Gallego

Resolución definitiva dos centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Gallego

Xúntase a Orde do 14 de xaneiro de 2014 pola que se resolve a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.

 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria das bolsas para participar nos Institutos de Verán Benjamin Franklin 2014 nos Estados Unidos de América para alumnado de 16 a 18 anos

A Embaixada dos Estados Unidos en España selecciona un ou dous estudantes españois, andorranos ou residentes en España ou Andorra, para participar nos Institutos de Verán Benjamin Franklin, un programa financiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos para promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos.

O alumnado seleccionado participará nun programa intensivo enfocado nos asuntos globais aos que se enfrontan os mozos e mozas destes países. Os institutos terán lugar na Universidade de Wake Forest en North Carolina e/ou na Universidade de Purdue en Indiana entre os días 28 de xuño e 26 de xullo de 2014 e reunirán 35 estudantes de distintos países de Europa e Asia Central con 10 estudantes norteamericanos. Os participantes levarán a cabo unha gran variedade de actividades: seminarios, programas de servizo comunitario e voluntariado, viaxes de estudo e eventos culturais. Traballarán nun proxecto conxunto e explorarán como os mozos de hoxe interactuan cos medios de comunicación, tanto na súa faceta de consumidores coma de produtores de información. Abordarán tamén como a liberdade de expresión impón aos cidadáns tanto dereitos coma responsabilidades.

O Departamento de Estado dos Estados Unidos de América farase cargo de todos os gastos de viaxe, manutención, seguro médico de accidentes e visado.

As persoas interesadas en solicitar esta bolsa deberán ter un excelente coñecemento da lingua inglesa, unha nota mínima de "Notable" (7,5) no seu expediente académico, ter participado en actividades de voluntariado e/ou servizo comunitario e entregar unha carta de referencia. Ademais, deberán crear e entregar un vídeo de 2 minutos a través de YouTube no que expliquen o seu interese polo programa, o que consideran que aportarán e por que cren que deben ser seleccionados.

A data límite de entrega de solicitudes é o venres 28 de febreiro de 2014 ás 18 horas. A resolución publicarase durante o mes de abril.

Gallego
Departamento de Estado dos USA

Tema: 

Solicitude de renovación dos/das auxiliares de conversa para o curso 2014/2015. Centros públicos

Prazo de inscrición: do 9 de xaneiro ao 28 de febreiro.

Consideraranse candidatos/as renovadores/as aqueles que estean en activo o curso 2013-2014, ao marxe do número de anos que leven no programa.
Os/as candidatos/as que fosen auxiliares en cursos anteriores pero non estean en activo durante o curso 2013-14 consideraranse novos para todos os efectos. Por conseguinte, deberán inscribir a súa solicitude como “novos candidatos”.
Os/as candidatos/as que soliciten a renovación por primeira vez e que se inscriban en Profex durante este prazo terán carácter preferente, a condición de que acheguen un informe positivo do centro onde prestan servizos.
As solicitudes de renovación que se inscriban en Profex entre o 1 de marzo e o 1 de abril perderán o seu carácter preferente e pasarán a ser tratadas como solicitudes de novos/as candidatos/as.

Deberemos, ademais, ter en conta o seguinte:

1. Os/as auxiliares de  China, Italia e Portugal non poderán renovar.
2. Os/as auxiliares das seguintes nacionalidades solicitarán a súa renovación a través do organismo educativo correspondente no seu país de orixe, na forma e prazo que estipule:

  • Alemaña a través de  Pädagogischer Austauschdienst (PAD) der Kultusministerkonferenz.
  • Austria a través do Servicestelle für Mobilitätsprogramme deas BMUKK
  • Bélxica (francés) a través de  Wallonie-Bruxelles International.
  • Reino Unido a través do British Council .

Ver direccións de contacto no documento Direccións de contacto en países 2014-15 .

3. Auxiliares de Australia, Bélxica (inglés), Canadá, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Holanda, Irlanda, e Nova Zelandia. Os auxiliares deberán consultar as Comunidades Autónomas que poderán solicitar en función da súa nacionalidade e idade, de acordo coa información que se recolle no documento Aspectos a ter en conta para a elección de destino.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE

Os candidatos/as deben solicitar a renovación a través de Profex, accesible desde www.educacion.gob.es/profex .

  • Deberán achegar:
  1. Informe favorable do centro no que están destinados/as este curso. Para iso, o centro empregará preferiblemente o modelo que se habilitará na web do programa.
  2. Carta de motivación en español de non máis de 300 palabras.

Os/as auxiliares deberán escanear os documentos e achegalos ao apartado correspondente da súa solicitude en Profex.

  • Unha vez completado o proceso de inscrición, a aplicación xera unha folla de solicitude. Os/as auxiliares deberán asinala e enviala (só a folla de solicitude)  dentro do prazo marcado á administración que corresponda, en función do destino solicitado:
  1. Todos os auxiliares de COTA MINISTERIO deben remitir a súa solicitude á:Subdirección Xeral (á atención de Beatriz *Andrés).                                      Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
    Subdirección General de Promoción Exterior Educativa
    Paseo del Prado, 28, 5ª planta
    28014 Madrid
  2. Os/as auxiliares de COTA GALICIA

- Se desexan permanecer en Galicia onde están a prestar actualmente os seus servizos, deberán cumplimentar este  FORMULARIO e enviar a solicitude (Profex) a:

Programa de auxiliares de conversa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

-  Se desexan cambiar de Comunidade Autónoma remitirán a súa solicitude a: Itziar Alberdi (Auxiliares de Australia, Bélxica (inglés), Canadá, Estados Unidos, Finlandia, Nova Zelandia e Países Baixos) e Vitoria Hernández (Auxiliares de Francia e Irlanda).

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
Subdirección Xeral de Promoción Exterior Educativa
Paseo do Prado, 28, 5ª planta
28014 Madrid

  • Se a solicitude reúne os requisitos que marca a convocatoria e o informe do centro achegado é correcto, pasará de figurar como “Inscrita” a ter o status de “Admitida”. O feito de que unha solicitude figure como “Admitida”. indica que se realizaron con éxito os trámites para solicitar a renovación, pero en ningún caso que se concedeu a renovación. A data de comunicación ao interesado/a sobre a posible renovación varía en gran medida dependendo do país de orixe do candidato/a, podendo prolongarse ata o verán.
  • É necesario só o envío da folla de solicitude asinada que xera a aplicación Profex ao completar o proceso de inscrición.

    Importante saber que o/a candidato/a terá de prazo 5 días para aceptar ou renunciar ao seu destino, Profex indicará ese tempo na mensaxe de adxudicación de destino).

    Para calquera incidencia relacionada coa aplicación informática Profex, deberán pórse en contacto cos xestores/as de Profex a través dos enderezos facilitados en Profex: profex.soporte@educacion.es, soporte.sede@mecd.es .

__________________________________________________________________

Plazo de inscripción: del 9 de enero al 28 de febrero.

Se considerarán candidatos/as renovadores/as aquellos/as que estén en activo el curso 2013-2014, al margen del número de años que lleven en el programa.
Los candidatos/as que hayan sido auxiliares en cursos anteriores pero no estén en activo durante el curso 2013-14 se considerarán nuevos/as a todos los efectos. Por consiguiente, deberán inscribir su solicitud como “nuevos/as candidatos/as”.

Los candidatos/as que soliciten la renovación por primera vez y que se inscriban en Profex durante este plazo tendrán carácter preferente, siempre y cuando aporten un informe positivo del centro donde prestan servicios.

Las solicitudes de renovación que se inscriban en Profex entre el 1 de marzo y el 1 de abril perderán su carácter preferente y pasarán a ser tratadas como solicitudes de nuevos/as candidatos/as.

1. Los auxiliares de China, Italia y Portugal no podrán renovar.
2. Los auxiliares de las siguientes nacionalidades solicitarán su renovación a través del organismo educativo correspondiente en su país de origen,en la forma y plazo que estipule:

  • Alemania a través de Pädagogischer Austauschdienst (PAD) der Kultusministerkonferenz.
  • Austria a través del Servicestelle für Mobilitätsprogramme des BMUKK
  • Bélgica (francés) a través de Wallonie-Bruxelles International.
  • Reino Unido a través del British Council .

Ver direcciones de contacto en el documento Direcciones de contacto en países 2014-15.

3. Auxiliares de Australia, Bélgica (inglés), Canadá, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Holanda, Irlanda, y Nueva Zelanda 
Los auxiliares deberán consultar las Comunidades Autónomas que podrán solicitar en función de su nacionalidad y edad, de acuerdo con la información que se recoge en el documento Aspectos a tener en cuenta para la elección de destino.

PROCEDIMIENTO DE SOLICITUD

Los candidatos/as deben solicitar la renovación a través de Profex, accesible desde www.educacion.gob.es/profex

  • Deberán aportar:

1. Informe favorable del centro en el que están destinados este curso. Para ello, el centro empleará preferiblemente el modelo que se habilitará en la web del programa.
2. Carta de motivación en español de no más de 300 palabras.

Los auxiliares deberán escanear los documentos y adjuntarlos al apartado correspondiente de su solicitud en Profex.

  • Una vez completado el proceso de inscripción, la aplicación genera una hoja de solicitud. Los/las auxiliares deberán firmarla y enviarla (sólo la hoja de solicitud) dentro del plazo marcado a la administración que corresponda, en función del destino solicitado:
  1. Todos los auxiliares de CUPO MINISTERIO deben remitir su solicitud a Subdirección General (a la atención de Beatriz Andrés).
    • Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
      Subdirección General de Promoción Exterior Educativa
      Paseo del Prado, 28, 5ª planta
      28014 Madrid
  2. Los/las auxiliares de CUPO GALICIA:
  • Si desean permanecer en Galicia donde están prestando actualmente sus servicios, deberán cumplimentar este  FORMULARIO y enviar la solicitud (Profex) a:

Programa de auxiliares de conversa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Si desean cambiar de Comunidad Autónoma remitirán su solicitud a: Itziar Alberdi (Auxiliares de Australia, Bélgica (inglés), Canadá, Estados Unidos, Finlandia, Nueva Zelanda y Países Bajos) y Victoria Hernández (Auxiliares de Francia e Irlanda)

Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
Subdirección General de Promoción Exterior Educativa
Paseo del Prado, 28, 5ª planta
28014 Madrid

  • Si la solicitud reúne los requisitos que marca la convocatoria y el informe del centro adjuntado es correcto, pasará de figurar como “Inscrita” a tener el estatus de “Admitida”. El hecho de que una solicitud figure como “Admitida” indica que se han realizado con éxito los trámites para solicitar la renovación, pero en ningún caso que se ha concedido la renovación. La fecha de comunicación al interesado/a sobre la posible renovación varía en gran medida dependiendo del país de origen del candidato/a, pudiendo prolongarse hasta el verano.
  • Es necesario sólo el envío de la hoja de solicitud firmada que genera la aplicación Profex al completar el proceso de inscripción.

    Importante saber que el/la candidato/a tendrá de plazo 5 días para aceptar o renunciar a su destino Profex indicará ese tiempo en el mensaje de adjudicación de destino).

    Para cualquier incidencia relacionada con la aplicación informática Profex, deberán ponerse en contacto con los gestores/as de Profex a través de las direcciones facilitadas en  Profex: profex.soporte@educacion.es,auxiliares.extra@mecd.es, soporte.sede@mecd.es .

Gallego
logo-re

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2014/2015. Solicitude de novos/as candidatos/as

Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana e portuguesa para o curso escolar 2014/2015.

Dirixidas a licenciados/as e estudantes universitarios/as no seu último ano académico dos seguintes países: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica (francés ou inglés), Canadá (francés ou inglés), China, Estados Unidos, Finlandia (inglés), Francia, Irlanda, Italia, Luxemburgo (inglés), Malta (inglés), Nova Zelandia, Noruega (inglés), Países Baixos (inglés), Portugal e Reino Unido.

Os/as candidatos/as de Alemaña, Austria, Bélxica (francés), Francia, Irlanda, Italia, Malta e Reino Unido deberán consultar o prazo de presentación de solicitudes a través do Ministerio de Educación u organismo internacional encargado no seu país.

Os/as candidatos/as de Australia, Bélxica (inglés), Canadá, China, Estados Unidos, Finlandia, Luxemburgo, Nova Zelandia, Noruega (inglés), Países Baixos e Portugal deberán solicitar a súa participación a través da aplicación Profex. do 9 de xaneiro ao 1 de abril de 2014. En estos países, la selección se realiza a través de las Consejerías de Educación del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (MECD) en el exterior.

Información:
91 506 5596: Auxiliares de la Unión Europea, excepto los indicados abajo.
91 506 5640: Auxiliares de Australia, Bélgica (inglés), Canadá, China, Estados Unidos, Finlandia, Luxemburgo, Noruega, Nueva Zelanda y Países Bajos.
91 506 57 16: Consultas generales.
Horario de atención telefónica: de lunes a viernes en horario de 9:30 a 13:30.
auxiliares.conv@mecd.es : Auxiliares de Alemania, Austria, Bélgica (francés), Francia, Irlanda, Italia, Malta y Reino Unido.
auxiliares.extra@mecd.es : Auxiliares de Australia, Bélgica (inglés), Canadá, China, Estados Unidos, Finlandia, Luxemburgo, Noruega, Nueva Zelanda y Países Bajos.

_____________________________________________________________________________

Se convocan plazas de Auxiliares de Conversación de lengua alemana, china, francesa, inglesa, italiana y portuguesa para el curso escolar 2014/2015.

Dirigidas a licenciados/as y estudiantes universitarios/as en su último año académico de los siguientes países: Alemania, Australia, Austria, Bélgica (francés o inglés), Canadá (francés o inglés), China, Estados Unidos, Finlandia (inglés), Francia, Irlanda, Italia, Luxemburgo (inglés), Malta (inglés), Nueva Zelanda, Noruega (inglés), Países Bajos (inglés), Portugal y Reino Unido.

Los candidatos de Alemania, Austria, Bélgica (francés), Francia, Irlanda, Italia, Malta y Reino Unido deberán consultar el plazo de presentación de solicitudes a través del Ministerio de Educación u organismo internacional encargado en su país.

Los candidatos de Australia, Bélgica (inglés), Canadá, China, Estados Unidos, Finlandia, Luxemburgo, Nueva Zelanda, Noruega (inglés), Países Bajos y Portugal deberán solicitar su participación a través de la aplicación Profex. del 9 de enero al 1 de abril de 2014. Nestes países, a selección realízase a través das Consellerías de Educación do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (MECD) no exterior.

Información:
91 506 5596: Auxiliares da Unión Europea, excepto os indicados abaixo.
91 506 5640: Auxiliares de Australia, Bélxica (inglés), Canadá, China, Estados Unidos, Finlandia, Luxemburgo, Noruega, Nova Zelandia e Países Baixos.
91 506 57 16: Consultas xerais.
Horario de atención telefónica: de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30.
auxiliares.conv@mecd.es : Auxiliares de Alemaña, Austria, Bélxica (francés), Francia, Irlanda, Italia, Malta e Reino Unido.
auxiliares.extra@mecd.es : Auxiliares de Australia, Bélxica (inglés), Canadá, China, Estados Unidos, Finlandia, Luxemburgo, Noruega, Nova Zelandia e Países Baixos.

Gallego
MECD

O conselleiro de Cultura e Educación comproba o desenvolvemento do programa de estadías durante o outono para a mellora da competencia en linguas estranxeiras

Xesús Vázquez visitou hoxe o complexo dos Peares polo que pasarán ata decembro arredor de 500 alumnas e alumnos de 27 centros educativos de toda Galicia

Gallego
 O conselleiro de Cultura e Educación comproba o desenvolvemento do programa de
O conselleiro de Cultura e Educación comproba o desenvolvemento do programa de estadías durante o outono para a mellora da competencia en linguas estranxeiras

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou esta mañá o desenvolvemento do programa de estadías durante o outono para a mellora da competencia en linguas estranxeiras que se está a desenvolver no Centro de Excelencia para a Formación en Inglés dos Peares; unha nova liña de actuación enmarcada no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras a través da cal o departamento educativo da Xunta de Galicia desestacionaliza o modelo no que atinxe a estas actividades de formación. A ampliación a todo o curso destas estadía constitúe ademais un importante esforzo da Consellería, máis no actual contexto económico.

Arredor de 500 alumnas e alumnos de 6º de primaria e os 4 cursos de ESO de 27 centros educativos públicos – a selección beneficiou especialmente aos do rural- participarán este outono nesta experiencia. En concreto, neste momento están a gozar da estadía 96 estudantes de 2º de ESO do IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo), IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña), IES Plurilingüe Adormideras (A Coruña), e do IES Urbano Lugrís (Malpica de Bergantiños). Cómpre salientar o total éxito desta iniciativa xa que solicitaron participar na convocatoria 150 centros educativos.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar as competencias en lingua inglesa das rapazas e rapaces, a través dunha experiencia de comunicación neste idioma nun entorno no que se combina a aprendizaxe da lingua inglesa e se mesturan actividades de formación e actividades culturais. Así, ao longo da semana os estudantes, ademais de recibir clases de inglés, participarán en actividades como talleres de música e de arte realizadas de forma íntegra nesa lingua, combinación que contribúe a estimular a aprendizaxe e a facer a estadía moito máis atractiva para os rapaces.  

Ademais do conselleiro, visitaron o centro o delegado xeral de Gas Natural Fenosa, Luís Díaz López; a product manager da liña Junior de Vaughan, Esther Muñoz; e o subdirector xeral de ordenación e innovación educativa e formación do profesorado, Manuel Vila.

Colectivo: 

Sección: 

Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Gallego

Xúntase a Orde do 12 de novembro de 2013 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.

  • O prazo de presentación das solicitudes é dun mes contados a partir do día seguinte desta publicación.

Colectivo: 

Sección: 

Cincocentos estudantes de 27 centros educativos participarán de forma gratuíta nas estadías lingüísticas convocadas pola Consellería de Cultura e Educación para este outono

Esta nova liña do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeira supón a desestacionalización do modelo de estadías formativas de linguas estranxeiras, ampliándoo así a todo o curso escolar

A concorrencia de 150 centros á convocatoria avala o éxito desta iniciativa

Gallego
Cincocentos estudantes de 27 centros educativos participarán de forma gratuíta n
Cincocentos estudantes de 27 centros educativos participarán de forma gratuíta nas estadías lingüísticas convocadas pola Consellería de Cultura e Educación para este outono

Un total de 500 alumnas e alumnos de 27 centros educativos participarán este outono nas estadías para a formación en linguas estranxeiras – concretamente en inglés- convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e que son totalmente gratuítas para os estudantes. Con esta nova liña do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras o departamento educativo da Xunta de Galicia desestacionaliza o modelo no que atinxe a estas actividades de formación. Trátase dun importante esforzo da Consellería, máis no actual contexto económico, para ampliar por primeira vez a todo o ano unhas estadía que ata este momento só se desenvolvían en verán.

Cómpre salientar o total éxito desta iniciativa xa que solicitaron participar na convocatoria 150 centros educativos. A relación de centros seleccionados, que favorece aos de zonas do rural, pode consultarse no portal educativo da Xunta de Galicia /portal/ .

Nas estadías, que terán unha semana de duración, participarán alumnas e alumnos de 6º curso de educación primaria e dos catro cursos da ESO matriculado en centros públicos. As actividades organizaranse en cinco quendas, a primeira delas -do 3 ao 9 de novembro- será para os estudantes de sexto de primaria; a segunda, do 10 ao 16 de novembro, para os estudantes de primeiro de ESO; a terceira, do 17 ao 23 de novembro, para os de segundo de ESO; a cuarta, do 24 ao 30 de novembro, para os de terceiro de ESO; e, xa por último, a quinta quenda, que será do 8 ao 14 decembro, para o alumnado de cuarto de ESO. 

O obxectivo desta iniciativa é mellorar as competencias en lingua inglesa das rapazas e rapaces, a través dunha experiencia de comunicación neste idioma nun entorno no que se combina a aprendizaxe da lingua inglesa e se mesturan actividades de formación e actividades culturais.

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva de centros seleccionados, suplentes e excluídos para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO

Gallego

Xúntase a Resolución do 5 de febreiro de 2014 pola que se resolve a convocatoria de actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria para centros docentes dependentes desta consellería.

Destino: Centro de Excelencia para a Formación en Inglés dos Peares. Os Peares. Pena. Carballedo (Lugo).

Colectivo: 

Cultura e Educación fai balance do proxecto “Échangeons notre échange scolaire” na Xornada de Bretaña en Galicia

A iniciativa, que forma parte do proxecto educativo europeo Comenius Regio, está coordinada pola Consellería e permitiu o intercambio de experiencias entre dous institutos galegos e centro educativos da Bretaña francesa

Gallego
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Man
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, participou na inauguración deste encontro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai hoxe balance da experiencia que supón o programa “Échangeons notre échange scolaire”(“Intercambiemos o noso intercambio escolar”) na Xornada de Bretaña en Galicia, un encontro que se celebra ao longo de todo o día no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, participou na inauguración deste encontro, no que se presentan as iniciativas desenvolvidas ao abeiro deste proxecto, que forma parte do proxecto educativo europeo Comenius Regio, e está coordinada pola Consellería.

“Échangeons notre échange scolaire” é un proxecto de intercambios no que, alumnas e alumnos IES Neira Vilas (Oleiros, A Coruña) e do IES Monte Neme (Carballo, A Coruña) participaron nun intercambio de estudos na Bretaña francesa. Nesta actuación están implicados tamén o Collège Notre Dame de Némimur de Vannes, a Asociación de Profesores de Francés, o Concello de Vannes, da Bretaña francesa e o Comité Bretaña - Galicia. O obxectivo deste proxecto é, de feito, elaborar un modelo e unha plataforma para difundir e promover os intercambios escolares entre Galicia e a Bretaña francesa, un modelo que buscan exportar tamén para outras rexións. Desta forma buscan divulgar, sistematizar e apoiar os intercambios como un método eficaz para a aprendizaxe das linguas estranxeiras e para a integración da multiculturalidade na escola.

Ao longo da xornada celebraranse mesas redondas arredor das experiencias vividas nos intercambios, presentaranse as impresión do alumnado participante no proxecto a través das imaxes tomadas por eles mesmo, e ofrecerase unha aproximación á lingua bretoa.

O departamento educativo da Xunta de Galicia desenvolve na actualidade 4 proxectos Comenius Regio. Na convocatoria de 2013 aprobáronse para a nosa comunidade autónoma 3 novos proxectos dun total de 28 subvencionados en toda España.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución provisional de centros seleccionados, suplentes e excluídos para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO

Gallego

Xúntase a Resolución provisional dos centros seleccionados, os centros suplentes e os centros excluídos para participar no programa de Inmersión Lingüística en Inglés  ao abeiro da Resolución do 5 de xullo de 2013 pola que se regula a convocatoria e a selección de centros docentes dependentes desta consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
 
Ábrese un prazo de cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao desta publicación para efectuar reclamacións ou renuncias.

Empresa Adxudicataria: Vaughan Intensivos Residenciales S.L.

Destino: Centro de Excelencia para a Formación en Inglés dos Peares. Os Peares. Pena. Carballedo (Lugo).

Colectivo: