Gallego

Galicia lidera un proxecto educativo europeo para mellorar a atención á diversidade a través das TIC

A primeira reunión transnacional dos participantes desenvolveuse en Santiago de Compostela

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lidera o proxecto educativo europeo KA204 “GAMESP – Physical and virtual Games for Education and social Insertion of intellectually handicapped People”, no marco da presente convocatoria Erasmus+ 2016; unha iniciativa que ten como obxectivo contribuír a mellorar a atención á  diversidade a través da inserción social de alumnos e alumnas adultas con discapacidade intelectual por medio do uso das ferramentas TIC e de robótica á medida. A primeira reunión transnacional do proxecto celebrouse esta semana no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela, e nela reuníronse os sete socios participantes, procedentes de cinco países diferentes.

Comunidade virtual

Ao abeiro desta iniciativa desenvolverase unha plataforma en liña e unha comunidade virtual na que as persoas adultas con discapacidade e educadores poidan xogar (realizando unidades de ensino) con ferramentas virtuais, así como interactuar con robots reais que teñan na casa ou no seu centro. Ademais, o proxecto quere involucrar os pais e nais nas actividades de ensino / aprendizaxe.

 A partir da plataforma, será posible controlar e programar un obxecto físico ou un robot virtual, robot que tamén se desenvolverá a través deste proxecto. En ambos os escenarios, o robot pode seguir as instrucións que os usuarios lle indiquen.

A plataforma tamén incluirá 10 unidades de ensino baseadas en xogos existentes e en xogos novos, que poden ser creados a partir de adaptación para alumnado adulto con discapacidade. Os xogos buscan traballar diferentes áreas, tales como a orientación, secuenciación, etc.

Este proxecto, financiado pola Unión Europea, dá resposta e complementa os plans e protocolos de atención a diversidade elaborados pola  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Programas pedagóxicos de Aldeas Infantís SOS

Aldeas Infantís SOS dispón dunha nova edición dos programas de educación en valores. A web do programa educativo de Aldeas Infantís SOS engloba os proxectos de educación para o desenvolvemento, fomentando valores dirixidos a alumnado de Primaria e Secundaria que esta asociación ven ofrecendo aos centros desde 1998.

Pódese atopar material dixital con propostas para levar a cabo nas aulas e nos fogares. Tamén é un espazo onde se pode amosar e compartir experiencias en educación en valores.
O programa pedagóxico sobre Educación en Valores para infantil e primaria "Abraza os teus valores” ofrece material pedagóxico en formato dixital con ideas orixinais, reflexións e actividades sinxelas pero enriquecedoras para todo tipo de centros, profesorado, materias, niveis, familias e alumnado.
Párate a pensar” é o programa educativo para a ESO, que ofrece ferramentas para afrontar desde a educación en valores a complexa etapa da adolescencia.
Temas como o respecto e a convivencia contra o acoso escolar, suscitan 50 actividades que abordan xeitos de formar a personalidade adolescente e potenciar a súa autoestima, as relacións cos seus compañeiros e a familia e de promover o esforzo e a participación social por un mundo máis xusto e solidario. 

Gallego
Logo Aldeas Infantís SOS

Comezan os cursos de formación a docentes sobre cómo tratar ao alumnado con TDAH

Están impulsados polas Fundacións INGADA e María José Jove en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación

Van dirixidos a profesorado de Primaria, Secundaria e Bacharelato

Gallego

A sede da Fundación María José Jove, na Coruña, acolle durante este mes de outubro o primeiro dos cursos de formación de profesorado para o tratamento do alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), que consta de 25 horas de formación teórica e práctica impartida por un equipo multidisciplinar formado por profesores, pedagogos, psicólogos, logopedas, expertos en aspectos clínicos e prevención. Todos estes profesionais abordarán aspectos como os fundamentos clínicos do trastorno, o manexo na aula, ou as dificultades de lectura e escritura, entre outros.

Este programa formativo realízase ao abeiro dun convenio de colaboración anual entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Fundación María José Jove e o Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (INGADA). Os cursos van dirixidos a 200 docentes de ensinanza primaria, secundaria e bacharelato e, ademais de na sede da Fundación María José Jove, tamén se imparten nos Centros de Formación e Recursos (CFR) de Lugo, Ourense e Pontevedra.

O obxectivo desta iniciativa -que se leva a cabo por terceiro ano consecutivo- é aportar aos profesores o coñecemento necesario sobre o TDAH para que poidan abordalo nas aulas da mellor maneira posible, facilitando o desenvolvemento dos alumnos e a súa integración.

Os docentes que participan no programa formativo deberán presentar un proxecto final que terá que ser aprobado polo equipo docente do curso. Posteriormente, as fundacións María José Jove e INGADA convocan unha beca, dotada con 3.000 euros, para o proxecto seleccionado polo comité avaliador. A formación presencial completarase ao longo do curso cunha oferta formativa a distancia, que permitirá que o profesorado que desexe formarse nesta materia, poida acceder aos contidos e recursos desta formación dun xeito máis cómodo.

Colectivo: 

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e F. P. da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza para realización e promoción de actividades de carácter educativo, social e cultural en centros educativos

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza para realización e promoción de actividades de carácter educativo, social e cultural en centros educativos

Gallego

Guía "La buena vida"

A Consellería de Sanidade e INGADA (Instituto Gallego del TDAH y Trastornos Asociados) presentan a guía "La buena vida" cuxa finalidade é a promoción de estilos de vida saudables que inclúan unha dieta equilibrada e unha práctica de actividade física axeitada.

Desde a Fundación INGADA (Instituto Gallego del TDAH y Trastornos Asociados) queren poñer ao alcance de todas as persoas esta guía con actividades propostas para levar a cabo ou adaptalas para favorecer a concienciación social dos hábitos de vida saudables.

Gallego
Guía "La buena vida"

Educación e as fundacións INGADA e María José Jove formarán a 200 docentes no tratamento do alumnado con TDAH

A Consellería e ambas entidades renovan a colaboración neste ámbito para formar ao profesorado de Primaria, Secundaria e Bacharelato

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Fundación María José Jove e o Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (INGADA) colaborarán un ano máis na formación do profesorado para o tratamento do alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). Así queda recollido na addenda ao convenio que renovaron o departamento educativo da Xunta e as dúas entidades promotoras da iniciativa.

Tralo balance positivo desta experiencia iniciada hai dous anos, as tres institucións acordaron seguir ampliando este programa formativo co fin de dotar aos docentes do coñecemento necesario sobre este trastorno para facilitarlles a súa abordaxe nas aulas, favorecendo así tamén o desenvolvemento e integración dos nenos e nenas con esta problemática. De feito, si no curso 2014/15 participaron 187 profesores de 168 centros, no pasado curso 2015/16 a cifra subiu a 191 profesores de 179 colexios, o que amosa o interese crecente dos docentes para obter información neste ámbito.

Destinado a 200 docentes

Este terceiro curso formativo, que estará destinado a 200 docentes de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, impartirase durante o primeiro trimestre do actual curso académico e constará de 25 horas de formación (16 de formación teórica e 9 de práctica). Ademais, cada un dos asistentes deberá realizar un proxecto final, que será avaliado por un comité experto en TDAH e independente do equipo docente. A maiores, a Fundación María José Jove outorgará unha beca de 3.000 euros ao centro que mellor proxecto presente, en función da súa aplicación práctica no propio recinto escolar.

Tal e como queda reflectido no convenio, ambas as dúas fundacións encargaranse de organizar o curso de formación, mentres que a Consellería difundirá a actividade entre o profesorado. Así ºmesmo, ofrecerá o soporte técnico necesario para levala a cabo a través da Rede de Formación Permanente do Profesorado. Ademais, este ano amplíase a oferta cun curso on line acreditado para aqueles profesores de centros educativos concertados que non poidan acceder á formación presencial.

Colectivo: 

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Educación,Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación ASPANAES

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación ASPANAES (Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA) da Provincia da Coruña).

 

Gallego

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Raiolas Lugo (RAIOLAS)

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Raiolas Lugo (RAIOLAS)
 
Gallego

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2016/2017

Un curso máis, ponse ao dispor dos centros docentes o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, que pon de manifesto, unha vez máis, o compromiso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.

O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

Para facilitar a participación dos centros docentes nas actuacións incluídas no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos durante o curso 2016-2017, achégase a seguinte documentación:

 

[Consultar: Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos - Curso 2014-2015]
[Consultar: Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos - Curso 2015-2016]
Gallego
Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2016/2017

Colectivo: 

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2016/2017

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2016/2017
Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2016/2017
Gallego

Un curso máis, ponse ao dispor dos centros docentes o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, que pon de manifesto, unha vez máis, o compromiso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.

O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

Para facilitar a participación dos centros docentes nas actuacións incluídas no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos durante o curso 2016-2017, achégase a seguinte documentación:

[Consultar: Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos - Curso 2014-2015]
[Consultar: Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos - Curso 2015-2016]

Colectivo: