Gallego

A Consellería de Cultura e Educación promoverá nos centros de ensino actividades en prol da corresponsabilidade familiar no coidado das persoas maiores, enfermas e dependentes

O conselleiro asinou hoxe un acordo de cooperación co presidente da Federación Alzhéimer Galicia-FAGAL para concienciar desde a escola da necesidade de atención a este colectivo

Gallego
conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da Federación Alzhéimer Galicia-FAGAL, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, asinaron este mediodía un acordo de cooperación educativa
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da Federación Alzhéimer Galicia-FAGAL, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, asinaron este mediodía un acordo de cooperación educativa

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da  Federación Alzhéimer Galicia-FAGAL, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, asinaron este mediodía un acordo de cooperación educativa a través do que o departamento educativo da Xunta de Galicia promoverá nos centros de ensino actividades en prol da corresponsabilidade familiar no coidado das persoas maiores, enfermas e dependentes.

A través deste documento a Consellería divulgará e promoverá nos centros de ensino as actividades de educación e promoción das relacións interxeracionais de FAGAL, así como a difusión dos materiais didácticos desenvolvidos por esta federación. Pola súa parte a Federación Alzhéimer Galicia-FAGAL informará puntualmente á Consellería das accións que poña en marcha e facilitará os devanditos recursos para o seu uso polos centros educativos. As accións poderán dirxirse tanto á comunidade educativa non universitaria como á universitaria.

Con este acordo a Consellería afonda no seu compromiso de promover desde o ensino todos aqueles valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non-discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social. Neste sentido cómpre lembrar que se está desenvolvendo unha ampla política de colaboración con moi diversas entidades en prol da atención á diversidade do alumnado con diferentes necesidades específicas (discapacidade visual, auditiva, etc), ao tempo que, no marco da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 ‘educonvives.gal’, se están elaborando protocolos específicos para atender situacións de alerta sanitaria e dar resposta a cuestións como a identidade de xénero.

FAGAL

A Federación Alzhéimer Galicia-FAGAL ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas que sofren estas enfermidades e dos seus coidadores, tendo entre as súas finalidades promover actuacións destinadas a mellorar a situación das familias e unha mellor atención ás persoas enfermas e desenvolver actividades de sensibilización social. Ao mesmo tempo, traballa para fortalecer as Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (AFAS).

Colectivo: 

O conselleiro de Cultura e Educación aborda coa Asociación Manaia as posibles vías de colaboración para mellorar a atención educativa ao alumnado adoptado

Gallego
O conselleiro de Cultura e Educación aborda coa Asociación Manaia as posibles vías de colaboración para mellorar a atención educativa ao alumnado adoptado
O conselleiro de Cultura e Educación aborda coa Asociación Manaia as posibles vías de colaboración para mellorar a atención educativa ao alumnado adoptado

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse esta tarde con representantes da Asociación de Familias Adoptivas (MANAIA) co obxectivo de escoitar as súas peticións respecto da especial situación do alumnado adoptado no proceso de escolarización e as necesidades específicas que estes nenos e nenas poden presentar.

No marco deste encontro o conselleiro comprometeuse a estudar as posibles vías de colaboración con esta asociación co fin de que se poida difundir nos centros educativos a súa actividade e materiais dirixidos ao ámbito do ensino. No encontro participaron por parte da asociacións Cristina Guede, María Jesús Vázquez e Águeda Ruibal, ambas as tres mestras; e, pola da Consellería, o director xeral de Educación, FP e Innovación educativa, Manuel Corredoira, e o subdirector xeral de Ordenación e Innovación educativa, Manuel Vila.

Colectivo: 

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Asociacións de Persoas con TDAH (FEGADAH)

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Asociacións de Persoas con TDAH (FEGADAH)

Gallego

Tema: 

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para a Atención ao Alumnado Xordo, Xordocego e/ou con Discapacidade Auditiva (FAXPG)

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para a Atención ao Alumnado Xordo, Xordocego e/ou con Discapacidade Auditiva (FAXPG)

Gallego

Tema: 

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral

Gallego

Tema: 

Convocatoria para participar no Proxecto Relaciona 2016

Relaciona é un proxecto para o fomento da igualdade entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero desde o ámbito escolar. Está dirixido ao profesorado mediante a súa sensibilización e a súa formación.

Quen o organiza?

En Galicia lévase a cabo mediante a financiación do Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller para a Igualdade de Oportunidades do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, mediante convocatoria e coordinación da Secretaría Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a colaboración da Dirección xeral de Educación, F. Profesional e Innovación Educativa, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia.

Etapas: educación infantil, primaria e secundaria.

Modalidade: grupo de traballo.

Persoas destinatarias: profesorado de educación infantil, primaria e secundaria.

Número de prazas: grupo de traballo cun máximo de quince persoas e mínimo de oito, dunha mesma localidade ou zona educativa.

Lugar: nos propios centros solicitantes ou nos Centros de Formación e Recursos (CFR) das provincias.

Data prevista: entre marzo e novembro de 2016.

Duración: 12 horas (distribuídas en varias xornadas).

Obxectivos xerais:

  • Facilitar que os docentes pasen a ser axentes activos das prácticas educativas non sexistas no marco curricular actual.
  • Facilitar a introspección e acompañar ao profesorado nas respostas e cuestións clave sobre a igualdade entre homes e mulleres. A partir diso, abordar que se ensina?, como se ensina? e como se aprende?

Metodoloxía: participativa, na que os eixos fundamentais son a comunicación e a motivación, favorecendo o diálogo nun ambiente de escoita e respecto, e promovendo a motivación e o interese.

Contidos

  • Módulo 1: como se ensina a ser nena e a ser neno? O sexismo no centro educativo.
  • Módulo 2: dos conflictos á violencia machista na escola. Diálogo a mediación como estratexias educativas.
  • Módulo 3: transversalización de xénero na ensinanza.
  • Módulo 4: a educación afectivo-sexual na escola para a prevención da violencia machista nas relacións de parella.

Solicitude

A solicitude enviarase por correo electrónico co asunto: "SOLICITUDE PROGRAMA RELACIONA 2016" ao seguinte enderezo: vx.igualdade@xunta.es

E nela deberán figurar os seguintes datos:

  • Denominación do centro
  • Persoa de contacto no centro
  • Teléfono de contacto
  • Enderezo electrónico de contacto

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 4 de marzo de 2016.

Selección dos centros:

  1. Concederanse catro actuacións formativas. Unha por provincia.
  2. A selección dos centros docentes realizarase tendo en conta os seguintes criterios:
    • Centros participantes no curso escolar 2015-2016 no programa do Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade".
    • Orde de entrada das solicitudes no enderezo electrónico sinalado.

 

 

Gallego
Logo do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad

A Consellería de Cultura e Educación colaborará coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para mellorar a atención do alumnado xordo, xordocego e con discapacidade auditiva

O conselleiro e o presidente desta entidade asinaron hoxe un convenio de cooperación a través do que fortalecerá a formación do profesorado para a atención desta diversidade

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Iker Sertucha, asinaron hoxe un convenio
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Iker Sertucha, asinaron hoxe un convenio

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Iker Sertucha, asinaron hoxe un convenio de cooperación educativa para mellorar a atención do alumnado xordo, xordocego e/ou con discapacidade auditiva. Deste xeito afóndase no compromiso da Xunta coa atención á diversidade das nenas e nenos escolarizados no sistema educativo galego, dando resposta ás súas necesidades específicas de atención educativa.

Ao abeiro desta cooperación, a Consellería comprométese a afondar na formación do profesorado que atenda a alumnado que presente estas características. Igualmente, sempre que o soliciten, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria facilitará a colaboración do persoal profesional da FAXPG nos centros docentes que conten con alumnado xordo, xordocego e/ou con discapacidade auditiva, tanto para asesorar a profesorado e familias sobre a atención educativa destes estudantes como para orientar sobre as metodoloxías axeitadas para a intervención educativa.

Por outra parte, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a FAXPG colaborarán na sensibilización e na difusión de materiais e documentos que permitan un maior coñecemento das circunstancias específicas asociadas ao alumnado xordo, xordocego e/ou con discapacidade auditiva no eido educativo.

Co mesmo obxectivo, e a solicitude dos centros educativos que así o requiran, a FAXPG poderá poñer á súa disposición os diferentes recursos e axudas técnicas dos que dispoña para a atención a este alumnado.

Á sinatura asistiron, ademais, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e o xefe territorial da Consellería na provincia, Indalecio Cabana.

Os contratos-programa impulsados pola Consellería de Cultura e Educación beneficiarán este curso a máis de 82.000 alumnos

Un total de 378 centros docentes públicos, 1 de cada 3, desenvolverán estas iniciativas

No último lustro multiplicouse por 7 o número de estudantes que participan na actuación en prol da excelencia educativa

O investimento para o curso 2015/2016 é de 3,1 millóns, un 18% máis ca no curso anterior, o que permitirá a contratación de 154 docentes de apoio adicionais, un 61% máis que o ano pasado.

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución definitiva dos contratos-programa para o curso 2015/2016, unha vez os centros analizaron nos primeiros meses de curso as necesidades do seu alumnado. Máis de 82.000 alumnos beneficiaranse desta iniciativa, que ten como obxectivos promover a excelencia educativa e loitar contra o abandono escolar, o que supón multiplicar por 7 os que había hai 5 cursos.

Un total de 378 centros educativos públicos, todos os que o solicitaron, e un 8% máis que o ano pasado, desenvolverán unha ou máis liñas dos contratos-programa, o que supón que 1 de cada 3 centros públicos está integrado neste iniciativa. Por provincias, os centros participantes serán 114 na da Coruña, 46 en Lugo, 44 en Ourense e 174 en Pontevedra. Do total de centros participantes, 218 son de primaria e 160 de secundaria.

Cómpre salientar, ademais, que a Consellería reforzou este ano a partida orzamentaria destinada aos contratos-programa, que acadan os 3,1 millóns de euros, un 18% máis ca no curso anterior. Isto permite a contratación de 154 docentes externos de apoio adicionais – para o desenvolvemento da actuación 1, a coñecida como ‘PROA’-, un 61% máis que o ano pasado, dotando deste persoal a todos os centros que o solicitaron.

Os contratos-programas procuran unha mellora da calidade do ensino para reducir a porcentaxe de alumnado con baixo rendemento. Para iso, cada centro de ensino analiza as súas eivas e fortalezas e propón á Administración educativa a sinatura dun documento, ‘o contrato-programa’, no que se propoñen actuacións para a mellora do alumnado. Deste xeito, a actuación funciona como un exercicio de autonomía dos centros, posibilitando que deseñen os seus propios plans de mellora en base ás súas necesidades particulares.

Neste sentido cómpre sinalar que o número de centros de educación primaria beneficiarios de contrato-programa que poderán desenvolver plans de mellora directamente vinculados aos seus resultados nas avaliacións individualizadas de 3º de Educación primaria, son 69  (un tercio dos centros de primaria beneficarios de contratos-programa). Todos eles contarán con docente externo de apoio.

Polo tanto, a iniciativa permite visibilizar e poñer en valor o esforzo e o investimento, tanto do centro como da Administración educativa, para o éxito escolar, facendo partícipe ao profesorado mediante o recoñecemento do seu labor. A resolución definitiva pode consultarse no enlace web http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18053 .

Liñas de actuación

A liña de actuación máis solicitada continúa a ser a número 1, para o reforzo, orientación e apoio do alumnado que presente dificultades de aprendizaxe, así como daquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural  (antigo programa PROA). Un total de 285 centros educativos desenvolverán esta primeira liña, para o que contarán cun total de 154 docentes de apoio contratados a maiores pola Consellería para tal fin, un 61% máis ca no curso anterior.

A liña número 2, a referida á mellora das competencias clave, é a segunda en número de participantes. Así, a liña 2a, competencia matemática, será de desenvolvida por134 centros; mentres que a 2b, competencia en comunicación lingüística, contará con 109 centros participantes; e a 2 c, deseñada para reforzar as competencias en ciencia e tecnoloxía, será desenvolvida por 45 centros.

No caso da terceira liña, que se centra na mellora da convivencia e incorpora este ano por primeira vez a promoción da igualdade, participarán nela un total de 106 centros; mentres que na cuarta, dirixida á prevención do abandono escolar temperán e do absentismo escolar, contará coa participación de 23 centros.

Nas liñas 5 e 6, dirixidas á mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia, e á mellora da calidade na xestión dos centros, participarán 78 e 26 centros educativos públicos, respectivamente.

Docentes implicados e novidades da convocatoria

Ademais dos 154 profesores de apoio contratados a maiores pola Consellería para o desenvolvemento da liña 1 dos contratos-programa, na aplicación da iniciativa participarán este curso un total de 6.375 docentes, un 16% máis ca no 2014/2015.

No referido ás novidades da convocatoria cómpre sinalar que, ademais da redefinición das liñas de actuación para adaptalas ás necesidades dos centros e froito da experiencia dos últimos anos, ampliouse a tipoloxía de centros destinatarios do programa. Así, neste curso fíxose posible a incorporación dos Colexios Rurais Agrupados (CRA), as Escolas de Educación Infantil (EEI), os Centros de Educación Especial (CEE), os Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) e os Centros públicos de educación e promoción de adultos. Así se posibilita que formen parte da iniciativa o alumnado que neles estuda, especialmente o de FP Básica.

 Así mesmo, e como xa ocorría en cursos anteriores, puideron solicitar contratos-programa os Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP), os Centros de Educación Primaria (CEP), os Institutos de Educación Secundaria (IES) e os Centros Públicos Integrados (CPI).

Protocolo de Atención educativa domiciliaria

Co obxecto de mellorar a atención a Consellería impulsa, dentro da Estratexia Galega de Convivencia 2015-2020 un protocolo para a atención educativa do alumnado que deba permanecer convalecente no domicilio por lesión, doenza prolongada ou enfermidade crónica sempre a criterio médico. Neste protocolo determínanse os procesos de solicitude, tramitación, elaboración, coordinación e seguimento do programa individualizado, e a participación e apoio das familias. Así mesmo, facilítanse modelos dos principais documentos necesarios.

 

Gallego
Protocolo de Atención educativa domiciliaria

Listaxe definitiva dos centros seleccionados, para o curso 2015/2016, con contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes desta Consellería

Gallego

Xúntase a Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros con plans seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 5 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2015/16, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes desta consellería.

Colectivo: