Gallego

Cultura e Educación e a Comisión Fulbright colaborarán para incorporar máis auxiliares de conversa

En total, máis de 500 persoas prestarán este apoio en centros de ensino galegos o vindeiro curso, un 11% máis ca no curso anterior

Deste xeito, Galicia volverá ser unha das CCAA con máis auxiliares de conversa, en liña coa aposta polo plurilingüismo que está a facer a Xunta

Gallego
Cultura e Educación e a Comisión Fulbright colaborarán para incorporar máis auxiliares de conversa

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinou hoxe un convenio de colaboración con Emilia A. Puma, copresidenta da Comisión Fulbright de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América ( e conselleira para a diplomacia pública da Embaixada de Estados Unidos en España); para a incorporación de 12 auxiliares de conversa de alto perfil académico o vindeiro curso ao sistema educativo galego.

Segundo o establecido no acordo,  propia Comisión farase cargo do proceso de preparación e difusión da convocatoria e da preselección das persoas auxiliares de conversa, segundo os criterios de obxectividade, calidade e independencia que rexen os seus programas; e encargarase do seguimento do programa e da xestión do aboamento das compensacións mensuais ás persoas bolseiras, así como da organización dos seminarios de orientación e seminario de seguimento e evolución que se realiza para todas as persoas bolseiras Fulbright estadounidenses en España. As persoas auxiliares de conversa, que estarán en España en condición de bolseiros Fulbright, serán destinadas a realizar tarefas de apoio de ensinanza do inglés, xa sexa na materia de lingua inglesa, xa noutras materias impartidas no dito idioma.

Compromiso co Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras

En total, no curso 16-17 apoiarán aos centros galegos máis de 500 auxiliares de conversa, o que supón un incremento dun 11% respecto do curso 2015/2016. Deste xeito, Galicia volverá ser unha das CCAA con máis auxiliares de conversa, en liña coa aposta polo plurilingüismo que está a facer a Xunta 

A figura do auxiliar de conversa é un elemento clave para acercar a realidade cultural e lingüística do seu país de orixe ao alumnado galego. Deste xeito, estas persoas levan a cabo un importante servizo complementario, ao apoiaren o labor do profesorado, facilitando as prácticas de conversa en linguas estranxeiras. Ademais, representan un auténtico vehículo de achegamento á cultura dos países onde se fala a lingua obxecto de estudo, polo que contribúen a reforzar o labor docente na compoñente de multiculturalidade, eixo sobre o que pivotan os currículos dos centros implicados no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras.  

Debido ao alto perfil académico dos auxiliares que chegarán a Galicia coa Comisión Fulbright, é previsible que aporten un alto valor engadido aos proxectos plurilingües, por exemplo en ámbitos como os de materias STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñarías e Informática), que son tamén obxecto de impulso por parte da Consellería de Cultura e Educación.

Sección: 

Procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería

Gallego

Xúntase a Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

Colectivo: 

Os estudantes galegos poderán obter o diploma de estudos en lingua francesa grazas a un acordo entre a Consellería de Educación e a embaixada do país veciño

O conselleiro Román Rodríguez e mailo representante do Servizo de Cooperación e Acción Cultural do ente diplomático galo asinaron o convenio que permite a obtención do DELF Escolar

Poderá presentarse ás probas o alumnado de centros públicos matriculado nunha sección bilingüe de francés, que cursa o programa BachiBac de dobre homologación de diplomas, ou que teña o francés como primeira ou segunda lingua estranxeira

Gallego
Os estudantes galegos poderán obter o diploma de estudos en lingua francesa grazas a un acordo entre a Consellería de Educación e a embaixada do país veciño

O alumnado galego que curse estudos en centros de ensino secundario públicos da Comunidade Autónoma poderá obter o Diploma de Estudos en Lingua Francesa (DELF Escolar) grazas a un acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura e Educación e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España.

O convenio foi ratificado hoxe mesmo entre o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e o representante da Embaixada e agregado cultural do Instituto Francés de España en Bilbao, M. Jean-André Viala, quen coincidiron en subliñar que este é un paso adiante cara unha ensinanza de calidade onde o coñecemento de idiomas é un requisito imprescindible no actual contexto de globalización.

Ao abeiro deste acordo, poderán presentarse aos exames do DELF Escolar nos niveis A1, A2, B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCRL) todos aqueles alumnos de centros públicos que estean matriculados nunha sección bilingüe de francés, que cursen o programa BachiBac de dobre homologación de diplomas, e os que teñan a materia de francés como primeira ou segunda lingua estranxeira.

Centros acreditados

Os centros acreditados para a obtención do Diploma que colaborarán coa Consellería son a Alianza Francesa da Coruña, de Santiago e de Vigo. Estes centros homologados serán os encargados de entregar as probas colectivas aos centros escolares, desprazar aos seus examinadores habilitados para a realización das probas no caso de que os institutos non dispoñan de profesores propios habilitados como examinador oficial, recoller e xestionar os resultados e entregar os diplomas editados polo CIEP (Centre international d´études pédagogiques), que é organismo público do Ministerio de Educación Nacional de Francia administrador oficial das certificacións DELF-DALF.

A fin de poder atender á demanda tanto dos centros como das familias, neste primeiro ano de implantación a Consellería designará seis centros de realización de probas en toda a Comunidade a razón de 2 na provincia da Coruña, outros 2 na de Pontevedra, 1 en Lugo e outro en Ourense. A efectos de realización das probas, cada un deles estará vinculado ao centro da Alianza Francesa acreditado que lle corresponda e, ademais deberá contar cun grupo de profesores con habilitación oficial como examinadores e correctores do DELF, que recibirán unha formación pedagóxica específica pola entidade francesa.

A Consellería de Cultura e Educación pon a disposición de xeito gratuíto os locais dos centros escolares para a realización das probas. Pola súa banda, a remuneración dos examinadores, dos correctores e dos vixiantes que interveñan no proceso será asumido polo centro de exame acreditado (é dicir, as tres Alianzas Francesas mencionadas).

Aposta polo ensino plurilingüe

Este acordo representa un exemplo de colaboración entre Administracións ao tempo que se dota ao alumnado dunha ferramenta máis para avanzar no coñecemento dunha lingua estranxeira, neste caso a lingua francesa.

Cómpre salientar que a Consellería, consciente da importancia da aprendizaxe das linguas, e na súa aposta polo ensino plurilingüe, puxo en marcha o Plan de Potenciación de Linguas Estranxeiras, dentro do cal se inclúen unha serie de actividades formativas tanto para o profesorado como para o alumnado co fin de que melloren as súas competencias en linguas alleas ás oficiais. De feito, arredor de 90.000 alumnos se beneficiaron neste curso que vén de rematar dalgún programa ao abeiro do citado Plan.

Ademais, cada ano sigue incorporando seccións bilingües nos centros sostidos con fondos públicos; e a día de hoxe existen 3.630 en toda Galicia, á espera de resolver as que se engadirán o vindeiro curso.

Colectivo: 

Sección: 

Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2016

Gallego

Publicadas as listaxes definitivas de persoas admitidas en cada unha das actividades convocadas segundo a Orde do 15 de marzo de 2016, pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE), para o ano 2016.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2016

Gallego

Publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas do programa Piale 2016. A exposición destas listas abre un prazo de dez días naturais para realizar reclamacións ou renuncias, que rematará o 23 de maio de 2016.

Unha vez que a reclamación sexa remitida por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.es para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listas definitivas.

No caso de remitir a documentación por correo postal, deberase dirixir ao seguinte enderezo:

Servizo de Formación do Profesorado
D.X. de Educación Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
EDif. Adm. San Caetano
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Publicadas as listaxes das solicitudes correspondentes ás actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Gallego

Comunícase que o día 16/05/2016 publicáronse as listaxes correspondentes ao indicado no artigo 14.1 da Orde de convocatoria:

  • - Solicitudes coa documentación correcta.
  • - Solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto.
  • - Solicitudes excluídas, indicando as causas de exclusión:
    • a. Solicitudes fóra de prazo.
    • b. Solicitudes excluídas por non cumprir algún dos requisitos establecidos no artigo 3 da Orde de convocatoria.

Máis información na web da aplicación http://www.edu.xunta.gal/axudasle

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Convocatoria para autorización dos CPI, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE (2016)

Gallego

Xúntase a Resolución do 28 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE).

  • O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución e rematará o día 10 de xuño de 2016.

Cultura e Educación abre o prazo para incorporar novas seccións bilingües, que este curso xa suman 3.630

O prazo de presentación de solicitudes para o curso 2016/2017 remata o vindeiro 31 de maio

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de abrir o prazo para incorporar novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos o vindeiro curso 2016/2017. Os detalles da convocatoria, que sae publicada hoxe no DOG, poden consultarse hoxe no seguinte enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160425/AnuncioG0164-180416-0002_gl.html.

Actualmente existen 3.630 seccións bilingües en toda Galicia, 407 máis con respecto ao curso pasado. En concreto, hai 175 novas seccións nos centros educativos da provincia da Coruña, 34 en Lugo, 45 en Ourense e 153 en Pontevedra. Co fin de seguir incrementando este número, a Consellería vén de sacar unha nova convocatoria, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematará o próximo 31 de maio.

Segundo se reflicte na resolución, a valoración das solicitudes presentadas realizarase considerando a viabilidade do proxecto. Para isto terase en conta o profesorado e alumnado participante; os obxectivos propostos e os contidos; as etapas e cursos nos que se desenvolverá; ás áreas, materias ou módulos; as estratexias metodolóxicas e as pautas para a avaliación do proxecto.

Así mesmo, levarase a cabo un seguimento dos proxectos que resulten elixidos e, paralelamente, os docentes de cada área, materia ou módulo non lingüístico implicados no Programa de seccións bilingües deberán elaborar unha memoria avaliativa que trasladará á dirección do centro. Posteriormente, esta memoria será traslada á xefatura territorial de Educación correspondente e, despois, á Dirección Xeral de Educación.

90.000 alumnos con ensino plurilingüe

Nos últimos anos, o actual Goberno galego está realizando unha forte aposta polo ensino plurilingüe a través das diferentes accións enmarcadas dentro do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras. Ao abeiro desta iniciativa, preto de 90.000 alumnas e alumnos galegos benefícianse este curso dalgún programa deste Plan, o que supón un incremento do 6,2% con respecto ao 2014/2015.

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2016/2017

Gallego

Xúntase a Resolución do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2016/17.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de maio de 2016.

Colectivo: 

O director xeral de Educación salienta a aprendizaxe de linguas como unha ferramenta útil para promover entre o alumnado o respecto ás diferenzas culturais e a mellora da convivencia

Manuel Corredoira representou hoxe á Consellería na apertura das III Xornadas Galegas de Linguas Estranxeiras

Gallego

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, Manuel Corredoira, representou hoxe á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na inauguración das III Xornadas Galegas de Linguas Estranxeiras, que se celebran no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia e nas que participan preto de 600 docentes especializados nestas materias e profesores que imparten contidos específicos noutras linguas. O eixo vertebrador desta actividade, que ten  unha marcada continuidade coas xornadas levadas a cabo nos anos precedentes, é a vontade de potenciar a aprendizaxe de idiomas na realidade do ensino orientado cara á adquisición das competencias para desenvolverse no mundo actual e aumentar as posibilidades de futuro do alumnado galego, unha política que a Xunta de Galicia artella a través do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras.

O director xeral sinalou a importancia da aprendizaxe e a adquisición dunha lingua estranxeira, que abre a curiosidade e interese do alumnado por outras culturas. “Esta apertura cara a outras realidades afianza e robustece o sistema de actitudes e valores que os nosos alumnos adquiren durante o proceso educativo, e deben poñer en funcionamento de forma activa, tales como o respecto ás normas de convivencia e a concepción do diálogo como a súa ferramenta fundamental, a resolución de conflitos a través da palabra, e o respecto ás diferenzas culturais e de pensamento do mundo global”, sinalou.

Así mesmo, Manuel Corredoira incidiu na importancia da innovación da docencia neste eido e no ensino en xeral, salientando o traballo da Rede Permanente de Formación do Profesorado neste sentido, que vén de definir o marco das Competencias Profesionais Docentes. Un documento de referencia no que o rol de educador se refire ao uso consciente por parte do profesor das súas capacidades, habilidades, coñecementos e ferramentas para xerar e motivar procesos de aprendizaxe no alumnado.

Formación do profesorado

Ao longo desta xornada os docentes poderán asistir a conferencias, obradoiros e relatorios de experiencias e boas prácticas recollidas dentro dun marco teórico e pedagóxico definido tanto no modelo competencial discente como no modelo competencial docente. Todo isto concibido  coa idea de ofrecer unha visión global do traballo nas aulas e das diferentes posibilidades formativas que neste eido ofrece o Servizo de Formación do profesorado a través dos seus diferentes programas.

En consonancia cos novos currículos oficiais e co discurso competencial, referido tanto ao corpo discente coma docente, o emprego das linguas extranxeiras entendido como ferramenta de acceso ao coñecemento de materias non estritamente lingüísticas  é   unha   forte   aposta   pola   coherencia, a interdisciplinariedade e o ensino funcional.

Así mesmo a adquisición dunha sólida competencia lingüística en varios idiomas representa unha vía de coñecemento e contacto coa diversidade cultural, e un instrumento para a socialización e o aproveitamento da experiencia educativa, xa que é un vieiro privilexiado para o proceso de ensino-aprendizaxe tanto dentro coma fóra da escola.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: