Título node Learning object

Solicitude de intervención do Equipo de Orientación Específico (EOE)
Lun, 02/04/2012 - 10:40
Solicitude de intervención do EOE

INTERVENCIÓN DO EOE

Correspóndelle á inspección educativa a coordinación destes equipos, coa finalidade de garantir a uniformidade das súas actuacións e dar cumprimento ao plan xeral elaborado con carácter anual, tendo en conta as directrices emanadas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

As intervencións das persoas especialistas do Equipo de Orientación Específico nun determinado centro educativo poden seguir tres liñas básicas de actuación:

  • Como desenvolvemento ou execución do establecido no plan anual (tanto na parte xeral como na referida a cada especialidade), elaborado ao inicio do curso escolar.
  • En resposta ás demandas concretas da comunidade educativa, seguindo o procedemento previsto no punto 2 do artigo 24º da Orde do 24 de xullo de 1998, que sinala o seguinte: “Por motivos debidamente xustificados, a intervención das persoas integrantes dos equipos de orientación específicos nun determinado centro poderá producirse por requirimento do/a xefe/a do departamento de orientación, do/a director/a do centro (xuntando o informe do/a xefe/a do departamento de orientación), co visto e prace do/a inspector/a de zona, ou por proposta deste/a último/a. Estas intervencións organizaranse en función das prioridades establecidas no plan anual dos ditos equipos”.
  • Por requirimento da Administración Educativa, canalizado a través do/da Inspector/a.

Cada centro educativo deberá facer a súa solicitude no formulario que se xunta, e dirixilo ao EOE do seu ámbito de actuación.

Na actualidade existen 4 Equipos de Orientación Específica de ámbito provincial coa estrutura e composición regulamentariamente establecida (varios especialistas, de entre estes un coordinador do Equipo e un Inspector/a-Coordinador/a).