Gallego

Rede dos Equipos de Orientación Específicos en Galicia (EOE)

No Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, créanse os Equipos de Orientación Específicos (EOE).

Na Orde do 24 de xullo de 1998, establécese a súa organización e funcionamento e en diferentes Circulares da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, recóllense as actuacións prioritarias para cada curso.

Quen somos?   

Un servizo de orientación externo aos centros educativos. Este servizo ten unha composición profesional que pretende dar resposta ás necesidades de intervención externa ligadas a aspectos psicopedagóxicos específicos e a cuestións sociais ou mesmo familiares que teñen incidencia no ámbito educativo.

Aspectos xerais

Como nos organizamos?

De acordo coa normativa referida, os EOEs manteñen, dentro do seu horario, unha reunión semanal de coordinación.

Cada persoa membro do equipo dedica un día á semana, na sede correspondente e en horario de mañá e tarde, á atención personalizada das diferentes demandas socioeducativas do seu ámbito de intervención.

Todas as persoas integrantes de cada un dos catro equipos permanecen na sede, cando menos, unha xornada de mañá ou de tarde para facilitar a atención coordinada á comunidade educativa.

Existen diferentes ámbitos de traballo e actuación segundo a especialización dos profesionais do EOE: audición e linguaxe, discapacidades motoras, discapacidades sensoriais, orientación vocacional e profesional, sobredotación intelectual, traballo social, trastornos de conduta e trastornos xeneralizados desenvolvemento.

 

 

 

 

 

 

 

 

A que centros atendemos?

O ámbito de actuación dos EOEs é de carácter provincial, e abranguen no seu plan de intervención as escolas de educación infantil, os colexios de educación infantil e primaria, os colexios de educación primaria, os institutos de educación secundaria, os centros públicos integrados e os centros integrados de formación profesional. Así mesmo, interveñen tamén nos centros específicos de educación de adultos e nos centros de educación especial dependentes da Administración educativa.

Cando intervimos?

Correspóndelle á inspección educativa a coordinación destes equipos, coa finalidade de garantir a uniformidade das súas actuacións e dar cumprimento ao plan xeral elaborado con carácter anual, tendo en conta as directrices emanadas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

As intervencións das persoas especialistas do Equipo de Orientación Específico nun determinado centro educativo poden seguir tres liñas básicas de actuación:

  • Como desenvolvemento ou execución do establecido no plan anual (tanto na parte xeral como na referida a cada especialidade), elaborado ao inicio do curso escolar.
  • En resposta ás demandas concretas da comunidade educativa, seguindo o procedemento previsto no punto 2 do artigo 24º da Orde do 24 de xullo de 1998, que sinala o seguinte: “Por motivos debidamente xustificados, a intervención das persoas integrantes dos equipos de orientación específicos nun determinado centro poderá producirse por requirimento do/a xefe/a do departamento de orientación, do/a director/a do centro (xuntando o informe do/a xefe/a do departamento de orientación), co visto e prace do/a inspector/a de zona, ou por proposta deste/a último/a. Estas intervencións organizaranse en función das prioridades establecidas no plan anual dos ditos equipos”.
  • Por requirimento da Administración Educativa, canalizado a través do/da Inspector/a.

FUNCIÓNS

Que funcións temos?

Entre as nosas funcións, de acordo coa normativa, cabe destacar as seguintes:

  • Colaborar, como técnicos educativos, nas diferentes actuacións encamiñadas á prevención e atención temperá que lle faciliten ao alumnado o seu desenvolvemento evolutivo.
  • Asesorar e apoiar aos departamentos de orientación mediante a elaboración de pautas de intervención, a intervención directa, o seguimento das accións iniciadas e calquera outra acción ou prestación de recursos que se precise.
  • Desenvolver programas de investigación, elaboración, recompilación e difusión de recursos para darlles resposta ás necesidades específicas do alumnado.
  • Asesorar aos departamentos de orientación na atención á diversidade persoal e sociocultural do alumnado, colaborando na aplicación de medidas educativas axeitadas.
  • Colaborar cos departamentos de orientación na avaliación psicopedagóxica do alumnado, cando sexa necesaria a intervención dun profesional externo ao centro, e participar, se é o caso, no ditame de escolarización.
  • Contribuír á formación especializada das persoas integrantes dos departamentos de orientación e do profesorado no ámbito das necesidades educativas específicas que atenden.
  • Colaborar con outros servizos ou institucións que desenvolvan actividades no campo educativo, laboral, social, da saúde e naqueloutros ámbitos da súa competencia.
  • Cooperar cos departamentos de orientación no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de intervención relativos á orientación profesional, á modificación de conduta, á saúde, etc, ou de programas integrados.
  • Colaborar no deseño, desenvolvemento e avaliación de actividades ou en programas formativos de orientación educativa e sociofamiliar, así como asesorar e colaborar coas familias sobre o tipo de intervención que deben seguir cos seus fillos/as.
  • Calquera outra que se puidese encomendar no ámbito das nosas funcións.

Ademais das funcións que lle corresponden como persoa integrante do equipo, o/a coordinador/a do mesmo, deberá desenvolver as seguintes:

  • Representar ao equipo nas reunións ás que oficialmente sexa convocado.
  • Coordinar a elaboración, seguimento e avaliación do plan xeral anual no seu ámbito de intervención e redactala memoria final.
  • Fomentar o traballo colaborativo entre as diferentes persoas do equipo que permita actuacións coherentes entre as diferentes especialidades.
  • Impulsar as tarefas de formación e de investigación e aquelas que poidan ser de interese tanto para o equipo como para os departamentos de orientación dos centros da provincia.
  • Calquera outra que se lle asigne regulamentariamente.

As funcións e tarefas específicas asignadas a cada especialidade do EOE xiran en torno ás anteditas funcións xerais e son obxecto dun desenvolvemento concreto nos plans de actuación específicos que cada persoa especialista elabora para o seu ámbito de traballo ao comezo de cada curso escolar.

Gallego
Localización xeográfica dos EOEs

A estrutura dos Servizos de Orientación en Galicia:

Curso de formación inicial para novos orientadores (Santiago de Compostela 14 de novembro de 2011)

Neste apartado recóllese unha presentación coa estrutura dos servizos de orientación na Comunidade Autónoma de Galicia, pasando pola lexislación que regula a orientación, definición e características desta e analizando cada un dos diferentes niveis, internos/externos, centrais/periféricos que a conforman así como o funcionamento dos diferentes centros de formación e recursos que colaboran na formación do profesorado e difisión de boas prácticas relacionadas coa orientación

Estrutura dos Servizos de Orientación en Galicia:

  • Servizos Centrais
  • Equipos de Orientación Específica (EOE)
  • Departamentos de Orientación nos centros educativos (DO)
  • Centros de Formación e Recursos (CAFI e CFR)
Gallego
Estrutura dos servizos de orientación en Galicia

Servizos de apoio á Orientación

Desde que o Decreto 120/1998 regulou a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, foron moitos os cambios que se sucederon, tanto na educación en xeral como na orientación en particular; pero, sen dúbida, a maior innovación vén dada polos cambios de perspectiva que introduce a Lei orgánica de educación e polo fincapé que nela se fai nos principios de calidade baseada na equidade e de esforzo compartido.

É evidente que, como consecuencia, se produce un novo auxe da función titorial e da función orientadora como primeira e indispensable medida para que unha axeitada atención educativa e resposta á comunidade escolar, sendo preciso para isto dar a coñecer a existencia dunha estrutura de servizos e profesionais da orientación altamente cualificados.

Polo tanto, apostouse pola creación de Departamentos de Orientación (DO) nos centros de educación infantil, primaria e secundaria, como servizos de orientación, para contribuír a posibilitar o logro dunha atención personalizada, propiciadora dunha educación integral en coñecementos, destrezas e valores.

Pero, ademais creáronse os Equipos de Orientación Específicos (EOE) como un servizo de orientación externo aos centros educativos, sendo un servizo con unha composición profesional que pretende dar resposta ás necesidades de intervención externa ligadas a aspectos do eido da orientación educativa e profesional e a cuestións sociais ou mesmo familiares que teñen incidencia no ámbito educativo.

Non debemos esquecer nestes servizos que apoian á orientación os tamén ofrecidos dende as Xefaturas Territoriais (XT), as Asesorías de Orientación Educativa e Profesional nos Servizos Centrais (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa) e mesmo dende os Servizos de Formación (CAFI e CFR) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Gallego
Servizos de apoio á Orientación

Servizos de apoio á Atención á Diversidade

Dende a Lei orgánica de educación faise fincapé nos principios de calidade baseada na equidade e de esforzo compartido, cobrando polo tanto relevancia por si mesma a atención á diversidade; entendida, non como un axente igualador, senón como a resposta axeitada, no momento oportuno, ás necesidades educativas do alumnado.

A resposta educativa dada asume o principio de inclusión, reforza o traballo a favor da equidade e contribúe a unha maior cohesión social sendo preciso para isto a existencia dunha estrutura de servizos e profesionais altamente cualificados.

É evidente que se produce un novo auxe da función titorial e da función orientadora como primeira e indispensable medida para que unha axeitada atención á diversidade que nos permita garantir a igualdade efectiva de oportunidades a todo o alumnado.

Polo tanto, apostouse pola creación de Departamentos de Orientación (DO) nos centros de educación infantil, primaria e secundaria, como servizos de atención á diversidade, para contribuír a posibilitar o logro dunha atención personalizada, propiciadora dunha educación integral en coñecementos, destrezas e valores.

Pero, ademais creáronse os Equipos de Orientación Específicos (EOE) como un servizo de atención á diversidade e orientación externo aos centros educativos, sendo un servizo con unha composición profesional que pretende dar resposta ás necesidades de intervención externa ligadas a aspectos psicopedagóxicos específicos e a cuestións sociais ou mesmo familiares que teñen incidencia no ámbito educativo.

Non debemos esquecer nestes servizos que atenden á diversidade os tamén ofrecidos dende as Xefaturas Territoriais (XT), a Asesoría de Atención á Diversidade nos Servizos Centrais (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa) e mesmo dende os Servizos de Formación (CAFI e CFR) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Gallego
Servizos de Atención á Diversidade

Dicionarios e traductores automáticos a distintos idiomas

Dicionarios de uso xeral:

  • LOGOS Multilingual Traslation Portal.- Esta gigantesca base de datos "viviente" es actualizada y corregida en línea por nuestra red de traductores y revisores profesionales de acuerdo con un mecanismo de "peer review". En este momento comprende 7.580.560 entradas y más de 200 idiomas.  http://www.logos.net/
  • Dicionarios Oxford en WordReference.- Dicionarios bilingües sin custe: español-portugués/inglés/francés/italiano/alemán/ruso.Cada un dos dicionarios Oxford ten arredor de 100,000 palabras e frases con máis de 200.000 traducións.  http://www.wordreference.com/es/
  • Tradución do español ao romanés, chino, árabe, ruso, polaco, portugués, turco... ata 31 idiomas.  http://www.langtolang.com/
  • Dicionario chino-español.- Búsqueda por carácter chino, por pronuncia en pinyin ou directamente en español. Máis de 30.000 entradas, sinónimos, nomes propios, expresións, frases feitas... http://www.chino-china.com/diccionario
  • Dicionarios en liña AULEX en varios idiomas e linguas minoritarias. http://aulex.org/

 

Terminoloxía

  • Realiter.- Dicionario panlatino de comercio electrónico, medio natural, informática e internet.  http://www.realiter.net/
  • Este recurso electrónico multilingüe accesible online funciona como unha base de datos terminolóxica e permite buscar a traducción e a definición dunha palabra en 21 linguas diferentes. http://www.tv5.org/TV5Site/alexandria/

 

Gallego

Documento base coa estrutura-localización e solicitude EOE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Gallego
Solicitude de intervención do EOE

Especialista do EOE na orientación vocacional e profesional

Os constantes cambios que teñen lugar no mundo actual, enmarcados pola globalización, os avances da sociedade da información, da tecnoloxía e do coñecemento, a aparición de profesións emerxentes e de novas fontes de emprego, fan imprescindible que as persoas estean cada vez máis preparadas para afrontar novos retos persoais e laborais. Diante desta realidade, a información e a orientación deben favorecerlles ás persoas de todas as idades o seu desenvolvemento en todos aqueles aspectos que, aínda non sendo puramente vocacionais, contribúen á súa realización persoal, educativa e profesional.

Delimitación conceptual

Orientación vocacional, orientación profesional, asesoramento vocacional, orientación para a carreira son, entre outras, as denominacións máis frecuentes para referirse a un proceso continuo de axuda para a toma de decisións académicas e profesionais no marco do proxecto vital das persoas.

A orientación profesional pódese entender como un proceso sistemático de axuda encamiñada a favorecer o desenvolvemento integral da persoa ao longo da súa vida, a través da elaboración e realización dos seus proxectos persoais e profesionais. Isto implica que a orientación profesional debe ter en conta as experiencias escolares, familiares, profesionais, laborais e sociais da persoa á hora de levar a cabo calquera intervención. No contexto da aprendizaxe permanente, a orientación profesional debe capacitar as persoas para o coñecemento de si mesmas e das súas posibilidades para poder adoptar decisións responsables sobre a súa formación e inserción sociolaboral.

En todo caso, as características comúns que definen a orientación profesional son as seguintes:

  • É un proceso de axuda mediante unha intervención continuada, técnica e sistemática, baseado nos principios de prevención, desenvolvemento e intervención social.
  • Ten lugar ao longo de toda a vida da persoa e contribúe á súa autorrealización.
  • Establece un vínculo entre o mundo educativo e o mundo laboral.
  • A persoa é un axente activo do seu proceso orientador, a través da identificación das súas propias características, da obtención de información e da toma de decisións.
  • Supón un factor decisivo da preparación para a vida e de aprendizaxe permanente.

Principios

Entre os principios básicos sobre os que se asenta a orientación profesional podemos citar os seguintes:

  • Principio de axuda: no ámbito educativo, o centro escolar debe dar resposta ás necesidades e demandas de todo o alumnado.
  • Principio de continuidade: non se trata de realizar unha intervención illada, en momentos puntuais, senón de seguir un proceso sistemático que contribúa ao desenvolvemento da carreira profesional.
  • Principio de planificación: as actuacións que se leven a cabo requiren dunha estrutura, coherencia e organización previas.
  • Principio de interdisciplinariedade: as actividades deseñaranse dentro dunha perspectiva interdisciplinar e estarán en relación co currículo escolar.
  • Principio de individualización: tendo en conta os factores de desenvolvemento evolutivo e as características persoais, familiares e sociais de cada alumna e alumno, potenciarase a axuda personalizada e a toma de decisións autónoma.

A orientación profesional no contexto educativo abrangue actuacións dirixidas a facilitar axuda e asesoramento a todo o alumnado coa finalidade de que poida ser capaz de tomar decisións fundamentadas e responsables dentro do proxecto académico ou profesional que máis se adapte aos seus intereses e características. Decidir de forma realista e planificada supón desenvolver e dominar unha serie de capacidades relacionadas fundamentalmente coa obtención, selección e análise de información; co coñecemento de si mesmo; coa planificación de metas e coa resolución de problemas; obxectivos todos eles que non se acadan de xeito puntual, senón que son froito dunha intervención educativa continuada.

Gallego
Orientación vocacional e profesional - EOE

Especialista do EOE en trastornos xeneralizados do desenvolvemento (TXD)

A especialidade de trastornos xeneralizados do desenvolvemento (TXD), tenta responder educativamente a aqueles estudantes que presentan, entre outros, déficits en interacción social, déficits en habilidades de comunicación.

De forma xeral, os TXD caracterízanse por unha perturbación grave e xeneralizada de varias áreas do desenvolvemento:
1) Habilidades para a interacción social.
2) Habilidades para la comunicación.
3) Presenza de comportamentos, intereses e actividades
estereotipadas.

Estas características concrétanse entorno a seis déficits básicos:
1) Trastorno cualitativo da interacción social.
2) Trastorno da función comunicativas (sociais).
3) Trastorno da linguaxe.
4) Trastorno e limitacións da imaxinación.
5) Trastorno da flexibilidade de pensamento.
6) Trastorno do sentido da actividade. e  presentan, así mesmo, condutas e intereses estereotipados.

Gallego
Trastornos xeneralizados do desenvolvemento - EOE

Especialista do EOE en trastornos de conduta

No Título II “Equidade na Educación” da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE), e no Capítulo I “Alumnado con necesidade específica de apoio educativo”, sinálase como alumnado con necesidades educativas especiais aquel que require, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta (Artigo 73 da LOE).

No espazos escolares atopámonos cunha grande variedade e diversidade de alumnado que presenta situacións persoais, sociais e familiares que inciden no seu desenvolvemento persoal, social e escolar e que o condicionan.

Os alumnos e alumnas con trastornos graves de conduta presentan dificultades significativas para conxugar os diferentes ámbitos da súa vida, o que os conduce a situacións de inestabilidade emocional e provoca na meirande parte das ocasións fracaso escolar.

Ademais, na convivencia diaria nos centros educativos xorden situacións de conflitividade, tanto nas relacións verticais como horizontais, que requiren de intervencións específicas e asesoramento técnico co obxectivo de darlles unha resposta axeitada.

Consideramos que a mellor intervención sobre os problemas de conduta é a prevención. A prevención e intervención nos centros educativos neste ámbito debe facerse desde unha perspectiva global, buscando unha escola inclusiva que vexa a diversidade como unha fonte de enriquecemento e superando as barreiras mentais simplificadoras. Desde esta perspectiva, os conflitos son unha oportunidade para que as organizacións educativas aprendan a construír novos modelos mentais, adaptando o currículo, as estruturas e os recursos ás necesidades do alumnado.

Gallego
Trastornos de conduta - EOE

Especialista do EOE en traballo social

Tal e como aparece recollido no Decreto 120/1988 de 23 de abril e na Orde de 24 de xullo de 1998 os traballadores sociais ou educadores sociais son profesionais que formarán parte do Equipo de Orientación Específico xunto con psicólogos e/ou pedagogos e/ou psicopedagogos, mestres especialistas en audición e linguaxe, como axentes externos aos centros no campo da orientación.

Esta orientación considerase entendida como un proceso que abrangue a todo o período de escolarización, dende o seu inicio ata o nivel universitario, pero tamén se entende como un proceso que inclúe a toda a comunidade educativa.

Hai que ter en conta que o desenvolvemento de cada alumno vén determinado polas súas propias características pero tamén polas transaccións que se producen entre os diferentes sistemas nos que se atopa: familia e amigos, relacións familia – escola, condicións de vida e forma de cubrir as súas necesidades básicas e polas expectativas, roles e costumes culturais.

Os especialistas en traballo social dos Equipos de Orientación Específicos son profesionais de perfís educativos centrados no coñecemento dos factores socioambientais e na intervención social dentro do sistema escolar.

O traballador social, dentro do Equipo de Orientación Específico realiza accións de intervención socioeducativa cos alumnos que presentan problemas ou dificultades de integración escolar e social.

As características de personalidade, a escola e certas características sociofamiliares como un baixo nivel económico, ausencia de normas, poucos coidados e atencións básicas, inestabilidade familiar e pautas educativas desaxeitadas, son factores de risco que poden derivar en situacións socioeducativas desfavorables.

Gallego
Traballo social - EOE