Gallego

A Consellería de Cultura e Educación incrementa nun 22,6% o número de contratos-programa na provincia de Lugo, unha actuación para a mellora da calidade do ensino que suporá a incorporación de 107 docentes ao sistema educativo galego

O departamento dirixido por Vázquez Abad inviste 4,1 millóns nos contratos-programa, con especial atención ao servizo de transporte escolar para oseu desenvolvemento no rural

O conselleiro asinou hoxe os correspondentes á provincia lucense, na que haberá un total de 677 implicados, un 136,7% máis ca o curso pasado

Preto de 6.000 alumnas e alumnos da provincia beneficiaranse desta iniciativa, un 54,5% máis ca no 2012/2013

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación
A Consellería de Cultura e Educación incrementa nun 22,6% o número de contratos-programa na provincia de Lugo, unha actuación para a mellora da calidade do ensino que suporá a incorporación de 107 docentes ao sistema educativo galego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou hoxe contratos-programa con 38 centros educativos da provincia de Lugo, o que supón un incremento de 7 centros respecto do curso pasado, un 22,6% máis. Para o desenvolvemento destas actuacións en toda Galicia o investimento ascende a 4,1 millóns de euros – un 28% máis que no curso pasado-, e implicará a incorporación ao sistema de 107 docentes contratados a maiores para este fin. O orzamento para a provincia lucense será de máis de 457.000 euros, un 26,1% máis de investimento ca no curso anterior.

Nun acto desenvolvido na delegación da Xunta na cidade da Muralla o titular do departamento educativo autonómico agradeceu a implicación dos centros de ensino, os equipos directivos e os docentes nesta iniciativa, que ten como obxectivo a mellora da calidade en base ás particularidades de cada comunidade educativa. Cómpre lembrar que  son os propios centros os que analizan os seus puntos fortes e débiles e propoñen á Consellería programas para a mellora do ensino de acordo ás súas necesidades.

Neste sentido salientou o esforzo realizado por centros como os IES A Pinguela (Monforte de Lemos) ou o IES Río Miño (Rábade), que desenvolven 5 das 6 liñas de actuación da convocatoria de contratos-programa, incluída a sexta delas, para a mellora da calidade na xestión dos centros, nova liña incorporada neste curso 2013-2014. Ademais, outros seis centros da provincia desenvolven ata tres liñas de actuación á vez este curso, en concreto os IES Perdouro (Burela), da Terra Chá José Trapero Pardo (Castro de Rei), Val do Asma (Chantada), Sanxillao (Lugo), e Xograr Afonso Gómez (Sarria), así como o CPI de Castroverde.

Ao abeiro desta iniciativa beneficiaranse preto de 6.000 alumnas e alumnos da provincia – un 54,5% máis ca no 2012/2013- grazas á implicación de case 680 docentes, un 136,7% máis dos docentes implicados na provincia o curso pasado. Deles, 11 serán profesores externos, contratados de forma específica para os contratos-programa.

Os centros da provincia implicados desenvolverán un total de 67 actuacións enmarcadas nas diferentes liñas da convocatoria, un 39,6% máis ca no ano académico 2012/2013. Delas, 32 delas serán para o reforzo, orientación e apoio – no curso anterior foron 28-; 16 de mellora da lectura, escritura e cálculo – fronte ás 11 do 12/13-; 8 para a mellora da convivencia (no ano académico anterior foron 5); 3 dirixidas á redución do abandono escolar –no 12/13 non se desenvolveron na provincia actuacións nesta liña -; 6 para favorecer a excelencia educativa – foron 4 o ano anterior-; e 2para mellorar a calidade na xestión dos centros, a nova liña da convocatoria.

A relación de centros participantes coas súas correspondentes liñas a desenvolver pode consultarse no portal educativo da Xunta de Galicia, no enlace web /portal/node/11424 .

Ademais dos representantes dos centros asinantes, no acto participaron a delegada da Xunta na provincia, Raquel Arias; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila; e o xefe territorial da Consellería na provincia, José Jesús Ramos Ledo.

Éxito da terceira convocatoria

A Consellería de Cultura e Educación puxo en marcha no curso 11/12 varias iniciativas para mellorar o éxito escolar, unha delas os contratos-programa cos centros docentes públicos. A introdución desta figura supón un cambio na cultura dos centros, xa que lles permite, unha vez analizadas as súas fortalezas e debilidades, e segundo o seu contexto, deseñar e propoñer un proxecto propio enfocado ás principais actuacións propostas para a súa mellora, todo isto nun marco de maior autonomía pedagóxica, de organización e xestión.

Así mesmo, este programa contribúe a afondar na cultura da avaliación, co establecemento de indicadores de resultado específicos para cada centro. Permite visibilizar e poñer en valor o esforzo e o investimento tanto do centro como da administración educativa para o éxito escolar, facendo partícipe ao profesorado mediante o recoñecemento do seu labor.

Esta terceira convocatoria confirma o éxito do programa, no que participarán este curso  un total de 334 centros educativos de toda Galicia, o que supón un incremento de 45 centros fronte aos 289 do curso pasado, un 15,6% máis. No conxunto da comunidade autónoma beneficiaranse da iniciativa preto de 44.000 alumnas e alumnos, implicando a 4.200 docentes. Ademais, a Consellería incrementa este ano o orzamento destinado ao programa, que acada arredor de 4,1 millóns de euros, un 28% máis que no curso pasado.

A Consellería de Cultura e Educación pon a disposición das comunidades educativas o primeiro protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia

O documento supón que por primeira vez se establece un procedemento común para a prevención e o tratamento das faltas de asistencia a clase do alumnado por parte dos centros educativos

É tamén pioneiro en definir conceptos como o de absentismo ou expediente de absentismo, así como o que está considerado como falta xustificada ou non xustificada de asistencia a clase, con exemplo claros

Ademais o protocolo establece prazos para minimizar o efecto negativo desta práctica na vida escolar

Gallego
 A Consellería de Cultura e Educación pon a disposición das comunidades educativ
A Consellería de Cultura e Educación pon a disposición das comunidades educativas o primeiro protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria acaba de poñer a disposición das comunidades educativas – a través de correo electrónico e do portal educativo- o Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia, cuxa publicación supón que por primeira vez se establece un procedemento común para a prevención e o tratamento das faltas de asistencia a clase do alumnado por parte dos centros educativos.

Para facilitar a xestión das faltas de asistencia a clase do alumnado e, de ser o caso, do posible absentismo, o protocolo achega unha serie de anexos dos documentos ou procedementos aos que se fai referencia nas distintas fases. Entre eses documentos destacan: modelos de convocatorias de reunión coas familias, modelos de actas das reunións coas familias, modelo para o rexistro de contactos do centro educativo coas familias e modelo para a notificación do expediente de absentismo.

Cómpre sinalar, ademais, que este documento é tamén o primeiro no que se definen conceptos como o de absentismo ou expediente de absentismo, así como o que está considerado como falta xustificada ou non xustificada de asistencia a clase, con exemplo claros de que e con que documentos se pode acreditar a ausencia da aula.

Ademais o protocolo establece prazos para minimizar o efecto negativo do absentismo na vida escolar. Así, nel queda recollido que  o profesor deberá realizar diariamente o control de asistencia e comunicalas ás familias ou titores legais – tanto as xustificadas como as que non o están- dentro dos primeiros 5 días naturais do mes seguinte. No caso de que o número de faltas sen xustificar supere o 10% do horario lectivo dese mes determinado, o profesor titor iniciará o expediente de absentismo e comunicará a situación á xefatura de estudos, para despois convocar ás nais e pais do alumno en cuestión. O inicio do expediente producirase, como máximo, dentro dos 7 días naturais seguintes á data na que as faltas de asistencia superaron o devandito 10%.

O protocolo e demais documentos que o acompañan están accesibles no enlace: /portal/node/11632

Orientación e prevención

O protocolo, que é de aplicación nas ensinanzas de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria que se impartan nos centros educativos de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos, ten un carácter básico e de referencia, polo que cada centro educativo, dentro da súa competencia e autonomía, pode adaptalo á súa realidade.

Aínda que o absentismo non representa un problema significativo no sistema educativo galego, como ben indicou o conselleiro na súa intervención do día 17, si importa trazar un camiño común, que poña o acento nas medidas de prevención e que promova e fortaleza a comunicación constante e fluída entre os centros educativos e o alumnado e as súas familias ou persoas gardadoras.

O citado documento orienta sobre diferentes medidas de prevención que deben poñer en marcha os centros en relación coa promoción da asistencia a clase do alumnado e co seu éxito escolar así como sobre as actuacións que deben contemplar nos seus instrumentos de planificación e organización.

Coa posta a disposición do Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia a Consellería de Cultura e Educación segue a desenvolver o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, de atención á diversidade, e pon en valor a educación como unha ferramenta imprescindible na procura dunha sociedade máis xusta, máis cualificada e máis comprometida.

Cultura e Educación incorporará 107 docentes ao sistema educativo galego para o desenvolvemento dos contratos-programa, que hoxe asinaron 68 centros de Vigo e área

A Consellería investirá 4,1 millóns de euros para o desenvolvemento destas iniciativas en toda Galicia, un 28% máis que o curso pasado

Máis de 18.000 alumnas e alumnos da provincia de Pontevedra beneficiaranse desta iniciativa, case un 13% máis ca no 2012/2013

Gallego
 Cultura e Educación incorporará 107 docentes ao sistema educativo galego para o
Cultura e Educación incorporará 107 docentes ao sistema educativo galego para o desenvolvemento dos contratos-programa, que hoxe asinaron 68 centros de Vigo e área

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou hoxe contratos-programa con 68 centros educativos de Pontevedra e a súa área de influencia, o que supón un incremento de 8 centros respecto do curso pasado, un 13,3% máis. Para o desenvolvemento destas actuacións en toda Galicia o investimento ascende a 4,1 millóns de euros – un 28% máis que no curso pasado-, e implicará a incorporación ao sistema de 107 docentes contratados a maiores para este fin. Para provincia de Pontevedra o orzamento será de preto de 1,9 millóns de euros, un 34% máis ca no curso anterior.

Nun acto desenvolvido na delegación da Xunta na cidade da oliveira o titular do departamento educativo autonómico agradeceu a implicación dos centros de ensino, os equipos directivos e os docentes nesta iniciativa, que ten como obxectivo a mellora da calidade en base ás particularidades de cada comunidade educativa.

Neste sentido salientou o esforzo realizado por centros como o CEIP Nosa Señora dos Remedios (Ponteareas), que desenvolve 4 das liñas da convocatoria, incluída a nova, para a mellora da xestión dos centros; ou do CPI de Cova Terreña (Baiona) e o IES Valadares (Vigo), tamén con 4 liñas de actuación no seu contrato-programa. Ademais, outros centro desenvolven ata 3 liñas, como son o os CEIP Mestre Manuel García (Oia), Mestre Ramiro Sabell Mosquera (Ponteareas), e Alfonso D. Rodríguez Castelao (Vigo).

Máis de 18.000 alumnas e alumnos da provincia (dos que arredor de 8.300 serán da cidade de Vigo e área de influencia) beneficiaranse este curso dos contratos-programa, o que supón un incremento de case un 13% nesta provincia respecto aos do curso anterior. Isto é posible grazas á implicación de 1.623 docentes da provincia, un 52,8% máis ca no 2012/2013, dos que 844 se corresponden con profesorado de Vigo e área. No caso dos docentes externos contratados de forma específica para este fin, 28 prestarán o seu apoio nos centros que hoxe asinaron os seus contratos-programa.

Liñas de actuación

Os centros hoxe asinantes desenvolverán un total de 104 actuacións enmarcadas nas diferentes liñas da convocatoria, un 23,8% máis ca no ano académico 2012/2013. Delas, 63 delas serán para o reforzo, orientación e apoio – no curso anterior foron 52-; 24 de mellora da lectura, escritura e cálculo – fronte ás 21 do 12/13-; 8 para a mellora da convivencia (fronte ás 6 do ano académico anterior); 8 para favorecer a excelencia educativa –fronte ás 5 do ano anterior-; e 1 para mellorar a calidade na xestión dos centros, a nova liña da convocatoria.

A relación de centros implicados coas súas correspondentes liñas a desenvolver pode consultarse no portal educativo da Xunta de Galicia, no enlace web /portal/node/11424 .

Ademais dos representantes dos centros asinantes, no acto participaron a delegado da Xunta en Vigo; María José Bravo Bosch; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal; o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila; e o xefe territorial da Consellería na provincia, César Pérez Ares.

Éxito da terceira convocatoria

A Consellería de Cultura e Educación puxo en marcha no curso 11/12 varias iniciativas para mellorar o éxito escolar, unha delas os contratos-programa cos centros docentes públicos. A introdución desta figura supón un cambio na cultura dos centros, xa que lles permite, unha vez analizadas as súas fortalezas e debilidades, e segundo o seu contexto, deseñar e propoñer un proxecto propio enfocado ás principais actuacións propostas para a súa mellora, todo isto nun marco de maior autonomía pedagóxica, de organización e xestión.

Así mesmo, este programa contribúe a afondar na cultura da avaliación, co establecemento de indicadores de resultado específicos para cada centro. Permite ademais visibilizar e poñer en valor o esforzo e o investimento tanto do centro como da administración educativa para o éxito escolar, facendo partícipe ao profesorado mediante o recoñecemento do seu labor.

Esta terceira convocatoria confirma o éxito do programa, no que participarán este curso  un total de 334 centros educativos de toda Galicia, o que supón un incremento de 45 centros fronte aos 289 do curso pasado, un 15,6% máis. No conxunto da comunidade autónoma beneficiaranse da iniciativa preto de 44.000 alumnas e alumnos, implicando a 4.200 docentes. Ademais, a Consellería incrementa este ano o orzamento destinado ao programa, que acada arredor de 4,1 millóns de euros, un 28% máis que no curso pasado.

Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia

O absentismo escolar é un problema ao que os centros educativos teñen que facer fronte dun xeito directo e permanente, e é motivo de preocupación, tanto para a comunidade educativa como para a sociedade en xeral, por incidir directamente no exercicio do dereito fundamental á educación.

O dereito e a obrigación de cursar a educación básica -educación primaria e educación secundaria obrigatoria- significa que, cando menos, todo o alumnado entre 6 e 16 anos debe estar escolarizado e, igualmente, asistir regularmente a clase.

O control da asistencia a clase é unha función do profesorado, e cada centro educativo debe articular a forma de promover a asistencia a clase e o procedemento para controlar esa asistencia.

O absentismo -definido no Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación- limita un dereito fundamental e hai que abordalo desde as súas orixes, tanto con medidas preventivas como con actuacións específicas.

Coa finalidade de establecer unhas pautas comúns de actuación elaborouse o Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia, que ten un carácter básico e de referencia, de xeito que cada centro educativo, dentro da súa competencia e autonomía, pode adaptalo á súa realidade.

En consecuencia con todo o anterior, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dentro das súas competencias, dita as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014, co propósito de trasladar o protocolo xeral e de facilitar a súa aplicación nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

ANEXOS (en formato word, para ser adaptados e/ ou modificados):

Gallego

A Consellería de Cultura e Educación inviste 4,1 millóns nos contratos-programa para a mellora da calidade educativa que se desenvolverán en 334 centros públicos de Galicia, dos que 65 serán na área coruñesa

Xesús Vázquez Abad lembrou hoxe no acto de sinatura con estes colexios que o programa suporá a incorporación de 107 docentes en toda Galicia que se dedicarán de forma específica ao desenvolvemento destas actuación

Preto de 15.500 alumnas e alumnos da provincia da Coruña beneficiaranse desta iniciativa grazas á implicación de máis de 1.579 profesores

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación inviste 4,1 millóns nos contratos-programa
A Consellería de Cultura e Educación inviste 4,1 millóns nos contratos-programa para a mellora da calidade educativa que se desenvolverán en 334 centros públicos de Galicia, dos que 65 serán na área coruñesa

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou hoxe contratos-programa con 65 centros educativos da cidade da Coruña e a súa área de influencia, o que supón un incremento de 14 centros respecto do curso pasado e dicir, un 27,4% máis. Para o desenvolvemento destas actuacións en toda Galicia o investimento ascende a 4,1 millóns de euros – un 28% máis que no curso pasado-, e implicará a incorporación ao sistema de 107 docentes contratados a maiores para este fin. Para a provincia da Coruña o orzamento será de máis de 1,3 millóns de euros, un 34% máis ca no curso anterior.

Nun acto desenvolvido na delegación da Xunta na cidade herculina, o titular do departamento educativo autonómico agradeceu a implicación dos centros de ensino, os equipos directivos e os docentes nesta iniciativa, que ten como obxectivo a mellora da calidade en base ás particularidades de cada comunidade educativa.

Neste sentido salientou o esforzo realizado por centros como o IES de Pastoriza (Arteixo) e o IES Afonso X O Sabio (Cambre), que desenvolven 5 das liñas da convocatoria, incluída  a nova, para a mellora da xestións dos colexios e institutos. Así mesmo, os IES Alfredo Brañas (Carballo) e o Agra de Orzán (A Coruña) asinan 4 liñas de actuación no seu contrato-programa. Ademais, outros centros desenvolven ata 3 liñas, como son os CEIPs Manuel Masdías e Plurilingüe San Xoán de Filgueira (Ferrol), e os IES A Sardiñeira (A Coruña), Urbano Lugrís (Malpica), de Ponteceso e o CPI de San Sadurniño.

Preto de 15.500 alumnas e alumnos da provincia (dos que 9.106 serán da cidade da Coruña e área de influencia) beneficiaranse este curso dos contratos-programa, o que supón un 33% nesta provincia ca os do curso anterior. O incremento é posible grazas á implicación de máis de 1.500 docentes da provincia, un 65,5% máis ca no 2012/2013, dos que 738 se corresponden con profesorado de Coruña e a súa área. No caso dos docentes externos contratados de forma específica para este fin, 12 prestarán o seu apoio nos centros que hoxe asinaron os seus contratos-programa.

Os colexios asinantes desenvolverán un total de 110 actuacións enmarcadas nas diferentes liñas da convocatoria, un 39,2% máis ca no ano académico 2012/2013. Delas, 55 delas serán para o reforzo, orientación e apoio – no curso anterior foron 45-; 22 de mellora da lectura, escritura e cálculo – fronte ás 15 do 12/13-; 14 para a mellora da convivencia (no ano académico anterior foron 9); 4 para a redución do abandono, 1 máis que o ano anterior; 11 para favorecer a excelencia educativa –o ano anterior foron 7-; e 4 para mellorar a calidade na xestión dos centros, a nova liña da convocatoria.

A relación de centros implicados coas súas correspondentes liñas a desenvolver pode consultarse no portal educativo da Xunta de Galicia, no enlace web /portal/node/11424 .

Ademais dos representantes dos centros asinantes, no acto participaron a delegada da Xunta na provincia, Belén do Campo; o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila; e o xefe territorial da Consellería na provincia, Indalecio Cabana.

Éxito da terceira convocatoria

A Consellería de Cultura e Educación puxo en marcha no curso 11/12 varias iniciativas para mellorar o éxito escolar, unha delas os contratos-programa cos centros docentes públicos. A introdución desta figura supón un cambio na cultura dos centros, xa que lles permite, unha vez analizadas as súas fortalezas e debilidades, e segundo o seu contexto, deseñar e propoñer un proxecto propio enfocado ás principais actuacións propostas para a súa mellora, todo isto nun marco de maior autonomía pedagóxica, de organización e xestión.

Así mesmo, este programa contribúe a afondar na cultura da avaliación, co establecemento de indicadores de resultado específicos para cada centro. Permite ademais visibilizar e poñer en valor o esforzo e o investimento tanto do centro como da administración educativa para o éxito escolar, facendo partícipe ao profesorado mediante o recoñecemento do seu labor.

Esta terceira convocatoria confirma o éxito do programa, no que participarán este curso  un total de 334 centros educativos de toda Galicia, o que supón un incremento de 45 centros fronte aos 289 do curso pasado, un 15,6% máis. No conxunto da comunidade autónoma beneficiaranse da iniciativa preto de 44.000 alumnas e alumnos, implicando a 4.200 docentes. Ademais, a Consellería incrementa este ano o orzamento destinado ao programa, que acada arredor de 4,1 millóns de euros, un 28% máis que no curso pasado.

Colectivo: 

Cultura e Educación asina contratos-programa con 76 centros de Pontevedra e a súa área, unha actuación na que a Consellería investirá un total de 4,1 millóns

Con este investimento incorporaranse, ademais, un total de 107 docentes ao sistema educativo galego contratados de forma específica para o desenvolvemento desta iniciativa, un 64,6% máis que o profesorado externo da convocatoria anterior

Máis de 18.000 alumnas e alumnos da provincia beneficiaranse desta iniciativa, case un 13% máis ca no 2012/2013

Gallego
 Cultura e Educación asina contratos-programa con 76 centros de Pontevedra e a s
Cultura e Educación asina contratos-programa con 76 centros de Pontevedra e a súa área, unha actuación na que a Consellería investirá un total de 4,1 millóns

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou hoxe contratos-programa con 76 centros educativos de Pontevedra e a súa área de influencia, o que supón un incremento de 7 centros respecto do curso pasado, un 10,1% máis. Para o desenvolvemento destas actuacións en toda Galicia o investimento ascende a 4,1 millóns de euros – un 28% máis que no curso pasado-, e implicará a incorporación ao sistema de 107 docentes contratados a maiores para este fin. Para provincia de Pontevedra o orzamento será de preto de 1,9 millóns de euros, un 34% máis ca no curso anterior.

Nun acto desenvolvido na delegación da Xunta na cidade do Lérez o titular do departamento educativo autonómico agradeceu a implicación dos centros de ensino, os equipos directivos e os docentes nesta iniciativa, que ten como obxectivo a mellora da calidade en base ás particularidades de cada comunidade educativa.

Neste sentido salientou o esforzo realizado por centros como o IES A Xunqueira I, que desenvolve 5 das liñas da convocatoria, incluída a nova, para a mellora da xestión dos centros; ou do CPI do Progreso (Catoira), con 4 liñas de actuación no seu contrato-programa. Ademais, outros centro desenvolven ata 3 liñas, como son o CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu), os CEIP Isidora Riestra (Poio), Príncipe Felipe (Pontevedra), o CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis), e os IES Johan Carballeira (Bueu), de Poio, de Ponte Caldelas e o IES Luís Seoane (Pontevedra).

Máis de 18.000 alumnas e alumnos da provincia (dos que arredor de 9.700 serán da cidade de Pontevedra e área de influencia) beneficiaranse este curso dos contratos-programa, o que supón un incremento de case un 13% nesta provincia respecto aos do curso anterior. Isto é posible grazas á implicación de 1.623 docentes da provincia, un 52,8% máis ca no 2012/2013, dos que 779 se corresponden con profesorado de Pontevedra e área. No caso dos docentes externos contratados de forma específica para este fin, 27 prestarán o seu apoio nos centros que hoxe asinaron os seus contratos-programa.

Liñas de actuación

Os centros hoxe asinantes desenvolverán un total de 122 actuacións enmarcadas nas diferentes liñas da convocatoria, un 24,5% máis ca no ano académico 2012/2013. Delas, 71 delas serán para o reforzo, orientación e apoio – no curso anterior foron 65-; 27 de mellora da lectura, escritura e cálculo – fronte ás 21 do 12/13-; 10 para a mellora da convivencia (fronte ás 6 do ano académico anterior); 1 para a redución do abandono, igual número ca no curso pasado; 10 para favorecer a excelencia educativa –o dobre que o ano anterior-; e 3 para mellorar a calidade na xestión dos centros, a nova liña da convocatoria.

A relación de centros implicados coas súas correspondentes liñas a desenvolver pode consultarse no portal educativo da Xunta de Galicia, no enlace web /portal/node/11424 .

Ademais dos representantes dos centros asinantes, no acto participaron a secretaria territorial da Xunta de Galicia na provincia; Ana Ortiz Álvarez; o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal; a subdirectora xeral de Inspección, avaliación e calidade do sistema educativo, Carmen Cimadevila; e o xefe territorial da Consellería na provincia, César Pérez Ares.

Éxito da terceira convocatoria

A Consellería de Cultura e Educación puxo en marcha no curso 11/12 varias iniciativas para mellorar o éxito escolar, unha delas os contratos-programa cos centros docentes públicos. A introdución desta figura supón un cambio na cultura dos centros, xa que lles permite, unha vez analizadas as súas fortalezas e debilidades, e segundo o seu contexto, deseñar e propoñer un proxecto propio enfocado ás principais actuacións propostas para a súa mellora, todo isto nun marco de maior autonomía pedagóxica, de organización e xestión.

Así mesmo, este programa contribúe a afondar na cultura da avaliación, co establecemento de indicadores de resultado específicos para cada centro. Permite ademais visibilizar e poñer en valor o esforzo e o investimento tanto do centro como da administración educativa para o éxito escolar, facendo partícipe ao profesorado mediante o recoñecemento do seu labor.

Esta terceira convocatoria confirma o éxito do programa, no que participarán este curso  un total de 334 centros educativos de toda Galicia, o que supón un incremento de 45 centros fronte aos 289 do curso pasado, un 15,6% máis. No conxunto da comunidade autónoma beneficiaranse da iniciativa preto de 44.000 alumnas e alumnos, implicando a 4.200 docentes. Ademais, a Consellería incrementa este ano o orzamento destinado ao programa, que acada arredor de 4,1 millóns de euros, un 28% máis que no curso pasado.

Colectivo: 

O conselleiro de Cultura e Educación inaugura en Cangas as ‘Xornadas TDAH: Actuacións de Coordinación Interinstitucional e Intervención Educativa’

Xesús Vázquez Abad anunciou que a Xunta de Galicia está preparando un protocolo específico de identificación e tratamento psicoeducativo para o alumnado con Trastorno por déficit de atención e/ou hiperactividade

Segundo o conselleiro o obxectivo deste protocolo é “garantir que estes estudantes reciban unha educación de calidade, na que a atención e o tratamento se adecúen ás necesidades particulares”

Gallego
 O conselleiro de Cultura e Educación inaugura en Cangas as ‘Xornadas TDAH: Actu
O conselleiro de Cultura e Educación inaugura en Cangas as ‘Xornadas TDAH: Actuacións de Coordinación Interinstitucional e Intervención Educativa’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe as ‘Xornadas TDAH: Actuacións de Coordinación Interinstitucional e Intervención Educativa’, que se celebran hoxe e mañá sábado en Cangas do Morrazo. Durante a súa intervención, Vázquez Abad comunicoulle aos asistentes a estas xornadas que a Consellerías de Educación, en colaboración coa Consellería de Sanidade, está preparando un protocolo específico de identificación e tratamento psicoeducativo para o alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención e/ou hiperactividade).

Segundo o conselleiro, “este documento vai orientado á atención deste alumnado na escola e na familia, desde a súa identificación e o correspondente tratamento psicoeducativo, ata, de ser o caso, a súa derivación, por medio da familia, aos servizos sociosanitarios cando se entenda necesario”. “Con este protocolo a Consellería busca garantir para estes estudantes unha educación de calidade, na que a atención e o tratamento se adecúen ás súas necesidades particulares”, asegurou.

Asemade, o conselleiro cualificou a diversidade como “un elemento enriquecedor, que vai contribuír a promover unha sociedade máis xusta, froito de ter recibido unha atención educativa de calidade, en contornos de inclusión, de integración e de normalidade”. “Para isto, requírense tres elementos fundamentais: detección temperá, medidas preventivas e intervencións personalizadas”, engadiu.

Por último, Vázquez Abad agradeceu a implicación dos Servizos Sanitarios Educativos e Servizos Sociais nas actuacións e tratamento do alumnado con TDAH, así como de todo o profesorado, os profesionais dos departamentos de orientación, os equipos directivos dos centros, e todos os que viven, valoran e colaboran nesta iniciativa.

Ao acto asistiron, ademais, o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal; o xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación en Pontevedra, César Pérez Ares; a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra, Ángeles Feijoo-Montenegro; o alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo; a representante da Deputación de Pontevedra, Begoña Estévez; e diferentes representantes das comunidades sanitaria e educativa.

Completo programa

Unha vez rematada a intervención do conselleiro, o catedrático de medicina legal da USC, Ángel Carracedo, impartirá a conferencia inaugural. Ao longo da tarde tamén intervirán o xefe de departamento de orientación dos CEIP A Rúa e CEIP do Hio de Cangas, Xosé Manuel Vidal Bouzó, para presentar as estatísticas sobre a incidencia do TDAH na comarca do Morrazo.

Pola súa banda, o xefe de departamento de orientación do CEIP San Roque de Darbo de Cangas, José Antonio Area Santiago, encargarase de dirixir unha mesa redonda onde participarán varios técnicos dos servizos sociais, inspección educativa e departamento de orientación.

Mañá sábado, Carolina Castellano, do Centro CADE de Madrid, impartirá a conferencia ‘A repercusión do modelo educativo español nas funcións educativas do alumnado con TDAH’. Ademais, pola tarde desenvolveranse varios talleres onde se abordarán a problemática e as pautas de intervención en Educación Infantil, Primaria e Secundaria en relación co TDAH.

A Consellería de Cultura e Educación asina contratos-programa con 47 centros de Santiago e área, no marco dunha iniciativa que suporá a incorporación de 107 docentes ao ensino galego

O departamento educativo da Xunta de Galicia investirá un total de 4,1 millóns de euros no desenvolvemento destas actuacións para a mellora da calidade educativa en toda Galicia

Preto de 15.500 alumnas e alumnos da provincia da Coruña beneficiaranse desta iniciativa grazas á implicación de máis de 1.579 docentes

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou hoxe contratos-programa con 47 centros educativos de Santiago de Compostela e a súa área de influencia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou hoxe contratos-programa con 47 centros educativos de Santiago de Compostela e a súa área de influencia, o que supón un incremento de 4 centros respecto do curso pasado, un 9,3% máis. Para o desenvolvemento destas actuacións en toda Galicia o investimento ascende a 4,1 millóns de euros – un 28% máis que no curso pasado-, e implicará a incorporación ao sistema de 107 docentes contratados a maiores para este fin. Para provincia da Coruña o orzamento será de máis de 1,3 millóns de euros, un 34% máis ca no curso anterior.

Nun acto desenvolvido no Museo Pedagóxico de Galicia o titular do departamento educativo autonómico agradeceu a implicación dos centros de ensino, os equipos directivos e os docentes nesta iniciativa, que ten como obxectivo a mellora da calidade en base ás particularidades de cada comunidade educativa.

Neste sentido salientou o esforzo realizado por centros como o CPI da Picota, que desenvolve 4 das liñas da convocatoria; ou, desenvolvendo 3 liñas cada un deles, os CEIP de Aguiño e de Frións (Ribeira), o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) IES de Melide, IES Xulián Magariños (Negreira), IES Plurilingüe Maruxa Mallo (Ordes) e CPI de Xanceda (Mesía), sumándose este último ademais á nova liña, a de mellora da xestión dos centros.

Preto de 15.500 alumnas e alumnos da provincia (dos que arredor de 6.400 serán da cidade de Santiago e área de influencia) beneficiaranse este curso dos contratos-programa, o que supón un 33% nesta provincia ca os do curso anterior. O incremento é posible grazas á implicación de máis de 1.500 docentes da provincia, un 65,5% máis ca no 2012/2013, dos que 437 se corresponden con profesorado de Santiago e área. No caso dos docentes externos contratados de forma específica para este fin, 11 prestarán o seu apoio nos centros que hoxe asinaron os seus contratos-programa.

Os centros hoxe asinantes desenvolverán un total de 77 actuacións enmarcadas nas diferentes liñas da convocatoria, un 20,3% máis ca no ano académico 2012/2013. Delas, 36 delas serán para o reforzo, orientación e apoio – no curso anterior foron 33-; 17 de mellora da lectura, escritura e cálculo – fronte ás 15 do 12/13-; 7 para a mellora da convivencia (o mesmo número que no ano académico anterior); 3 para a redución do abandono, fronte ás 2 do ano anterior; 12 para favorecer a excelencia educativa –o ano anterior foron 7-; e 2 para mellorar a calidade na xestión dos centros, a nova liña da convocatoria.

A relación de centros implicados coas súas correspondentes liñas a desenvolver pode consultarse no portal educativo da Xunta de Galicia, no enlace web /portal/node/11424 .

Ademais dos representantes dos centros asinantes, no acto participaron o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila.

Éxito da terceira convocatoria

A Consellería de Cultura e Educación puxo en marcha no curso 11/12 varias iniciativas para mellorar o éxito escolar, unha delas os contratos-programa cos centros docentes públicos. A introdución desta figura supón un cambio na cultura dos centros, xa que lles permite, unha vez analizadas as súas fortalezas e debilidades, e segundo o seu contexto, deseñar e propoñer un proxecto propio enfocado ás principais actuacións propostas para a súa mellora, todo isto nun marco de maior autonomía pedagóxica, de organización e xestión.

Así mesmo, este programa contribúe a afondar na cultura da avaliación, co establecemento de indicadores de resultado específicos para cada centro. Permite ademais visibilizar e poñer en valor o esforzo e o investimento tanto do centro como da administración educativa para o éxito escolar, facendo partícipe ao profesorado mediante o recoñecemento do seu labor.

Esta terceira convocatoria confirma o éxito do programa, no que participarán este curso  un total de 334 centros educativos de toda Galicia, o que supón un incremento de 45 centros fronte aos 289 do curso pasado, un 15,6% máis. No conxunto da comunidade autónoma beneficiaranse da iniciativa preto de 44.000 alumnas e alumnos, implicando a 4.200 docentes. Ademais, a Consellería incrementa este ano o orzamento destinado ao programa, que acada arredor de 4,1 millóns de euros, un 28% máis que no curso pasado.

Colectivo: 

A Consellería de Cultura e Educación inviste 4,1 millóns e incorpora 107 docentes ao sistema para desenvolver actuacións de mellora da calidade educativa, con contratos-programa adaptados ás necesidades de cada centro

O conselleiro asinou hoxe os correspondentes á provincia de Ourense, un total de 40 centros, un 14,3% máis que o curso pasado

Preto de 4.500 alumnas e alumnos da provincia beneficiaranse desta iniciativa grazas á implicación de máis de 420 docentes

Gallego
 A Consellería de Cultura e Educación inviste 4,1 millóns e incorpora 107 docent
A Consellería de Cultura e Educación inviste 4,1 millóns e incorpora 107 docentes ao sistema para desenvolver actuacións de mellora da calidade educativa, con contratos-programa adaptados ás necesidades de cada centro

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou hoxe contratos-programa con 40 centros educativos da provincia de Ourense, o que supón un incremento de 5 centros respecto do curso pasado, un 14,3% máis. Para o desenvolvemento destas actuacións en toda Galicia o investimento ascende a 4,1 millóns de euros – un 28% máis que no curso pasado-, e implicará a incorporación ao sistema de 107 docentes contratados a maiores para este fin. Para a provincia de Ourense o orzamento será de 387.000 euros, un 16,2% máis ca no curso anterior.

Nun acto desenvolvido na delegación da Xunta na cidade das Burgas o titular do departamento educativo autonómico agradeceu a implicación dos centros de ensino, os equipos directivos e os docentes nesta iniciativa, que ten como obxectivo a mellora da calidade en base ás particularidades de cada comunidade educativa.

Neste sentido salientou o esforzo realizado por centros como o IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia) ou o CEIP Vistahermosa (Ourense), que desenvolven ata tres liñas de actuación da convocatoria de contratos-programa, no caso do CEIP sumándose á sexta delas, para a mellora da calidade na xestión dos centros, nova liña incorporada neste curso 2013-2014.

Preto de 4.500 alumnas e alumnos da provincia – un 3% máis ca no 2012/2013- beneficiaranse este curso dos contratos-programa, grazas á implicación de máis de 420 docentes, 190 docentes máis implicados na provincia que o curso pasado. Deles, 8 serán docentes externos, contratados especificamente para este fin.

Os centros desenvolverán un total de 69 actuacións enmarcadas nas diferentes liñas da convocatoria, un 56,8% máis ca no ano académico 2012/2013. Delas, 39 delas serán para o reforzo, orientación e apoio – no curso anterior foron 33-; 22 de mellora da lectura, escritura e cálculo – fronte ás 8 do 12/13-; 3 para a mellora da convivencia (no ano académico anterior foi 1); 4 para favorecer a excelencia educativa –o dobre que as 2 do ano anterior-; e 1 para mellorar a calidade na xestión dos centros, a nova liña da convocatoria.

A relación de centros implicados coas súas correspondentes liñas a desenvolver pode consultarse no portal educativo da Xunta de Galicia, no enlace web /portal/node/11424 .

Ademais dos representantes dos centros asinantes, no acto participaron o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila; e a xefa territorial da Consellería na provincia, Mercedes Gallego.

Éxito da terceira convocatoria

A Consellería de Cultura e Educación puxo en marcha no curso 11/12 varias iniciativas para mellorar o éxito escolar, unha delas os contratos-programa cos centros docentes públicos. A introdución desta figura supón un cambio na cultura dos centros, xa que lles permite, unha vez analizadas as súas fortalezas e debilidades, e segundo o seu contexto, deseñar e propoñer un proxecto propio enfocado ás principais actuacións propostas para a súa mellora, todo isto nun marco de maior autonomía pedagóxica, de organización e xestión.

Así mesmo, este programa contribúe a afondar na cultura da avaliación, co establecemento de indicadores de resultado específicos para cada centro. Permite visibilizar e poñer en valor o esforzo e o investimento tanto do centro como da administración educativa para o éxito escolar, facendo partícipe ao profesorado mediante o recoñecemento do seu labor.

Esta terceira convocatoria confirma o éxito do programa, no que participarán este curso  un total de 334 centros educativos de toda Galicia, o que supón un incremento de 45 centros fronte aos 289 do curso pasado, un 15,6% máis. No conxunto da comunidade autónoma beneficiaranse da iniciativa preto de 44.000 alumnas e alumnos, implicando a 4.200 docentes. Ademais, a Consellería incrementa este ano o orzamento destinado ao programa, que acada arredor de 4,1 millóns de euros, un 28% máis que no curso pasado.

Colectivo: 

Cultura e Educación establece por primeira vez un procedemento común para a prevención e detección do absentismo a través dun protocolo específico para os centros educativos

Xesús Vázquez Abad presentou hoxe este documento a docentes, equipos directivos, orientadores e demais axentes implicados; salientando a necesidade de colaboración entre as diferentes entidades, seguindo un procedemento común

O conselleiro puxo ademais o acento nas medidas de prevención e no contacto permanente entre centros educativos e familias ou titores dos estudantes

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou o protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou esta mañá diante de equipos directivos, docentes, orientadores e demais axentes implicados o protocolo que o seu departamento vén de elaborar para a atención específica ao absentismo, que establece por primeira vez un procedemento común para a prevención e detección desta situación nos centros educativos.. Nun acto desenvolvido no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) o titular do departamento educativo da Xunta salientou a necesidade de colaboración entre as diferentes entidades – especialmente servizos sociais, Concello, centros de ensino e administración educativa- na loita contra o absentismo e o abandono temperán, seguindo un procedemento común de actuación diante destas situacións.

Con todo, o conselleiro explicou que nestes momentos o absentismo non supón un problema significativo no sistema educativo galego, xa que afecta a menos do 0,2% da poboación escolar en idade de escolarización obrigatoria. Aínda así, puxo o acento nas medidas de prevención e no contacto permanente entre centros educativos e familias ou titores dos estudantes. “Non en balde, esta Consellería puxo en marcha a primeira plataforma en liña de comunicación permanente entre nais e pais e o centro educativo, o espazoAbalar, que estamos achegando tamén aos teléfonos e dispositivos móbiles a través de abalarMóbil. Trátase de ferramentas que lles permite ás familias, por exemplo, ter coñecemento da falta de puntualidade dos rapaces ao chegaren á aula, e mesmo axilizar a xustificación das faltas de asistencia.”

Procedemento, definicións e prazos

Xesús Vázquez explicou que o protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar é o primeiro documento elaborado para regular a asistencia a clase do alumnado galego, e tamén o primeiro no que se definen conceptos como o de absentismo - alumnos cun número de faltas sen xustificar superior ao 10% do horario lectivo dun determinado mes-, ou de expediente de absentismo - conxunto de documentos que recollen a aplicación do protocolo, e que quedarán  rexistrados-.  Así mesmo, contémplase o considerado como falta xustificada ou non xustificada de asistencia a clase, con exemplo claros de que e con que documentos se pode acreditar a ausencia da aula.

Así mesmo incidiu na importancia do feito de establecer prazos para minimizar o efecto negativo do absentismo na vida escolar. Neste sentido, queda recollido que o profesor deberá realizar diariamente o control de asistencia e comunicalas ás familias ou titores legais – tanto as xustificadas como as que non o están- dentro dos primeiros 5 días naturais do mes seguinte. No caso de que o número de faltas sen xustificar supere o 10% do horario lectivo dese mes determinado, o profesor titor iniciará o expediente de absentismo e comunicará a situación á xefatura de estudos, para despois convocar ás nais e pais do alumno en cuestión. O inicio do expediente producirase, como máximo, dentro dos 7 días naturais seguintes á data na que as faltas de asistencia superaron o devandito 10%.

Se a reunión do profesor titor coa familia reconducise a situación paralizarase o proceso e arquivarase o expediente. Se non, será a xefatura de estudos a que convoque a familia, para intentar resolver a situación e arquivar o expediente con ese encontro. No caso de que iso non se producise, a dirección do centro educativo deberá notificar a situación ao Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente e ao Concello de residencia da alumna ou alumno, no prazo máximo de 30 días naturais desde o inicio do expediente.

O protocolo acompáñase ademais cunha serie de anexos dos documentos ou procedementos aos que se fai referencia nas distintas fases ou momentos do protocolo: modelos das convocatorias de reunión, das actas dos encontros cos pais, do rexistro de contactos do centro coas familias e de notificación do expediente de absentismo, entre outros.

Orientación e prevención

Tal e como explicou o conselleiro, o protocolo é unha guía para os centros educativos, unha ferramenta para a orientación e coordinación, facilitándolles un procedemento común que deben seguir, os seus tempos e un marco conceptual “para que todas e todos entendamos o mesmo cando falamos do mesmo”.

O conselleiro salientou como “o máis importante” que o protocolo inclúe unha relación de accións de carácter preventivo, para que os centros as adecúen ás súas realidades. “Buscamos que se fortalezan as relacións dentro das comunidades educativas e os programas de acollida, e que se reforcen as actuacións dirixidas á inclusión e á atención á diversidade, co imprescindible papel dos orientadores”. Neste sentido fixo fincapé en que non todo o alumnado é igual, nin ten as mesmas características, polo que a escola ten que comprender esa diversidade e promover a inclusión de todas e todos. “Este protocolo ten, tamén, esa vocación”, dixo.

Unha estratexia en prol da convivencia

Xesús Vázquez explicou que o protocolo presentado hoxe forma parte dunha das liñas estratéxicas prioritarias da Consellería de Cultura e Educación, a da atención á diversidade e á convivencia. Neste sentido salientou os importantes pasos dados nos últimos anos no marco desta estratexia, subliñou a Lei de convivencia –co decreto que o desenvolve e o protocolo de prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso– e o decreto de atención á diversidade; así como o protocolo específico que a Consellería está a elaborar de identificación e tratamento psicoeducativo do alumnado con déficit de atención e hiperactividade (TDAH).

Ademais explicou que os contratos-programa abordan actuacións específicas de reforzo educativo, de mellora da convivencia e de loita contra o abandono escolar. “De feito, incluíndo esta última edición dos contratos-programa, que imos asinar nos próximos días, téñense desenvolvido ou desenvolveranse este curso un total de 823 actuacións nestas liñas, con preto de 49.000 alumnos beneficiados. Ademais, tan só este curso preto de 2.000 docentes estarán implicados nesta tarefa”. De feito, a formación específica dos docentes tamén forma parte desta estratexia da Consellería, cun total de 4.296 prazas para docentes en 224 actividades relacionadas coa atención á diversidade e o absentismo, que supuxeron 7.106 horas de formación.

Responsabilidade compartida

Para a elaboración deste protocolo a Consellería de Cultura e Educación contou coa colaboración do departamento de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, de docentes e orientadores. Vázquez Abad quixo agradecer a todos eles a súa contribución ao documento "e pedirlles, aínda que estou seguro que a súa implicación xa o asegura,a máxima colaboración na súa posta en marcha e aplicación nos centros educativos".

"Se queremos un mundo máis igual- dixo-, máis xusto, máis solidario, máis sostible, temos que garantir o dereito de todas e de todos á educación, independentemente das circunstancias que afecten ao alumnado", una responsabilidade que definiu como "compartida", entre centros, administración educativa e familias.

Á presentación do protocolo asistiron o secretario xeral técnico, Jesús Oitavén; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila; os directores do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e dos seis Centros de Formación e Recursos (CFR); membros deses centros; persoal dos Equipos de Orientación Específicos; orientadoras e orientadores; inspectoras e inspectores; e os profesionais que traballaron na elaboración do documento.

Tema: