Gallego

A Consellería de Cultura e Educación entrega os diplomas de participación na visita de estudos ‘Plurilingualism in the Galician Educational System’

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación entrega os diplomas
A Consellería de Cultura e Educación entrega os diplomas de participación na visita de estudos ‘Plurilingualism in the Galician Educational System’. Foto: Xoán Crespo

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, fixo hoxe entrega dos diplomas de participación na visita de estudos ‘Plurilingualism in the Galician Educational System’, no marco da que 9 docentes de 7 países da Unión Europea visitaron esta semana centros plurilingües de Galicia para coñecer o desenvolvemento do plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras, que eles consideran un referente tanto a nivel nacional como europeo.

A actividade está integrada no programa ‘Lifelong Learnig Programme’, coordinado polo European Centre for the Development of Vocational Training (CEDEFOP), e ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento de política de cooperación en materia de aprendizaxe permanente en Europa.

 

 

 

 

Tema: 

Sección: 

Representantes de 7 países europeos visitan a Consellería de Cultura e Educación para coñecer o Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras

Xesús Vázquez Abad recibiu hoxe aos nove expertos, que esta semana percorrerán diferentes centros educativos da comunidade dentro do “Lifelong Learning Programme”

A Consellería xa ten aberto o prazo para que os colexios e institutos galegos soliciten a súa incorporación á quinta fase do Plan

Gallego
Xesús Vázquez Abad recibiu  hoxe as nove expertos, que esta semana percorrerán d
Xesús Vázquez Abad recibiu hoxe as nove expertos, que esta semana percorrerán diferentes centros educativos da comunidade dentro do “Lifelong Learning Programme

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiu hoxe aos 9 docentes de 7 países da Unión Europea que dentro do programa Lifelong Learning Programme estarán en Galicia ao longo desta semana para coñecer o Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras, que eles consideran un referente tanto a nivel nacional como europeo.

Deste xeito os profesores, directores e inspectores do campo do ensino das linguas estranxeiras da Unión Europea, realizaran desde este martes e ata o venres a visita de estudos denominada ‘Plurilingualism in the Galician Educational System’, integrada no Programa de Aprendizaxe Permanente do Parlamento e o Consello Europeo, que se desenvolve desde o 2007 ata este curso académico.

Ao longo destes días os participantes no encontro visitarán o CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso, e os IES Virxe do Mar, Xelmírez I e o IES Plurilingüe Rosalía de Castro. En todos os centros celebraranse reunións de traballo co profesorado e intercambios de experiencias sobre a iniciativa galega, así como sobre o tratamento integrado de linguas. Ademais participarán en mesas redondas con profesorado e alumnado.

Programa europeo

Cómpre lembrar que no devandito programa interveñen coordinadores de relacións internacionais, directores de centros, asesores, orientadores pedagóxicos, profesores universitarios, investigadores e profesorado das linguas estranxeiras das nacionalidades polaca, austríaca, sueca, danesa, checa, francesa e británica.

O proxecto está integrado no programa ‘Lifelong Learnig Programme’, coordinado polo European Centre for the Development of Vocational Training (CEDEFOP), e ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento de política de cooperación en materia de aprendizaxe permanente en Europa.

Quinta fase do Plan

O departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad xa iniciou a quinta fase do Plan, orientado a reforzar o seu compromiso coa capacitación das galegas e galegos nas linguas estranxeiras, competencia que se está a amosar fundamental en eidos como o do acceso ao mercado laboral.

Neste curso 2013/2014 hai 185 centros plurilingües en Galicia,  e 2856 seccións bilingües. Así, só a través destas iniciativas, máis de 72.200 estudantes e profesores participan dun ensino plurilingüe.

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 24 de abril de 2014 pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2014/2015

Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de abril de 2014 pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2014/2015.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de maio de 2014.

Colectivo: 

Convocatoria para a incorporación de novos centros educativos á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2014/2015

Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de marzo de 2014 pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros educativos á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2014/15.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de abril de 2014.

Colectivo: 

Sección: 

Evento nacional Erasmus Student Network (ESN) . O Camiño de Santiago

Estudantes de intercambio en programas Erasmus e Leonardo da Vinci e auxiliares de conversa de toda España reuniranse en Santiago de Compostela para participar no Evento Nacional ESN O Camiño de Santiago.

Do 11 ao 13 de abril estarase en Santiago, e do 13 ao 18 de abril farase o Camiño de Sarria a Santiago, podendo obter a Compostela.

Información completa do evento: https://docs.google.com/file/d/0BwKufHJwtmXbVnNETzFJc2NJXzA/edit?usp=sharing

Completando o seguinte formulario e ESN Santiago axudarache a xestionar a túa participación.

Formulario de participación: https://esnsantiago.typeform.com/to/Xh3UVS

Máis información:

 

Dúbidas e preguntas: camino@esnsantiago.com

 

Gallego
Evento nacional Erasmus Student Network (ESN) . O Camiño de Santiago

Colectivo: 

Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

Gallego

Publicada a Orde do 13 de marzo de 2014 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será do 28 de marzo ata o 28 de abril (incluído)

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.

Servizo relacionado: 

Convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2014

Gallego

Xúntase a Orde do 13 de marzo de 2014 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE), para o ano 2014.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

A aposta da Consellería de Cultura e Educación polas ensinanzas de linguas estranxeiras conseguiu un incremento do 52,5% no número de matriculacións en ensinanzas regradas nas escolas oficiais de idiomas

Ademais nos últimos 5 cursos incrementouse en preto de 11.000 o número de prazas ofertadas nestas ensinanzas

Gallego
A aposta da Consellería de Cultura e Educación polas ensinanzas de linguas estra
A aposta da Consellería de Cultura e Educación polas ensinanzas de linguas estranxeiras conseguiu un incremento do 52,5% no número de matriculacións en ensinanzas regradas nas escolas oficiais de idiomas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incrementou nos últimos 5 cursos en preto de 11.000 o número de prazas en ensinanzas regradas que se imparten nas 11 Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia e nas súas 28 seccións -9 deles abertas pola actual Consellería-. Así o explicou o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, esta mañá no Parlamento de Galicia, onde salientou que a aposta da Consellería pola aprendizaxe de idiomas a través do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras ten conseguido un incremento do número de matriculacións nestas ensinanzas do 52,5% respecto do curso 2008/2009, é dicir, 11.981 alumnos máis. De feito, tal e como explicou, respecto do curso 2012/2013 hoxe hai un 3% máis de matriculados nas EOIs.

O director xeral explicou que este curso ofertáronse 45.860 prazas en ensinanzas regradas- das que quedaron 11.048 vacantes-, o que supón un total de 1.567 grupos, 360 máis ca no curso 2008/2009. Ademais, ofértanse 1.060 prazas en cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC), 400 para os cursos de linguaxe administrativa galega, 900 para cursos CELGA e 500 para cursos de formación do profesorado; así como numerosos cursos específicos “que axudan a dar resposta ás necesidades dos colectivos profesionais de adquirir as competencias lingüísticas pertinentes para desenvovler o seu traballo nun mundo cada vez máis globalizado”.

Resposta á demanda da cidadanía

O director xeral salientou o esforzo da Consellería para dar resposta ás demandas da cidadanía no que atinxe á aprendizaxe de linguas estranxeiras. Así, explicou que o inglés sigue a ser o idioma máis demandado, cun total de 22.715 matriculados este curso – fronte aos 14.845 do 08/09-, ademais dos 2.384 alumnas e alumnos do programa a distancia ‘That’s English!’, un incremento de algo máis de 1.000 dos que tiña no 08/09.

Así mesmo, destacou o crecente interese por linguas como o alemán e o chinés. En concreto, os matriculados nos cursos presenciais de alemán nas Escolas Oficiais de Idiomas galegas pasaron dos 1.470 no curso 2008-09 aos 3.101 do presente curso; mentres que no caso de chinés pasouse de 270 alumnos a 500.  “Actualmente, pode estudarse chinés nas Escolas Oficiais de Idiomas de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo”, explicou, lembrando que a EOI de Ourense implantou con gran éxito no curso 2012/13 os estudos de chinés, “o que tivo como consecuencia que este ano se ofertaran 120 novas prazas para responder ao crecente interese e que se oferten todos os niveis formativos neste idioma. Neste mesmo curso 13/14 a EOI de Vigo o chinés viu aumentada a súa oferta en 60 e na EOI de Lugo puxéronse en funcionamento 4 grupos cun total de 120 prazas”.

“Ademais, este curso impartíronse por primeira vez cursos especializados para o perfeccionamento en idiomas de nivel C1 nas EOIs de Galicia, cun total de 177 persoas matriculadas”, recordou, unhas ensinanzas que eran moi demandadas pola cidadanía.

Neste sentido o director xeral reafirmou o compromiso da Consellería coa “importante tarefa que están a desenvolver as Escolas Oficiais de Idiomas e que, cada vez máis, ten que ver co perfeccionamento das competencias en linguas estranxeiras, unha función que complementa a aprendizaxe de idiomas impulsada xa no ensino obrigatorio, por exemplo, a través dos centros plurilingües”.

Colectivo: 

Sección: 

Bolsas para profesorado de francés como lingua estranxeira en Bélxica durante o verán de 2014

A Comunidade Francófona de Bélxica oferta 4 bolsas de francés para o verán de 2014:

  • Dúas bolsas para (futuros) docentes de francés como lingua estranxeira na Universidade Católica de Louvain-la-Neuve (ficha nº 2 do anexo).
  • Dúas bolsas para (futuros) docentes de francés como lingua estranxeira na Universidade de Lieja (ficha nº 4 do anexo).

Os candidatos interesados deberán contactar coa Embaixada de Bélxica, mediante un correo electrónica á Sra. Bettina Van den Bremt (bettina.vandenbremt@diplobel) para solicitar os formularios correspondentes e para coñecer as condicións para poder solicitar a bolsa.

Máis información no arquivo anexo.

Gallego
MEC

Colectivo: 

Integrated Curriculum for Secondary Education. Natural Science, Years 1 and 2

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a trvés do CNIIE (Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa) editou e publicou esta obra e ponse a disposición, de forma gratuíta.

Este documento foi elaborado por un grupo de traballo formado por profesorado español e británico con experiencia no Programa de Seccións Bilingües e escrito coma unha continuación lóxica do Currículo Integrado para Educación Primaria.

Inclúe: unha descrición clara dos contidos de Ciencias Naturais para 1º e 2º de ESO, unha definición das habilidades lingüísticas e científicas e dos obxectivos que o alumnado debe acadar e unha selección de recursos para o profesorado.

 

Gallego
Integrated Curriculum for Secondary Education

Colectivo: