Título node Learning object

Ligazón á páxina web da Federación Autismo Galicia
Lun, 05/03/2012 - 14:15
AUTISMO GALICIA

A misión da Federación Autismo Galicia é mellorar a calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro do Autismo, (TEA) e das súas familias. Os/as destinatarios/as dos servizos da federación son as entidades galegas que desenvolven o seu labor coas persoas con TEA e coas súas familias, e que son membro da Federación.

Autismo Galicia basea a súa actuación nos principios de transparencia informativa, participación, solidariedade, igualdade e de democracia interna, e os valores que defende son:

  • Consideración da persoa con TEA como suxeito con dereitos e deberes en igualdade de condicións ao resto das persoas.
  • Calidade total nas entidades e servizos.
  • Importancia da familia en todos os programas orientados á intervención coas persoas con TEA.
  • Necesidade de colaboración entre profesionais e familias para un funcionamento eficiente e de calidade das entidades.