Gallego

Resolución provisional das axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (2015)

Gallego

Xúntase a resolución provisional de axudas a centros privados concertados beneficiarios e non beneficiarios para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Colectivo: 

Sección: 

Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (2015)

Gallego

Xúntase a Orde do 13 de outubro de 2015 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.

  • O prazo de presentación das solicitudes é dun mes contados a partir do día seguinte desta publicación.

Colectivo: 

Sección: 

Relación definitiva dos centros seleccionados en reserva e excluídos para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa dirixidas a alumnado de ESO

Gallego

Xúntanse a relación definitiva dos centros seleccionados, os centros en reserva e os centros excluídos de Educación Secundaria Obrigatoria para participar no programa de Inmersión Lingüística en Inglés  ao abeiro da Resolución do 15 de maio de 2015 pola que se regula a convocatoria e a selección de centros docentes dependentes desta consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Colectivo: 

Relación provisional dos centros seleccionados en reserva e excluídos para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa dirixidas a alumnado de ESO

Gallego

Xúntanse a relación provisional dos centros seleccionados, os centros en reserva e os centros excluídos de Educación Secundaria Obrigatoria para participar no programa de Inmersión Lingüística en Inglés  ao abeiro da Resolución do 15 de maio de 2015 pola que se regula a convocatoria e a selección de centros docentes dependentes desta consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
 
O prazo de reclamación é de cinco días naturais a partir do día seguinte desta publicación.
O lugar de celebración das actividades será nos Peares (Ourense).

 
NOTA: Por mor dunha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo: asesoria.linguasestranxeiras@edu.xunta.es ou por fax ao número 981.54.65.50. O que non exclúe facelo oficialmente co selo de rexistro de envío ou correo postal.
 

Colectivo: 

Relación definitiva dos centros seleccionados en reserva e excluídos para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de EP

Gallego

Xúntanse a relación definitiva dos centros seleccionados, os centros en reserva e os centros excluídos de 6º curso de Educación Primaria para participar no programa de Inmersión Lingüística en Inglés  ao abeiro da Resolución do 15 de maio de 2015 pola que se regula a convocatoria e a selección de centros docentes dependentes desta consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Colectivo: 

Relación provisional dos centros seleccionados en reserva e excluídos para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de EP e de ESO

Gallego

Xúntanse a relación provisional dos centros seleccionados, os centros en reserva e os centros excluídos de 6º curso de Educación Primaria para participar no programa de Inmersión Lingüística en Inglés  ao abeiro da Resolución do 15 de maio de 2015 pola que se regula a convocatoria e a selección de centros docentes dependentes desta consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

  •  O prazo de reclamación é de cinco días naturais a partir do día seguinte desta publicación.

 NOTA: Por mor dunha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo: asesoria.linguasestranxeiras@edu.xunta.es ou por fax ao número 981.54.65.50. O que non exclúe facelo oficialmente co selo de rexistro de envío ou correo postal.
 

Colectivo: 

Román Rodríguez dá a benvida a máis de 400 auxiliares de conversa que prestarán servizo este curso no sistema educativo galego

O conselleiro de Cultura e Educación salientou a importancia do papel dos auxiliares para que o alumnado poida acceder a un ensino de idiomas de calidade, con independencia da súa capacidade económica

Gallego
Román Rodríguez dá a benvida a máis de 400 auxiliares de conversa que prestarán servizo este curso no sistema educativo galego
Román Rodríguez dá a benvida a máis de 400 auxiliares de conversa que prestarán servizo este curso no sistema educativo galego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, deu hoxe a benvida a máis de 400 dos auxiliares de conversa de 14 nacionalidades que prestarán servizo este curso no sistema educativo galego, un programa enmarcado no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras que conta cun investimento de máis de 2 millóns de euros. O acto de recibimento, no que tamén participaron as persoas coordinadoras do plan en cada centro, celebrouse no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.

Durante a súa intervención o conselleiro sinalou a importancia do papel dos auxiliares para que o alumnado do sistema educativo sostido con fondos públicos poida acceder a un ensino de idiomas de calidade, independentemente de cal sexa a capacidade económica das súas familias. Así mesmo, salientou o enriquecemento que estas persoas supoñen tanto para o coñecemento oral de linguas como o inglés, portugués, francés, alemán e chinés; como desde o punto de vista cultural da propia vida cotiá da comunidade escolar.

Román Rodríguez agradeceu, así mesmo, o labor dos coordinadores nos centros do plan, así como dos asesores e a Rede de Formación do Profesorado que fan posible o desenvolvemento deste programa.

Experiencias e boas prácticas

Ao longo da mañá os auxiliares recibirán información sobre o Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras e sobre as funcións que terán que desempeñar durante o curso escolar. Así mesmo amosaranse algunhas das experiencias e boas prácticas das persoas auxiliares que participaron no programa en cursos pasados.

Os centros sostidos con fondos públicos de Galicia contarán este ano con 454 auxiliares de conversa, tanto ao abeiro do convenio asinado co Ministerio de Cultura, Educación y Deporte como dos acordos subscritos con Hanban (entidade académica chinesa) e o Instituto Camões de Portugal, e os procedentes da liña de axudas aos centros concertados.

Plan de Potenciación

Preto de 90.000 alumnas e alumnos galegos terán este curso 2015/2016 un ensino plurilingüe en centros sostidos con fondos públicos ao abeiro do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras posto en marcha polo actual Goberno da Xunta; o que supón un incremento do 6,2% respecto do 2014/2015. En total este curso haberá 257 centros adheridos á Rede de Plurilingües, 36 de nova incorporación. Ademais, outros 5 centros de que tiñan este modelo educativo (combinando galego, castelán e unha lingua estranxeira, ata chegar cada unha delas a un terzo do horario lectivo) en Primaria pasan a incorporalo á etapa de ESO; e 4 centros ampliarán o plurilingüismo a Bacharelato. Todos os centros plurilingües contarán con cadanseu auxiliar de conversa.

Así mesmo, o sistema educativo galego contará este curso con 407 novas seccións bilingües para o curso 2015/2016, ata chegar a un total de 3.630 en toda a Comunidade.

Colectivo: 

Sección: 

Programa de Auxiliares de Conversa en centros públicos, 2015/2016. Documentos anexos

Ver arquivo adxunto para a xestión do Programa de Auxiliares de Conversa 2015/2016 nos centros de educación públicos de primaria, secundaria e EEOOII.

Gallego
Programa de Auxiliares de Conversa en centros públicos, 2015/2016. Documentos anexos

Sección: 

Relación provisional do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2015/2016 destinadas a funcionarios docentes non universitarios, para a formación en linguas estranxeiras en Canadá e Francia

Gallego

Xúntase a Comunicación do 23 de setembro de 2015 pola que se fai publica a relación provisional do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2015-2016 destinadas a persoal funcionario docente non universitario, conforme o baremo que figura no Anexo III da Orde do 4 de xuño de 2015 (DOG do 16 de xuño) e a Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se realiza a oferta pública de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Canadá e Francia.
 

  • Establécese un prazo de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación, para que as persoas interesadas poidan efectuar as posibles reclamacións.

Colectivo: