Gallego

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Federación Autismo Galicia

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Federación Autismo Galicia.

Gallego

Tema: 

Resolución definitiva das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2016/2017

Gallego

Xúntase a Resolución definitiva das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2016/2017.

Colectivo: 

Educación e a Federación Autismo Galicia colaboran na atención ao alumnado con TEA

Gallego
Educación e a Federación Autismo Galicia colaboran na atención ao alumnado con TEA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Autismo Galicia veñen de reforzar a súa colaboración no que atinxe a atención educativa do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Así quedou reflectido nun convenio que asinaron hoxe o conselleiro Román Rodríguez e mailo presidente da mencionada entidade, Antonio de la Iglesia, co principal obxectivo de deseñar unhas liñas de acción específicas para mellorar a atención aos escolares con autismo.

Precisamente unha das liñas que impulsará a Consellería ao abeiro deste acordo é a mellora da formación permanente do profesorado no ámbito do autismo, para o cal a Federación Autismo Galicia ofrecerá a súa colaboración. Así mesmo, levaranse a cabo iniciativas que contribúan á sensibilización e á difusión de materiais e documentos que permitan un maior coñecemento das circunstancias específicas asociadas ao alumnado con TEA.

Pola súa banda, sempre de acordo e baixo a supervisión dos propios centros escolares, os profesionais desta Federación poderán prestar asesoramento na atención educativa a este alumnado no propio centro, aos docentes e ás súas familias; e colaborarán na orientación sobre metodoloxías máis axeitadas nestes casos.

Este acordo engádese ao conxunto de colaboracións que a Consellería de Cultura e Educación mantén con distintos organismos e entidades co fin de mellorar a atención ao alumnado con algún tipo de discapacidade e garantir unha atención educativa inclusiva e integral que dea resposta axeitada ás necesidades específicas de cada alumno.

Precisamente, o sistema educativo galego conta desde o pasado mes de marzo co primeiro Protocolo para o Alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo, no cal se recolle que as entidades sen ánimo de lucro relacionadas co TEA, xunto coas familias, son un dos piares fundamentais para a intervención educativa. De aí que se promova a colaboración e coordinación entre todos os axentes implicados no desenvolvemento persoal, académico e emocional do estudante.

Román Rodríguez salienta a implicación de toda a comunidade educativa en prol da inclusividade

O conselleiro de Cultura e Educación agradeceu o esforzo de docentes, orientadores, especialistas e asociacións para lograr un ensino máis inclusivo

Gallego
Román Rodríguez salienta a implicación de toda a comunidade educativa en prol da inclusividade

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe na apertura das IV Xornadas de atención á diversidade ‘Sumando estratexia’, que se celebran na Escola Galega de Administración Pública, e que teñen como obxectivo afondar na formación do profesorado neste eido. Neste sentido, o conselleiro lembrou que unha das liñas prioritarias do departamento que dirixe é, precisamente, continuar avanzando na consecución dun sistema educativo cada vez máis integrador, tendo en conta que, segundo os últimos informes dispoñibles, Galicia é xa a comunidade autónoma cun ensino máis inclusivo, co 91,1% do alumnado con Necesidades Educativas Especiais (NEE) integrado no réxime ordinario.

Neste sentido, o titular do departamento educativo da Xunta destacou e agradeceu o esforzo e implicación do profesorado, especialistas e orientadores na consecución deste obxectivo, sinalando como fundamental a unión de forzas de todos os axentes implicados no sistema educativo para valorar a diversidade e as diferenzas como un piar que nutre a toda a comunidade. “Trátase, pois, de sumar esforzos e adoptar medidas e accións que impliquen activamente a toda a comunidade educativa”, en prol de aproveitar as potencialidades de cada alumno, dixo.

Así mesmo Román Rodríguez incidiu na importancia de que as organizacións e asociacións e a Consellería traballen da man para que a escola sexa un lugar onde os alumnos con necesidades específicas de atención educativa poidan desenvolver todas as súas competencias persoais, emocionais, profesionais e sociais; e lembrou que a Consellería ten establecido acordos de colaboración con algunhas das representadas na xornada de hoxe, como a Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (Down Galicia), a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG),a ONCE, a Federación Galega de Asociacións de Déficit de Atención e Hiperactividade (FEGADAH), a Asociación Galega de Asperger (ASPERGA), ou Baion Asociación para o Tratamento do Autismo (BATA).

Colectivo: 

Resolución provisional das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2016/2017

Gallego

Xúntase a Resolución provisional das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2016/2017.

Colectivo: 

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e U. da Xunta de Galicia e a Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE), para a prestación de servizos educativos ao alumnado con cegueira ou def. visual grave

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE), para a prestación de servizos educativos ao alumnado con cegueira ou deficiencia visual grave.

Gallego

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Univ. da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down(Down Galicia) para favorecer a atención educativa ao alumnado con Síndrome de Down ou D.I

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (Down Galicia) para favorecer a atención educativa ao alumnado con Síndrome de Down ou discapacidade intelectual

Gallego

Tema: 

Román Rodríguez felicita o CEE Juan María por ser un exemplo en innovación para a inclusión

O conselleiro de Cultura e Educación en funcións visitou o centro tras a obtención do premio SIMO educación

Gallego
Román Rodríguez felicita o CEE Juan María por ser un exemplo en innovación para a inclusión
Román Rodríguez felicita o CEE Juan María por ser un exemplo en innovación para a inclusión

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, visitou esta mañá o Centro de Educación Especial Juan María, na localidade pontevedresa de Nigrán, onde felicitou a este centro polo seu espírito emprendedor e innovador en prol da inclusión. Non en balde, o centro vén de obter o premio “SIMO Educación” ao Mellor Proxecto TIC en educación inclusiva, igualdade e diversidade polo proxecto ‘Os videoxogos no camiño cara a inclusión’.

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia sinalou este centro como un exemplo de esforzo, superación e unión de forzas cara obxectivos comúns que o son de todo o sistema educativo galego: tolerancia, respecto, inclusión e valoración da diversidade. “O galego é o sistema educativo máis inclusivo de toda España”, explicou o conselleiro, recalcando que o esforzo en materia de atención á diversidade é unha das bandeiras da Consellería de Cultura e Educación.

Román Rodríguez quixo agradecer o papel máis importante, o que desenvolven nas aulas e nas casas o profesorado, familias e alumnado. “Desde a Consellería de Cultura e Educación defendemos sempre que a implicación do conxunto da comunidade educativa, docentes, familias e alumnos, é a mellor das formas de avanzar cara ao éxito escolar”, dixo.

Durante a súa visita ao centro o conselleiro estivo acompañado polo coordinador do mesmo, Alberto González da Rosa, e pola súa directora, Soledad Pazo. Así mesmo participaron na visita a secretaria territorial da Xunta en Pontevedra, Yolanda Lesmes; e o xefe territorial da Consellería na provincia, César Pérez Ares.

Ensinanza: 

Colectivo: 

Galicia lidera un proxecto educativo europeo para mellorar a atención á diversidade a través das TIC

A primeira reunión transnacional dos participantes desenvolveuse en Santiago de Compostela

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lidera o proxecto educativo europeo KA204 “GAMESP – Physical and virtual Games for Education and social Insertion of intellectually handicapped People”, no marco da presente convocatoria Erasmus+ 2016; unha iniciativa que ten como obxectivo contribuír a mellorar a atención á  diversidade a través da inserción social de alumnos e alumnas adultas con discapacidade intelectual por medio do uso das ferramentas TIC e de robótica á medida. A primeira reunión transnacional do proxecto celebrouse esta semana no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela, e nela reuníronse os sete socios participantes, procedentes de cinco países diferentes.

Comunidade virtual

Ao abeiro desta iniciativa desenvolverase unha plataforma en liña e unha comunidade virtual na que as persoas adultas con discapacidade e educadores poidan xogar (realizando unidades de ensino) con ferramentas virtuais, así como interactuar con robots reais que teñan na casa ou no seu centro. Ademais, o proxecto quere involucrar os pais e nais nas actividades de ensino / aprendizaxe.

 A partir da plataforma, será posible controlar e programar un obxecto físico ou un robot virtual, robot que tamén se desenvolverá a través deste proxecto. En ambos os escenarios, o robot pode seguir as instrucións que os usuarios lle indiquen.

A plataforma tamén incluirá 10 unidades de ensino baseadas en xogos existentes e en xogos novos, que poden ser creados a partir de adaptación para alumnado adulto con discapacidade. Os xogos buscan traballar diferentes áreas, tales como a orientación, secuenciación, etc.

Este proxecto, financiado pola Unión Europea, dá resposta e complementa os plans e protocolos de atención a diversidade elaborados pola  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Programas pedagóxicos de Aldeas Infantís SOS

Aldeas Infantís SOS dispón dunha nova edición dos programas de educación en valores. A web do programa educativo de Aldeas Infantís SOS engloba os proxectos de educación para o desenvolvemento, fomentando valores dirixidos a alumnado de Primaria e Secundaria que esta asociación ven ofrecendo aos centros desde 1998.

Pódese atopar material dixital con propostas para levar a cabo nas aulas e nos fogares. Tamén é un espazo onde se pode amosar e compartir experiencias en educación en valores.
O programa pedagóxico sobre Educación en Valores para infantil e primaria "Abraza os teus valores” ofrece material pedagóxico en formato dixital con ideas orixinais, reflexións e actividades sinxelas pero enriquecedoras para todo tipo de centros, profesorado, materias, niveis, familias e alumnado.
Párate a pensar” é o programa educativo para a ESO, que ofrece ferramentas para afrontar desde a educación en valores a complexa etapa da adolescencia.
Temas como o respecto e a convivencia contra o acoso escolar, suscitan 50 actividades que abordan xeitos de formar a personalidade adolescente e potenciar a súa autoestima, as relacións cos seus compañeiros e a familia e de promover o esforzo e a participación social por un mundo máis xusto e solidario. 

Gallego
Logo Aldeas Infantís SOS