Gallego

Sistemas alternativos de comunicación e novas tecnoloxías (Edutec)

Información interesante para pais e docentes sobre as ensinanzas de linguaxes alternativas co partindo da consideración do ordenador como un recurso para a aprendizaxe por parte do alumnado e como un reforzo nos procedementos do ensino do docente.

Ofrécese información da gran parte do software máis coñecido e dos recursos e axudas técnicas, como facilitador do proceso de ensino/aprendizaxe nalgúns dos principais métodos de comunicación: Bliss, Spc, Braille, LSE (hoxe xa linguaxe oficial para la poboación xorda), Bimodal e o recente Winspeak.

 

 

Gallego
EDUTEC

Ligazón á páxina web da Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC)

ASAC é unha asociación sen ánimo de lucro, un lugar de encontro das familias de nenos con alta capacidade intelectual. Trátase dunha asociación de pais que pretende, a través de talleres de enriquecemento e saídas culturais, estimular as capacidades dos seus fillos e proporcionar un ambiente que facilite a convivencia e o desenvolvemento das habilidades sociais.

Ademais, prográmanse distintas conferencias e charlas para orientar e formar aos pais no mundo das Altas Capacidades. Un Equipo Técnico colabora na organización das actividades ao tempo que presta información e axuda a aquelas familias e nenos que o necesiten.

Os fins de ASAC son:

  • Promover unha educación axeitada ás persoas con altas capacidades.
  • Favorecer unha formación adecuada a pais, nais, titores, educadores e outros profesionais vinculados coas altas capacidades, para unha mellor comprensión e tratamento das persoas con altas capacidades.
  • Potenciar a investigación en altas capacidades.
  • Procurar a integración das persoas con altas capacidades na seu entorno social.
  • Promover a mellora da calidade de vida das asociadas e asociados a todos os niveis (educacional, cultural, deportivo e social).
Gallego
ASAC

Ligazón á páxina web do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI-Galicia)

CERMI-Galicia constitúese coma unha organización con vocación autonómica, sen ánimo de lucro e coa finalidade de participar plenamente na vida social da Comunidade Autónoma Galega, para defender os dereitos das persoas con discapacidade. Dentro do marco mencionado, desenvolve as seguintes funcións:

  • Deseñar políticas de actuación encamiñadas a conquerir a normalización social das persoas con discapacidade (e polo tanto o acceso á educación).
  • Ser unha plataforma común de debate para as persoas con discapacidade.
  • Representar as entidades de persoas con discapacidade da Comunidade Autónoma de Galicia que constitúen CERMI-Galicia, ante os seus diferentes órganos gubernamentais e outras instancias públicas e privadas desta Comunidade, en relación coa problemática propia do colectivo representado.
  • Analizar os diferentes problemas xerais e de importancia que afecten ao sector das persoas con discapacidade.

CERMI-Galicia, ten por misión facer valer, dentro da circunscripción autónoma, a diversidade de colectivo que representa e velar para o mantemento das melloras conseguidas, así como contribuír á xeneralización das realidades positivas logradas. Ten como obxectivo primordial ser un foro de estudo e debate, que desenvolva propostas para a mellora e defensa do colectivo representado, nos diferentes ámbitos da sociedade, entre os que se atopa o educativo.

 

Gallego
CERMI - Galicia

Ligazón á páxina web da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten como fins mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade, tendo como misión conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

COGAMI é unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública e recoñecida legalmente como entidade colaboradora en materia social en favor das persoas con discapacidade física. Ten como finalidade a integración social das persoas con discapacidade da Comunidade Autónoma de Galicia, para a cal promove e coordina un movemento asociativo con obxectivos e valores similares á vez que presta unha serie de servizos totalmente gratuítos para as persoas con discapacidade e as súas familias.

A aposta de COGAMI polo emprego constitúe un dos eixos fundamentais para a integración e normalización das persoas con discapacidade, non só pola independencia económica que aporta, senón tamén, como elemento de socialización. Por este motivo, existe o Grupo COGAMI (Galega de Economía Social, S.L.), grupo empresarial de economía social formado por varias iniciativas que dan emprego numerosas persoas con discapacidade.

Gallego
COGAMI

Ligazón á páxina web da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)

A FAXPG ten como misión xerar as condicións que, tomando como base a identidade xorda e a súa diversidade, aseguren o desenvolvemento global das persoas xordas de Galicia en condicións de accesibilidade universal e igualdade de oportunidades.

Para acadar o seu obxectivo, a FAXPG ten como visión ser a entidade de referencia na Comunidade Autónoma de Galicia en:

  • A representación dos intereses de todas as persoas xordas de Galicia.
  • A representación dos servizos de calidade na atención a persoas xordas de Galicia e aos seus familiares.
  • A defensa e conservación da lingua de signos española.

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia...

 

 

Gallego
FAXPG

Ligazón á páxina web da Fundación INTEGRA para a discapacidade intelectual

A Fundación Integra ten como obxectivo prioritario a solialización das persoas con discapacidade intelectual en todos os ámbitos. Búscase unha integración completa na sociedade de toda persoa con discapacidade intelectual respectando os seus dereitos, facéndoa partícipe do seu futuro e coñecedora das súas obrigas.

A Fundación INTEGRA en Galicia, ten a súa sede en Vigo, e na súa web podemos ver entre outros recursos: diferentes materiais didácticos e educativos (especialmente para a etapa de Educación Primaria), xogos para nenos, posibilidades de emprego para as persoas con discapacidade intelectual...

 

Gallego
Fundación INTEGRA

Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado (ITE)

O Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado  é a unidade do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte responsable da integración das TICs nas etapas educativas non universitarias.

Neste enlace poderás atopar un banco de imaxes e sons, libres, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e que che poden ser útiles para a preparación dos teus materiais.

 

Gallego
ITE

Comunicación Aumentativa e Alternativa (ARASAAC)

O portal ARASAAC ofrece recursos gráficos e materiais para facilitar a comunicación de aquelas persoas con algún tipo de dificultade neste área. No apartado de “materiais elaborados" ofrécense numerosos recursos educativos (pictogramas, imaxes, vídeos..).

Existe unha sección de “ferramentas online” para xerar materiais cos recursos ofrecidos nos diferentes catálogos de ARASAAC. A maior parte destas ferramentas require visitar previamente os diferentes catálogo para engadir os elementos gráficos que se queiran utilizar.

 

Gallego
ARASAAC

Onda educa

Páxina especialmente interesante para atender as posibles necesidades, demandas e intereses de persoas con deficiencias auditivas. Especializada na adaptación e creación de recursos educativos, informativos e culturais dirixidos principalmente a persoas con discapacidade ou que presentan problemas de aprendizaxe, ofrecendo solucións de accesibilidade.

Trátase dunha ferramenta para a produción de contidos educativos e culturais accesibles, en colaboración con profesionais que día a día traballan nas distintas organizacións e centros de ensino pola integración educativa, laboral, social e o futuro de todas as persoas.

 

Gallego
Onda educa

Premios de Innovación Educativa 2010 - Modalidade B - Introducción das competencias básicas na aula dixital

"Dairas" do IES Manuel García Barros, A Estrada - Pontevedra (1º Premio na Categoría Secundaria/Bacharelato)

Dairas, unha curtametraxe de animación stop-motion, pretende unha reflexión á realidade de miles de persoas que padecen as consecuencia das guerras, das disputas dos territorios. Conta a crúa realidade dun campamento de refuxiados, guiados por un personaxe principal, Ahmed.

A historia céntrase nos conflitos bélicos dos saharauis. Os refuxiados vense reflectidos no personaxe de Ahmed, un rapaz que guía ós seus compañeiros cara a un futuro mellor. O nome vén de Daira, (الدائرة en árabe), son pequenos poboados onde habitan os refuxiados saharauis, os núcleos de varias dairas denomínanse wilayas.

O exército, a guerra, os campamentos, a vida cotiá, a casa, a alimentación, o papel da muller, os libros, a importancia e o dereito á cultura. Todos estos temas transcorren en maior ou menor medida polas imaxes que se amosan en pantalla.

   Toda a información: Dairas

Nota: Ademais, no blog Dairas, poderanse encontrar moitos máis recursos para traballar a interculturalidade e os valores, temas importantes para a titoria.

Gallego