Gallego

A Consellería de Cultura e Educación colaborará con ACEESCA para facilitar o transporte escolar gratuíto de 29 alumnos con discapacidades na provincia de Pontevedra

O Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace á sinatura do convenio con esta asociación, coa cal se vén colaborando desde 2010

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborará coa Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor (ACEESCA), para que o alumnado con discapacidades poida desprazarse aos seus respectivos centros educativos de forma totalmente gratuíta.

Ao abeiro destes convenio, financiarase o importe do desprazamento de ida e volta de 29 alumnas e alumnos da provincia de Pontevedra desde os domicilios dos estudantes aos seus centros escolares, así como a ou desde os centros en que reciban tratamento rehabilitador cando este coincida co horario escolar. O servizo obxecto do convenio estará adaptado ás necesidades horarias das alumnas e alumnos, moitas veces condicionadas polos tratamentos médicos que estes necesitan, e nel prestaranse os pertinentes servizos de acompañamento e atención ao alumnado trasladado. Ademais, nos vehículos poderán viaxar os coidadores daquelas persoas que precisen atención individualizada, continua e permanente. Pola súa banda, a consellería farase cargo do 80% do gasto derivado da prestación destes servizos.

O obxectivo deste convenio é dar resposta ás necesidades de escolares con distintos tipos de discapacidades que precisan nos seus traslados ao centro educativo dunha atención específica e personalizada, de acordo coas súas necesidades educativas especiais.

Coa sinatura deste convenio a Consellería reafirma o seu compromiso coa atención á diversidade do alumnado galego, para fomentar o seu acceso á escolarización en igualdade de condicións.

Colectivo: 

Resolución do 10 de maio de 2012 pola que se regulan os contratos-programa e se establecen as condicións para desenvolver a convocatoria de novos programas para o curso 2012/2013

Gallego

Xúntase a Resolución do 10 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, con carácter experimental, os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación primaria e secundaria dependentes desta consellería.

O programa que elaboren os centros poderá recoller unha ou varias das actuacións que se relacionan a continuación, considerando as necesidades e intereses dos seus destinatarios:

1. Reforzo, orientación e apoio.

2. Mellora da lectura, escritura e cálculo.

3. Mellora da convivencia.

4. Redución do abandono escolar.

5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Colectivo: 

Resolución da convocatoria de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Gallego

Xúntase a Orde do 25 de maio de 2012 pola que se resolve a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Colectivo: 

Vázquez Abad asiste ao concerto de clausura de curso preparatorio para alumnos con necesidades educativas especiais do Conservatorio Profesional de Música na Coruña

O conselleiro de Cultura e Educación recordou que este proxecto innovador, so se realiza en Galicia e Valencia e que preparou aos estudantes o exame de acceso ao Grao Elemental que se fará a finais de mes

Tamén presenciou os ensaios da agrupación de percusión e da orquestra de grao profesional que hoxe realiza o concerto de fin de curso

Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe ao concerto de clausura de curso dos once alumnos con necesidades educativas especiais que realizaron o curso de preparatorio para o exame de acceso ao Grao Elemental que se desenvolveu Conservatorio Profesional de Música da Coruña desde o mes de marzo.

Tras asistir a este concerto Vázquez Abad, que estivo acompañado por director do CMUS, Jesús López Prado; a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo; o xefe territorial da Consellería na provincia, Indalecio Cabana; e o subdirector xeral de Ensinanzas Especiais e Formación Permanente da Consellería, Juan Durán, presenciou dúas ensaios das formacións musicais do CMUS.

O primeiro deles interpretada pola agrupación de percusión “Atacca”, que desenvolve concertos tanto dentro coma fóra do centro. E o segundo foi o ensaio xeral da orquestra sinfónica de grao profesional de cara ao concerto de fin de curso que se desenvolverá a última hora da tarde no CMUS.   E no que se conmemora o centenario do nacemento de D. Horacio rodríguez Nache, director do conservatorio da Coruña dende 1945 ata 1970. Así mesmo neste concerto participarán como solistas os alumnos selecionados no concurso de solistas que organiza o Centro.

Esta é a segunda vez que Vázquez Abad visita este centro coruñés- a primeira foi con motivo do comezo deste curso especial. En declaracións aos medios recordou que “estes estudantes tiveron unha gran oportunidade para dar un paso máis na realización dos seus soños”, ao tempo que incidiu que “o noso compromiso é darlles as mesmas facilidades que ao resto dos estudantes. Este programa é pioneiro nos Conservatorios da nosa comunidade e de feito cómpre sinalar que tan só se está a desenvolver aquí e máis en Valencia”.

Cómpre recordar que a lexislación educativa veu facilitando e mellorando a integración social e laboral do alumnado con necesidades educativas especiais. Estas persoas teñen dereito a beneficiarse dos mesmos servizos educativos e formativos que o resto de cidadáns, entre eles e neste caso, as ensinanzas reguladas de música.

Proba de acceso.

Valorando a aposta pola innovación educativa así como o nivel de autonomía dos centros escolares este proxecto significou a incorporación de once estudiantes, de entre 12 e 18 anos, con necesidades educativas especiais, tales como síndrome de Down ou síndrome de Williams, a sesións de formación musical de cara á proba de acceso ao Grao Elemental que se realiza o 21 deste mes. Un exame no que se avalían as aptitudes auditivas e vocais, rítmicas e psicomotrices dos alumnos,  aptitudes que estes alumnos desenvolveron  ó longo deste cursiño.

Durante a súa visita o conselleiro volveu a felicitar a todos os implicados neste proxecto xa que “tanto o profesorado como as familias están a desenvolver un traballo excepcional para que estas alumnas e alumnos poidan superar barreiras”, ao tempo que resaltou que “esta é unha nova aposta pola igualdade de oportunidades a través dunha educación de calidade, e neste caso damos resposta a estudantes que a pesares das necesidades educativas especiais teñen todas ás oportunidades precisas para desenvolver as súas inquedanzas artísticas”.

Colectivo: 

Apertura de prazo para a xestión da aplicación DRDorienta

Gallego

Un curso máis, ábrese o prazo establecido para dar cumprimento á obriga de introducir, validar e enviar a información referida ás actuacións desenvolvidas polos Servizos de Orientación (datos).

A facilitación da información solicitada é competencia e responsabilidade de cada xefe ou xefa do Departamento de Orientación e/ou coordinador do EOE, e recollerase no cuestionario correspondente ao que deberá acceder a través da aplicación informática DRDorienta.

O prazo para cumprimentar o citado cuestionario é desde o 31/05/2012 ao 20/07/2012 (incluídos).

Esa entrada pode facerse desde o Portal Educativo da Consellería, entrando neste espazo de atención á diversidade e orientación, no que existe unha icona que enlaza directamente  co DRDorienta (columna dereita da pantalla) ou desde o enlace que se presenta a continuación.

 

Servizo relacionado: 

Tema: 

Xesús Vázquez Abad salienta no día da ONCE a importancia da atención á diversidade do alumnado e do traballo conxunto a prol da educación inclusiva

O conselleiro de Cultura e Educación participou no acto de confraternidade co que se conmemora o XIX Día da ONCE, en Celanova

O titular do departamento educativo da Xunta destacou o valor da colaboración establecida entre Consellería e a Fundación ONCE “grazas á que podemos atender moito mellor ao alumnado con discapacidades visuais”

Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou hoxe a importancia de conseguir a formación integral de todo o alumnado, “de cada unha das súas capacidades intelectuais, sociais, emocionais e morais. Unha formación que lles axude a afrontar de xeito eficaz e con criterio as esixencias da sociedade na que se van formar e na que se van desenvolver profesionalmente”. “Para iso -engadiu- creamos o decreto de atención á diversidade, dando prioridade á educación inclusiva non como patrimonio da escola, senón como a colaboración activa entre familias, centros educativos e sociedade”.

Así o explicou hoxe na celebración do XIX do Día da ONCE, nun acto organizado polo Consello Territorial da ONCE en Galicia na localidade ourensá de Celanova; no que ademais salientou o valor e a necesidade do traballo conxunto de administración educativa, familia e sociedade, “inculcando ao noso alumnado unha actitude aberta e flexible cara a inclusión”. “Porque só deste xeito, cunha formación integral que faga compatible o progreso intelectual e as actitudes responsables cara a diversidade en calquera das súas manifestacións, seremos quen de fomentar tamén o progreso nos valores persoais que favorezan a xustiza social ou o respecto cara os demais”.

Neste sentido o titular do departamento educativo da Xunta destacou o valor da colaboración establecida entre Consellería e a Fundación ONCE “grazas á que podemos atender moito mellor ao alumnado con discapacidades visuais”. Ademais, agradeceu o labor da ONCE, “a tarefa de atención educativa que realiza, tendo sempre en conta a heteroxeneidade da poboación con cegueira e discapacidade visual e as súas necesidades”.

Semana cultural

Co gallo da celebración do XIX Día da ONCE, a organización preparou unha Semana Cultural cun programa de actividades que tivo como obxectivo dar a coñecer máis de cerca o traballo que desenvolve. Así, celebrouse a representación teatral da obra Historia dunha banca privada, a cargo do grupo ‘As Múxicas’, integrado por persoas con discapacidade visual. No eido da música, o programa consistiu nun concerto da coral Cidade de Vigo e noutro de Ignasi Terraza Trío, enmarcado no Festival de Jazz que organiza o Café Latino.

Así mesmo, a sede da ONCE en Ourense acolleu unha exposición na que os asistentes puideron coñecer o día a día dunha persoa invidente, así como o material educativo e as novas tecnoloxías a disposición deste colectivo. Tamén puideron contemplarse obras realizadas polos afiliados a esta organización en diversos obradoiros.
 

O conselleiro de Cultura e Educación inaugura as II Xornadas de formación sobre a atención ao alumnado con altas capacidades

Neste encontro afondarase nas medidas específicas para o desenvolvemento das capacidades destes estudantes, de acordo co establecido no decreto polo que se regula a atención á diversidade

Gallego
Vázquez Abad inaugurou as II Xornadas de Formación
Vázquez Abad inaugurou as II Xornadas de Formación

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe as II Xornadas de Formación sobre a Atención ao Alumnado con Altas Capacidades, que reúnen na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a docentes de centros educativos galegos. Na inauguración estivo tamén presente o director de Educación da Fundación Barrié, Antonio Varela. Ao longo do encontro, organizado polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), os asistentes afondarán no diagnóstico e as medidas de enriquecemento curricular e de flexibilización no axuste da intervención co alumnado con altas capacidades.

Desta forma, a Consellería busca sensibilizar ao profesorado sobre as necesidades de atención que requiren estas alumnas e alumnos, favorecendo a actualización de información e o intercambio de experiencias entre os docentes. Estas xornadas, que puxo en marcha a actual Consellería, son ademais unha demostración da aposta que fai este departamento pola formación do profesorado, a través dun sistema que se atopa agora planificado en torno ao Centro Autonómico de Formación do Profesorado (CAFI).

O obxectivo último da xornada é unificar estratexias de diagnóstico e intervención educativa para as altas capacidades dentro dunha escola inclusiva. Cómpre lembrar, neste sentido, que o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad xa amosou o seu compromiso coa atención á diversidade do alumnado galego a través do Decreto 229/2011, que representa unha aposta da Consellería polo desenvolvemento das potencialidades de cada estudante, no marco da construción dunha escola inclusiva.

Neste acto Vázquez Abad explicou que se estima que entre un 4 e un 5% da poboación podería ter altas capacidades intelectuais. “Unha porcentaxe que indica claramente un potencial que deberíamos ser capaces de canalizar”, xa que “nos tempos que corren, non podemos permitir que se perdan talentos, que o alumnado careza de retos para construír día a día a súa aprendizaxe”.

Así salientou a necesidade de dar respostas ás preguntas na educación, “a esas preguntas tan importantes que nos fan as nosas mozas e mozos sobre o futuro, os valores ou o desempeño laboral. Para iso precisamos dun sistema educativo en permanente evolución, que faga unha reflexión continua sobre o axeitado desenvolvemento persoal, social e profesional do alumnado”.

Ademais, o conselleiro destacou a importancia da implicación activa das familias, e agradeceu o traballo dos docentes. “Sei que a atención personalizada nas aulas suponvos, docentes, un esforzo suplementario. Pero sei tamén que é imprescindible e que todo o que merece a pena implica traballo. Quero, pois, aproveitar a ocasión para agradecer ese traballo, esa implicación, esa responsabilidade que demostrades día a día nas aulas, co voso alumnado, que é o noso obxectivo común”, rematou.

Relatorios e mesa de experiencias

Tras a inauguración, a xornada comezou co relatorio da catedrática da Universidad Complutense de Madrid Luz Pérez Sánchez, Escola inclusiva e competencias en alumnos con alta capacidade. O programa da mañá completouse cunha mesa de experiencias educativas moderada polo especialista en altas capacidades do equipo de orientación específico da Coruña, Luís Fernández Cao. Nesta mesa participaron o catedrático da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela Juan M. Viaño Rey, que presentou o Proxecto ESTALMAT-Galicia para o estímulo do talento matemático; Mª Jesús Pasarín Vázquez, profesora do IES Elviña (A Coruña), que explicou o proxecto de excelencia matemática no marco dos contratos-programa; e José Tomás Díaz Eijo, profesor do IES de Melide, coa presentación A estimulación da creatividade nun programa de enriquecemento inclusivo.

Xa pola tarde, a profesora da Facultade de Psicoloxía da USC Carmen Mª Pomar Tojo impartirá o relatorio As altas capacidades: máis aló do Cociente Intelectual, que contou coa presentación da asesora de formación do CAFI Mª Elena Zoila Diéguez.

Obradoiros e protagonistas

Ao longo da tarde desenvolveranse ademais seis obradoiros simultáneos en diferentes espazos da EGAP. Así, Pilar Ónega Rodríguez, técnico especialista en recursos TIC e Pablo Gulín Díaz, asesor de formación do CAFI, analizarán os recursos educativos para estes estudantes; mentres que a asesora da Consejería de Educación de Madrid Carmen Alriols Fornes – presentada polo asesor de formación do CFR da Coruña Gerardo Nistal Martiño- explicará os programas de diferenciación curricular e as estratexias para a detección e a intervención na aula.

Os proxectos de comprensión en infantil e primaria a través das Intelixencias Múltiples (IIMM) será o tema abordado noutro dos obradoiros, presentado polo especialista en altas capacidades do equipo de orientación específico da Coruña, Luís Fernández Cao, e impartido polo coordinador de competencias do Colexio Hijas de Jesús (A Coruña), Gabriel Alberto Bas Ayala, e por Enma Quiroga Blanco, mestra de educación infantil no mesmo centro.

Sobre o estímulo da creatividade do alumnado traballarase no obradoiro presentado pola asesora de formación do CAFI Mª Elena Zoila Diéguez, e impartido por Javier Méndez Zunzunegui, profesor do CPI dos Dices (Rois); ao tempo que a asesora de formación do CAFI Mª Isabel Calvo Díaz presentará A Aprendizaxe Cooperativa como resposta á diversidade, impartido pola asesora de formación do CFR de Vigo Carmen Vaz. Tamén se presentarán os retos que as altas capacidades supoñen para as familias dos estudantes, nun obradoiro presentado polo profesor do IES de Melide Tomás Díaz Eijo e impartido pola profesora da USC Diana Rodríguez Salgado e pola presidenta e fundadora da asociación de Amigos dos Nenos con Altas Capacidades (ANACO) de Ourense.

A xornada pecharase coa voz dos protagonistas a través da experiencia no sistema educativo de dous alumnos de altas capacidades, Ángel González Gato – licenciado en Historia- e Iris González Rivas, estudante de Físicas.

Relación definitiva das axudas a centros privados concertados para a atención a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Gallego

Xúntase a relación definitiva das axudas a centros privados concertados para a atención a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Colectivo: 

Cultura e Educación destaca na Mostra do Ensino 2012 a importancia de fomentar a diversidade nas aulas

Desde a dirección xeral de Educación destacase a importancia da diversidade como oportunidade de enriquecemento para todas as alumnas e alumnos

A Consellería organiza desde hai doce anos a Mostra para dar a coñecer todos os aspectos da Educación non universitaria

Gallego

No último día da Mostra do Ensino 2012, organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destacouse a importancia de fomentar a diversidade nas aulas como oportunidade de enriquecemento para todas as alumnas e alumnos.

Durante a segunda mesa redonda, celebrada na xornada de clausura da Mostra, Diversidade nas  aulas: a inclusión como oportunidade para o sistema educativo os expertos avogaron pola diversidade nas aulas como unha oportunidade para os alumnos e o propio sistema educativo. No debate, moderado por Manuel Ferreiro, director de 'El Ideal Gallego, participaron Anxo Queiruga, presidente de Cogami; José Ángel Abraldes, director de recursos educativos da ONCE de Pontevedra; Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia; María Dolores Martínez, presidenta da Asociación de Altas Capacidades de Galicia, e Manuel Rei Fernández, asesor de atención á diversidade e orientación da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Rei Fernández, instou a "buscar unha solución entre todos" para a diversidade. Rei, quen dubidou de que exista "unha profesión máis vilipendiada que a educativa", subliñou que "ninguén pode negar a realidade da diversidade nos centros educativos", desde o alumnado, ata o profesorado e cada unha das familias. Para Rei, "un centro debe potenciar o valor desas diferenzas", con "decisións de interese para o alumnado, que a distribución dos escolares realícese con equidad e que as aulas sexan espazos acolledores ". O profesor recordou que xa a primeira norma do decreto 229/2011 recolle a diversidade e resaltou a "garantía de atención educativa en situacións persoais desfavorables, a priorización de medidas proactivas, a promoción da colaboración de familias e entidades e o recoñecemento da formación e a innovación" da norma.

Anxo Queiruga Vila, presidente de Cogami, recordou que "o 10% da poboación en Galicia ten algún tipo de discapacidade" e apuntou que “moitas veces non é cuestión de máis ou menos diñeiro, estamos nun momento complicado e se cadra temos que poñerlle máis enxeño", apuntou.

Mentres que José Anxo Abraldes Rodeiro, director do centro de recursos educativos da ONCE en Pontevedra, que atenden a 550 estudantes, 360 na comunidade de Galicia insistiu en que é "moi importante" que os compañeiros de aula saiban como se despraza, como xoga, coma estuda un neno cego ou, simplemente, coma é quen de encher un vaso de auga sen que se derrame". Asemade tamén incidiu en que “a diversidade xamais resta, estimúlanos a todos para construír un mundo mellor”.

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, recordou que hai 185 alumnos na súa organización, repartidos en 138 colexios de toda Galicia. Para o presidente de Down Galicia, "a realidade está cambiando" posto que "cada vez é maior ese vínculo do profesor, o centro, asociación e a familia”."Se escolarizamos ao alumnado que ten dificultade nuns centros especiais, adaptados, estamos educando a uns cidadáns na ignorancia dos outros. Unha sociedade civilizada é aquela que sabe tratar ás persoas con capacidades diferentes".

Pola súa banda María Dores Martínez Romeu, presidenta da Asociación de Altas Capacidades de Galicia, falou sobre a súa organización, creada en 1995 e composta actualmente por 246 nenos e nenas e as súas familias e dixo que “a xente está totalmente perdida cando descobre que o seu fillo ten altas capacidades, cando pensaba que tiña un problema de atención ou que era incorrixible".

Cómpre recordar que a Xunta de Galicia está a organizar esta mostra desde 2000, co obxectivo de dar a coñecer todos as alternativas educativas tanto aos estudantes como aos profesores, como a todos os membros da comunidade educativa, dando cabida e resposta ás demandas deste amplo sector da sociedade.

Maltrato entre iguais. Programa de sensibilización sobre o maltrato entre iguais

As investigacións arredor do maltrato entre iguais insisten en que a prevención é un aspecto fundamental para acabar con el, e que esa prevención require previamente do coñecemento das características que o definen e o diferencian doutros fenómenos similares. 

En concordancia con ese obxectivo considerouse útil a elaboración dun material de carácter divulgativo que dea a coñecer as súas parti­cularidades máis significativas e que poida chegar aos diferentes colectivos da comunidade educativa.

A finalidade última que se persegue é a de sensibilizar a todo o colectivo sobre a importancia dos comportamentos ligados ao maltrato entre iguais e sobre os custos emocio­nais e persoais que teñen para as persoas implicadas nel.

Dada a variedade dos destinatarios, considerouse oportuno a ela­boración dun material similar, pero ao mesmo tempo diferente, dirixido aos seguintes colectivos:

  • Material do alumnado: Non fagas trato co maltrato.
  • Material do profesorado
  • Material das familias

Outros materiais similares:

Programa de sensibilización contra o maltrato entre iguais (C.A.V.A.S. Cantabria)

Programa de sensibilización contra o maltrato entre iguais (Junta de Castilla y León - Rea)

Gallego
Maltrato entre iguais. Programa de sensibilización sobre o maltrato entre iguais