Gallego

Uns 400 docentes reúnense en Pontevedra para afondar sobre os retos da educación inclusiva

O conselleiro de Cultura e Educación inaugurou a xornada, que congrega a orientadores, directores de centros, especialistas en Pedagoxía Terapéutica e representantes de entidades e asociacións vinculadas á diversidade

Román Rodríguez subliñou que os novos desafíos pasan por introducir itinerarios flexibles para os alumnos con maiores necesidades e blindar a certificación de competencias e saberes

Gallego

Arredor duns 400 docentes, entre orientadores, especialistas en Pedagoxía Terapéutica e directores de centros ademais de representantes de entidades e asociacións vinculadas á diversidade danse cita en Pontevedra para afondar nos retos de futuro dunha educación inclusiva, no marco da “VII Xornada dos xefes e xefas dos departamentos de Orientación. Asesoramento para un proxecto inclusivo de centro”, que hoxe inaugurou o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez.

O responsable de Educación da Xunta puxo en valor a importancia de encontros coma este para avanzar nun sistema educativo máis equitativo e de maior calidade e destacou, sobre todo, o papel que xoga a formación do profesorado na atención á diversidade.

Neste senso, o conselleiro subliñou que a formación docente é unha das liñas estratéxicas do Goberno galego, que se está reforzando con programación específica en diversidade nos plans de formación permanente, ademais de nos seminarios e grupos de traballo. De feito, a día de hoxe, 73 dos 380 centros que contan cun plan de Formación Permanente teñen un Plan con liña especializada en atención á diversidade; e o curso pasado impartíronse preto de 1.000 horas de formación na materia e máis de 2.000 profesores actualizaron os seus coñecementos.

Aportación ao Pacto de Estado

Segundo Román Rodríguez, os novos desafíos pasan por introducir itinerarios ou currículos flexibles para o alumnado con maiores necesidades educativas ou situacións sociofamiliares complexas, co fin de favorecer a súa permanencia e progresión no sistema; así como blindar a certificación de competencias e saberes adquiridos por experiencia laboral ou por formación non formal a través dunha acreditación que lle abra a posibilidade de validar esta formación. Estas dúas propostas foron defendidas por Galicia ante o Senado, co fin de incluílas no Pacto de Estado pola Educación, no que se está a traballar.

Tamén no ámbito da formación, o conselleiro referiuse ao grupo de traballo creado coas tres universidades galegas para a mellora da formación do profesorado, no que a escola inclusiva e a atención á diversidade abórdase de xeito transversal. Nesta liña, o venres pasado presentáronse as conclusións do documento xurdido do grupo de traballo, do cal se desprende a importancia de manter un diálogo permanente entre as universidades e a rede de formación permanente do profesorado para achegar os plans de estudo universitarios e a formación permanente co fin de dar resposta aos retos do sistema educativo. Trátase dun traballo pioneiro en todo o Estado no que se analizan as competencias profesionais docentes en Galicia e se reflexiona sobre as que os estudantes de Maxisterio deberían adquirir durante a súa etapa formativa.

A diferenza como valor engadido

Román Rodríguez emprazou aos docentes que participan na xornada a seguir “sumando esforzos” cara un sistema no que as diferenzas sexan consideradas “un valor engadido e enriquecedor para o alumnado, para a comunidade educativa e para o conxunto da sociedade”.

Os asistentes a este encontro debaterán ao longo do día sobre os retos e fortalezas dunha escola inclusiva, partindo da experiencia das comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Murcia e Castela-León. Nela participan relatores de primeiro nivel neste ámbito como a coordinadora da REID (Red Estatal de Infancia con Discapacidade), Inés de Araoz; e a directora do Centro Aragonés de Recursos para a Educación Inclusiva, Coral Elizondo Carmona, entre outros.

Ademais do conselleiro de Cultura e Educación, á apertura da xornada tamén asistiron o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; e o director do CFR (Centro de Formación e Recursos) de Pontevedra, Jesús Manuel Álvarez Bertolo, organizador do acto; entre outros.

Colectivo: 

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE)

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE)

 

Gallego

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Federación Autismo Galicia

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Federación Autismo Galicia

Gallego

Tema: 

Resolución definitiva das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2016/2017

Gallego

Xúntase a Resolución definitiva das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2016/2017.

Colectivo: 

Educación e a Federación Autismo Galicia colaboran na atención ao alumnado con TEA

Gallego
Educación e a Federación Autismo Galicia colaboran na atención ao alumnado con TEA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Autismo Galicia veñen de reforzar a súa colaboración no que atinxe a atención educativa do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Así quedou reflectido nun convenio que asinaron hoxe o conselleiro Román Rodríguez e mailo presidente da mencionada entidade, Antonio de la Iglesia, co principal obxectivo de deseñar unhas liñas de acción específicas para mellorar a atención aos escolares con autismo.

Precisamente unha das liñas que impulsará a Consellería ao abeiro deste acordo é a mellora da formación permanente do profesorado no ámbito do autismo, para o cal a Federación Autismo Galicia ofrecerá a súa colaboración. Así mesmo, levaranse a cabo iniciativas que contribúan á sensibilización e á difusión de materiais e documentos que permitan un maior coñecemento das circunstancias específicas asociadas ao alumnado con TEA.

Pola súa banda, sempre de acordo e baixo a supervisión dos propios centros escolares, os profesionais desta Federación poderán prestar asesoramento na atención educativa a este alumnado no propio centro, aos docentes e ás súas familias; e colaborarán na orientación sobre metodoloxías máis axeitadas nestes casos.

Este acordo engádese ao conxunto de colaboracións que a Consellería de Cultura e Educación mantén con distintos organismos e entidades co fin de mellorar a atención ao alumnado con algún tipo de discapacidade e garantir unha atención educativa inclusiva e integral que dea resposta axeitada ás necesidades específicas de cada alumno.

Precisamente, o sistema educativo galego conta desde o pasado mes de marzo co primeiro Protocolo para o Alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo, no cal se recolle que as entidades sen ánimo de lucro relacionadas co TEA, xunto coas familias, son un dos piares fundamentais para a intervención educativa. De aí que se promova a colaboración e coordinación entre todos os axentes implicados no desenvolvemento persoal, académico e emocional do estudante.

Román Rodríguez salienta a implicación de toda a comunidade educativa en prol da inclusividade

O conselleiro de Cultura e Educación agradeceu o esforzo de docentes, orientadores, especialistas e asociacións para lograr un ensino máis inclusivo

Gallego
Román Rodríguez salienta a implicación de toda a comunidade educativa en prol da inclusividade

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe na apertura das IV Xornadas de atención á diversidade ‘Sumando estratexia’, que se celebran na Escola Galega de Administración Pública, e que teñen como obxectivo afondar na formación do profesorado neste eido. Neste sentido, o conselleiro lembrou que unha das liñas prioritarias do departamento que dirixe é, precisamente, continuar avanzando na consecución dun sistema educativo cada vez máis integrador, tendo en conta que, segundo os últimos informes dispoñibles, Galicia é xa a comunidade autónoma cun ensino máis inclusivo, co 91,1% do alumnado con Necesidades Educativas Especiais (NEE) integrado no réxime ordinario.

Neste sentido, o titular do departamento educativo da Xunta destacou e agradeceu o esforzo e implicación do profesorado, especialistas e orientadores na consecución deste obxectivo, sinalando como fundamental a unión de forzas de todos os axentes implicados no sistema educativo para valorar a diversidade e as diferenzas como un piar que nutre a toda a comunidade. “Trátase, pois, de sumar esforzos e adoptar medidas e accións que impliquen activamente a toda a comunidade educativa”, en prol de aproveitar as potencialidades de cada alumno, dixo.

Así mesmo Román Rodríguez incidiu na importancia de que as organizacións e asociacións e a Consellería traballen da man para que a escola sexa un lugar onde os alumnos con necesidades específicas de atención educativa poidan desenvolver todas as súas competencias persoais, emocionais, profesionais e sociais; e lembrou que a Consellería ten establecido acordos de colaboración con algunhas das representadas na xornada de hoxe, como a Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (Down Galicia), a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG),a ONCE, a Federación Galega de Asociacións de Déficit de Atención e Hiperactividade (FEGADAH), a Asociación Galega de Asperger (ASPERGA), ou Baion Asociación para o Tratamento do Autismo (BATA).

Colectivo: 

Resolución provisional das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2016/2017

Gallego

Xúntase a Resolución provisional das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2016/2017.

Colectivo: 

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e F. P. da Xunta de Galicia e a Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE), para a prestación de servizos educativos ao alumnado con cegueira ou def. visual grave

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación P.rofesional da Xunta de Galicia e a Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE), para a prestación de servizos educativos ao alumnado con cegueira ou deficiencia visual grave.

Gallego

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e F. P. da Xunta de Galicia e a Federación Down Galicia para favorecer a atención educativa pola inclusión do alumnado coa síndrome de Down ou con discapacidade intelectual

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Federación Down Galicia para favorecer a atención educativa pola inclusión do alumnado coa síndrome de Down ou con discapacidade intelectual

 

Gallego

Román Rodríguez felicita o CEE Juan María por ser un exemplo en innovación para a inclusión

O conselleiro de Cultura e Educación en funcións visitou o centro tras a obtención do premio SIMO educación

Gallego
Román Rodríguez felicita o CEE Juan María por ser un exemplo en innovación para a inclusión
Román Rodríguez felicita o CEE Juan María por ser un exemplo en innovación para a inclusión

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, visitou esta mañá o Centro de Educación Especial Juan María, na localidade pontevedresa de Nigrán, onde felicitou a este centro polo seu espírito emprendedor e innovador en prol da inclusión. Non en balde, o centro vén de obter o premio “SIMO Educación” ao Mellor Proxecto TIC en educación inclusiva, igualdade e diversidade polo proxecto ‘Os videoxogos no camiño cara a inclusión’.

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia sinalou este centro como un exemplo de esforzo, superación e unión de forzas cara obxectivos comúns que o son de todo o sistema educativo galego: tolerancia, respecto, inclusión e valoración da diversidade. “O galego é o sistema educativo máis inclusivo de toda España”, explicou o conselleiro, recalcando que o esforzo en materia de atención á diversidade é unha das bandeiras da Consellería de Cultura e Educación.

Román Rodríguez quixo agradecer o papel máis importante, o que desenvolven nas aulas e nas casas o profesorado, familias e alumnado. “Desde a Consellería de Cultura e Educación defendemos sempre que a implicación do conxunto da comunidade educativa, docentes, familias e alumnos, é a mellor das formas de avanzar cara ao éxito escolar”, dixo.

Durante a súa visita ao centro o conselleiro estivo acompañado polo coordinador do mesmo, Alberto González da Rosa, e pola súa directora, Soledad Pazo. Así mesmo participaron na visita a secretaria territorial da Xunta en Pontevedra, Yolanda Lesmes; e o xefe territorial da Consellería na provincia, César Pérez Ares.

Ensinanza: 

Colectivo: