de transporte escolar adaptado

O Consello da Xunta deulle hoxe o visto e prace á colaboración con Autismo Ourense, que se suma aos acordos que se asinarán para este mesmo fin con outras 8 asociacións

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asinará un convenio de colaboración con Autismo Ourense para a prestación do servizo de transporte escolar, de tal forma que se eleva a 200 o número de alumnas e alumnos aos que o departamento educativo da Xunta de Galicia facilita este servizo complementario adaptado. Neste sentido cómpre lembrar que no Consello da Xunta do pasado 25 de xuño aprobouse a sinatura de convenios con outras 8 asociacións para este mesmo fin que, xunto co hoxe aprobado, sumarán un investimento de máis de 533.000 euros en transporte adaptado.

Trátase de escolares con distintos tipos de discapacidades que precisan nos seus traslados ao centro educativo dunha atención específica e personalizada, de acordo coas súas necesidades físicas e psíquicas particulares. Así, os convenios cobren os desprazamentos de ida e volta desde os domicilios dos rapaces aos seus centros escolares, así como a ou desde os centros en que reciban tratamento rehabilitador, cando este coincida co horario escolar. Ademais, o servizo obxecto do convenio estará adaptado ás necesidades horarias das alumnas e alumnos, moitas veces condicionadas polos tratamentos médicos que necesitan.

Ao abeiro destes convenios, as devanditas asociacións comprométense a facilitar os desprazamentos cos vehículos adaptados que sexan necesarios, así como a prestar os pertinentes servizos especializados de acompañamento e atención ao alumnado trasladado. Pola súa banda, a consellería farase cargo do 80% do gasto derivado da prestación destes servizos.

Os acordos encádranse no compromiso do departamento educativo da Xunta de Galicia coa atención á diversidade do alumnado galego, garantindo o acceso á educación dun sector da poboación escolar galega que require una atención específica e preferente.

Colectivo: 

Román Rodríguez asina convenios coa ONCE para actuacións en materia de normalización lingüística e en prol da educación inclusiva

A Consellería destinará máis de 197.000 euros a estas colaboracións

Gallego
 Román Rodríguez asina convenios coa ONCE para actuacións en materia de normalización lingüística e en prol da educación inclusiva
Román Rodríguez asina convenios coa ONCE para actuacións en materia de normalización lingüística e en prol da educación inclusiva

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinou hoxe dous convenios coa Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE), a través dos que se lle facilita o acceso á escolarización ao alumnado galego atendendo á súa diversidade e ás súas necesidades específicas e mais favorecendo a inclusión educativa.

Un destes acordos terá como finalidade a transcrición, a gravación e a adaptación de libros editados en lingua galega solicitados polos seus afiliados, coa finalidade de facilitar e fomentar entre os seus membros a lectura, o estudo e o traballo en galego co pleno respecto á normativa sobre propiedade intelectual. O outro refírese á contratación de seis profesores pertencentes ao corpo de mestres, especializados na atención do alumnado con cegueira ou discapacidade visual grave.

O acto de sinatura celebrouse esta tarde no Centro de Recursos educativos da ONCE en Pontevedra, que o conselleiro tivo a oportunidade de percorrer acompañado polo director do centro, José Ángel Abraldes; polo delegado territorial da organización, Manuel Martínez Pan; e polo presidente do Consello territorial de Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro.

Normalización lingüística

En prol da implantación do uso do galego en todos os ámbitos sociais, ambas as dúas entidades rubricaron o acordo de colaboración para desenvolveren durante o ano en curso un programa de normalización lingüística no que se inclúen diversas actuacións de interese xeral para impulsar a promoción do uso da lingua galega desde a ONCE.

Coa sinatura deste convenio, a ONCE adaptará ao braille e traducirá ao galego, como mínimo, cinco dos libros de texto que sexan solicitados polos seus afiliados e contará coa colaboración e o asesoramento técnico (lingüístico e terminolóxico) da Secretaría Xeral de Política Lingüística no desenvolvemento das actividades recollidas no acordo. Pola súa banda, a Secretaría Xeral de Política Lingüística porá á disposición da ONCE materiais destinados á aprendizaxe do idioma propio de Galicia.

Docentes especializados

O segundo acordo supón a renovación da colaboración para prestar atención personalizada a alumnos con discapacidade visual, a través da contratación de seis profesores pertencentes ao corpo de mestres, especializados na atención do alumnado con cegueira ou discapacidade visual grave, que se integrarán nos equipos específicos da ONCE. Deste acordo veranse beneficiados no curso 2015/2016 un total de 357 estudantes de educación primaria e mais de 1º e 2º da ESO de toda Galicia.

O convenio supón un claro apoio ao labor educativo desenvolvido pola ONCE que, pola súa parte, pon a disposición do alumnado mestres, traballadores sociais, psicólogos, un pedagogo, persoal técnico de rehabilitación, persoal instrutor tiflotécnico, animadores socioculturais, un coordinador deportivo, especialistas en núcleos periféricos, especialistas de emprego, especialistas de música e un mestre destinado á investigación e á formación.

O acordo contempla tamén a colaboración para a transcrición e gravación a braille dos libros de texto e dos materiais curriculares.

Colectivo: 

Román Rodríguez gaba o labor de ‘AMICOS’ en prol da inclusión do alumnado con necesidades específicas de atención educativa

O conselleiro de Cultura e Educación participou esta tarde no acto de entrega á asociación do certificado de calidade AENOR

O responsable educativo lembrou que o seu departamento apoia a esta entidade na prestación do servizo de transporte escolar adaptado

Gallego
 Román Rodríguez gaba o labor de ‘AMICOS’ en prol da inclusión do alumnado con necesidades específicas de atención educativa
Román Rodríguez gaba o labor de ‘AMICOS’ en prol da inclusión do alumnado con necesidades específicas de atención educativa

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, participou hoxe no acto de entrega da certificación de calidade AENOR á Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia “AMICOS”, un acto co que se recoñece o labor desta entidade en prol da inclusión destas persoas.

O conselleiro salientou o importante traballo que desenvolve AMICOS no eido educativo, a favor da escolarización inclusiva do alumnado con este tipo de discapacidades. Neste sentido lembrou que se acaba de aprobar a sinatura dun convenio a través do cal a Consellería achegará máis de 66.000 euros a esta entidade para apoiar o servizo de transporte escolar adaptado que prestará o vindeiro curso a 18 alumnas e alumnos.

Ao abeiro deste acordo, cóbrense - en vehículos adaptados- os desprazamentos de ida e volta desde os domicilios dos rapaces aos seus centros escolares, así como a ou desde os centros en que reciban tratamento rehabilitador, cando este coincida co horario escolar. Igualmente, o servizo obxecto do convenio estará adaptado ás necesidades horarias das alumnas e alumnos, moitas veces condicionadas polos tratamentos médicos que estes necesitan. Ademais, préstanse os pertinentes servizos especializados de acompañamento e atención ao alumnado trasladado.

Neste sentido o conselleiro sinalou que a colaboración do seu departamento con AMICOS, así como con outras entidades especializadas neste eido, encádrase no compromiso da Xunta de Galicia coa atención á diversidade do alumnado galego, garantindo o acceso á educación dun sector da poboación escolar galega que require una atención específica e preferente.

Ademais do conselleiro, participaron neste acto o director de AENOR Galicia, Martín Pita López ; o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas; e mais familias das persoas atendidas pola asociación.

Educación e servizo asistencial

AMICOS é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como fin estatutario a defensa dos intereses das persoas discapacitadas, a fin de acadar a máxima atención social á problemática que presentan, así como a súa propia recuperación, rehabilitación e integración na sociedade. Non en balde, no 2014 acadou a inserción laboral de máis de 50 persoas.

A asociación atende a diario a máis de 100 persoas a través das instalacións que xestiona na bisbarra do Barbanza, que desenvolven funcións de centro de educación especial e unidade de atención temperá, centro de día, residencial, ocupacional e unidade de formación pre-laboral. Así mesmo, dispoñen dun Bio Centro de cultivo ecolóxico, viveiros e xardinería, dun Eco viveiro, e dun piso tutelado no que promoven e facilitan a autonomía das persoas con este tipo de discapacidade.

O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Educación salienta, no aniversario da asociación de altas capacidades de galicia, o compromiso da Xunta coa atención á diversidade do alumnado

Jesús Oitavén participou no acto conmemorativo dos vinte anos de traxectoria desta entidade

Gallego
O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Educación salienta, no aniversario da asociación de altas capacidades de galicia, o compromiso da Xunta coa atención á diversidade do alumnado
O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Educación salienta, no aniversario da asociación de altas capacidades de galicia, o compromiso da Xunta coa atención á diversidade do alumnado

O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén Barcala; participou hoxe no acto de conmemoración do XX aniversario da Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC), onde salientou o compromiso da Xunta coa atención á diversidade do alumnado. Neste sentido, sinalou que o Decreto 229/2011, elaborado polo actual Goberno galego, articula os recursos necesarios para que todos os estudantes reciban unha atención que teña en conta tanto as súas potencialidades como as súas necesidades educativas. “Trátase de dar unha resposta educativa axustada ao alumnado con altas capacidades, desde o marco dunha escola inclusiva e coa implicación activa do seu profesorado”, dixo.

Oitavén Barcala destacou, así mesmo, o labor desenvolvido por ASAC nestes vinte anos de traxectoria informando á sociedade, ás familias e ao profesorado das peculiaridades das nenas e nenos con altas capacidades intelectuais. “Falar de altas capacidades intelectuais é facelo dun alumnado potencialmente brillante, que precisa apoio e estímulos adaptados ao seu potencial de aprendizaxe. Do contrario -dixo- estámonos arriscando á presenza do fracaso escolar”. O representante de Cultura e Educación avogou así por unha implicación activa da Administración educativa, das familias, do profesorado, do propio alumnado e da conxunto da sociedade para acadar o mellor dos sistemas educativos.

No acto participaron, ademais do secretario xeral técnico, o presidente de ASAC, Manuel Campos; e familias e nenos membros da asociación.

Estímulo de capacidades

ASAC é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu como lugar de encontro das familias de nenas e nenos con alta capacidade intelectual, e que ten como sede a Facultade de psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade conta con preto de 300 socios e desenvolve unha ampla actividade dirixida a estimular as potencialidades e habilidades sociais das rapazas e rapaces participantes, así como a dar orientación e formación aos seus pais e nais.

Colectivo: 

A Consellería de Cultura e Educación facilitará o servizo de transporte escolar a 192 alumnos con discapacidades e o de comedor a outros 297

O Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace á colaboración con asociacións especializadas na atención a estas persoas

O investimento destinado a este fin será de preto de 635.000 euros

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria facilitará no vindeiro curso 2015/2016 o servizo de transporte adaptado a 192 alumnas e alumnos con discapacidades e o de comedor escolar a outros 297, ao abeiro das sinatura de convenios de colaboración con asociacións especializadas na atención a estas persoas. Para iso, o Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace á sinatura destes convenios, que suporán un investimento de case 635.000 euros.

Os acordos encádranse no compromiso do departamento educativo da Xunta de Galicia coa atención á diversidade do alumnado galego, garantindo o acceso á educación dun sector da poboación escolar galega que require una atención específica e preferente. Neste sentido, cómpre tamén sinalar o carácter educativo que para este alumnado con distintos tipos de discapacidades ten o comedor escolar, en canto ao aprendizaxe de habilidades que redunden nunha maior autonomía persoal e, polo tanto, nunha maior inclusión.

Transporte adaptado

No referido ao servizo de transporte, a colaboración producirase coa Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor (ACEESCA), coa Asociación de Atención á Parálise Cerebral e Afíns (AMENCER-ASPACE), coa Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia (AMICOS), coa Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral- A Coruña (ASPACE-Coruña), coa Asociación a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da Provincia de Pontevedra (ASPANAEX), coa Asociación Pro Persoa cons Discapacidade Intelectual de Galicia (ASPRONAGA), con Baión Asociación para o Tratamento do Autismo (BATA), e coa Asociación BS ‘A Esperanza do Val Miñor’.

Trátase de escolares con distintos tipos de discapacidades que precisan nos seus traslados ao centro educativo dunha atención específica e personalizada, de acordo coas súas necesidades físicas e psíquicas particulares. Así, os convenios cobren os desprazamentos de ida e volta desde os domicilios dos rapaces aos seus centros escolares, así como a ou desde os centros en que reciban tratamento rehabilitador, cando este coincida co horario escolar. Ademais, o servizo obxecto do convenio estará adaptado ás necesidades horarias das alumnas e alumnos, moitas veces condicionadas polos tratamentos médicos que estes necesitan. Ao abeiro dos convenios, as devanditas asociacións comprométense a facilitar os desprazamentos cos vehículos adaptados que sexan necesarios, así como a prestar os pertinentes servizos especializados de acompañamento e atención ao alumnado trasladado. Pola súa banda, a consellería farase cargo do 80% do gasto derivado da prestación destes servizos. O servizo contará co apoio de 36 auxiliares e será prestado por 35 condutores.

Comedor escolar

No caso do comedor, asinaranse convenios para subvencionar este servizo a 297 alumnas e alumnos con discapacidade, en concreto con AMENCER-ASPACE, con ASPACE-CORUÑA, con ASPANAES, con ASPRONAGA, coa Fundación MENELA e coa Asociación Nuestra Señora de Chamorro.

Colectivo: 

Axenda da atención temperá en Galicia 2015/2017

Gallego

Ponse a disposición das comunidades educativas a Axenda da atención temperá en Galicia 2015-2017, froito do traballo conxunto entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Sanidade e a Consellería de Traballo e Benestar.

Enlace ao “Fluxograma do proceso de atención temperá”

A Consellería de Cultura e Educación incrementa nun 40% o orzamento da convocatoria de axudas ás asociacións de nais e pais de alumnado de centros de educación especial

O pasado ano beneficiáronse deste apoio un total de 31 entidades de toda Galicia

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial  para o ano 2015. Nesta ocasión o orzamento da convocatoria increméntase nun 40%, ata chegar aos 73.483,35 euros, o que reafirma o compromiso do departamento educativo da Xunta de Galicia coa atención ao alumnado con necesidades específicas de atención educativa, xa consolidado a través de accións como a publicación do Decreto de Atención á Diversidade.

As axudas destinaranse tanto á realización de actividades como a sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións, que se orixinen no período subvencionado. Para solicitalas, as confederacións, federacións e asociacións deberán presentar o orzamento desagregado de cada unha das devanditas actividades, dos gastos derivados da xestión, administración, ou da adquisición de material non inventariable e mantemento das instalacións; así como o plan de actividades para as cales se solicita a axuda, facendo constar unha breve memoria por cada unha delas; entre outros requisitos que se poden consultar no DOG, no enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150529/AnuncioG0164-210515-0003_gl.html .

O pasado ano beneficiáronse destas axudas un total de 31 entidades. A contía das axudas oscilou entre os 700 e os 7.724, 53 euros, en función do número de actividades, ou de asociados, entre outros criterios de avaliación.

Resolución definitiva pola que se fai pública a relación dos centros seleccionados na convocatoria dos contratos-programa para o curso 2014/2015

Gallego

Xúntase a Resolución do 4 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a resolución definitiva dos centros seleccionados para desenvolver os contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación primaria e secundaria dependentes desta consellería.

Colectivo: