Gallego

Asociación de Nenos con Altas Capacidades de Ourense (Anaco)

ANACO é unha asociación que xurde en 2011 sen ánimo de lucro, aconfesional e apolítica; creada por amigos dos nenos con altas capacidades (pais, nais, profesionais…) que teñen o obxectivo de responder ás inquedanzas dun grupo de familias cunha característica común: que algún dos seus membros está diagnosticado cun coeficiente intelectual superior á media.

A Asociación persegue unha metodoloxía dinámica e creativa mediante obradoiros enriquecedores para os nenos impartidos por profesionais; escola de axuda e orientación para pais e nais; servizo de información para todas as persoas interesadas no ámbito das altas capacidades así como participación en diversas investigacións e actividades levadas a cabo na provincia de Ourense.        

 

Gallego
Anaco

Colectivo: 

O VI Seminario nacional de atención educativa ao alumnado inmigrante terá lugar en Santiago de Compostela os días 14 e 15 de decembro de 2012

A Universidade de Santiago, en colaboración coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, organiza o VI Seminario nacional de atención educativa ao alumnado inmigrante baixo o lema "Experiencia e Innovación". Esta actividade terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela o venres 14 e o sábado 15 de decembro de 2012.

O seminario componse de dúas ponencias impartidas polos profesores da Universidade de Santiago Agustín Godás Otero e María Jesús Agra Pardiñas; dunha conferencia de peche, ofrecida polo Xefe do Departamento de Desenvolvemento Docente e Políticas Educativas da UNESCO (París) Francesc Pedró García; unha mesa redonda baixo o título “As posibilidades dun proxecto social e intercultural desde os centros educativos e a sociedade civil”; 5 obradoiros simultáneos e un panel de "Experiencias e boas prácticas de atención educativa ao alumnado de orixe inmigrante nas escolas".

Pódese consultar o programa completo no arquivo descargable ofrecido aquí e aínda é posible inscribirse gratuítamente mediante unha ficha accesible na ligazón que pecha esta noticia.

Gallego
VI Seminario nacional de atención educativa ao alumnado inmigrante

Ábrese o prazo para participar no concurso de banda deseñada Historias de Milú

Ábrese a convocatoria do concurso de banda deseñada “Historias de Milú”, organizado pola Secretaría Xeral de Política Social en colaboración coa Fundación Meniños.

Este concurso ten por obxecto enriquecer a cultura dos dereitos dos nenos e nenas a través do personaxe de Milú, que podemos coñecer a través da web educativa da Fundación Meniños, ou a través do conto “Milu” de Manuel Rivas, editado por Kalandraka.
Poderán participar o alumnado de ESO dos centros escolares públicos, privados ou concertados da Comunidade Autónoma de Galicia.
Categorías:

  • Individual: traballos presentados por unha soa persoa.
  • Colectiva: traballos presentados por un grupo de entre dúas e catro persoas.

O prazo para a recepción dos traballos comezou o 1 de decembro de 2012 e remata o 22 de marzo de 2013.
Os premios consistirán en:

  • 1º premio: unha tablet e un lote de libros para cada participante.
  • 2º premio: un mp5 e un lote de libros para cada participante.

Ademais, entre todo o alumnado premiado en calquera das categorías sortearase un curso gratuíto de Banda deseñada no Garaxe Hermético, Escola profesional de banda deseñada e ilustración dirixida por Kiko Da Silva na cidade de Pontevedra.

Nos arquivos anexos pódese descargar:

  • Bases do concurso "Historias de Milú".
  • Anexo I: ficha de inscrición.
     
Gallego
Concurso Historias de Milú

O 9 e 10 de novembro celebrarase en Bilbao o IX Congreso Internacional da Fundación Internacional Novas Claves Educativas "Obxectos perdidos"

Os días 9 e 10 de novembro de 2012 terá lugar en Bilbao o IX Congreso Internacional Novas Claves Educativas, que este ano terá por nome “Obxectos perdidos” e está dedicado ás altas capacidades e as dificultades específicas da aprendizaxe.

Neste congreso farase ver a importancia de identificar e potenciar as fortalezas que todo o alumnado posúe.

 

 

 

 

 

 

Gallego
IX Congreso Internacional da Fundación Internacional Novas Claves Educativas

Colectivo: 

Protocolos de derivación e seguimento psicopedagóxico para a Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil na provincia da Coruña (USM-IX)

O Equipo de Orientación Específico da Coruña (EOE) ven de impulsar a elaboración dun protocolo de coordinación entre os servizos educativos e sanitarios para a atención interdisciplinar ao alumnado con necesidades educativas especiais que o precise. Este protocolo foi consensuado polo EOE da Coruña cos departamentos de orientación, as tres unidades de saúde mental infanto xuvenil (USM-IX) da provincia  (CHUAC, CHUS e ASPANEPS) e con representación do servizo de pediatría.

A finalidade deste protocolo de colaboración é axilizar e mellorar a coordinación para a atención ao alumnado que presenta necesidades específicas de apoio educativo entre os profesionais dos departamentos de orientación dos centros educativos, co asesoramento do EOE, se procede, e as Unidades de Saúde Mental Infanto-Xuvenil, a través do correspondente servizo de pediatría de atención primaria, sempre coa conformidade da familia, que actuará como canle de comunicación e coordinación do intercambio de información.

Unha vez aplicadas as medidas de atención á diversidade por parte do centro educativo, poderá iniciarse o Protocolo de Derivación á USM-IX co obxecto de solicitar aos servizos médicos unha valoración que permita completar a intervención global. O/a orientador/a do centro educativo cumprimentará este protocolo para que a familia o entregue ao médico pediatra, por se este estima necesario derivar a consulta á correspondente USM-IX.

Para as sucesivas consultas na USM-IX, utilizarase o Protocolo de Seguimento Psicopedagóxico no que se reflectirá a evolución do/a alumno/a dende a anterior cita do servizo de saúde mental infanto-xuvenil.

 

Gallego
Procedemento para o traspaso de información

XIII Edición do Premio FIAPAS 2012 na Área de Accesibilidade

A Confederación Española de Familias de Persoas Xordas convoca a XIII edición do premio para labores de investigación de aplicación na área de accesibilidade, relacionados coa deficiencia auditiva.
Poderán presentarse todos os profesionais cualificados, con ámbito de dedicación en España, así como asociacións ou entidades que realicen traballos neste campo.
A memoria explicativa terá unha extensión non superior a quince folios aos que se lles poderán engadir gráficos, ilustracións ou calquera documentación anexa e será presentada seguindo a metodoloxía habitual dos traballos de investigación: hipótese de traballo, lugar de realización, material e métodos, resultados, discusión, conclusións e bibliografía.

O prazo de recepción dos traballos concluirá o 30 de novembro de 2012.
O premio consistirá na dotación de 6000 €. Será único e indivisible, podendo aplicarse a un traballo realizado tanto de forma individual como en equipo. O premio pode declararse deserto.
O traballo premiado poderá ser publicado e difundido por FIAPAS, indicando sempre os datos do autor.

Gallego
FIAPAS

Colectivo: 

X Xornadas de Formación e Intercambio: Empleo e Discapacidade o 10 de Outubro de 2012

A Confederación Española de Familias de Persoas Xordas organiza as X Xornadas de Formación e Intercambio: Emprego e Discapacidade o 10 de Outubro de 2012.
 

Participantes: Profesionais que desenvolvan accións que fomenten a inserción laboral das persoas con discapacidade. Así mesmo, poderán asistir aquelas persoas interesadas nos contidos contemplados e relacionadas co campo da discapacidade e/ou o emprego:

Prazo de inscrición: até o 4 de outubro.
 

Prazas limitadas. No caso de que a demanda de solicitudes supere o número de prazas ofertadas, farase unha selección seguindo a orde de chegada das fichas de inscrición. As solicitudes que queden fora da selección quedarán en lista de espera.
 

Lugar de celebración: Centro de Recursos de Apoio e Formación - FIAPAS Pantoja, 5 (Local) 28002 Madrid Tfno.: 91 576 51 49

Gallego
X Xornadas de Formación e Intercambio: Empleo e Discapacidade o 10 de Outubro de

O Concurso Escolar ONCE "La cápsula del tiempo" abre o prazo de inscrición até o 11 de novembro

A nova edición do Concurso ONCE invíta ao alumnado a coñecer todo o que ten avanzado a sociedade española nos últimos 75 anos no eido da discapacidade e todo o que aínda podemos mellorar xuntos.
O Concurso ONCE está dirixido a alumnado de:

  • 3.º a 6.º de primaria.
  • ESO.
  • Educación Especial

O alumnado debe participar en equipos de entre 3 e 5 membros e han de gravar un vídeo de non máis de 1 minuto de duración, no que recollan algún aspecto no que aínda é posible mellorar a accesibilidade e a integración das persoas con discapacidade.
Os premios:
Só por participaren, o profesorado recibirá un certificado de horas de docencia, e todo o alumnado recibirá un regalo sorpresa.

Gañadores provinciais: Todo o alumnado e profesorado gañador en cada categoría (A, B, C, D) recibirá unha divertida cámara web.

Gañadores autonómicos: Todo o alumnado e profesorado gañador en cada categoría (A, B, C, D) recibirá unha "caixa de experiencias" en familia.

Gañadores nacionais: Os gañadores de cada categoría (A, B, C, D e E) recibirán:

  • Alumnado: Cámara de vídeo dixital.
  • Profesorado. Tablet.

Ademais, serán invitados a recoller o premio no acto que organizará a ONCE en Madrid con tal motivo.

Para participaren, os equipos de alumnado deben ser inscritos por unha persoa responsable do seu centro chamando ao teléfono 902 112 099, ou ben na sección “Inscríbete” da web do concurso.

Gallego
Concurso ONCE

Folletos informativos de Educación de Adultos: ensinanzas, probas para a obtención de títulos, o bacharelato nesta modalidade

Trátase de tres publicacións, en forma de folleto descargable, nas que se trata de orientar ás persoas adultas das posibilidades de acceso, continuidade e formación que lles ofrece o actual sistema educativo.

Entre as súas finalidades teñen a de informar a este alumnado de:

 

Gallego
Folleto informativo: Ensinanzas de Persoas Adultas

Folleto informativo: Coñece a formación profesional

Trátase dunha publicación, en forma de folleto descargable, na que se trata de orientar ao alumnado no acceso, modalidades e saídas da formación profesional do actual sistema educativo.

Entre as súas finalidades ten a de axudar ao alumnado a coñecer a formación profesional no actual sistema educativo, como o conxunto de accións formativas estreitamente relacionadas coas ocupacións, as profesións e o mercado de traballo.

Na actualidade, a formación profesional, debido á súa ampla oferta, ao seu carácter modular e ás facilidades para a súa realización, mesmo a través de internet, preséntanse como unha opción moi atractiva cunha alta porcentaxe de inserción laboral.

Gallego
Folleto informativo: Coñece a formación profesional