Gallego

Convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sustentados con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2015/2016

Gallego

Xúntase a Resolución do 21 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2015/16.

  • Esta conovocatoria está dirixida a centros sostidos con fondos públicos en que se imparten as ensinanzas de educación primaria, educación secundaria e formación profesional.
     
  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 1 de xuño de 2015, tendo en conta que o 31 de maio é día non hábil.

Colectivo: 

Convocatoria para a incorporación de novos centros educativos á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2015/2016

Gallego

Xúntase a Resolución do 26 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros educativos á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2015/16.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de abril de 2015.

Colectivo: 

Cultura e Educación convoca 140 prazas para que o profesorado realice itinerarios formativos no estranxeiro para a mellora das súas competencias lingüísticas

Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal, Alemaña e EEUU son os destinos aos que poderán optar os docentes, cunha duración das estadías de ata 4 semanas, dependendo da modalidade

Nesta convocatoria ofértanse por primeira vez formación para o profesorado de FP e auméntanse as prazas para lingua portuguesa

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar 140 prazas para a realización de itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística e comunicativa do profesorado. Así o recolle a orde de convocatoria publicada hoxe no DOG, que pode consultarse no enderezo electrónicohttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150415/AnuncioG0164-080415-0005_gl.html .

Ao abeiro do Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) a Consellería oferta itinerarios intensivos para potenciar a consolidación e adquisición de niveis de competencia lingüística, dando a oportunidade aos participantes neles de poñer en práctica os seus coñecementos no contexto dun país no que se fala a lingua en cuestión. O obxectivo é formar profesionais debidamente cualificados para impartir clases na rede de 3.223 seccións bilingües e 220 centros plurilingües do sistema educativo de Galicia.

Nesta convocatoria para o ano 2015, mantense a oferta de prazas pero redistribúense para atender as demandas e necesidades do profesorado. Entre os cambios, cómpre salientar o aumento de prazas para o profesorado de lingua portuguesa ou o profesorado CLIL en portugués. Ademais, como novidade nesta convocatoria, ofértase formación para o profesorado de FP na modalidade de integración en centros canadenses.

Destinatarios

A convocatoria vai dirixida ao profesorado especialista en inglés que estea a impartir ensinanzas de lingua estranxeira en educación infantil, primaria e secundaria; a profesorado especialista de francés e inglés; e a profesorado AICLE/CLIL (de áreas, materias ou módulos non lingüísticos impartidos en inglés) de educación primaria, secundaria obrigatoria, de bacharelato ou de formación profesional, que estea a participar nos programas de seccións bilingües e/ou centros plurilingües.

Así mesmo, poderán participar os docentes non especialistas que impartan ensinanzas establecidas na Lei Orgánica de Educación, en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Inspección Educativa. Tamén poderán optar ás prazas das actividades o profesorado que teña previsto participar no programa de seccións bilingües ou o de centros plurilingües a partir do curso 2015-2016.

Modalidades

Os itinerarios formativos realizaranse en 3 modalidades diferentes. A primeira delas constará dunha primeira fase dun curso de formación en inglés en Galicia, seguido dun período de inmersión no país da lingua estranxeira obxecto de ensino e aprendizaxe, cunha duración de tres semanas que se realizará no mes de xullo de 2015 en Reino Unido, Canadá ou Estados Unidos. A segunda modalidade consistirá nun programa de inmersión total en inglés, con integración na vida escolar en centros escolares de Canadá e Portugal, acompañados por un docente da súa mesma área ou materia durante catro semanas no primeiro trimestre do curso 2015-2016. A terceira modalidade consistirá en cursos de dúas semanas no Reino Unido, Francia, Alemaña ou Portugal.

En todos os casos os beneficiarios deberán realizar unha fase final de elaboración de materiais de uso didáctico, para a sociedade da información, no primeiro trimestre do curso 2015-2016. No caso das actividades de integración o profesorado participante deberá elaborar tamén unha proposta de difusión da experiencia no estranxeiro.

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2015

Gallego

Xúntase a Orde do 8 de abril de 2015 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE), para o ano 2015.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Concurso público de méritos para a adxudicación de dúas prazas de profesor ou profesora de lingua e literatura española nun centro educativo da rexión de Amiens (Francia) para un intercambio de posto a posto

Gallego

Xúntase a Resolución do 6 de abril de 2015, do Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se aproban as bases do concurso público para adxudicación de dúas prazas de profesor ou profesora de lingua e literatura española nun centro educativo da rexión de Amiens (Francia) para un intercambio de posto a posto.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir da publicación desta resolución.

Colectivo: 

Sección: 

Memorando de entendemento entre a Xunta de Galicia e o Camões, Instituto de Cooperação da língua, I.P.

O 19 de febreiro de 2015 asinouse o Memorando de entendemento entre a Xunta de Galicia e o Camões, Instituto de Cooperação da língua, I.P, para impulsar o ensino do portugués en Galicia, de forma que o alumnado de niveis intermedios poidan adoptala como lingua estranxeira avaliable.

Este acordo permitirá a adopción do portugués como lingua estranxeira de opción e avaliación curricular no sistema educativo non universitario de Galicia.

Gallego

Sección: 

Convocadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

Gallego

Xúntase a Orde do 2 de marzo de 2015 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 17 de marzo ata o 16 de abril (incluído)

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Xogo-Concurso: “The Big Challenge”

Este xogo-concurso pretende favorecer a aprendizaxe do inglés a través dunha actividade lúdica de carácter pedagóxico.
Consiste nunha proba individual para cada curso de 54 cuestións tipo test cunha única resposta entre catro posibilidades sobre cuestións de vocabulario, gramática, pronunciación e civilización.

 

  • Destinatarios: alumnado de ESO de todos os centros que elixiran inglés como lingua estranxeira no marco escolar español. Cada centro deberá inscribir a 35 alumnos/as como mínimo. incluído todos os niveis.
  • Data de celebración do concurso: martes, 12 de maio de 2015. A duración é de 45 minutos.


Para máis información sobre esta actividade consultar a web.

Gallego
Logo do xogo-concurso “The Big Challenge”

Resolución definitiva de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Gallego

Xúntase a Orde do 15 de decembro de 2014 pola que se resolve a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.

Colectivo: 

Sección: 

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2015/2016. Solicitude de novos/as candidatos/as

Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana e portuguesa para o curso escolar 2015/2016.

Dirixidas a licenciados/as e estudantes universitarios/as no seu último ano académico dos seguintes países: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica (francés ou inglés), Canadá (francés ou inglés), China, Estados Unidos, Finlandia (inglés), Francia, Irlanda, Italia, Luxemburgo (inglés), Malta (inglés), Nova Zelandia, Noruega (inglés), Países Baixos (inglés), Portugal e Reino Unido.

Os/as candidatos/as de Alemaña, Austria, Bélxica (francés), Francia, Irlanda, Italia, Malta e Reino Unido deberán consultar o prazo de presentación de solicitudes a través do Ministerio de Educación u organismo internacional encargado no seu país.

Os/as candidatos/as de Australia, Bélxica (inglés), Canadá, China, Estados Unidos, Finlandia, Luxemburgo, Nova Zelandia, Noruega (inglés), Países Baixos e Portugal deberán solicitar a súa participación a través da aplicación Profex. do 7 de xaneiro ao 7 de abril de 2015. En estos países, la selección se realiza a través de las Consejerías de Educación del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (MECD) en el exterior.

Información:
91 506 5596: Auxiliares de la Unión Europea, excepto los indicados abajo.
91 506 5640: Auxiliares de Australia, Bélgica (inglés), Canadá, China, Estados Unidos, Filipinas, Finlandia, Luxemburgo, Nueva Zelanda y Países Bajos.
91 506 57 16: Consultas generales.
Horario de atención telefónica: de lunes a viernes en horario de 9:30 a 13:30.

Dirección de correo:
auxiliares.conv@mecd.es: Auxiliares de Alemania, Austria, Bélgica (francés), Francia, Irlanda, Italia, Malta y Reino Unido.
auxiliares.extra@mecd.es: Auxiliares de Australia, Bélgica (inglés), Canadá, China, Estados Unidos, Filipinas, Finlandia, Luxemburgo, Nueva Zelanda y Países Bajos.

_____________________________________________________________________________

Se convocan plazas de Auxiliares de Conversación de lengua alemana, china, francesa, inglesa, italiana y portuguesa para el curso escolar 2015/2016.

Dirigidas a licenciados/as y estudiantes universitarios/as en su último año académico de los siguientes países: Alemania, Australia, Austria, Bélgica (francés o inglés), Canadá (francés o inglés), China, Estados Unidos, Finlandia (inglés), Francia, Irlanda, Italia, Luxemburgo (inglés), Malta (inglés), Nueva Zelanda, Noruega (inglés), Países Bajos (inglés), Portugal y Reino Unido.

Los candidatos de Alemania, Austria, Bélgica (francés), Francia, Irlanda, Italia, Malta y Reino Unido deberán consultar el plazo de presentación de solicitudes a través del Ministerio de Educación u organismo internacional encargado en su país.

Los candidatos de Australia, Bélgica (inglés), Canadá, China, Estados Unidos, Finlandia, Luxemburgo, Nueva Zelanda, Noruega (inglés), Países Bajos y Portugal deberán solicitar su participación a través de la aplicación Profex. del 7 de enero al 7 de abril de 2015. Nestes países, a selección realízase a través das Consellerías de Educación do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (MECD) no exterior.

Información:
91 506 5596: Auxiliares da Unión Europea, excepto os indicados abaixo.
91 506 5640: Auxiliares de Australia, Bélxica (inglés), Canadá, China, Estados Unidos, Finlandia, Luxemburgo, Noruega, Nova Zelandia e Países Baixos.
91 506 57 16: Consultas xerais.
Horario de atención telefónica: de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30.
auxiliares.conv@mecd.es : Auxiliares de Alemaña, Austria, Bélxica (francés), Francia, Irlanda, Italia, Malta e Reino Unido.
auxiliares.extra@mecd.es : Auxiliares de Australia, Bélxica (inglés), Canadá, China, Estados Unidos, Finlandia, Luxemburgo, Noruega, Nova Zelandia e Países Baixos.

Gallego
logo_MECD

Sección: