Gallego

Convocatoria para a solicitude de renovación das persoas auxiliares de conversa para o curso 2015/2016. Centros públicos

Estas instrucións van dirixidas a aqueles e aquelas auxiliares de conversa en activo durante o curso 2014-2015 que desexen renovar no programa durante o curso 2015-2016.

1. Criterios de selección e prazo de inscrición

  • Consideraranse "solicitudes de renovación" as presentadas por as persoas auxiliares que cumpran estas dúas condicións:
    • Estar en activo no programa durante o curso 2014-2015.
    • Ser seleccionadas polo Organismo educativo correspondente no seu país de orixe ou tramitar a súa solicitude a través das oficinas das Consellerías de Educación de España no exterior.
  • Os e as candidatas que non reúnan estas dúas condicións deberán presentar a súa solicitude de participación no programa para o curso 2014-2015 como "candidatos novos".
  • A renovación non é automática. Débese ter en conta que o programa de Auxiliares de Conversa favorece as novas candidaturas e que os criterios de renovación varían segundo o país de orixe do candidato, polo que non se pode garantir a renovación de todos os candidatos.
  • Debido ás diferentes características dos acordos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte coas autoridades educativas dos países participantes no programa, os criterios e o procedemento para solicitar a renovación varía segundo o país de orixe dos auxiliares, tal e como se describe a continuación:
  1. Auxiliares de China, Italia e Portugal: NON poderán renovar.
  2. Auxiliares de Alemaña, Austria e Reino Unido. Solicitarán a renovación a través do organismo educativo correspondente no seu país de orixe na forma e prazo que estipule:

Ver direccións de contacto no documento Direccións de contacto en países 2014-15 na páxina web do Programa de Auxiliares de Conversa Estranxeiros en España.

      3. Auxiliares de Australia, Bélxica (francés e inglés), Canadá, Estados Unidos, Filipinas, Finlandia, Francia, Holanda, Irlanda, e Nova Zelandia

Deberán solicitar a renovación a través da aplicación Profex seguindo o procedemento que se explica nos apartados 2 e 3.

Prazo: desde 7 de xaneiro ao 7 de abril 2015

O prazo de inscrición en Profex para candidatos renovadores destes países comezará ás 00:01 horas do 7 de xaneiro de 2015 e finalizará ás 23:59 horas do 28 de febreiro (hora española: GMT+1). As solicitudes de renovación de 1er ano que se inscriban en Profex durante este prazo terán carácter preferente. Pasado este prazo, estes auxiliares poderán inscribir as súas solicitudes ata o 7 de abril, pero a súa adxudicación xa non terá carácter preferente, senón de acordo co seu nº de solicitude, coma se fosen novos candidatos ou renovadores de 2º, 3º ou máis anos. Esta distinción de prazos non se aplica aos auxiliares de Francia e Irlanda, que poderán presentar a súa solicitude de renovación en calquera momento ata o 7 de abril.

  • Os e as auxiliares deberán consultar as Comunidades Autónomas que poderán solicitar en función da súa nacionalidade e idade, de acordo coa información que se recolle no documento Aspectos a ter en conta para a elección de destino na páxina web do programa.

2. Procedemento de solicitude

Os candidatos dos países indicados no grupo 3 do apartado anterior deben solicitar a renovación a través de Profex, accesible desde https://sede.educacion.gob.es/profex , dentro do prazo sinalado e tendo en conta o seguinte:

  • Ao principio do proceso de inscrición a aplicación preguntará se se trata dunha solicitude "nova" ou de "renovación". É importante distinguir, xa que o formulario é distinto.
  • Deberán achegar a seguinte documentación en Profex:
    • Informe favorable do centro (modelo dispoñible en galego ou en castelán) -asinado polo director ou directora da escola na que o candidato realiza funcións de auxiliar de conversa- co selo do centro. Para iso, empregarase preferiblemente o modelo colgado nesta páxina web. Os auxiliares deberán escanear devandito documento, unha vez cumprimentado polo seu centro escolar, e achegalo ao apartado correspondente da súa solicitude en Profex.
    • Carta de motivación en español de non máis de 300 palabras.
  • Unha vez completado o proceso de inscrición, a aplicación xerará un impreso de solicitude de dúas páxinas en formato pdf. Os auxiliares e as auxiliares deberán asinar este documento e envialo  dentro do prazo marcado á administración que corresponda, de acordo coas indicacións do apartado 3.

Se a solicitude reúne os requisitos que marca a convocatoria e o informe do centro achegado é correcto, pasará de figurar como “Inscrita” a ter o status de “Admitida”. O feito de que unha solicitude figure como “Admitida” indica que se realizaron con éxito os trámites para solicitar a renovación, pero en ningún caso que se concedeu a renovación.
A data de comunicación ao interesado sobre a posible renovación varía en gran medida dependendo do país de orixe do candidato, podendo prolongarse ata o verán.
Importante saber que o/a candidato/a terá de prazo 5 días para aceptar ou renunciar ao seu destino (Profex indicará ese tempo na mensaxe de adxudicación de destino).

3. Direccións de envío de solicitudes

A folla de solicitude é o único documento que hai que enviar. O informe do centro e a carta de motivación non se envían, simplemente achéganse á solicitude en Profex.

AUXILIARES DA COTA DE GALICIA

(Auxiliares que reciben a axuda mensual da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2014-2015)

1.- Auxiliares que desexen renovar en Galicia

A solicitude, impresa de Profex, para renovar en Galicia, a mesma Comunidade Autónoma na que o Auxiliar estivo destinado no curso 2014-2015 deberase enviar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Programa de Auxiliares de Conversa
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Edificio Administrativo - San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Así mesmo, é necesario cubrir este formulario en liña: http://goo.gl/forms/3R9PcYi6ba

2.- Auxiliares que desexen renovar noutra Comunidade Autónoma

A solicitude, impresa de Prodex, para renovar nunha Comunidade Autónoma distinta á que o Auxiliar estivo destinado no curso 2014-2015 debe enviarse á seguinte dirección do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte :

Programa de Auxiliares de Conversación Extranjeros

• A la atención de Itziar Alberdi (Auxiliares de Australia, Bélgica (inglés), Canadá, Estados Unidos, Finlandia, Nueva Zelanda y Países Bajos).

• A la atención de Victoria Hernández (Auxiliares de Bélgica (francés), Francia e Irlanda).

Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
Subdirección General de Promoción Exterior Educativa
Paseo del Prado, 28, 5ª planta
28014 Madrid

Correos-e de contacto:

• Itziar Alberdi: auxiliares.extra@mecd.es
• Victoria Hernández: victoria.hernandez@mecd.es

AUXILIARES DA COTA MINISTERIO

(Auxiliares que reciben a axuda mensual da Ministerio de Educación, Cultura e Deporte durante o curso 2014-2015)

As solicitudes de todos os e as Auxiliares que reciben a axuda mensual do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte durante o curso 2014-2015 deben enviarse á seguinte dirección do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte:

Programa de Auxiliares de Conversación Extranjeros
(A la atención de Victoria Hernández, despacho 524)
Subdirección General de Promoción Exterior Educativa
Paseo del Prado, 28, 5ª planta
28014 Madrid

Correo-e de contacto: victoria.hernandez@mecd.es

 

Soporte en Profex:

  • Apoio ás consultas de tipo informático da aplicación Profex: profex.soporte@mecd.es.
  • Apoio ás consultas sobre aspectos relacionados co funcionamento do programa, escribir a auxiliares.extra@mecd.es ou chamar ao número de teléfono 91 506 5640 / 91 506 5716
Gallego
logo_MECD_CCEOU

Sección: 

Seminario EMPORT: Portuguese Language and Business in Portuguese Speaking Countries

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, da Consellería de Cultura, Educación e O.U é coordinadora do proxecto europeo EMPORT. Coincidindo coa última reunión do proxecto, celebrarase o Seminario "Portuguese Language and Business in Portuguese Speaking Countries" o día 28 de novembro de 2014.
Dende a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial comunícaselle a realización do devandito seminario, cuxo principal grupo destinatario son o profesorado e empresas tanto profesionais que teñan relacións comerciais con países de fala portuguesa como os que estean interesados na súa posta en práctica.

A participación no seminario é gratuíta, en caso de estar interesado en asistir deberá inscribirse no portal www.learningportuguese.eu ou enviar a  folla de inscrición (a descargar no arquivo adxunto), ao enderezo info@learningportuguese.eu. Achégase tamén o programa do seminario.

Gallego
Logo do seminario EMPORT

Colectivo: 

Vázquez Abad reúnese co responsable de intercambios educativos de Ottawa para afondar nas estadías lingüísticas do profesorado galego nesta cidade de Canadá e abrir novas vías de colaboración

Na xuntanza abordaron as actividades de integración do Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras, PIALE

A través deste programa a Consellería oferta itinerarios formativos de integración en centros da provincia de Ontario co fin de potenciar e consolidar o nivel de competencia en lingua inglesa por parte dos nosos profesores e profesoras

Ao abeiro desta iniciativa, un total de 300 docentes galegos estiveron durante un mes en centros canadenses

O obxectivo principal destas actividades é formar profesionais debidamente cualificados para impartir docencia na rede de 3.223 seccións bilingües e 220 centros plurilingües do sistema educativo galego

Gallego
 Vázquez Abad reúnese co responsable de intercambios educativos de Ottawa para a
Vázquez Abad reúnese co responsable de intercambios educativos de Ottawa para afondar nas estadías lingüísticas do profesorado galego nesta cidade de Canadá e abrir novas vías de colaboración

O conselleirode Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, mantivo hoxe un encontro co director de proxectos e intercambios internacionais no distrito educativo de Ottawa (Canadá), Constantine Ioannou, para avaliar conxuntamente as actividades de integración en centros da súa capital, das que xa gozaron máis de 300 profesores e profesoras de Galicia, así como para abrir novas vías de colaboración.

Ao abeiro do Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) a Consellería oferta itinerarios formativos de integración en centros de Ottawa, para potenciar a consolidación e adquisición de niveis de competencia lingüística e comunicativa en lingua inglesa, así como para que o profesorado coñeza de primeira man o funcionamento e metodoloxía empregados en centros educativos canadenses, país que conta cuns excelentes resultados nas avaliacións internacionais.

O obxectivo principal destas actividades é formar profesionais debidamente cualificados para impartir docencia na rede de 3.223 seccións bilingües e 220 centros plurilingües do sistema educativo de Galicia.

Na reunión o conselleiro Vázquez Abad e o director de proxectos educativos de Ottawa, Constantine Ioannou, analizaron a marcha destas estadías, o grao de integración do profesorado galego nas actividades e o interese amosado por elas.

Do mesmo xeito, con este encontro a Consellería abre novas vías de colaboración internacional, que amplían as experiencias anteriores, desenvolvidas cos acordos coa provincia de Alberta en Canadá ou coa Academie de Amiens en Francia.

Mediante eses acordos o profesorado galego pode participar cada outono en actividades de integración en centros de Alberta ou de Amiens dentro do programa de Licenzas por formación.

Colectivo: 

Sección: 

A Consellería de Cultura e Educación convocou máis de 1.000 prazas para que o alumnado galego mellore as súas competencias en inglés en estadías lingüísticas

O conselleiro visitou hoxe a alumnas e alumnos que participan nas actividades que se están a organizar este outono no Centro de Excelencia dos Peares

Gallego
O conselleiro visitou hoxe a alumnas e alumnos que participan nas actividades qu
O conselleiro visitou hoxe a alumnas e alumnos que participan nas actividades que se están a organizar este outono no Centro de Excelencia dos Peares

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou esta mañá a alumnas e alumnos que están a participar nas estadías lingüísticas para a mellora das competencias en lingua inglesa no Centro de Excelencia para a Formación en Inglés nos Peares, unha liña de actuación enmarcada no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras. En total preto de 400 estudantes pasarán polas aulas este outono ao abeiro deste programa, totalmente gratuíto para as familias, que se suma ao organizado no verán neste mesmo sentido, de tal forma que a Consellería convocou este ano máis de 1.000 prazas para avanzar na mellora da cualificación en linguas estranxeiras da mocidade galega.

No programa de estadías lingüísticas de outono 2014 participan case 400 alumnos de 6º de Primaria e de todos os curso de ESO de 18 centro educativos, en concreto dos CEIP Plurilingüe Cruceiro (Sanxenxo), de Baño-Xanza (Valga), Rosalía de Castro (Vilagarcía de Arousa), Pepe de Xan Baña (Santa Comba); do CPI Plurilingüe O Cruce (Cerceda) e dos CPIs de Bembibre (Val do Dubra), Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis), de Zas (Zas), Virxe do Monte (Cospeito) e de Cova Terreña (Baiona). No referido aos IES foron seleccionados na resolución da convocatoria os IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas (Oleiros), Aquis Celenis (Caldas de Reis), e de Ames (Ames), e os IES República Oriental do Uruguai (Vigo), Aquis Querquenis (Bande),  Terra de Turonio (Gondomar), da Terra Chá, José Trapero Pardo (Castro de Rei) e Ribeira do Louro (O Porriño). Cómpre salientar que a iniciativa do outono foi todo un éxito, xa que participaron na convocatoria preto de 130 centros educativos.

Durante a visita o conselleiro estivo acompañado polo delegado de Gas Natural Fenosa en Galicia, Manuel Fernández Pellicer; polo director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; polos alcaldes de Pantón, A Peroxa e Nogueira de Ramuín; e polos xefes territoriais da Consellería en Lugo, María Carmen Gueimunde, e en Ourense, Mercedes Gallego.

Actividades de formación e culturais

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia quixo salientar a importancia deste tipo de iniciativas no desenvolvemento especialmente da competencia oral, achegándolles aos rapaces a lingua inglesa a través dunha serie de actividades que as alumnas e alumnos perciben dunha forma atractiva como complemento ás leccións que se lles imparten nas aulas. De feito, o deste programa de outono é conseguir unha experiencia de comunicación neste idioma nun entorno no que se combina a aprendizaxe da lingua inglesa e se mesturan actividades de formación e actividades culturais. Así, ao longo das estadías combínanse clases de inglés, con talleres de música ou de arte, entre outro tipo de actividades realizadas de forma íntegra en inglés.

Colectivo: 

Sección: 

Resolución provisional de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Gallego

Xúntase a Resolución provisional de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.

Contra esta resolución provisional poderán formular alegacións e achegar os documentos que se consideren pertinentes ata o día 14 de novembro de 2014, inclusive.

Por mor dunha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e renuncias por fax ao número 981.54.65.50. O que non exclúe facelo oficialmente co selo de rexistro de envío ou correo postal.

Sección: 

Relación definitiva dos centros seleccionados, suplentes e excluídos dependentes da consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO

Gallego

Xúntanse a resolución definitiva dos centros seleccionados, os centros suplentes e os centros excluídos para participar no programa de Inmersión Lingüística en Inglés  ao abeiro da Resolución do 10 de xuño de 2014 pola que se regula a convocatoria e a selección de centros docentes dependentes desta consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
 
O lugar onde se realizará a inmersión lingüística do alumnado seleccionado será nos Peares, Ourense.

Colectivo: 

Relación provisional dos centros seleccionados, suplentes e excluídos dependentes da consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO

Gallego

Xúntanse a relación provisional dos centros seleccionados, os centros suplentes e os centros excluídos para participar no programa de Inmersión Lingüística en Inglés  ao abeiro da Resolución do 10 de xuño de 2014 pola que se regula a convocatoria e a selección de centros docentes dependentes desta consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
 
O lugar onde se realizará a inmersión lingüística do alumnado seleccionado será nos Peares, Ourense.
 
O prazo de reclamación é de cinco días naturais a partir do día seguinte desta publicación.
 
NOTA: Por mor dunha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo: asesoria.linguasestranxeiras@edu.xunta.es ou por fax ao número 981.54.65.50. O que non exclúe facelo oficialmente co selo de rexistro de envío ou correo postal.

Colectivo: 

Programa de Auxiliares de Conversa en centros públicos, 2014/2015. Documentos anexos

Ver arquivo adxunto para a xestión do Programa de Auxiliares de Conversa 2014/2015 nos centros de educación públicos de primaria, secundaria e EEOOII.

 

 

 

 

 

Gallego
logo2014

Sección: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza as Xornadas de acollida e orientación de auxiliares de conversa 2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza as Xornadas de acollida e orientación de auxiliares de conversa 2014 que se celebrarán en cada unha das provincias da Comunidade Autónoma Galega.

Xornada para auxiliares asignados a centros educativos galegos na provincia de A Coruña
6 de
outubro en Santiago de Compostela en:
Cidade da Cultura de Galicia
Sala CNIC
15707 Santiago de Compostela, A Coruña
https://www.cidadedacultura.org/


Xornada para auxiliares asignados a centros educativos galegos na provincia de Lugo
7 de outubro en Lugo en:
Salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta en Lugo,
Ronda da Muralla, 70,
27071 Lugo


Xornada para auxiliares asignados a centros educativos galegos na provincia de Pontevedra
13 de outubro en Pontevedra en:
Salón de actos da Xefatura Territorial de Pontevedra
Edificio Administrativo de Campolongo
Avda. Fernández Ladreda 43
36003 Pontevedra


Xornada para auxiliares asignados a centros educativos galegos na provincia de Ourense
10 de outubro en Ourense en:
Escola de Arte e Superior de Deseño “Antonio Faílde”
Avda. da Universidade, nº 18
32005 A Cuña – OURENSE (España)
http://www.escolarte.com


Todas as xornadas darán comezo ás 9:00 h e rematarán ás 14:00 h. 
 

 

Gallego
auxiliares de conversa 2014

Colectivo: 

Sección: 

Xesús Vázquez Abad recibe aos 158 auxiliares de conversa que participarán no vindeiro curso, na provincia da Coruña, no plan galego de potenciación das linguas estranxeiras do noso ensino

Un total de 158 auxiliares de conversa participarán no plan de potenciación das linguas estranxeiras na provincia da Coruña e prestarán apoio en centros de Primaria, Secundaria, F.P e nas Escolas Oficiais de Idiomas

Gallego
Xesús Vázquez Abad recibe aos 158 auxiliares de conversa
Xesús Vázquez Abad recibe aos 158 auxiliares de conversa que participarán no vindeiro curso, na provincia da Coruña, no plan galego de potenciación das linguas estranxeiras do noso ensino

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad recibiu hoxe na sala de convencións do edificio CINC da Cidade da Cultura aos 158 auxiliares de conversa que prestarán apoio ao longo deste curso nos centros educativos da provincia da Coruña, que acudiron ao acto acompañados dos respectivos coordinadoras e coordinadores dos centros aos que foron destinados. Os auxiliares de conversa prestarán axuda en centros de Primaria, Secundaria, F.P e nas Escolas Oficiais de Idiomas. Ao longo dos vindeiros días iranse celebrando as recepcións das outras provincias.

Rede de centros plurilingües

O Plan de potenciación das linguas estranxeiras da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria chegará o vindeiro curso a preto de 85.500 alumnas e alumnos, un 18,4% máis ca no ano académico 2013/2014. Isto supón que 4 de cada 10 estudantes galegos do ensino obrigatorio se beneficiarán desta estratexia da Xunta de Galicia para a aprendizaxe de idiomas, na cal participarán a partir de setembro preto do 80% dos centros sostidos con fondos públicos. De feito, a Rede de centros plurilingües integrará en 2014/15 case o 18% dos centros sostidos con fondos públicos, e a de seccións bilingües a máis do 62%.

Deste xeito, no curso 2014/15 haberá un total de 220 centros plurilingües, un 19% máis ca no anterior, do que se beneficiarán preto de 31.500 estudantes. No caso das seccións, haberá un total de 3.223, 367 delas de nova incorporación, nun total de 768 centros educativos, 64 máis ca no curso2013/14, que chegarán a preto de 52.000 alumnas e alumnos.

Tanto os centros plurilingües como parte das seccións bilingües contarán co apoio dun total de 454 auxiliares de conversa nativos, un 4,3% máis ca no curso anterior, o que volve colocar Galicia nos primeiros postos en España neste eido, pois é a segunda Comunidade Autónoma en ratio de auxiliares por alumnos e a terceira en número total. Cómpre, ademais, sinalar que desde o curso 2008/09 os auxiliares no noso sistema educativo se multiplicaron case por 7, froito do esforzo da Consellería para establecer novos convenios de colaboración neste eido como os susbscritos cunha entidade académica chinesa (Hanban) e outra portuguesa (Instituto Camões).

En Galicia simultanearase – en concreto no IES Xosé Neira Vilas de Oleiros (A Coruña)- o programa de dobre titulación en bacharelato e ‘baccalauréat’ francés; así como do programa de diploma bilingüe inglés-español liderado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, neste caso nos centros públicos que impartan bacharelato internacional.

Colectivo: 

Sección: