Gallego

Os Departamentos de Orientación (DO)

Logo dun crecemento dende 1998, no número de Departamentos de Orientación, podemos dicir que no momento actual, todos os centros de educación secundaria e os centros de primaria de 12 ou máis unidades teñen departamento de orientación, os colexios que teñen entre 6 e 11 unidades contan con departamentos de orientación compartida e os centros que non chegan ás 6 unidades figuran adscritos ao departamento de orientación doutro CEIP, tal como se recolle na existente rede de orientación educativa galega (ROEGAL).

Esta estrutura permitiu reorganizar o traballo dos departamentos de orientación dos institutos e optimizar o seu funcionamento, co que se pode prestar unha maior atención ás diferentes necesidades de cada etapa educativa dende un departamento máis próximo.

Deste xeito pódese asegurar que todos os compoñentes da comunidade escolar teñan acceso aos recursos de orientación educativa e profesional e, polo tanto, poidan realizar unha escolarización sen exclusións, que garanta a igualdade efectiva de oportunidades e preste os apoios necesarios, tanto ao alumnado que o requira como aos centros en que estea escolarizado.

Polo conseguinte, debemos recalcar a enorme importancia que ten a coordinación entre os distintos niveis educativos, de tal xeito que será función prioritaria dos membros da comunidade educativa en xeral e das xefaturas dos departamentos de orientación en particular establecer bases sólidas que permitan a colaboración e as accións coordinadas para que o paso do alumnado polos diferentes niveis e etapas sexa o máis coherente posible. A coordinación dos departamentos deberá ser o garante da continuidade deste principio de orientación única.

Gallego
Os Departamentos de Orientación (DO)

Peso: 

15

Colaboracións na Orientación

Dende a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e tendo en conta a importancia da colaboración entre os diferentes organismos, empresas, institucións e servizos implicados na orientación, preténdese establecer canles de colaboración entre as distintas administracións, entidades, asociacións e outras organizacións con atribucións na titoría e orientación educativa e profesional, establecendo protocolos comúns de actuación e favorecendo o intercambio de información e a difusión de boas prácticas.

Gallego
Colaboracións na Orientación

Peso: 

17

Os Departamentos de Orientación na Atención á Diversidade (DO)

Os Departamentos de Orientación (DO) son un servizo interno de atención á diversidade existente nos centros educativos de secundaria e na maioría dos centros de primaria, que presta apoio ao propio profesorado do centro (especialmente os titores) e ao resto da comunidade educativa.

Entre os seus cometidos está o de intentar dar resposta ás necesidades de intervención ligadas a aspectos psicopedagóxicos e a cuestións socio-familiares que teñen incidencia no centro e polo tanto na organización da resposta que dende o centro se dea á diversidade do alumnado.

Foron creados polo Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, e establecéndose a súa organización e funcionamento na Orde do 24 de xullo de 1998.

Gallego
Os Departamentos de Orientación na Atención á Diversidade (DO)

Peso: 

15

Os Equipos de Orientación Específicos na Atención á Diversidade (EOE)

Os Equipos de Orientación Específicos (EOE) son un servizo de apoio especializado externo aos Departamentos de Orientación (DO) dos centros educativos, estando composto por diferentes profesionais especializados que pretenden dar resposta ás necesidades de intervención externa ligadas a aspectos relacionados coa atención á diversidade do alumnado no seu ámbito de actuación (a provincia).

No Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, créanse tamén os Equipos de Orientación Específicos (EOE) e na Orde do 24 de xullo de 1998, establécese a súa organización e funcionamento.

Gallego
Os Equipos de Orientación Específicos na Atención á Diversidade (EOE)

Peso: 

16

Colaboracións na Atención á Diversidade

Colaboracións na Atención á Diversidade Dende as diferentes instancias educativas, e coa pretensión de dar unha resposta o máis ampla e axustada posible ao alumnado dos nosos centros, estableceranse canles de comunicación, participación e colaboración tanto coas familias como con outras institucións implicadas na atención á diversidade.

Tendo en conta a importancia da colaboración entre os diferentes organismos, institucións e servizos implicados na atención á diversidade do alumnado, intentarase a colaboración entre as distintas administracións, entidades, asociacións e outras organizacións con atribucións na prevención, detección temperá e intervención educativa co alumnado, e estableceranse protocolos comúns de actuación, favorecéndose deste xeito o intercambio de información e a difusión de boas prácticas.

Ademais, as nais, pais ou titores legais do alumnado deben compartir o esforzo educativo, participando e colaborando, nos termos legalmente establecidos, nas decisións que afecten á escolarización e aos procesos educativos do alumnado e ao seu desenvolvemento integral (mellora da autonomía, esforzo, autoestima, participación e convivencia, proceso de avaliación inicial do alumnado,posibles avaliacións psicopedagóxicas...).

Gallego
Colaboracións na Atención á Diversidade

Peso: 

17

Servizos de apoio á orientación

Desde que o Decreto 120/1998 regulou a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, foron moitos os cambios que se sucederon, tanto na educación en xeral como na orientación en particular; pero, sen dúbida, a maior innovación vén dada polos cambios de perspectiva que introduce a Lei orgánica de educación e polo fincapé que nela se fai nos principios de calidade baseada na equidade e de esforzo compartido.

 

Gallego
Servizos de apoio á orientación

Peso: 

6

Orientación profesional

A orientación profesional ten como obxectivo axudar as persoas de todas as idades, en todos os momentos da súa vida, a tomar unha decisión sobre educación, formación e profesión e a xestionar a súa traxectoria profesional.

Aquí as persoas poderán atopar información e recursos actualizados para unha toma de decisións responsable que facilite a súa inserción profesional.

Para posibilitar este obxectivo precísase un traballo colaborativo entre os profesionais da orientación dos distintos subsistemas, así como o establecemento dunha rede integrada dos servizos de información e orientación, coa finalidade de que os usuarios dispoñan de información e asesoramento unificado, global e accesible en materia de formación, información e cualificación profesional.

Gallego
Orientación profesional

Peso: 

5

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo por condicións persoais ou de historia escolar

Un alumno ou alumna pode presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de condicións persoais ou de historia escolar cando manifesta dificultades na evolución das súas aprendizaxes e na adquisición de obxectivos e competencias por motivos de saúde, por pertenza a determinados grupos sociais ou minorías étnicas, por situacións socioculturais desfavorables, por escolarización desaxustada ou pola combinación de varios dos motivos mencionados.

Entre este alumnado inclúese aquel que presenta un retraso escolar significativo nunha ou en varias áreas ou materias, cun desfase curricular xeral de dous ou máis cursos ou niveis, e este non poida explicarse por necesidades educativas especiais, nin por dificultades específicas de aprendizaxe, nin por incorporación tardía ao sistema educativo.

Entre este alumnado podemos considerar:

  • Alumnado en situación de absentismo, abandono escolar temperán e/ou desescolarización.
  • Alumnado que precisa atención educativa hospitalaria e domiciliaria.
  • Alumnado menor sometido a medidas de responsabilidade penal.
  • Alumnado sometido a medidas de protección e tutela.
  • Alumnado afectado por medidas de violencia de xénero e/ou acoso escolar.
  • Alumnado pertencente a familias itinerantes.
  • Atención educativa a xoves embarazadas.
Gallego
Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo por condicións persoais

Peso: 

11

Alumnado de incorporación tardía (procedente do estranxeiro)

A chegada de poboación de orixe estranxeira á nosa Comunidade Autónoma, así como o retorno de emigrantes galegos e das súas familias, está a incidir notablemente na evolución da diversidade na nosa poboación escolar, de xeito que proporcionar unha resposta educativa a este alumnado convértese nunha liña prioritaria de actuación.

Adoptaranse cantas medidas se consideren necesarias para proporcionar a debida atención educativa ao alumnado procedente do estranxeiro que presente todas ou algunha das seguintes circunstancias: descoñecemento das dúas linguas oficiais de Galicia, desfase curricular significativo, graves dificultades de adaptación. Estas medidas poderán ser tanto de tipo curricular como organizativo, irán dirixidas a todo o alumnado que conte cunha idade comprendida entre os tres anos e o límite da escolarización obrigatoria.

Gallego
Alumnado de incorporación tardía (procedente do estranxeiro)

Peso: 

10

Alumnado con altas capacidades intelectuais

Unha alumna ou un alumno presenta altas capacidades intelectuais cando manexa e relaciona, de maneira simultánea e eficaz, nun nivel sensiblemente superior á media, recursos cognitivos verbais, numéricos, lóxicos, memorísticos, espaciais e creativos. Considérase talentoso o alumnado que destaca especialmente e de maneira excepcional no manexo dun ou varios destes recursos.

Considérase alumnado con sobredotación intelectual cando amosa as seguintes características: unha capacidade intelectual moi superior á esperada para a súa idade, unha alta creatividade e un alto grao de motivación e perseveranza.

Gallego
Alumnado con altas capacidades intelectuais

Peso: 

9