Gallego

Programa de Auxiliares de Conversa en centros públicos 2016/2017.Guía e documentos anexos

Xúntanse a Guía e máis o ficheiro para a xestión do Programa de Auxiliares de Conversa 2016/2017 nos centros de educación públicos

Gallego
Programa de Auxiliares de Conversa en centros públicos 2016/2017.Guía e documentos anexos

Sección: 

Listaxe definitiva de centros públicos admitidos e centros suplentes participantes no programa English Week 2016 dirixidas a alumnado de 6º de primaria

Gallego

Xúntanse a relación definitiva dos centros públicos seleccionados e dos centros públicos suplentes de 6º curso de Educación Primaria para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, ao abeiro da Orde de 12 de xullo de 2016 pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Ensinanza: 

Colectivo: 

Listaxe provisional de centros públicos admitidos e centros suplentes participantes no programa English Week 2016 dirixidas a alumnado de 6º de primaria

Gallego

Xúntanse a relación provisional dos centros públicos seleccionados e dos centros públicos suplentes de 6º curso de Educación Primaria para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, ao abeiro da Orde de 12 de xullo de 2016 pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

  • O prazo de reclamación é de cinco días naturais a partir do día seguinte desta publicación: ata o 4 de outubro.

NOTA: Para unha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo: xsoie@edu.xunta.es ou por fax ao número 981.54.65.50., debendo presentar, ademais, dita alegación a través dun rexistro oficial ou correo postal.

Ensinanza: 

Colectivo: 

Un total de 26 novos centros escolares incorporan o ensino plurilingüe por primeira vez neste curso

A Rede de Centros Plurilingües de Galicia está composta por 282 colexios, e todos eles contan cun auxiliar de conversa nativo

Ata o venres permanece aberto o prazo para participar na “English Week”, unha estadía de inmersión lingüística en réxime de internado durante unha semana totalmente gratuíta para os rapaces

A aprendizaxe de idiomas é unha liña estratéxica do Goberno galego para avanzar nun ensino público que xere máis equidade social e máis oportunidades

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución definitiva dos novos centros escolares que incorporan o ensino plurilingüe neste curso 2016/17. Trátase dun total de 26 colexios a razón de 13 na provincia da Coruña, 3 en Lugo, 1 en Ourense e 9 en Pontevedra. O listaxe completo pode consultarse no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18556 . Como é sabido, as accións en materia de plurilingüismo están dirixidas ao alumnado das etapas de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato, co fin de que melloren as súas competencias en lingua estranxeira.

A día de hoxe a Rede de Centros Plurilingües de Galicia -que beneficia a máis de 40.000 alumnos- está composta por un total de 282 centros escolares (un 10,5% máis que o pasado curso), que impartirán ata un terzo do horario lectivo nunha lingua estranxeira e con apoio dun auxiliar de conversa nativo, co que contan todos eles.

Así mesmo, este curso tamén se reforzan as seccións bilingües en 43 novos centros escolares. Deste xeito, este 2016/17 aumentan en 284 as seccións bilingües, polo que o número total de seccións que existen desde que se puxeron en marcha hai oito anos acada as 3.914, e nelas participan uns 55.000 alumnos.

Aberto o prazo para participar na English Week

Dentro destas iniciativas, a Consellería de Cultura e Educación mantén aberto ata o próximo venres, día 16, o prazo para a “English Week” , dotada con 1.125 prazas para este outono (un 400% máis que o ano pasado). Está dirixida a rapaces de 6º de Primaria e de ESO, que poderán beneficiarse dunha estadía de inmersión lingüística en inglés durante unha semana en réxime de internado e totalmente de balde para as familias. E dicir, que os rapaces pasan unha semana nun campamento con profesores nativos en inglés e monitores, e onde se compaxinan as actividades formativas con outras de carácter lúdico. A convocatoria poden consultarse no enderezo web  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19682 .

Sección: 

Listaxe definitiva de seccións bilingües admitidas e excluídas para o curso 2016/2017

Gallego

Listaxe definitiva de seccións bilingües admitidas e excluídas para o curso 2016-2017

Colectivo: 

Listaxe definitiva de centros autorizados no programa de formación complementaria en linguas estranxeiras, CUALE, para o curso 2016/2017

Gallego

Xúntase a relación defintiva de centros autorizados para a impartición do programa CUALE

Resolución definitiva pola que se incorporan novos centros á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2016/2017

Gallego

Xúntanse as listaxes definitivas de centros admitidos e excluídos á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2016-2017.

Colectivo: 

Convocatoria e selección de centros para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de primaria e de ESO

Gallego

Xúntase a Orde do 12 de xullo de 2016 pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

  • O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 16 de setembro de 2016.
  • O lugar onde se realizará a actividade de inmersión lingüística "English week" será no Centro de Inmersión Lingüística Peares. Carballedo. Lugo.

Colectivo: 

Resolución provisional de centros plurilingües 2016/2017

Gallego

Resolución provisional de centros plurilingües 2016/2017.

  • O prazo de reclamacións e alegacións remata o día 5 de agosto

Colectivo: 

Sección: 

Preto de 100.000 rapaces terán acceso a un ensino plurilingüe en Galicia o vindeiro curso

A Consellería de Cultura e Educación incrementa nun 400% o número de prazas da English Week, para estadías de inmersión lingüística en inglés este outono, totalmente gratuítas para as familias

Un total de 282 centros escolares ofertarán ensinanza plurilingüe, un 10% máis que o ano pasado

Refórzanse os auxiliares de conversa, polo que 504 titulados universitarios e docentes nativos de diferentes idiomas (un 11% más que o anterior curso) impartirán clase en centros escolares galegos no 2016-17

O conselleiro Román Rodríguez destacou que a aprendizaxe de idiomas é unha liña estratéxica do Goberno galego para avanzar nun ensino público que xere máis equidade social e máis oportunidades

Gallego
Preto de 100.000 rapaces terán acceso a un ensino plurilingüe en Galicia o vindeiro curso

O Goberno Galego vén de reforzar para o curso 2016-2017 as accións en materia de plurilingüismo dirixidas ao alumnado, aos centros escolares e ao profesorado co fin de mellorar as competencias en lingua estranxeira por parte dos escolares galegos. Así o deu a coñecer esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, quen asegurou que preto de 100.000 rapaces e rapazas terán acceso a un ensino plurilingüe o próximo curso en Galicia; e que máis do 75% dos centros sostidos con fondos públicos nas etapas de ensino obrigatorio participan nalgunha acción de fomento do plurilingüismo.

Isto é posible grazas a que, de cara ao novo período escolar, se amplían as liñas contempladas no Plan de Potenciación de Linguas Estranxeiras como son os programas de inmersión en linguas estranxeiras, os centros plurilingües, as seccións bilingües e os auxiliares de conversa. Román Rodríguez destacou o “importante esforzo” do seu departamento para dotar ao sistema educativo galego das ferramentas axeitadas para avanzar no coñecemento de idiomas.

O conselleiro subliñou que o ensino e aprendizaxe de linguas é unha das liñas estratéxicas do Goberno galego para avanzar nunha escola pública máis moderna, actualizada, que avanza na equidade social e que xera máis oportunidades para o alumnado.

Estadías gratuítas

O conselleiro subliñou, sobre todo, a posta en marcha da “English Week” este outono, cun incremento dun 400% do número de prazas. Así, un total de 1.125 rapaces e rapazas de 6º de Primaria e de ESO se beneficiarán dunha estadía de inmersión lingüística en inglés durante unha semana en réxime de internado e totalmente de balde para as familias. É dicir, que os rapaces pasan unha semana nun campamento con profesores nativos en inglés e monitores, e onde compaxinan as actividades formativas con outras de carácter lúdico (deportivas, culturais,…).

Román Rodríguez lembrou o carácter “absolutamente gratuíto” destas estadías para as familias, que inclúen clases, actividades, aloxamento e manutención; así como a importancia deste tipo de accións para o reforzo da comunicación oral en lingua inglesa. “Por iso, multiplicamos por catro o número de prazas, ao pasar das 300 do ano pasado ás 1.125 deste próximo outono”, explicou. Estas 1.125 prazas engádense ás outras 700 que se ofertan no período estival, e que das que os rapaces xa participaron durante este mes de xullo.

Na convocatoria para a selección dos centros participantes nestas estadías, a Consellería establece unha serie de requisitos entre os que se priman cuestións como os contornos socioeconómicos menos favorecidos e os centros do rural.

Auxiliares de conversa

Outro dos puntos destacados é a dotación de auxiliares de conversa, é dicir, titulares universitarios e docentes nativos de diferentes idiomas que veñen a dar clase durante todo o curso ao cen por cento dos centros plurilingües a a algúns dos centros que contan con seccións bilingües. O vindeiro curso haberá en Galicia un total de 504 auxiliares de conversa de diferentes idiomas traballando nos centros escolares en Galicia, o que supón un incremento do 11% con respecto a este ano. Galicia sitúase así na segunda CCAA en ratio de auxiliares por alumno.

Centros plurilingües e seccións bilingües

Tamén se amplía para o próximo curso a Rede de Centros Plurilingües, cun total de 282 centros incorporados (un 10,15% máis que o pasado exercicio). Desde que se puxeron en marcha no curso 2010-2011 con 58, estes foron medrando de xeito exponencial ano tras ano e, de feito, nun total de 82 centros xa está totalmente implantado o plurilingüismo en toda a etapa de Primaria e de Secundaria.

Así mesmo increméntanse en 260 as seccións bilingües con 43 centros de nova incorporación a partires de setembro. Deste xeito, Galicia acada case 3.900 seccións bilingües nun total de 632 centros sostidos con fondos públicos. Cómpre destacar que haberá 13 ciclos novos de FP que incorporan seccións bilingües no curso 16-17.

A Consellería tamén sigue implementando o programa CUALE, a través do cal os rapaces reciben formación complementaria fóra do horario escolar naqueles centros que voluntariamente colaboran. Un programa no que o vindeiro curso participarán case 1.200 alumnos e 27 centros escolares.

Formación do profesorado

O conselleiro destacou que o profesorado é un dos actores protagonistas do cambio no ensino e no coñecemento de linguas estranxeiras. De aí que a formación do corpo docente nesta materia sexa unha das prioridades do departamento educativo da Xunta que, de cara ao vindeiro curso, oferta 150 prazas de formación no estranxeiro (un 7,15% máis que este ano) en países como Canadá, Reino Unido, Alemaña, Francia e Portugal; así como outras 200 prazas para licencias de formación (estadías que van de un a tres meses no estranxeiro que solicitan os propios profesores). A Consellería tamén continúa cos Cursos de comunicación e Actualización Lingüística e Comunicativa (CALC), que se fan a través das Escolas Oficiais de Idiomas con itinerarios específicos para o profesorado e que cara o vindeiro curso se ofertarán 760 prazas.

Arredor do 8% das actividades formativas deseñadas no Plan Anual de Formación do Profesorado traballan as competencias en comunicación en linguas estranxeiras. Ademais, o vindeiro curso establécense cursos cun enfoque máis especializado para grupos de docentes, como é o caso dos de Formación Profesional.

Sección: