Gallego

Resolución da convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia (PIALE 2014)

Gallego

Xúntase a Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE), para o ano 2014.

Colectivo: 

Resolución provisional do 8 de xullo de 2014, pola que se incorporan novos centros á Rede de Centros Plurilingües

Gallego

Xúntanse as listaxes provisionais de centros admitidos e excluídos á Rede de Centros Plurilingües.

  • Ábrese un prazo de 10 días naturais para facer as alegacións e achegas que se consideren oportunas.

Colectivo: 

Sección: 

Oferta de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Canadá

Gallego

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se fai pública a oferta de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Canadá.

  • O prazo de solicitude das prazas para Canadá remata o 5 de setembro de 2014.

Colectivo: 

Convocatoria e selección de centros docentes dependentes da consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO

Gallego

Xúntase a Resolución do 10 de xuño de 2014 pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

  • O prazo de presentación da solicitude remata o día 30 de setembro de 2014.

Colectivo: 

A Consellería de Cultura e Educación oferta 10 prazas para a integración do profesorado en centros franceses de Amiens

O obxectivo da convocatoria de licencias por formación é a permanente formación do profesorado en linguas estranxeiras no exterior

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reitera o seu compromiso coa formación do profesorado como garantía para a mellora da calidade do ensino e da excelencia a través da oferta pública de dez prazas para licencias por estudios para o curso 2014-2015 co obxectivo de obter unha permanente formación do profesorado en linguas estranxeiras no exterior.

Esta é a terceira convocatoria que se realiza e está enmarcada dentro das accións promovidas a través do protocolo de cooperación entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Academie d’Amiens para o desenvolvemento dos intercambios escolares e outras accións de cooperación educativa.

Os docentes terán unha integración plena no centro educativo adxudicado en Amiens, Francia, e participarán activamente na vida diaria do centro educativo, nas clases, nas seccións bilingües francés/castelán e nas celebracións e festividades que realice o centro de destino. Deste xeito, o que se procura e o perfeccionamento da lingua francesa e a consecución da cualificación necesaria para promover dun xeito preferente a creación ou a continuación do programa de seccións bilingües ou de centros plurilingües.

O profesorado seleccionado, que poderá ser especialista en francés ou non, debe estar en posesión do nivel B2 na lingua francesa do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) e a súa estadía na rexión de Amiens comezará o 4 de novembro e rematará o 28 do mesmo mes. Segundo a Orde do 12 de maio de 2014, pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2014, os docentes participantes poderán beneficiarse dos reintegros individuais para sufragar o seu desprazamento ata o país de destino.

Colectivo: 

Sección: 

Oferta de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Francia

Gallego

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplía a oferta de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Francia.

  • O prazo de solicitude das prazas para Francia remata o 5 de setembro de 2014.

Colectivo: 

Convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE

Gallego

Xúntase a Resolución do 14 de maio de 2014 pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE.

  • As persoas representantes dos centros educativos solicitantes poderán completar «en liña» o formulario electrónico na aplicación dispoñible na epígrafe Linguas estranxeiras, programa CUALE (http://www.edu.xunta.gal/programaseducativos).
  • As solicitudes deberán dirixirse á xefatura territorial correspondente antes do 10 de xuño de 2014.

Convocadas axudas destinadas a alumnado de 6º curso de Educación Primaria e 2º curso de ESO para o desenvolvemento dun Programa de «Inmersión Lingüística» durante o outono de 2014

Gallego

O Ministerio de Educación, Cultura e Deportes convoca axudas para participar nun programa de inmersión en lingua inglesa para grupos de alumnado de 6º curso de Educación Primaria ou de 2º curso de ESO, matriculados en centros sostidos con fondos públicos das Comunidades Autónomas. Cada grupo irá acompañado dun profesor/a de inglés e doutro profesor/a do seu centro educativo.
A actividade levarase a cabo en datas comprendidas entre os meses de setembro e novembro de 2014 e realizaranse, en internado, en períodos semanais, de domingo pola tarde a sábado pola mañá, de acordo co seguinte calendario:

  • Primeira quenda: do 28 de setembro ao 4 de outubro
  • Segunda quenda: do 5 de setembro ao 11 de outubro
  • Terceira quenda: do 12 ao 18 de outubro
  • Carta quenda: do 19 de outubro ao 25 de outubro
  • Quinta quenda: do 26 de outubro ao 1 de novembro
  • Sexta quenda: do 2 ao 8 de novembro
  • Sétima quenda: do 9 ao 15 de novembro

A solicitude deberá realizarse a través da dirección dos centros educativos segundo as bases da convocatoria. Os centros que desexen participar no programa deberán solicitalo, antes do 5 de xuño de 2014, a través da sede electrónica do Ministerio de Educación https://sede.educacion.gob.es, sección «Trámites y Servicios».
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 5 de xuño de 2014.

Información.Renovación da documentación na Oficina de Estranxería e/ou Comisaría de Policía - Auxiliares renovadores/as non Europeos/as. Curso 2014/2015

INFORMACIÓN PARA AUXILIARES RENOVADORES NO EUROPEOSEN LA COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA PARA EL CURSO 2014/2015

Los auxiliares renovadores deberán solicitar personalmente la renovación de su documentación.

RENOVACIÓN DE LA AUTORIZACIÓN DE ESTANCIA POR ESTUDIOS

Lugar presentación: Oficina de extranjería y/o Comisaría de Policía en cada provincia. En algunas provincias,  es necesario solicitar cita previa (de 9 a 12 horas de lunes a viernes.

Documentación necesaria, presentación personal:

  1. Impreso de solicitud EX00, original y copia, debidamente cumplimentadas y firmadas.
  2. Original y copia del pasaporte (todas las hojas con sellos o anotaciones).
  3. Nombramiento de la Consejería (original y copia).
  4. Si se trata de un traslado desde otra Comunidad Autónoma: Nombramiento de la Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (original y copia).
  5. Certificado de empadronamiento actual (si fuera posible).
  6. Resguardo bancario del abono de las tasas de prórroga.

RENOVACIÓN DE LA TIE

Lugar presentación: Oficina de extranjería y/o Comisaría de Policía en cada provinciaEn algunas provincias,  es necesario solicitar cita previa (de 9 a 12 horas de lunes a viernes.
Plazo de solicitud: se puede solicitar la renovación del TIE desde 60 días antes de su caducidad, de forma extraordinaria en los 90 días posteriores a su caducidad.
Desde que se recibe la resolución se deberá acudir a la Jefatura de Policía/Extranjería mas cercana en el plazo máximo de un mes para finalizar los trámites.

Documentación necesaria, presentación personal:

  1. Impreso de solicitud EX17, original y copia, debidamente cumplimentadas y firmadas.
  2. Certificado de empadronamiento.
  3. Original del pasaporte.
  4. 1 foto de tipo carnet (a color con fondo blanco).
  5. TIE anterior.
  6. Resolución de Extranjería (original).
  7. Nombramiento de la Consejería.
  8. Resguardo del abono de las tasas correspondientes.

SOLICITUD DE AUTORIZACIÓN DE REGRESO

Lugar presentación: Oficina de extranjería y/o Comisaría de Policía en cada provinciaEn algunas provincias,  es necesario solicitar cita previa (de 9 a 12 horas de lunes a viernes.

Documentación necesaria, presentación personal:

  1. Impreso de solicitud Ex-13, original y copia, debidamente cumplimentadas y firmadas.
  2. Original de la tarjeta de identidad de extranjero (TIE), que debe estar caducada.
  3. Nota: Excepcionalmente podrá presentarse la solicitud de autorización de regreso sin que haya caducado aún la TIE, cuando se acredite debidamente la concurrencia de una situación excepcional que le exige salir del territorio español y retornar con posterioridad a la pérdida de vigencia de la tarjeta de identidad de extranjero.
  4. Resguardo de la solicitud de renovación. Original y fotocopia.
  5. Original y copia del justificante de pago en concepto de tramitación de la autorización de regreso.
  6. Original y copia del billete de avión de vuelta a España.

IMPRESOS. Se pueden descargar aquí: http://extranjeros.empleo.gob.es/es/ModelosSolicitudes/Mod_solicitudes2/

  • EX00 - Solicitud de Prorroga de Estancia por Estudios
  • EX13: - Solicitud de autorización de regreso.
  • EX17 - Solicitud de Tarjeta de Identidad de Extranjeros.
     

INFORMACIÓN PARA AUXILIARES RENOVADORES NO EUROPEOS EN OTRA COMUNIDAD AUTÓNOMA PARA EL CURSO 2014/2015

Se recomienda acudir a la Oficina de extranjería o policía más próxima a su residencia para informarse sobre el lugar y procedimiento de trámite de renovación de la TIE, prorroga de estancia y demás documentación necesaria. Para más información, deberán ponerse en contacto con las personas gestoras del Programa de auxiliares de conversación de la comunidad solicitada para el curso 2014/15.

Gallego
Imaxe do logo de auxiliares

Sección: 

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas das prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística (PIALE 2014)

Gallego

Publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas. A exposición destas listas abre un prazo de dez días naturais para realizar reclamacións ou renuncias, que rematará o xoves 22 de maio de 2014.

Sen prexuízo de que a documentación sexa remitida por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, solicítase que se adiante, ademais, a documentación escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.es.

Servizo relacionado: 

Colectivo: