Gallego

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2017/2018

Plan Director
Plan Director
Gallego

Un curso máis, ponse ao dispor dos centros docentes o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, que pon de manifesto, unha vez máis, o compromiso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.

O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

Para facilitar a participación dos centros docentes nas actuacións incluídas no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos durante o curso 2017-2018, achégase a seguinte documentación:

[Consultar: Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos - Curso 2014-2015]
[Consultar: Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos - Curso 2015-2016]
[Consultar: Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos - Curso 2016-2017]

Colectivo: 

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e as Fundacións María José Jove e INGADA para a difusión e fomento,dun programa de formación para o tratamento do alumnado con TDAH

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e a Fundación María José Jove e a Fundación INGADA para a difusión e fomento, entre o profesorado dos centros educativos de Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional, dun programa de formación para o tratamento do alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade  

 

Gallego

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación de Bulimia e Anorexia de A Coruña (ABAC)

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación de Bulimia e Anorexia de A Coruña (ABAC).

Gallego

A Xunta e as fundacións María José Jove e Ingada xa formaron 532 docentes para o tratamento do TDAH

Ademais, entregouse a III Bolsa TDAH Fundación María José Jove-Ingada e asinouse a addenda ao convenio de colaboración entre as tres entidades para o desenvolvemento deste programa

Gallego
A Xunta e as fundacións María José Jove e Ingada xa formaron 532   docentes para o tratamento do TDAH

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou hoxe, xunto á presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove, e ao presidente da Fundación Ingada, Ángel Carracedo, os resultados do III Curso de Formación do Profesorado para o Tratamento do Alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). Ao abeiro desta iniciativa, desenvolvida en colaboración polas tres entidades, formouse a 154 docentes de outros tantos centros educativos; aínda que no conxunto das tres edicións do programa tense proporcionado formación a un total de 532 docentes.

Román Rodríguez salientou a importancia da colaboración entre as tres entidades para desenvolver iniciativas como este curso, que ten como obxectivo aportar os coñecementos necesarios para que os docentes traten de forma axeitada esta necesidade educativa específica nas aulas. Asemade, o conselleiro quixo tamén agradecer a implicación do profesorado participante na integración nas aulas do alumnado con este trastorno.

Neste sentido, o titular do departamento educativo da Xunta destacou o compromiso da Consellería por unha educación que contribúa á promoción da equidade e da igualdade de oportunidades, “convencidos de que atender á diversidade é ter en conta as diferenzas e consideralas un valor engadido para a sociedade”.

Gañadores

A formación foi impartida por médicos, pedagogos, neuropsicólogos, logopedas e neuropediatras no primeiro trimestre do curso 2016/17 e constou de 25 horas de formación teórica e prácticas. Ademais, e como novidade nesta edición, ampliouse cun curso en liña acreditado para os profesores de centros concertados que non podían acceder á formación presencial. Ao remate, os docentes participantes presentaron un proxecto final, entre os que se seleccionaron un gañador e dous finalistas.

O desenvolvemento de habilidades técnico-específicas no alumnado de Formación Profesional (hostelería) con TDAH. Habilidades organizativas e planificación, do profesor Víctor Patiño Grela (CIFP Paseo das Pontes, A Coruña) foi o gañador, polo que recibiu  a III Bolsa TDAH Fundación María José Jove-Ingada. Así mesmo, resultaron finalistas os proxectos de Noemí Romay Vales, do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma (A Coruña) e de Alma María Figueroa Varela, do IES David Buján (Cambre).

No transcurso do acto Román Rodríguez, Felipa Jove e Ángel Carracedo asinaron tamén a addenda do convenio a través do que se desenvolve este programa de formación de ata 200 profesores, neste caso para o curso 2017/18.

Uns 400 docentes reúnense en Pontevedra para afondar sobre os retos da educación inclusiva

O conselleiro de Cultura e Educación inaugurou a xornada, que congrega a orientadores, directores de centros, especialistas en Pedagoxía Terapéutica e representantes de entidades e asociacións vinculadas á diversidade

Román Rodríguez subliñou que os novos desafíos pasan por introducir itinerarios flexibles para os alumnos con maiores necesidades e blindar a certificación de competencias e saberes

Gallego

Arredor duns 400 docentes, entre orientadores, especialistas en Pedagoxía Terapéutica e directores de centros ademais de representantes de entidades e asociacións vinculadas á diversidade danse cita en Pontevedra para afondar nos retos de futuro dunha educación inclusiva, no marco da “VII Xornada dos xefes e xefas dos departamentos de Orientación. Asesoramento para un proxecto inclusivo de centro”, que hoxe inaugurou o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez.

O responsable de Educación da Xunta puxo en valor a importancia de encontros coma este para avanzar nun sistema educativo máis equitativo e de maior calidade e destacou, sobre todo, o papel que xoga a formación do profesorado na atención á diversidade.

Neste senso, o conselleiro subliñou que a formación docente é unha das liñas estratéxicas do Goberno galego, que se está reforzando con programación específica en diversidade nos plans de formación permanente, ademais de nos seminarios e grupos de traballo. De feito, a día de hoxe, 73 dos 380 centros que contan cun plan de Formación Permanente teñen un Plan con liña especializada en atención á diversidade; e o curso pasado impartíronse preto de 1.000 horas de formación na materia e máis de 2.000 profesores actualizaron os seus coñecementos.

Aportación ao Pacto de Estado

Segundo Román Rodríguez, os novos desafíos pasan por introducir itinerarios ou currículos flexibles para o alumnado con maiores necesidades educativas ou situacións sociofamiliares complexas, co fin de favorecer a súa permanencia e progresión no sistema; así como blindar a certificación de competencias e saberes adquiridos por experiencia laboral ou por formación non formal a través dunha acreditación que lle abra a posibilidade de validar esta formación. Estas dúas propostas foron defendidas por Galicia ante o Senado, co fin de incluílas no Pacto de Estado pola Educación, no que se está a traballar.

Tamén no ámbito da formación, o conselleiro referiuse ao grupo de traballo creado coas tres universidades galegas para a mellora da formación do profesorado, no que a escola inclusiva e a atención á diversidade abórdase de xeito transversal. Nesta liña, o venres pasado presentáronse as conclusións do documento xurdido do grupo de traballo, do cal se desprende a importancia de manter un diálogo permanente entre as universidades e a rede de formación permanente do profesorado para achegar os plans de estudo universitarios e a formación permanente co fin de dar resposta aos retos do sistema educativo. Trátase dun traballo pioneiro en todo o Estado no que se analizan as competencias profesionais docentes en Galicia e se reflexiona sobre as que os estudantes de Maxisterio deberían adquirir durante a súa etapa formativa.

A diferenza como valor engadido

Román Rodríguez emprazou aos docentes que participan na xornada a seguir “sumando esforzos” cara un sistema no que as diferenzas sexan consideradas “un valor engadido e enriquecedor para o alumnado, para a comunidade educativa e para o conxunto da sociedade”.

Os asistentes a este encontro debaterán ao longo do día sobre os retos e fortalezas dunha escola inclusiva, partindo da experiencia das comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Murcia e Castela-León. Nela participan relatores de primeiro nivel neste ámbito como a coordinadora da REID (Red Estatal de Infancia con Discapacidade), Inés de Araoz; e a directora do Centro Aragonés de Recursos para a Educación Inclusiva, Coral Elizondo Carmona, entre outros.

Ademais do conselleiro de Cultura e Educación, á apertura da xornada tamén asistiron o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; e o director do CFR (Centro de Formación e Recursos) de Pontevedra, Jesús Manuel Álvarez Bertolo, organizador do acto; entre outros.

Colectivo: 

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral (ASPACE)

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral (ASPACE).

Gallego

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Federación Autismo Galicia

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Federación Autismo Galicia.

Gallego

Tema: 

Resolución definitiva das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2016/2017

Gallego

Xúntase a Resolución definitiva das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2016/2017.

Colectivo: 

Educación e a Federación Autismo Galicia colaboran na atención ao alumnado con TEA

Gallego
Educación e a Federación Autismo Galicia colaboran na atención ao alumnado con TEA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Autismo Galicia veñen de reforzar a súa colaboración no que atinxe a atención educativa do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Así quedou reflectido nun convenio que asinaron hoxe o conselleiro Román Rodríguez e mailo presidente da mencionada entidade, Antonio de la Iglesia, co principal obxectivo de deseñar unhas liñas de acción específicas para mellorar a atención aos escolares con autismo.

Precisamente unha das liñas que impulsará a Consellería ao abeiro deste acordo é a mellora da formación permanente do profesorado no ámbito do autismo, para o cal a Federación Autismo Galicia ofrecerá a súa colaboración. Así mesmo, levaranse a cabo iniciativas que contribúan á sensibilización e á difusión de materiais e documentos que permitan un maior coñecemento das circunstancias específicas asociadas ao alumnado con TEA.

Pola súa banda, sempre de acordo e baixo a supervisión dos propios centros escolares, os profesionais desta Federación poderán prestar asesoramento na atención educativa a este alumnado no propio centro, aos docentes e ás súas familias; e colaborarán na orientación sobre metodoloxías máis axeitadas nestes casos.

Este acordo engádese ao conxunto de colaboracións que a Consellería de Cultura e Educación mantén con distintos organismos e entidades co fin de mellorar a atención ao alumnado con algún tipo de discapacidade e garantir unha atención educativa inclusiva e integral que dea resposta axeitada ás necesidades específicas de cada alumno.

Precisamente, o sistema educativo galego conta desde o pasado mes de marzo co primeiro Protocolo para o Alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo, no cal se recolle que as entidades sen ánimo de lucro relacionadas co TEA, xunto coas familias, son un dos piares fundamentais para a intervención educativa. De aí que se promova a colaboración e coordinación entre todos os axentes implicados no desenvolvemento persoal, académico e emocional do estudante.

Román Rodríguez salienta a implicación de toda a comunidade educativa en prol da inclusividade

O conselleiro de Cultura e Educación agradeceu o esforzo de docentes, orientadores, especialistas e asociacións para lograr un ensino máis inclusivo

Gallego
Román Rodríguez salienta a implicación de toda a comunidade educativa en prol da inclusividade

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe na apertura das IV Xornadas de atención á diversidade ‘Sumando estratexia’, que se celebran na Escola Galega de Administración Pública, e que teñen como obxectivo afondar na formación do profesorado neste eido. Neste sentido, o conselleiro lembrou que unha das liñas prioritarias do departamento que dirixe é, precisamente, continuar avanzando na consecución dun sistema educativo cada vez máis integrador, tendo en conta que, segundo os últimos informes dispoñibles, Galicia é xa a comunidade autónoma cun ensino máis inclusivo, co 91,1% do alumnado con Necesidades Educativas Especiais (NEE) integrado no réxime ordinario.

Neste sentido, o titular do departamento educativo da Xunta destacou e agradeceu o esforzo e implicación do profesorado, especialistas e orientadores na consecución deste obxectivo, sinalando como fundamental a unión de forzas de todos os axentes implicados no sistema educativo para valorar a diversidade e as diferenzas como un piar que nutre a toda a comunidade. “Trátase, pois, de sumar esforzos e adoptar medidas e accións que impliquen activamente a toda a comunidade educativa”, en prol de aproveitar as potencialidades de cada alumno, dixo.

Así mesmo Román Rodríguez incidiu na importancia de que as organizacións e asociacións e a Consellería traballen da man para que a escola sexa un lugar onde os alumnos con necesidades específicas de atención educativa poidan desenvolver todas as súas competencias persoais, emocionais, profesionais e sociais; e lembrou que a Consellería ten establecido acordos de colaboración con algunhas das representadas na xornada de hoxe, como a Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (Down Galicia), a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG),a ONCE, a Federación Galega de Asociacións de Déficit de Atención e Hiperactividade (FEGADAH), a Asociación Galega de Asperger (ASPERGA), ou Baion Asociación para o Tratamento do Autismo (BATA).

Colectivo: