Gallego

Normativa

ORDE do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeralDERROGADA

DECRETO 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria

DECRETO 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria

ORDE do 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan as ensinanzas de réxime xeral, e se establece o procedemento e os criterios para a realización do dictame de escolarizaciónDERROGADA

ORDE do 28 de outubro de 1996 pola que se regulan as condicións e o procedemento para flexibiliza-la duración do período de escolarización obrigatoria dos alumnos con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de sobredotación intelectualDERROGADA

DECRETO 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998

LEI 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia

DECRETO 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias

ORDE do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiaisDERROGADA

ORDE do 20 de febreiro de 2004 pola que se establecen as medidas de atención específica ó alumnado procedente do estranxeiroDERROGADA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, pola que se ditan instrucións para os departamentos de orientación dos centros de educación especial

CIRCULAR 18/2007 das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se ditan instrucións para unificar as
actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional das ensinanzas escolares de Galicia

CIRCULAR 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan algunhas medidas de atención á diversidade para o alumnado de Educación Secundaria Obligatoria

CIRCULAR 10/2010 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para coordinar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia

DECRETO 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa

DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

LEI 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia

DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar

ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Gallego

Guía de Atención á Discapacidade na Universidade

Publicación anual onde se pode atopar información de interese sobre os servizos de apoio ás persoas con discapacidade de 76 universidades españolas.

Gallego
Guía de Atención á Discapacidade na Universidade

Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo

TEAVI, é unha asociación que dá apoio e respostas ás necesidades das persoas con autismo.

A Asociación TEAVI, nace en Vigo para dar unha maior resposta e apoio ás necesidades das persoas con autismo, tentando mellorar a súa integración tanto no ámbito social, escolar ou laboral.  Ademais de orientar ás familias e ás persoas da súa contorna.

 

 

 

Gallego
Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Secretariado Xitano

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Secretariado Xitano

Gallego

Tema: 

Manaia: "Decálogo escola e adopción"

Manaia é unha asociación galega de axuda á adopción, fundada en xuño de 2006 por iniciativa dun grupo de familias adoptantes en Galicia.

Manaia xorde co obxectivo de ser un punto de encontro próximo, de opinión, información e apoio para todas aquelas persoas que realizasen ou estean a emprender o camiño da adopción desde Galicia. Igualmente constitúese co próposito de promover a convivencia dos nenos adoptados e as súas familias.

O obxectivo principal de Manaia é promover accións e melloras no proceso de adopción desde Galicia, tanto a nivel de adopción nacional como internacional. Entre os seus obxectivos atópanse:

  • Facilitar ás familias adoptantes todo tipo de información, apoio e asesoramento sobre o proceso de adopción
  • Facilitar os contactos entre as familias adoptantes e organizar encontros entre todas as familias
  • Traballar na mellora do proceso de adopción
  • Contribuír a que se transmita á sociedade, desde todos os ámbitos, unha correcta imaxe da adopción e a súa problemática
  • Promover a convivencia multicultural dos nenos adoptados e as súas familias
Gallego
Manaia

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e F.P. e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias (FAGAL)

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e F.P. e a  Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias (FAGAL)

 

Gallego

Tema: 

A Consellería de Cultura e Educación e a Fundación Secretariado Xitano colaborarán para favorecer a permanencia deste alumnado no sistema educativo

O conselleiro e o director da Fundación asinaron hoxe un convenio de cooperación educativa para compensar as desigualdades respecto desta poboación no ensino

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director da Fundación Secretariado Xitano, Isidro Juan Rodríguez Hernández, asinaron hoxe un convenio
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director da Fundación Secretariado Xitano, Isidro Juan Rodríguez Hernández, asinaron hoxe un convenio

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director da Fundación Secretariado Xitano, Isidro Juan Rodríguez Hernández, asinaron hoxe un convenio de cooperación educativa para favorecer o acceso e a permanencia da poboación xitana na formación regulada e o impulso de actuacións que compensen as desigualdades existentes no ámbito da formación básica e permanente desa poboación. As persoas beneficiarias da colaboración prevista neste convenio serán as familias xitanas que presenten maiores dificultades no acceso e permanencia no sistema educativo, así como en aspectos relacionados coa súa formación, especialmente no relativo ao absentismo escolar e ao abandono temperán dos estudos.

No marco deste convenio desenvolveranse diferentes accións de compensación educativa complementarias ás que xa realizan os centros docentes. Neste contexto, afondarase no desenvolvemento do Programa Promociona de apoio e orientación educativa para mozos e mozas xitanos e as súas familias desenvolvido pola FSX no marco dos Programas Operativos de Loita contra a Discriminación do Fondo Social Europeo, que ten como principal obxectivo que o alumnado xitano finalice con éxito a Educación Secundaria Obrigatoria e acceda á Educación Postobrigatoria.

Así mesmo, ambas as entidades colaborarán na elaboración de estudos e investigacións da situación educativa do alumnado xitano que permitan valorar os avances e as dificultades de forma periódica, cun especial interese nas etapas de educación obrigatoria, así como unha análise das dificultades de acceso da poboación xitana á formación profesional ou ocupacional e á formación básica de persoas adultas. O obxectivo é minorar os problemas que estas eivas supoñen á hora da incorporación ao mercado laboral, promovendo a través destas medidas a inserción destas persoas no mundo do traballo.

Sensibilización

De forma paralela, a Consellería apoiará a Secretariado Xitano no desenvolvemento de estratexias de sensibilización e accións de carácter integral e innovador dirixidas ao alumnado, familias, profesionais da educación e outros axentes implicados, que permitan reducir o abandono escolar temperán na comunidade xitana. Para iso, promoverase a difusión de materiais e documentos que  permitan un maior coñecemento das circunstancias específicas asociadas ao alumnado xitano no eido educativo, así como dos informes elaborados en colaboración con outras administracións.

Con este acordo a Consellería afonda no seu compromiso de promover desde o ensino todos aqueles valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non-discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social. Neste sentido cómpre lembrar que se está desenvolvendo unha ampla política de colaboración con moi diversas entidades en prol da atención á diversidade do alumnado con diferentes necesidades específicas ao tempo que, no marco da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 ‘educonvives.gal’, se está promovendo a mellora da convivencia nas aulas.

Colectivo: