Gallego

Solicitude de intervención do Equipo de Orientación Específico (EOE)

INTERVENCIÓN DO EOE

Correspóndelle á inspección educativa a coordinación destes equipos, coa finalidade de garantir a uniformidade das súas actuacións e dar cumprimento ao plan xeral elaborado con carácter anual, tendo en conta as directrices emanadas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

As intervencións das persoas especialistas do Equipo de Orientación Específico nun determinado centro educativo poden seguir tres liñas básicas de actuación:

  • Como desenvolvemento ou execución do establecido no plan anual (tanto na parte xeral como na referida a cada especialidade), elaborado ao inicio do curso escolar.
  • En resposta ás demandas concretas da comunidade educativa, seguindo o procedemento previsto no punto 2 do artigo 24º da Orde do 24 de xullo de 1998, que sinala o seguinte: “Por motivos debidamente xustificados, a intervención das persoas integrantes dos equipos de orientación específicos nun determinado centro poderá producirse por requirimento do/a xefe/a do departamento de orientación, do/a director/a do centro (xuntando o informe do/a xefe/a do departamento de orientación), co visto e prace do/a inspector/a de zona, ou por proposta deste/a último/a. Estas intervencións organizaranse en función das prioridades establecidas no plan anual dos ditos equipos”.
  • Por requirimento da Administración Educativa, canalizado a través do/da Inspector/a.

Cada centro educativo deberá facer a súa solicitude no formulario que se xunta, e dirixilo ao EOE do seu ámbito de actuación.

Na actualidade existen 4 Equipos de Orientación Específica de ámbito provincial coa estrutura e composición regulamentariamente establecida (varios especialistas, de entre estes un coordinador do Equipo e un Inspector/a-Coordinador/a).

Gallego
Solicitude de intervención do EOE

Premios de innovación educativa 2010 - Modalidade C: Atención á Diversidade

As necesidades da sociedade e os cambios na concepción actual dos proceso de ensino-aprendizaxe necesitan que o sistema educativo fomente a participación nos procesos de innovación e investigación co propósito de introducir novidades e renovar a práctica docente como elemento de mellora.

Ao mesmo tempo, a eficacia da educación depende en gran medida da capacidade do profesorado e do sistema educativo para renovarse de acordo coas novas demandas sociais, as circunstancias sempre cambiantes do alumnado, os novos coñecementos científicos e didácticos e os correspondentes métodos e instrumentos utilizados que potencien a aproximación do sistema educativo á realidade social.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria valora aquelas experiencias innovadoras que se están desenvolvendo nos centros educativos galegos e que supoñen unha mellora da calidade da ensinanza, entre outras, en especial na atención a la diversidade.

Así, nesta convocatoria,  recóllese unha modalidade C coa temática de “Atención á diversidade”, para a elaboración de materiais e/ou ferramentas de reforzo educativo que favorezan a accesibilidade ao currículo do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

  • Proposta de recursos para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Integración desde a área de Educación Física (1º Premio - Categoría Infantil/Primaria).

“Proposta de recursos educativos para o alumnado con NEAE. Integración desde a área de EF” do CEIP Portofaro - Cambre - A Coruña.- Aplicación práctica de diversos recursos para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, en concreto con Necesidades Educativas Especiais. Trata aplicacións prácticas para este alumnado fomentando a integración na comunidade educativa en xeral.

Máis información:   Proposta de recursos para o alumnado con NEAE. Integración desde a área de EF

  • Programa de intervención educativa desde a perspectiva da diversidade (2º Premio - Categoría Infantil/Primaria)

"Programa de intervención educativa desde a perspectiva da diversidade” do CEIP Rogelio García Yáñez - Ramirás - Ourense.- Na actualidade son moitos os nenos e nenas con trastornos xeneralizados do desenvolvemento que se poden incorporar a clases con alumnado sen discapacidade. Esta investigación tenta achegar á comunidade educativa as peculiaridades do alumnado con Trastornos do Espectro Autista. Este programa de intervención educativa en Educación Infantil permite realizar unha breve discusión sobre a relevancia destas aplicacións educativas, co fin de que poidan servir para realizar inducións válidas aplicables a outras situacións similares.

Máis información:  Programa de intervención educativa desde la perspectiva de la diversidad

  • CADT : o profesor de Tecnoloxía en internet (1º Premio - Categoría Secundaria/Bacharelato)

"CADT. O profesor de tecnoloxía en internet" do IES Concepción Arenal - Ferrol - A Coruña.-  CADT, é un sitio en internet que trata de facilitar a tarefa de introducir as competencias básicas na aula de tecnoloxía. O alumnado pode traballar a materia de tecnoloxía en calquera lugar simplemente entrando na web. A mellor maneira de aprender para o alumnado é divertíndose e CADT tenta que desta maneira se alcancen as competencias básicas. Ademais de fomentar a lectura e o uso das TICs.

Máis información:   CADT: o profeosr de Tecnoloxía en internet

  • Polizóns a bordo. Traballando por proxectos no CPI de Panxón. (2º Premio - Categoría Secundaria/Bacharelato)

"Polizóns a bordo. Traballando por proxectos no CPI de Panxón" - Pontevedra.- Proxecto documental encamiñado á modificación de estratexias metodolóxicas na aula, desenvolvendo contidos curriculares que atenden á diversidade e empregando diferentes recursos, en especial as TIC, o traballo colaborativo e a biblioteca. Persigue desenvolver as competencias básicas e conseguir un maior éxito escolar.

Máis información:  Polizóns a bordo

  • Proposta didáctica na área de Ciencias Sociais para o alumnado con necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade auditiva  (2º Premio - Categoría Secundaria/Bacharelato)

"Proposta didáctica na área de CCSS para alumnado con NEE asociadas a discapacidade auditiva" do CEE Nosa Señora do Rosario - A Coruña.- Desenvolvemento de estratexias metodolóxicas,recursos e actividades na Área de Ciencias Sociais na ESO, co obxecto de dar resposta ás NEE do alumnado derivadas da súa discapacidade sensorial auditiva e/ou con outros déficits asociados.

Máis información:  Proposta didáctica na área de CCSS para o alumnado con NEE asociadas a discapacidade auditiva


 

Gallego
Premios de innovación educativa 2010 - Atención á divesidade

Do 11 ao 14 de abril vanse desenvolver na Coruña a Mostra do Ensino Galicia 2012 e o Congreso Formación e competencias na nova sociedade, con actividades relacionadas coa orientación e a atención á diversidade

Gallego

Do 11 ao 14 de abril vaise desenvolver a Mostra do Ensino  Galicia 2012, e coincidindo con esta terá lugar o congreso Formación e competencias na nova sociedade, e gustaríanos contar coa presenza dos profesionais da orientación e da atención á diversidade.

A Mostra vai dirixida á comunidade educativa en xeral, e especialmente ao alumnado de 4º de ESO, PCPI, 2º de bacharelato e de ciclos formativos, así como a familias, sectores produtivos e sociedade en xeral e concretamente relacionado coa temática de orientación e atención á diversidade perséguese:

  • A difusión das posibilidades do Sistema Educativo galego: a orientación ao alumnado e a sociedade sobre as oportunidades de promoción, a oferta formativa, a aprendizaxe e formación permanente e/ou as posibilidades de inserción laboral.
  • A información dos diferentes programas e colaboracións con distintas institucións.
  • O destaque da importancia da cultura do emprendemento do noso alumnado así como o coñecemento das demandas laborais dos sectores produtivos de Galicia.
  • A resposta ás familias e ás ANPA sobre as posibilidades educativas e formativas dos seus fillos/as.

Destacar na Mostra do Ensino a existencia de varios pavillóns relacionados coa orientación e coa atención á diversidade, como son:

  • Pavillón de orientación educativa e profesional e atención á diversidade (V.02)
  • Pavillón de acreditacións profesionais (A.29)
  • Pavillón eduemprende (A.35)
  • Aula de emprendemento (A.34). Ver programa de actividades desta aula:actividades da Mostra ou actividades da aula de empredemento

Máis información da Mostrahttp://www.mostradoensino.es/

Paralelo á Mostra, desenvólvese o Congreso de “Formación e competencias na nova sociedade” no que cabe destacar, en relación coa temática de orientación e atención á diversidade:

Actividades do día 11. Formación Profesional.- Diferentes actividades dirixidas ao profesorado e  relacionadas coa orientación educativa e profesional.

Actividades do día 14. Diversidade e familia.-  Xornada de portas abertas, dirixida a sociedade en xeral (alumnado, profesorado, familias, outros colectivos) na que se desenvolverán dúas Mesas redondas:

  • Convivencia, un labor de todos.
  • Diversidade nas aulas: a inclusión como oportunidade para o sistema educativo.

Máis información do Congreso: http://www.mostradoensino.es/congreso.htm

 

Máis de 250 profesionais da orientación participan no I Encontro de Atención á Diversidade organizado pola Consellería de Cultura e Educación

O departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad impulsa este evento no marco da súa aposta pola atención ás necesidades específicas de atención educativa de cada estudante galego

Neste mesmo marco a Consellería vén de lanzar un portal web dedicado á atención á diversidade e á orientación

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reuniu hoxe na Coruaña a máis de 250 orientadores no I Encontro de Atención á Diversidade desde o departamento de Orientación e o Equipo de Orientación Específico (EOE), un acto organizado polo Centro de Formación e Recursos da Coruña dentro do seu Plan Anual de Formación do Profesorado.

Coa organización deste encontro o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad procura optimizar a colaboración na prevención e intervención educativas entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico, creando unha rede dinámica de intercambio de información e boas prácticas, co fin de compartir modelos, protocolos, materiais e recursos entre orientadores.

No encontro presentáronse as liñas xerais e prioridades da Consellería sobre a Orientación Educativa e Profesional, entre as que destaca o Decreto 229/2011 polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, que representa a aposta da Consellería pola participación do conxunto da comunidade educativa e pola colaboración entre as distintas administracións para promover o desenvolvemento das potencialidades de cada estudante, no marco da construción dunha escola inclusiva.

Así mesmo afondouse sobre os modelos de orientación, protocolos de coordinación, estratexias de prevención e intervención prioritarias coordinadas entre os orientadores e as distintas especialidades do EOE. Doutra banda abordáronse a elaboración de protocolos de colaboración interdisciplinar entre os servizos de orientación e outros servizos de apoio á saúde mental, servizos sociais e atención temperá.

Cómpre lembrar que, no marco da aposta da Consellería de Cultura e Educación pola atención á diversidade do alumnado, o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad vén de lanzar o novo portal web /portal/diversidadeorientacion, que ofrece de xeito concentrado diferentes tipos de orientación e unha mostra de recursos, publicacións e ligazóns de interese que contribuirán á atención á diversidade e á orientación, promovendo o desenrolo dunha educación equitativa e de calidade.

Intercambio de experiencias

No encontro participaron como asesores responsables da formación Gerardo Nistal Martino, tamén responsable da organización (CFR A Coruña), Andrés Crespo Acción (CFR Ferrol) e Mª Isabel Calvo Díaz (CAFI). Así mesmo colaboraron como relatores ou coordinadores de mesas redondas os especialistas do EOE en trastornos de conduta como Manuel Armas Castro e Rosa Mª Cazón Fernández; en orientación vocacional e profesional, Domingo Álvarez Aguado; en discapacidades motóricas, Miguel Campuzano Alvarez; en trastornos xeneralizados do desenvolvemento (TXD) Pilar Mª Barreiro González; en traballo social, Mª Dolores Mera Lorenzo; e en discapacidades sensoriais, Mercedes Varea Cascallar.

O encontro comezou co relatorio, impartido polo asesor da Consellería, Manuel Rey, sobre o Decreto de Atención á Diversidade, e coa presentación do encontro a cargo do especialista en Orientación Vocacional e Profesional Domingo Álvarez Agudo. O programa da mañá completouse cunha mesa redonda arredor da atención á diversidade na que participaron membros da Asociación Síndrome de Down, de ASPRONAGA e do IES Urbano Lugrís (Malpica); e que foi coordinada polo especialista en discapacidades motoras Miguel Campuzano. Así mesmo abordáronse as prioridades na coordinación entre os departamentos de orientación e o Equipo de Orientación Específico.

Xa pola tarde celebráronse seis mesas redondas para o intercambio de experiencias e boas prácticas arredor da convivencia, os trastornos de hiperactividade (TDAH) e do espectro autista (TEA), o traballo comunitario en rede, a mirada socio-emocional na aprendizaxe e avaliación psicopedagóxica, as estratexias e materias do departamento de orientación e o traballo insterinstitucional en rede. En todas elas participaron profesionais da orientación que están a desenvolver proxecto para a atención á diversidade en colexios e institutos galegos.

Ligazón á páxina web da Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (FADEMGA Plena inclusión Galicia)

FADEMGA Plena inclusión Galicia é a Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia.

Conta na actualiddae con 40 entidades galegas federadas que prestan servizo personas con discapacidade intelectual. As entidades de FADEMGA contan cunha rede 113 centros ubicados polas catro provincias galegas nos que traballan un elevado número de profesionais coa axuda de numerosos voluntarios.

Os servizos que ofrece FADEMGA Plena inclusión Galicia a través das súas entidades son:

  • Servizo de atención temperá.
  • Servizo de intermediación para a inserción socio-laboral.
  • Servizo de apoio para o desenvolvemento profesional e social no centro especial de emprego.
  • Servizo de apoio para o desenvolvemento profesional e social en empresa convencional e outras modalidades.
  • Servizo de apoio a familias.
  • Servizo ocupacional.
  • Servizo de atención de día.
  • Servizo de apoio á vida independente.
  • Servizo de vivenda ou residenciais para persoas con necesidades de apoio intermitente ou limitado e Servizo de vivenda ou residenciais para persoas con necesidades de apoio extenso ou xeralizado,.
  • Servizo multiprofesional de diagnóstico, seguemento, avaliación, planificación e coordinación.
  • Servizo de tutela.
  • Servizo de ocio.

Por otra parte FADEMGA Plena inclusión Galicia ofrece unha serie de servizos e programas ás súas entidades federadas a través das diferentes áreas que integran a Federación como son: Administración, Calidade, Ocio, Comunicación, Emprego e Formación, e Familia.

Gallego
FADEMGA

Ligazón á páxina web da Asociación para a Promoción social e Cultural de Persoas con Discapacidade Física (AUXILIA)

O fin último que persegue AUXILIA  é o de promocionar a  persoas con discapacidade e enferm@s, nen@s, rapaces/as e adult@s, para conseguir a súa plena incorporación ou reincorporación á sociedade, mediante a prestación de axuda cultural a través da ensinanza, actividades deportivas e de tempo libre, en todas aquelas áreas que se consideren necesarias, a través da metodoloxía de Atención Integral.

AUXILIA configúrase como unha asociación de voluntarios preocupados poa integración social e cultural dos diminuidos físicos e enfermos crónicos.

 

Gallego
AUXILIA LUGO

Ligazón á páxina web da Asociación de Niños con Hiperactividad y/o Déficit de Atención (ANHIDA)

ANHIDA é unha asociación que traballa na defensa e salvagarda dos dereitos das persoas con hiperactividade e/ou déficit de atención, coa finalidade de facilitar a integración das persoas na sociedade e dar apoio, orientación e información ás familias afectadas.

Esta asociación ten un manual on-line para pais e profesores, avalado pola ADHD Europea (Asociación Europea de TDAH) e presentado en versión española.

Conta con varias sedes na Comunidade Autónoma de Galicia:

Gallego
ANHIDA

Ligazón á páxina web da Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (DOWN GALICIA)

A Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (DOWN GALICIA), ten como finalidade a de coordinar, apoiar e impulsar o labor de contribución das entidades membro á mellora da calidade da vida de cada persoa coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual e das súas familias, promovendo o exercicio efectivo dos seus dereitos, deberes e liberdades fundamentais para o seu desenvolvemento integral como persoas.

Tódolos programas postos en marcha nas Asociacións do movemento DOWN GALICIA xorden das necesidades que as persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual demandan. Tódalas actividades, ademáis, contan con mecanismos de evaluación que garantizan súa adecuación ás necesidades, á coherencia interna e a súa eficacia e eficiencia respecto os recursos. As áreas de actuación nas que se traballa son:

  • Área de Atención Temperá
  • Área de Saúde
  • Área de Educación
  • Área Emprego
  • Área Integración Social e Vida Autónoma
  • Área de Programas Transversais

Entre as Asociacións que forman parte desta Federación Galega están:

Down Galicia é unha entidade que ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual e das súas familias, a través da participación e da inclusión nos entornos ordinarios (escolas infantís, centros educativos, universidades, transportes públicos, empresas, centros de ocio, etc.).

Neste sentido, e como entidade de referencia a nivel autonómico con máis de 16 anos de experiencia traballando en prol da inclusión, enténdese necesaria a mellora da coordinación e colaboración cos distintos axentes implicados no proceso educativo, coa fin de poder dar resposta ás necesidades do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, favorecendo a súa inclusión nas aulas e nos centros.

É por iso que desde Down Galicia ponse a disposición das comunidades educativas un Punto Virtual de Educación. Trátase dun portal web de referencia para distribuír información, recursos e metodoloxías educativas adaptadas, co que Down Galicia pretende achegarse á realidade do día a día, facilitando un recurso máis na atención á diversidade presente nas aulas e  promovendo e facilitando a inclusión, a participación e a aprendizaxe  do alumnado coa síndrome de Down e outras discapacidades.

Desde Down Galicia convídase a todo o persoal docente a consultar ese Punto Virtual de Educación, a trasladar as consultas que estime e a compartir nese espazo aqueles materiais que considere de interese e utilidade, coa fin de crear, de forma conxunta, un banco de recursos do que todos e todas poidan enriquecerse. Para iso, prégase que se remitan aqueles materiais que se consideren axeitados para incluír neste recurso ao enderezo electrónico downgalicia@downgalicia.org, ou que se fagan chegar ao persoal técnico da área de Educación das entidades Down coas que se teña contacto.

Poderase acceder a ese Punto Virtual a través da seguinte ligazón:
http://downgalicia.org/punto-virtual/

Nese Punto Virtual atoparanse os seguintes apartados:

  • Recursos Educativos: materiais educativos, exemplos de materiais adaptados, bibliografía e páxinas web de referencia segundo as diferentes etapas educativas.
  • Preguntas Frecuentes (FAQs): preguntas e consultas que soen ser habituais, clasificadas por temáticas: organización de espazos, conduta e atención, metodoloxía e didáctica, currículo e avaliación.
  • Consultas: formulario de consultas que poden realizarse no e-mail do servizo de educación da entidade Down máis próxima.

Moitas grazas pola colaboración!!

  • FEDERACIÓN DOWN GALICIA

R/ Alejandro Novo González, 1
15706 Santiago de Compostela
Tlf: 981 581 167
e-mail: downgalicia@downgalicia.org
Web: www.downgalicia.org

Gallego
DOWN GALICIA

Ligazón á páxina web da Federación Autismo Galicia

A misión da Federación Autismo Galicia é mellorar a calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro do Autismo, (TEA) e das súas familias. Os/as destinatarios/as dos servizos da federación son as entidades galegas que desenvolven o seu labor coas persoas con TEA e coas súas familias, e que son membro da Federación.

Autismo Galicia basea a súa actuación nos principios de transparencia informativa, participación, solidariedade, igualdade e de democracia interna, e os valores que defende son:

  • Consideración da persoa con TEA como suxeito con dereitos e deberes en igualdade de condicións ao resto das persoas.
  • Calidade total nas entidades e servizos.
  • Importancia da familia en todos os programas orientados á intervención coas persoas con TEA.
  • Necesidade de colaboración entre profesionais e familias para un funcionamento eficiente e de calidade das entidades.
Gallego
AUTISMO GALICIA

Ligazón á páxina web da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT)

A Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) ten como obxecto a promoción da mellor calidade na atención temperá dos nenos e nenas de Galicia en pro de facilitar o seu desenvolvemento persoal, así como a de facilitar a promoción e a difusión da formación e a investigación a todos os niveis da atención temperá.

Ademais, pretende fomentar a cooperación e colaboración, achegando á comunidade e ás Administracións Públicas a máxima colaboración para estudiar todas as medidas que contribúan á promoción e á asistencia da infancia con discapacidades ou problemas no desenvolvemento.

Gallego
AGAT