Gallego

Preto de 90.000 alumnos galegos terán este curso un ensino plurilingüe en centros sostidos con fondos públicos ao abeiro do plan de potenciación das linguas estranxeiras da Xunta

A Rede de Centros Plurilingües rexistra 36 incorporacións, coas que acada os 257 centros

O departamento educativo da Xunta de Galicia autorizou ademais a extensión deste modelo á etapa do Bacharelato en 4 centros de ensino

Así mesmo, autorizáronse 407 novas seccións bilingües

Gallego

Preto de 90.000 alumnas e alumnos galegos terán este curso 2015/2016 un ensino plurilingüe en centros sostidos con fondos públicos ao abeiro do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras posto en marcha polo actual Goberno da Xunta; o que supón un incremento do 6,2% respecto do 2014/2015. Así se desprende das resolucións definitivas da convocatoria de redes de Centros Plurilingües e Seccións Bilingües publicadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O departamento dirixido por Román Rodríguez incorporará este ano un total de 36 novos centros á Rede de Plurilingües, ata sumar un total de 257. Ademais, outros 5 centros de que tiñan este modelo educativo (combinando galego, castelán e unha lingua estranxeira, ata chegar cada unha delas a un terzo do horario lectivo) en Primaria pasan a incorporalo á etapa de ESO. Trátase do CPR Plurilingüe Montegrande (Coruña), do CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Ourense), CPR Plurilingüe Divino Maestro (Ourense), do CPR Plurilingüe Escuelas Nieto (Vigo) e do CPR Plurilingüe Barreiro (Vigo).

A maiores dos 5 mencionados, e segundo os datos provisionais de admitidos, dos centros de nova incorporación 17 son da provincia da Coruña, 4 de Lugo, 1 de Ourense e 14 de Pontevedra.

Provincia da Coruña:

CPR Nosa Señora del Carmen

Betanzos

CPR Santa María del Mar

A Coruña

CPR Fogar de Santa Margarida

A Coruña

CPR Jorge Juan

Fene

CPR Compañía de María

Ferrol

CPR Valle Inclán I

Ferrol

CPI Cabo da Area

Laxe

CPI Virxe da Cela

Monfero

CPR Galaxia

Ribeira

CPR Bayón

Ribeira

CPR Juventud

Santiago

CPR Vilas Alborada

Santiago

CEIP Xacinto Amigo Lera

Val do Dubra

CEIP O Ramo

Fene

CEIP Virxe do Mar

Narón

IES Pedra da Aguia

Camariñas

CEIP O Graxal

Cambre

 

Provincia de Lugo:

CPR Cervantes

Lugo

CEIP San Miguel

Paradela

CEIP Virxe do Carme

Sober

CEIP de Monterroso

Monterroso

 

Provincia de Ourense:

CEIP Curros Enríquez

Celanova

 

Provincia de Pontevedra:

CPR Virxe Milagrosa

Bueu

CPR San Fermín

Caldas de Reis

CEIP Castrelo

Cambados

CPR Padres Somascos

A Guarda

CEIP Domaio

Moaña

CEIP San Benito de Lérez

Pontevedra

CEIP A Florida

Sanxenxo

CEIP Ramón y Cajal

Vigo

CPR Niño Jesús de Praga

Vigo

CPR Possumus

Vigo

CEIP de Meaño-As Covas

Meaño

CEIP da Espiñeira-Aldán

Cangas

CEP Xosé Ferrol Couselo

Valga

IES Terra de Turonio

Gondomar

 

Plurilingüismo no Bacharelato

Ademais dos devanditos, 4 centros ampliarán o plurilingüismo a Bacharelato (novidade deste ano): IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas (Perillo, A Coruña), IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña); do CPR Plurilingüe Montecastelo (Vigo), e do CPR Plurilingüe Las Acacias (Vigo).

Seccións bilingües

Finalmente, a Consellería de Cultura e Educación vén de publicar a resolución provisional pola que se aproban 407 novas seccións bilingües para o curso 2015/2016, ata chegar a un total de 3.630 en toda Galicia. Por provincias, haberá 175 novas seccións nos centros educativos da provincia da Coruña, 34 en Lugo, 45 en Ourense e 153 en Pontevedra.

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva do 9 de setembro de 2015, pola que se incorporan novas Seccións Bilingües para o curso 2015/2016

Gallego
Xúntanse as listaxes definitivas de seccións bilingües admitidas e excluídas para o curso 2015-2016.

Colectivo: 

Resolución definitiva do 9 de setembro de 2015 pola que se incorporan novos centros á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2015/2016

Gallego
Xúntanse as listaxes definitivas de centros admitidos e excluídos á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2015-2016.

Colectivo: 

Resolución definitiva pola que se autoriza a ampliación das ensinanzas plurilingües na etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2015/2016 en centros pertencentes á Rede de centros plurilingües de Galicia

Gallego
Xúntanse as listaxes definitivas de centros autorizados a ampliar as ensinanzas plurilingües na etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2015/2016 en centros pertencentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia.

Colectivo: 

Sección: 

Listaxe definitiva de centros autorizados para a incorporación ao programa CUALE para o curso 2015/2016

Gallego

Xúntanse a listaxe definitiva de centros autorizados para a incorporación ao programa CUALE o para o curso 2015/2016.

Resolución provisional pola que se autoriza a ampliación das ensinanzas plurilingües na etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2015/2016 en centros pertencentes á Rede de centros plurilingües de Galicia

Gallego
Xúntanse as listaxes provisionais de centros autorizados a ampliar as ensinanzas plurilingües na etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2015/2016 en centros pertencentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia.
  • Ábrese un prazo de 10 días naturais para facer as alegacións e achegas que se consideren oportunas.

Ensinanza: 

Colectivo: 

Listaxes provisionais de centros autorizados e excluídos para a incorporación ao programa CUALE para o curso 2015/2016

Gallego

Xúntanse as Listaxes provisionais de centros autorizados e excluídos para a incorporación ao programa CUALE  para o curso 2015/2016

  • Ábrese un prazo de 10 días naturais para alegacións e subsanacións de documentación.

Cultura e Educación achegará máis de dous millóns de euros para dotar de 370 auxiliares de conversa aos centros educativos

O Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace a un acordo entre a Consellería e o Ministerio polo que este último seleccionará 345 auxiliares de conversa de lingua inglesa, 14 de francés, 7 de alemán, 2 de portugués e outros 2 de chinés, que serán destinados a centros educativos públicos e escolas oficiais de idiomas

O departamento dirixido por Román Rodríguez concederá unha axuda mensual de 700 euros ao longo de oito meses a cada un dos profesionais

Gallego

O Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace a un acordo de bases de colaboración entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deportes e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para dotar de auxiliares de conversa a centros educativos públicos e escolas oficiais de idiomas de Galicia. O alcance do acordo mantense nos mesmos termos ca no ano pasado e a el sumaranse arredor de outros 50 auxiliares, que se incorporarán ao sistema de ensino galego, ben contratados pola Consellería, ben a través da colaboración interinstitucional co Instituto Cofuncio, co Instituto Camões e coa Académie de Amiens.

En virtude do acordo aprobado hoxe polo Consello, o departamento dirixido por Román Rodríguez achegará máis de 2,1 millóns de euros para financiar a dotación dun total de 370 auxiliares de conversa de 15 nacionalidades, o que demostra a aposta decidida e o respaldo do Goberno galego ao ensino plurilingüe.

O Ministerio ocuparase de seleccionar os profesionais e enviar a relación detallada antes do inicio do curso escolar, mentres que a Consellería será a encargada de adxudicalos aos diferentes centros plurilingües, con seccións bilingües ou escolas oficiais de idiomas. Ademais, tamén organizará unha xornada de acollida dirixida a todos os auxiliares participantes.

Dentro dos 370 que se seleccionarán, 345 prestarán o seu servizo en lingua inglesa, 14 en francés, 7 en alemán, 2 en portugués e outros 2 en chinés. Todos eles realizarán funcións de apoio á docencia da lingua estranxeira no centro de destino e estarán supervisados por unha persoa profesora titora-coordinadora.

De outubro a maio

A axuda outorgada pola Consellería, que se estenderá ao longo de oito meses –isto é, dende o 1 de outubro deste ano ao 31 de maio de 2016 salvo casuísticas atribuídas ao propio auxiliar-, será de 700 euros mensuais. A maiores, o departamento educativo da Xunta tamén se fará cargo da cobertura sanitaria daquelas persoas que non dispoñan da correspondente tarxeta europea.

Crecemento do ensino plurilingüe

Este acordo de colaboración co Ministerio enmárcase dentro do Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras, que aposta pola introdución dun ensino plurilingüe nos centros educativos da Comunidade. Así as cousas, nestes últimos anos medraron dun xeito exponencial os centros que combinan galego, castelán e unha lingua estranxeira ata chegar cada unha a un terzo do horario lectivo, así como aqueles con seccións bilingües.

De feito, e segundo a resolución provisional publicada este mesmo mes no DOG, para o próximo curso 2015/2016 incorporaranse 36 novos centros á Rede de Plurilingües, o que sumará un total de 256. En canto ás seccións bilingües, estas aumentarán en 317, acadando así as 3.540 en toda Galicia. Ademais, o curso que vén, o ensino plurilingüe tamén se estenderá á etapa de Bacharelato.

Transmisores da realidade cultural do seu país

Neste contexto, a Consellería considera a figura do auxiliar de conversa un elemento clave para acercar a realidade cultural e lingüística do seu país de orixe ao alumnado galego. Deste xeito, estas persoas levan a cabo un importante servizo complementario, ao apoiaren o labor do profesorado, facilitando as prácticas de conversa en linguas estranxeiras.

Ademais, representan un auténtico vehículo de achegamento á cultura dos países onde se fala a lingua obxecto de estudo, polo que contribúen a reforzar o labor docente na compoñente de multiculturalidade, eixo sobre o que pivotan os currículos dos centros implicados no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras.

Sección: 

Resolución da convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE), para

Gallego

Xúntase a Orde do 6 de xullo de 2015 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE), para o ano 2015.

Colectivo: 

Sección: 

Román Rodríguez visita o alumnado que participa nas estadías de inmersión lingüística no centro de excelencia dos Peares

A Consellería de Cultura e Educación convocou un total de 682 prazas para que estudantes de ESO e Bacharelato melloren as súas competencias en lingua inglesa durante este verán con profesorado nativo en distintos centros residenciais da Comunidade Autónoma

Os 63 rapaces e rapazas que están esta semana no centro educativo e de ocio compaxinan as actividades educativas con outras lúdicas, que lles permite poñer en práctica o uso deste idioma en situacións reais

Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta mañá, no complexo educativo de Os Peares, ós alumnos e alumnas que están participando no programa de estadías de inmersión lingüística en lingua inglesa promovidos polo Goberno galego e que se enmarcan dentro do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras.

Un total de 63 rapaces e rapazas de 1º e 2º de Bacharelato de toda Galicia -atendidos por 15 profesores nativos e monitores- están participando desde o pasado domingo nestes campamentos, nos que as actividades educativas para mellorar as competencias en lingua inglesa se completan con outras de carácter lúdico para poñer en práctica o uso deste idioma en situacións reais. Trátase, por tanto, de que o alumnado poida desenvolver a súa comunicación en inglés nun contorno real, estimulando a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos máis amplos que os que permite o ámbito escolar.

Na visita ao centro, o conselleiro de Cultura e Educación estivo acompañado do delegado xeral en Galicia do Grupo Gas Natural Fenosa, Manuel Fernández Pellicer; do director xeral de Educación, Manuel Corredoira; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; e das xefas territoriais da Consellería en Lugo e Ourense, Maria Carmen Gueimunde e Mercedes Gallego, respectivamente.

Preto de 700 prazas para este verán

A estadía nos Peares súmase ás que tamén se desenvolven nos Centros Residenciais Docentes da Coruña e de Vigo, neste caso para alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

Por tanto, en total convocáronse para este verán 682 prazas, das cales 590 son para estudantes de secundaria en réxime residencial en Galicia, mediante estadías de dúas semanas con profesorado nativo. As 92 restantes van dirixidas a alumnos e alumnas de Bacharelato, para mellorar as súas competencias en inglés, con estadías dunha semana en réxime residencial.

A estas prazas hai que sumar arredor doutras 300 máis convocadas para estadías que, como cada ano, se levarán a cabo en outono, entre os meses de novembro e decembro.

Contacto idiomático

O obxectivo desta iniciativa, enmarcada no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, non é só que o alumnado unha lingua estranxeira, senón que este o poñan en práctica durante todo o día nas diversas actividades previstas entre as que se inclúen obradoiros de teatro, actividades deportivas, excursións ou veladas nocturnas. Todo isto permitirá darlle unha formación lingüística, social, cultural e ambiental ao alumnado.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: