Gallego

Centros Quérote+

Quérote+

O obxectivo dos centros Quérote+ é prestar un servizo de información e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal.

Servizos de QUEROTE +

  • Páxina web con información dinámica e interactiva
  • Atención profesional de consultas presenciais, telefónicas e on-line
  • Realización de obradoiros en centros de ensino, asociacións e institucións xuvenís
  • Actividades divulgativas: stands, mesas informativas, participación en foros
  • Publicacións propias: folletos, monográficos, guías

Estratexias

  • Servizo público, anónimo e confidencial
  • Equipo de profesionais especializado: psicólogos/as; traballadores/as sociais; educadores/as sociais; enfermeiro/a
  • Horario de atención ao público adaptado ao tempo e ocio xuvenil
  • Oficinas ubicadas en espazos de encontro xuvenil
  • Evaluación continua do servizo e das demandas xuvenís
  • Coordinación cos equipos de servizos complementarios

Temáticas QUEROTE+

Os centros Quérote+ prestan atención directa aos centros educativos, mediante obradoiros relacionados con estas temáticas.

 

Gallego
Quérote+

Programa de Lingua Árabe e Cultura Marroquí (PLACM)

O programa de ensinanza da Lingua Árabe e Cultura Marroquí (PLACM) está establecido ao amparo do vixente Convenio de Cooperación Cultural entro o Goberno de España e o Goberno do Reino de Marrocos do 14 de outubro de 1980, en vigor desde o 12 de outubro de 1985 (BOE nº 243 do 10 de outubro de 1985) e na aplicación do artigo IV.2, que establece as bases deste programa.

Este programa vai dirixido ao alumnado marroquí escolarizado nos centros educativos de primaria e secundaria, podendo participar tamén nestas clases, o alumnado doutras culturas e ao profesorado que o acolle.

Entre os obxectivos do programa, cabe destacar:

- Ensinar a lingua árabe e a cultura marroquí ao alumnado marroquí escolarizado en centros educativos de primaria e secundaria; tamén ao alumnado non marroquí que así o desexe.

- Favorecer a integración escolar deste alumnado no sistema educativo, proporcionándolle unha formación que lle permita salvagardar a súa identidade, vivir a súa cultura respectando a do país de acollida, ter confianza nel mesmo e no seu porvir.

- Fomentar a educación intercultural, a inclusión escolar e sociocultural deste alumnado no Sistema Educativo Español e na sociedade española dende unha perspectiva educativa intercultural.

Neste programa participan centros educativos das catro provincias galegas que contan con 4 docentes directamente enviados polo Reino de Marrocos, a través da súa Embaixada.

Documentos (descargables PDF):

 

Gallego
Programa LACM

Programa de Lingua e Cultura Portuguesa

O Programa de Lingua e Cultura Portuguesa (PLeCP antes LALO) constituíuse orientado á integración dos fillos e fillas de emigrantes lusos. En todo caso, contemplouse tamén o desenvolvemento e promoción na comunidade educativa das súas referencias lingüísticas e culturais e mais a participación de alumnado galego nas aulas de portugués. Trátase dun programa enmarcado na educación na interculturalidade e na aprendizaxe dunha segunda lingua estranxeira.

Tivo un carácter experimental, durante 5 cursos (ata 1987-1988), en colexios de Educación Infantil e Primaria e sendo destinatarios os centros con nº significativo de alumnado de orixe portugués ou luso falante.

Posteriormente (no curso 1993-1994) creouse a Rede de centros do Programa (rede oficial de cursos de ensinanza do portugués no exterior), sendo os destinatarios os fillos e fillas de emigrantes lusos e contemplándose tamén o desenvolvemento e promoción na comunidade educativa das súas referencias lingüísticas e culturais e a participación de alumnado galego nas aulas de portugués, que se ofrece como materia optativa.

Trátase dun programa de cooperación institucional entre España e Portugal en materia educativa e cultural, e para o seu desenvolvemento existe unha Comisión Mixta Cultural Luso-Española, integrada polos representantes do Ministerio de Educación e das Comunidades Autónomas, por parte española, e da Embaixada de Portugal en Madrid, por parte portuguesa (coa colaboración do Instituto Camões), tamén se crea unha Comisión Técnica de Seguimento.

Na actualidade en Galicia (Curso 2012-2013) participan neste programa 11 centros educativos da provincia de Ourense, que contan con 4 docentes directamente enviados polo Ministerio de Educación Portugués, a través da súa Embaixada (coa colaboración do Instituto Camões).

Normativa: Directiva 77/486/CEE

Máis información:  Programa de Lingua e Cultura Portuguesa

                              Instituto Camões

 

Gallego
Instituto Camões

Proxecto TICO (Taboleiros Interactivos de COmunicación)

Proxecto TICO (Taboleiros Interactivos de COmunicación) é unha aplicación informática para xerar e utilizar taboleiros de comunicación de forma interactiva. O programa está composto de dúas aplicacións independentes e diferenciadas pero complementarias entre sí: Editor e Intérprete.

  • Co Editor pódense crear os taboleiros que conterán todos os elementos visuais, auditivos o de control do contorno.
  • O Intérprete permite usar os taboleiros de comunicación previamente creados co Editor para superar as limitacións comunicativas. Esta aplicación está dotada dunha función de varrido que fai un recorrido secuencial polos elementos do taboleiro, co que se facilita o acceso ás persoas con trastornos graves na motricidade. Ademais, os elementos do taboleiro pódense agrupar para construír frases.

O obxectivo inicial deste proxecto foi o deseño e desenvolvemento dunha ferramenta software, facilitando a interacción co contorno a persoas con graves trastornos na expresión oral e aumentando así o seu nivel de autonomía e posibilidades de interrelación co medio. Ademais, a aplicación está dotada dunha función de varrido que selecciona de xeito secuencial os elementos presentes no taboleiro, pudendo ser utilizada con outros dispositivos físicos distintos ao rato, e que permite a súa accesibilidade para persoas con dificultades motrices.

Dada la versatilidade do programa, o segundo obxectivo proposto foi que TICO puidera ser utilizado como elemento de acceso a distintas áreas do currículo, mediante o deseño de actividades orientadas a isto. Por último, TICO deseñouse como interface para futuras implementacións de control do contorno, habilitando o seu uso para outro espectro de posibilidades á marxe da comunicación.

Un dos aspectos máis relevantes e sobre o que máis se traballou é a acumulación das celas que o usuario selecciona na fiestra inferior da pantalla, o que permite xerar e articular frases cunha estrutura sintáctica similar á utilizada na comunicación oral espontánea.

Gallego
Tico
Editor e Intérprete TICO

e-Mintza

e-mintza é un sistema personalizable e dinámico de comunicación aumentativa e alternativa dirixido a persoas con autismo ou con barreiras de comunicación oral ou escrita.

Permite que o usuario poda comunicarse con outras persoas mediante o uso de tecnoloxía táctil e multimedia, adaptándose facilmente ás necesidades dos seus usuarios.

Ademais, promove a súa autonomía a través dunha axenda personalizada.

Gallego
e-mintza

Integración das TIC nos colectivos de persoas con diversidade funcional (In-TIC - Taboleiros de comunicación)

In-TIC (Integración das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións nos colectivos de persoas con diversidade funcional) é unha iniciativa que pretende utilizar a tecnoloxía en beneficio das persoas con diversidade funcional e en especial aquelas con dificultades de comunicación, ampliando así as súas posibilidades de comunicación, aprendizaxe e entretemento a través dun acceso simplificado ao ordenador e ao móbil e un comunicador dinámico.

Consiste nunha aplicación gratuíta que ten como obxectivo prover a accesibilidade e uso das TIC independentemente das necesidades e capacidades físicas, psíquicas ou sensoriais destes colectivos. In-TIC esfórzase en reducir a brecha dixital poñendo a tecnoloxía ao servizo do usuario co obxectivo de facerlle a vida algo máis sinxela e ampliando as posibilidades de comunicación, aprendizaxe e entretemento dos colectivos en risco de exclusión.

Gallego
In-TIC

Materiais adaptados a persoas con discapacidade

BJ Adaptaciones crea, produce e distribúe tecnoloxías de soporte á autonomía de persoas con discapacidade.

A través de produtos de fabricación propia, distribucións ou solucións personalizadas, preténdese contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade.

 

 

Gallego
BJ Adaptaciones

Picaa: Sistema de apoio á aprendizaxe Móbil para iOS

Picaa é unha plataforma para deseñar actividades para alumnos con necesidades educativas especiais, onde tanto o deseño como a execución dos exercicios lévase a cabo en dispositivos móbiles iPhone/iPod touch o iPad, proporcionando mobilidade, inmediatez e autonomía.

Unha das principais apartacións que ofrece é a de permitir adaptar a interface de usuario e o contexto educativo ás necesidades e capacidades do alumno, ofrecendo unha ensinanza individualizada e dando soporte á realización de actividades en grupo.

Trátase dunha ferramenta de apoio paracrear actividades educativas adaptadas para persoas con necesidades especiais.

Gallego
Picaa

DiverTIC

A Asociación Nacional de Tecnología Educativa para la Diversidad (DIVERTIC), ten como principal finalidade a de constituírse en foro permanente de reflexión e investigación sobre o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación no ámbito da Atención á Diversidade.

 

 

Gallego
DiverTic

Aumentativa 2.0

Aumentativa 2.0é un espazo interactivo, dinámico e en constante crecemento e evolución, que constitúe unha valiosa fonte de recursos materiais e didácticos para a implementación de programas para a Comunicación Aumentativa.

Na actualidade, a web conta con máis de 9.000 pictogramas, 34.000 palabras ou grupos de palabras, 10.000 fotografías, un total de 48 aplicacións multimedia e un potente sistema automático de xeración de actividades e aplicacións.

Gallego
Aumentativa 2.0