Gallego

Dicionarios e traductores automáticos a distintos idiomas

Dicionarios de uso xeral:

  • LOGOS Multilingual Traslation Portal.- Esta gigantesca base de datos "viviente" es actualizada y corregida en línea por nuestra red de traductores y revisores profesionales de acuerdo con un mecanismo de "peer review". En este momento comprende 7.580.560 entradas y más de 200 idiomas.  http://www.logos.net/
  • Dicionarios Oxford en WordReference.- Dicionarios bilingües sin custe: español-portugués/inglés/francés/italiano/alemán/ruso.Cada un dos dicionarios Oxford ten arredor de 100,000 palabras e frases con máis de 200.000 traducións.  http://www.wordreference.com/es/
  • Tradución do español ao romanés, chino, árabe, ruso, polaco, portugués, turco... ata 31 idiomas.  http://www.langtolang.com/
  • Dicionario chino-español.- Búsqueda por carácter chino, por pronuncia en pinyin ou directamente en español. Máis de 30.000 entradas, sinónimos, nomes propios, expresións, frases feitas... http://www.chino-china.com/diccionario
  • Dicionarios en liña AULEX en varios idiomas e linguas minoritarias. http://aulex.org/

 

Terminoloxía

  • Realiter.- Dicionario panlatino de comercio electrónico, medio natural, informática e internet.  http://www.realiter.net/
  • Este recurso electrónico multilingüe accesible online funciona como unha base de datos terminolóxica e permite buscar a traducción e a definición dunha palabra en 21 linguas diferentes. http://www.tv5.org/TV5Site/alexandria/

 

Gallego

Documento base coa estrutura-localización e solicitude EOE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Gallego
Solicitude de intervención do EOE

Especialista do EOE na orientación vocacional e profesional

Os constantes cambios que teñen lugar no mundo actual, enmarcados pola globalización, os avances da sociedade da información, da tecnoloxía e do coñecemento, a aparición de profesións emerxentes e de novas fontes de emprego, fan imprescindible que as persoas estean cada vez máis preparadas para afrontar novos retos persoais e laborais. Diante desta realidade, a información e a orientación deben favorecerlles ás persoas de todas as idades o seu desenvolvemento en todos aqueles aspectos que, aínda non sendo puramente vocacionais, contribúen á súa realización persoal, educativa e profesional.

Delimitación conceptual

Orientación vocacional, orientación profesional, asesoramento vocacional, orientación para a carreira son, entre outras, as denominacións máis frecuentes para referirse a un proceso continuo de axuda para a toma de decisións académicas e profesionais no marco do proxecto vital das persoas.

A orientación profesional pódese entender como un proceso sistemático de axuda encamiñada a favorecer o desenvolvemento integral da persoa ao longo da súa vida, a través da elaboración e realización dos seus proxectos persoais e profesionais. Isto implica que a orientación profesional debe ter en conta as experiencias escolares, familiares, profesionais, laborais e sociais da persoa á hora de levar a cabo calquera intervención. No contexto da aprendizaxe permanente, a orientación profesional debe capacitar as persoas para o coñecemento de si mesmas e das súas posibilidades para poder adoptar decisións responsables sobre a súa formación e inserción sociolaboral.

En todo caso, as características comúns que definen a orientación profesional son as seguintes:

  • É un proceso de axuda mediante unha intervención continuada, técnica e sistemática, baseado nos principios de prevención, desenvolvemento e intervención social.
  • Ten lugar ao longo de toda a vida da persoa e contribúe á súa autorrealización.
  • Establece un vínculo entre o mundo educativo e o mundo laboral.
  • A persoa é un axente activo do seu proceso orientador, a través da identificación das súas propias características, da obtención de información e da toma de decisións.
  • Supón un factor decisivo da preparación para a vida e de aprendizaxe permanente.

Principios

Entre os principios básicos sobre os que se asenta a orientación profesional podemos citar os seguintes:

  • Principio de axuda: no ámbito educativo, o centro escolar debe dar resposta ás necesidades e demandas de todo o alumnado.
  • Principio de continuidade: non se trata de realizar unha intervención illada, en momentos puntuais, senón de seguir un proceso sistemático que contribúa ao desenvolvemento da carreira profesional.
  • Principio de planificación: as actuacións que se leven a cabo requiren dunha estrutura, coherencia e organización previas.
  • Principio de interdisciplinariedade: as actividades deseñaranse dentro dunha perspectiva interdisciplinar e estarán en relación co currículo escolar.
  • Principio de individualización: tendo en conta os factores de desenvolvemento evolutivo e as características persoais, familiares e sociais de cada alumna e alumno, potenciarase a axuda personalizada e a toma de decisións autónoma.

A orientación profesional no contexto educativo abrangue actuacións dirixidas a facilitar axuda e asesoramento a todo o alumnado coa finalidade de que poida ser capaz de tomar decisións fundamentadas e responsables dentro do proxecto académico ou profesional que máis se adapte aos seus intereses e características. Decidir de forma realista e planificada supón desenvolver e dominar unha serie de capacidades relacionadas fundamentalmente coa obtención, selección e análise de información; co coñecemento de si mesmo; coa planificación de metas e coa resolución de problemas; obxectivos todos eles que non se acadan de xeito puntual, senón que son froito dunha intervención educativa continuada.

Gallego
Orientación vocacional e profesional - EOE

Especialista do EOE en trastornos xeneralizados do desenvolvemento (TXD)

A especialidade de trastornos xeneralizados do desenvolvemento (TXD), tenta responder educativamente a aqueles estudantes que presentan, entre outros, déficits en interacción social, déficits en habilidades de comunicación.

De forma xeral, os TXD caracterízanse por unha perturbación grave e xeneralizada de varias áreas do desenvolvemento:
1) Habilidades para a interacción social.
2) Habilidades para la comunicación.
3) Presenza de comportamentos, intereses e actividades
estereotipadas.

Estas características concrétanse entorno a seis déficits básicos:
1) Trastorno cualitativo da interacción social.
2) Trastorno da función comunicativas (sociais).
3) Trastorno da linguaxe.
4) Trastorno e limitacións da imaxinación.
5) Trastorno da flexibilidade de pensamento.
6) Trastorno do sentido da actividade. e  presentan, así mesmo, condutas e intereses estereotipados.

Gallego
Trastornos xeneralizados do desenvolvemento - EOE

Especialista do EOE en trastornos de conduta

No Título II “Equidade na Educación” da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE), e no Capítulo I “Alumnado con necesidade específica de apoio educativo”, sinálase como alumnado con necesidades educativas especiais aquel que require, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta (Artigo 73 da LOE).

No espazos escolares atopámonos cunha grande variedade e diversidade de alumnado que presenta situacións persoais, sociais e familiares que inciden no seu desenvolvemento persoal, social e escolar e que o condicionan.

Os alumnos e alumnas con trastornos graves de conduta presentan dificultades significativas para conxugar os diferentes ámbitos da súa vida, o que os conduce a situacións de inestabilidade emocional e provoca na meirande parte das ocasións fracaso escolar.

Ademais, na convivencia diaria nos centros educativos xorden situacións de conflitividade, tanto nas relacións verticais como horizontais, que requiren de intervencións específicas e asesoramento técnico co obxectivo de darlles unha resposta axeitada.

Consideramos que a mellor intervención sobre os problemas de conduta é a prevención. A prevención e intervención nos centros educativos neste ámbito debe facerse desde unha perspectiva global, buscando unha escola inclusiva que vexa a diversidade como unha fonte de enriquecemento e superando as barreiras mentais simplificadoras. Desde esta perspectiva, os conflitos son unha oportunidade para que as organizacións educativas aprendan a construír novos modelos mentais, adaptando o currículo, as estruturas e os recursos ás necesidades do alumnado.

Gallego
Trastornos de conduta - EOE

Especialista do EOE en traballo social

Tal e como aparece recollido no Decreto 120/1988 de 23 de abril e na Orde de 24 de xullo de 1998 os traballadores sociais ou educadores sociais son profesionais que formarán parte do Equipo de Orientación Específico xunto con psicólogos e/ou pedagogos e/ou psicopedagogos, mestres especialistas en audición e linguaxe, como axentes externos aos centros no campo da orientación.

Esta orientación considerase entendida como un proceso que abrangue a todo o período de escolarización, dende o seu inicio ata o nivel universitario, pero tamén se entende como un proceso que inclúe a toda a comunidade educativa.

Hai que ter en conta que o desenvolvemento de cada alumno vén determinado polas súas propias características pero tamén polas transaccións que se producen entre os diferentes sistemas nos que se atopa: familia e amigos, relacións familia – escola, condicións de vida e forma de cubrir as súas necesidades básicas e polas expectativas, roles e costumes culturais.

Os especialistas en traballo social dos Equipos de Orientación Específicos son profesionais de perfís educativos centrados no coñecemento dos factores socioambientais e na intervención social dentro do sistema escolar.

O traballador social, dentro do Equipo de Orientación Específico realiza accións de intervención socioeducativa cos alumnos que presentan problemas ou dificultades de integración escolar e social.

As características de personalidade, a escola e certas características sociofamiliares como un baixo nivel económico, ausencia de normas, poucos coidados e atencións básicas, inestabilidade familiar e pautas educativas desaxeitadas, son factores de risco que poden derivar en situacións socioeducativas desfavorables.

Gallego
Traballo social - EOE

Especialista do EOE en altas capacidades

A LOE (Lei orgánica 2/2006), no seu Título II, fala de alumnado con altas capacidades intelectuais. Recoñece a estes alumnos/as como suxeitos con necesidade específica de apoio educativo e, xa que logo, como parte da diversidade do alumnado dun centro educativo, teñen dereito a beneficiarse de todas aquelas medidas e recursos educativos de que os centros dispoñen para a atención a esa diversidade. Ben certo é que a maioría dos esforzos, enerxías e recursos dos centros se empregan no mesmo lado: as dificultades de aprendizaxe.

En Galicia, aínda que queda moito camiño por andar, estas carencias estanse emendando: dótanse os equipos de orientación específicos provinciais con profesionais especialistas en sobredotación e os centros de secundaria e primaria xa contan con orientadores escolares e profesorado de apoio.

Os recursos existen, o cambio de enfoque e mentalidades para pasar de rendementos aceptables a rendementos excelentes será o desafío ao que nos enfrontamos todos.

Nesta liña, este documento dirixido á comunidade educativa, en xeral, ten a finalidade de informar e contribuír a que se compartan, entre familias e docentes, puntos de vista e actitudes que favorezan a necesaria complementación e colaboración na educación deste tipo de alumnos/as.

A LOE (Lei orgánica 2/2006 de educación), no seu Título II, fala de alumnado con altas capacidades intelectuais. Recoñece estes alumnos e alumnas como suxeitos con necesidade específica de apoio educativo.

Este alumnado, xa que logo, como parte da diversidade do alumnado dun centro educativo, ten dereito a beneficiarse de todas aquelas medidas e recursos educativos que os centros dispoñen para a atención a esa diversidade.

Gallego
Sobredotación intelectual - EOE

Especialista do EOE en discapacidades sensoriais

A especialidade de discapacidades sensoriais do EOE abrangue tanto a discapacidade auditiva como a discapacidade visual, polo tanto, inclúese a presentación de ámbalas dúas.

O obxectivo básico e prioritario que nos propoñemos e o de colaborar coa comunidade educativa dende unha perspectiva multidisciplinar e interinstitucional co fin de favorecer a inclusión do alumnado con discapacidade sensorial a nivel socioeducativo e polo tanto de xeito integral. E neste senso, colaborar nunha resposta educativa de calidade potenciando non soamente a vista e o oído, segundo proceda, senón tamén os demais sentidos (tacto, olfacto, gusto) que contribúen igualmente a totalidade do ser humano.

Gallego
Discapacidades sensoriais - EOE

Especialista do EOE en discapacidades motoras

Educar é un proceso de axuda a unha persoa para que desenvolva as súas capacidades co fin de que poida vivir o máis plenamente posible ocupando un lugar na sociedade.

No caso do alumnado con necesidades educativas especiais, o obxectivo é o mesmo ca para calquera outro alumno ou alumna: que poida levar unha existencia en igualdade de dereitos. A educación debe proporcionar as axudas para que cada persoa acade o seu particular e orixinal xeito de relacionarse e estar no mundo.

Un discapacitado non é nin máis nin menos ca unha persoa. Para o discapacitado e a súa familia a educación non pode ser unha barreira máis; a escola debe contribuír á normalización e á adquisición de habilidades funcionais esenciais para a vida.

A discapacidade debe ser entendida, non só polas dificultades dun individuo, senón tamén en función das deficiencias sociais, para poder responder de xeito adecuado ás necesidades dos cidadáns con carencias.

Un enfoque axeitado da discapacidade é non ignorala, vencer os temores e prexuízos respecto dela e considerala como un exemplo de riqueza e de diversidade, polo que cómpre que a voz dos afectados sexa escoitada.

Unha sociedade democrática ten na atención á diversidade un dos principais indicadores da calidade de vida para todos e todas.

Para o alumnado con discapacidade motora ten especial importancia a familia, polas necesidades de atención e falta de autonomía persoal existentes en moitos casos. A intervención coas familias forma parte esencial do proxecto educativo e o sistema escolar debe levala adiante en colaboración con outras institucións.

Gallego
Discapacidades motóricas - EOE

Especialista do EOE en audición e linguaxe

Tal como se recolle no Decreto 120/1988 do 23 de abril, a especialidade de audición e linguaxe constitúe unha das dimensións profesionais dos equipos de orientación específicos. Ten como finalidade colaborar coa comunidade educativa na prevención, detección, avaliación e tratamento das alteracións relacionadas coa linguaxe. Na súa actuación, segundo se establece na Orde do 24 de xuño do 1998, daráselle prioridade á atención a aqueles centros de  infantil e primaria que non conten con este especialista.

En xeral, cando falamos das alteracións da linguaxe referímonos a un  trastorno na adquisición, comprensión ou expresión da linguaxe falada ou escrita. O trastorno pode implicar a todos ou só a algúns dos seus compoñentes: fonolóxicos, semánticos, morfosintácticos ou pragmáticos.

En canto á dicotomía fala/linguaxe, poderiamos dicir que, cando falamos de alteracións da fala, referímonos á emisión da linguaxe, xa sexa na articulación, na fluidez ou incluso no timbre, ton ou intensidade da voz. Cando falamos de alteracións da linguaxe referímonos á fonoloxía, á semántica e á morfosintaxe; é dicir, á integración lingüística, aínda cando a articulación, ritmo e fluidez da fala sexan normais.

Gallego
Audición e Linguaxe - EOE