Gallego

Resolución pola que se amplia a oferta de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Canadá e Francia

Gallego

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e  Innovación Educativa pola que se amplia a  oferta de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Canadá e Francia.

  • O prazo de solicitude das prazas para Canadá e Francia remata o 4 de setembro de 2015.

Colectivo: 

Sección: 

Listaxes provisionais de centros autorizados e excluídos para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2015/2016

Gallego

Xúntanse as listaxes provisionais de centros autorizados e excluídos para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2015/16.

Colectivo: 

Resolución provisional do 3 de xullo de 2015, pola que se incorporan novos centros á Rede de Centros Plurilingües

Gallego
Xúntanse as listaxes provisionais de centros admitidos e excluídos á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2015-2016.
  • Ábrese un prazo de 10 días naturais para facer as alegacións e achegas que se consideren oportunas.

Colectivo: 

Convocatoria para a ampliación das ensinanzas plurilingües á etapa posobrigatoria de bacharelato para o curso 2015/2016 nos centros pertencentes a Rede de centros plurilingües de Galicia

Gallego

Xúntase a Resolución do 22 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a ampliación das ensinanzas plurilingües á etapa posobrigatoria de bacharelato para o curso 2015/16 nos centros pertencentes a Rede de centros plurilingües de Galicia.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 20 de xuño de 2015.

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas das prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística (PIALE 2015)

Gallego

Publícanse as listas definitivas de persoas admitidas en cada unha das actividades convocadas segundo a Orde do 8 de abril de 2015, pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE), para o ano 2015:

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Cultura e Educación abre o prazo para que os centros educativos soliciten estadías de inmersión lingüística en inglés dentro da Comunidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que regula a convocatoria e selección de centros para participar nestas actividades, dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e secundaria

As estancias serán dunha semana de duración e levaranse a cabo entre os meses de novembro e decembro deste ano

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de abrir o prazo para que os centros docentes soliciten a súa participación nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa organizadas dentro da propia Comunidade que se desenvolven entre os meses de novembro e decembro. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se regula a convocatoria e selección de centros para participar nunhas estadías que están dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e a todas as etapas de educación secundaria obrigatoria.

Estas estadías lingüísticas, dunha semana de duración e organizadas en cinco quendas, desenvolveranse durante o curso escolar –en concreto, entre os meses de novembro e decembro deste ano– nun centro residencial situado en Galicia.

O obxectivo destas actividades de formación é que o alumnado desenvolva nun contorno real a súa comunicación en inglés, complementando esta formación con actividades de carácter cultural e lúdico, co fin de estimular a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos máis amplos que os que permite o ámbito escolar. Para conseguir o maior rendemento posible da estadía, o profesorado será nativo en lingua inglesa.

A convocatoria enmárcase no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras da Consellería de Cultura e Educación, e contribúe a desestacionalizar e ampliar fóra do verán este tipo de actividades de formación en idiomas.

Solicitudes

Os centros dependentes da Consellería que queiran optar a participar nestas actividades poderán presentar a súa solicitude dende mañá martes ata o próximo 18 de setembro. Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e alumnas, todos do mesmo nivel educativo. En todo caso, os detalles da resolución poden consultarse no enderezo web http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150601/AnuncioG0164-250515-0001_gl.html.  Os centros que resulten seleccionados deberán enviar á Consellería, antes do día 31 de outubro de 2015, a listaxe de alumnado que vaia gozar das estadías.

A primeira das cinco quendas, que se levará a cabo do 1 ao 7 de novembro será para os estudantes de sexto de primaria; a segunda, do 8 ao 14 de novembro, para os estudantes de primeiro de ESO; a terceira, do 15 ao 21 de novembro, para os de segundo de ESO; a cuarta, do 22 ao 28 de novembro, para os de terceiro de ESO; e, xa por último, a quinta quenda, que será do 29 ao 5 decembro, para o alumnado de cuarto de ESO.

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 15 de maio de 2015 pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de EP e de ESO

Gallego

Publicada a Resolución do 15 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

  • O prazo remata o día 18 de setembro.

Colectivo: 

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas das prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística (PIALE 2015)

Gallego

Publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas. A exposición destas listas abre un prazo de dez días naturais para realizar reclamacións ou renuncias, que rematará o 1 de xuño de 2015.

A documentación destas reclamacións, sen prexuízo de que sexa remitida por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.es.

Colectivo: 

Información.Renovación da documentación na Oficina de Estranxería ou Comisaría de Policía - Auxiliares renovadores/as non Europeos/as. Curso 2015/2016

INFORMACIÓN PARA AUXILIARES RENOVADORES NO EUROPEOS EN LA COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA PARA EL CURSO 2015/2016

Los auxiliares renovadores deberán solicitar personalmente la renovación de su documentación.

RENOVACIÓN DE LA AUTORIZACIÓN DE ESTANCIA POR ESTUDIOS

Lugar presentación: Oficina de extranjería o Comisaría de Policía en cada provincia. En algunas provincias,  es necesario solicitar cita previa (de 9 a 12 horas de lunes a viernes).

Documentación necesaria, presentación personal:

  1. Impreso de solicitud EX00, original y copia, debidamente cumplimentadas y firmadas.
  2. Original y copia del pasaporte (todas las hojas con sellos o anotaciones).
  3. Nombramiento de la Consejería (original y copia).
  4. Si se trata de un traslado desde otra Comunidad Autónoma: Nombramiento de la Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (original y copia).
  5. Certificado de empadronamiento actual (si fuera posible).
  6. Resguardo bancario del abono de las tasas de prórroga.

RENOVACIÓN DE LA TIE

Lugar presentación: Oficina de extranjería y/o Comisaría de Policía en cada provinciaEn algunas provincias,  es necesario solicitar cita previa (de 9 a 12 horas de lunes a viernes).
Plazo de solicitud: se puede solicitar la renovación del TIE desde 60 días antes de su caducidad, de forma extraordinaria en los 90 días posteriores a su caducidad.
Desde que se recibe la resolución se deberá acudir a la Jefatura de Policía/Extranjería mas cercana en el plazo máximo de un mes para finalizar los trámites.

Documentación necesaria, presentación personal:

  1. Impreso de solicitud EX17, original y copia, debidamente cumplimentadas y firmadas.
  2. Certificado de empadronamiento.
  3. Original del pasaporte.
  4. 1 foto de tipo carnet (a color con fondo blanco).
  5. TIE anterior.
  6. Resolución de Extranjería (original).
  7. Nombramiento de la Consejería.
  8. Resguardo del abono de las tasas correspondientes.

SOLICITUD DE AUTORIZACIÓN DE REGRESO

Lugar presentación: Oficina de extranjería y/o Comisaría de Policía en cada provincia. En algunas provincias,  es necesario solicitar cita previa (de 9 a 12 horas de lunes a viernes.

Documentación necesaria, presentación personal:

  1. Impreso de solicitud Ex-13, original y copia, debidamente cumplimentadas y firmadas.
  2. Original de la tarjeta de identidad de extranjero (TIE), que debe estar caducada.
  3. Nota: Excepcionalmente podrá presentarse la solicitud de autorización de regreso sin que haya caducado aún la TIE, cuando se acredite debidamente la concurrencia de una situación excepcional que le exige salir del territorio español y retornar con posterioridad a la pérdida de vigencia de la tarjeta de identidad de extranjero.
  4. Resguardo de la solicitud de renovación. Original y fotocopia.
  5. Original y copia del justificante de pago en concepto de tramitación de la autorización de regreso.
  6. Original y copia del billete de avión de vuelta a España.

IMPRESOS. Se pueden descargar aquí: http://extranjeros.empleo.gob.es/es/ModelosSolicitudes/Mod_solicitudes2/

  • EX00 - Solicitud de Prorroga de Estancia por Estudios
  • EX13: - Solicitud de autorización de regreso.
  • EX17 - Solicitud de Tarjeta de Identidad de Extranjeros.
     

INFORMACIÓN PARA AUXILIARES RENOVADORES NO EUROPEOS EN OTRA COMUNIDAD AUTÓNOMA PARA EL CURSO 2015/2016

Se recomienda acudir a la Oficina de extranjería o policía más próxima a su residencia para informarse sobre el lugar y procedimiento de trámite de renovación de la TIE, prorroga de estancia y demás documentación necesaria. Para más información, deberán ponerse en contacto con las personas gestoras del Programa de auxiliares de conversación de la comunidad solicitada para el curso 2015/2016.

Gallego
logo-auxiliares

Sección: 

Convocatoria para os centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE (2015)

Gallego

Xúntase a Resolución do 22 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE) (DOG 4/05/2015).

  • Esta conovocatoria está dirixida a centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 10 de xuño de 2015.