Gallego

Convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2016/2017

Gallego

Xúntase a Resolución do 14 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2016/17.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de abril de 2016.

Colectivo: 

Convocatoria para a ampliación das ensinanzas plurilingües á etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2016/17 nos centros pertencentes á Rede de centros plurilingües de Galicia

Gallego

Xúntase a Resolución do 14 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a ampliación das ensinanzas plurilingües á etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2016/17 nos centros pertencentes á Rede de centros plurilingües de Galicia.

  • O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día seguinte á publicación no DOG da presente resolución e rematará o día 30 de abril de 2016.

Ensinanza: 

Colectivo: 

Selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2016. Resolución provisional

Gallego

Publicada a Resolución provisional da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2016 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

Prazo para efectuar reclamacións, emendar erros ou presentar renuncia á concesión da estadía, 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Data de publicación 29.03.2016.

    - Máis información

Colectivo: 

Convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2016

Gallego

Xúntase a Orde do 15 de marzo de 2016 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2016.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas do programa Piale 2016. A exposición destas listas abre un prazo de dez días naturais para realizar reclamacións ou renuncias, que rematará o 23 de maio de 2016.

Unha vez que a reclamación sexa remitida por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.es para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listas definitivas.

No caso de remitir a documentación por correo postal, deberase dirixir ao seguinte enderezo:

Servizo de Formación do Profesorado
D.X. de Educación Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Educación
EDif. Adm. San Caetano
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Gallego

Xúntase a Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Convocatoria de profesores en sección bilingües de español en centros de Europa central, oriental, Turquía e China

A través deste programa pódese obter una praza de docente de distintas materias en sección bilingües de español en centros de ensino regrado non universitario en Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía, Rusia e Turquía.

Os docentes seleccionados percibirán dos centros correspondentes as mesmas retribucións que os docentes de ensinanza non universitaria dos seus países de destino, con dereito a aloxamento e a asistencia sanitaria propia do país, na medida que cada país determine.

Ademais, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, contribuirá  con axudas.

Prazo de presentación de candidaturas: ata o 29 de marzo de 2016.

Máis información na ligazón aportada.

Gallego
Logo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Proxecto KA1 Erasmus +. Proxecto de dinamización lingüística en lingua inglesa CLIL +

Proxecto KA1 Erasmus +. Proxecto de dinamización lingüística en lingua inglesa CLIL +
Gallego

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria foi seleccionada para realizar un proxecto encadrado no Programa Erasmus+ -Proyecto KA1/Movilidad de las personas por motivos de aprendizaje /Movilidad de personal de Educación Escolar-.

Trátase dun proxecto de dinamización lingüística en lingua inglesa que leva por título “CLIL +” e reúne a catro institutos de educación secundaria pioneiros no ensino plurilingüe en Galicia: o IES Plurilingüe Fontem Albei (A Fonsagrada), o IES Plurilingüe de Ames (Ames), o IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo), o IES Plurilingüe A Paralalia (Moaña).

O proxecto pretende incrementar a competencia lingüística e metodolóxica no ensino en lingua inglesa e promover o uso das TICS na clase de lingua estranxeira, valorando e fomentando, en todo momento, a importancia da aprendizaxe dunha lingua como cultura, riqueza persoal e vínculo de unión.

CLIL + levarase a cabo nos cursos 2015-2016 e 2016-2017 en dúas fases e articúlase arredor de tres piares: un curso de Platega en liña  -O ensino bilingüe da lingua inglesa a través das TIC-, unha mobilidade a Reino Unido  -concretamente a de Portsmouth- para realizar un curso estruturado de formación sobre lingua e metodoloxía en lingua inglesa e un Job Shadowing e, por último, a elaboración de unidades didácticas integradas -UDI -.

Colectivo: 

Resolución definitiva das axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (2015)

Gallego

Xúntase a Orde do 2 de febreiro de 2016 pola que se resolve a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.

Colectivo: 

Sección: 

Proxecto KA1 Erasmus +. Proxecto de dinamización lingüística en Portugués IMPORTA

 Proxecto KA1 Erasmus +. Proxecto de dinamización lingüística en Portugués IMPORTA
Gallego

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria foi seleccionada para realizar un proxecto encadrado no Programa Erasmus+ -Proyecto KA1/Movilidad de las personas por motivos de aprendizaje /Movilidad de personal de Educación Escolar-.

Trátase dun proxecto de dinamización lingüística en Portugués que leva por título “Importa” e reúne a cinco institutos de educación secundaria pioneiros no ensino da lingua portuguesa en Galicia: o IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago), o IES de Cacheiras (Teo), o IES Félix Muriel (Rianxo), o IES María Soliño (Cangas) e o IES de Valga (Valga).

O proxecto pretende incrementar a competencia lingüística e metodolóxica no ensino en lingua portuguesa e promover o uso das TICS na clase de lingua estranxeira, valorando e fomentando, en todo momento, a importancia da aprendizaxe dunha lingua como cultura, riqueza persoal e vínculo de unión.

Importa levarase a cabo nos cursos 2015-2016 e 2016-2017 en dúas fases e articúlase arredor de tres piares: un curso de Platega en liña  -O ensino bilingüe da lingua portuguesa a través das TIC-, unha mobilidade a Portugal -concretamente ao Instituto Camôes de Lisboa- para realizar un curso estruturado de formación sobre lingua e metodoloxía en lingua portuguesa e , por último, a elaboración de unidades didácticas integradas -UDI -.

Colectivo: 

Convocatoria para a solicitude de renovación das persoas auxiliares de conversa para o curso 2016/2017. Centros públicos

Estas instrucións van dirixidas a aqueles e aquelas auxiliares de conversa en activo durante o curso 2015-2016 que desexen renovar no programa durante o curso 2016-2017.

A información publicada no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte está dispoñible en: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educ...

 

 

 

 

1. Criterios de selección e prazo de inscrición

Consideraranse "solicitudes de renovación" as presentadas por as persoas auxiliares que cumpran estas dúas condicións:

  • Estar en activo no programa durante o curso 2015-2016.
  • Ser seleccionadas polo Organismo educativo correspondente no seu país de orixe ou tramitar a súa solicitude a través das oficinas das Consellerías de Educación de España no exterior.
  • Os e as candidatas que non reúnan estas dúas condicións deberán presentar a súa solicitude de participación no programa para o curso 2016-2017 como "candidatos novos".
  • A renovación non é automática. Débese ter en conta que o programa de Auxiliares de Conversa favorece as novas candidaturas e que os criterios de renovación varían segundo o país de orixe do candidato, polo que non se pode garantir a renovación de todos os candidatos.
  • Debido ás diferentes características dos acordos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte coas autoridades educativas dos países participantes no programa, os criterios e o procedemento para solicitar a renovación varía segundo o país de orixe dos auxiliares, tal e como se describe a continuación:
  1. Auxiliares de China e Italia: NON poderán renovar.
  2. Auxiliares de Alemaña, Austria e Reino Unido. Solicitarán a renovación a través do organismo educativo correspondente no seu país de orixe na forma e prazo que estipule:
    • Alemaña a través de Pädagogischer Austauschdienst (PAD) der Kultusministerkonferenz
    • Austria a través do Servicestelle für Mobilitätsprogramme deas BMUKK
    • Reino Unido a través do British Council

Ver direccións de contacto no documento Direccións de contacto en países 2016-7  na páxina web do Programa de Auxiliares de Conversa Estranxeiros en España.

      3. Auxiliares de Australia, Bélxica (francés e inglés), Canadá, Estados Unidos, Filipinas, Finlandia, Francia, Holanda, Irlanda,  Nova Zelandia e Portugal.

Deberán solicitar a renovación a través da aplicación Profex seguindo o procedemento que se explica nos apartados 2 e 3.

Prazo: desde 12 de xaneiro ao 5 de abril 2016

O prazo de inscrición en Profex para candidatos renovadores destes países comezará ás 00:01 horas do 12 de xaneiro de 2015 e finalizará ás 23:59 horas do 29 de febreiro (hora española: GMT+1). As solicitudes de renovación de 1er ano que se inscriban en Profex durante este prazo terán carácter preferente. Pasado este prazo, estes auxiliares poderán inscribir as súas solicitudes ata o 5 de abril, pero a súa adxudicación xa non terá carácter preferente, senón de acordo co seu nº de solicitude, coma se fosen novos candidatos ou renovadores de 2º, 3º ou máis anos. Esta distinción de prazos non se aplica aos auxiliares de Francia, Irlanda, Malta e Portugal que poderán presentar a súa solicitude de renovación en calquera momento ata o 5 de abril.

Os e as auxiliares deberán consultar as Comunidades Autónomas que poderán solicitar en función da súa nacionalidade e idade, de acordo coa información que se recolle no documento Aspectos a ter en conta para a elección de destino na páxina web do programa.

2. Procedemento de solicitude

Os candidatos dos países indicados no grupo 3 do apartado anterior deben solicitar a renovación a través de Profex, accesible desde https://sede.educacion.gob.es/profex , dentro do prazo sinalado e tendo en conta o seguinte:

  • Ao principio do proceso de inscrición a aplicación preguntará se se trata dunha solicitude "nova" ou de "renovación". É importante distinguir, xa que o formulario é distinto.
  • Deberán achegar a seguinte documentación en Profex:
    • Informe favorable do centro (modelo dispoñible en galego ou en castelán) -asinado polo director ou directora da escola na que o candidato realiza funcións de auxiliar de conversa- co selo do centro. Para iso, empregarase preferiblemente o modelo colgado nesta páxina web. Os auxiliares deberán escanear devandito documento, unha vez cumprimentado polo seu centro escolar, e achegalo ao apartado correspondente da súa solicitude en Profex.
    • Carta de motivación en español de non máis de 300 palabras.
    • Fotocopia do pasaporte.
  • Unha vez completado o proceso de inscrición, a aplicación xerará un impreso de solicitude de dúas páxinas en formato pdf. Os auxiliares e as auxiliares deberán asinar este documento e envialo  dentro do prazo marcado á administración que corresponda, de acordo coas indicacións do apartado 3.

Se a solicitude reúne os requisitos que marca a convocatoria e o informe do centro achegado é correcto, pasará de figurar como “Inscrita” a ter o status de “Admitida”. O feito de que unha solicitude figure como “Admitida” indica que se realizaron con éxito os trámites para solicitar a renovación, pero en ningún caso que se concedeu a renovación.
A data de comunicación ao interesado sobre a posible renovación varía en gran medida dependendo do país de orixe do candidato, podendo prolongarse ata o verán.
Importante saber que o/a candidato/a terá de prazo 5 días para aceptar ou renunciar ao seu destino (Profex indicará ese tempo na mensaxe de adxudicación de destino).

3. Direccións de envío de solicitudes

A folla de solicitude é o único documento que hai que enviar. O informe do centro e a carta de motivación non se envían, simplemente achéganse á solicitude en Profex.

AUXILIARES DA COTA DE GALICIA

(Auxiliares que reciben a axuda mensual da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2015-2016)

1.- Auxiliares que desexen renovar en Galicia

A solicitude, impresa de Profex, para renovar en Galicia, a mesma Comunidade Autónoma na que o Auxiliar estivo destinado no curso 2015-2016 deberase enviar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Programa de Auxiliares de Conversa
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Edificio Administrativo - San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Así mesmo, é necesario cubrir este formulario en liña: https://goo.gl/Wg2HKo

2.- Auxiliares que desexen renovar noutra Comunidade Autónoma

A solicitude, impresa de Prodex, para renovar nunha Comunidade Autónoma distinta á que o Auxiliar estivo destinado no curso 2015-2016 debe enviarse á seguinte dirección do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte :

Programa de Auxiliares de Conversación Extranjeros

• A la atención de Itziar Alberdi (Auxiliares de Australia, Bélgica (inglés), Canadá, Estados Unidos, Finlandia, Nueva Zelanda y Países Bajos).

• A la atención de Victoria Hernández (Auxiliares de Bélgica (francés), Francia e Irlanda).

Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
Subdirección General de Promoción Exterior Educativa
Paseo del Prado, 28, 5ª planta
28014 Madrid

Correos-e de contacto:

• Itziar Alberdi: auxiliares.extra@mecd.es
• Victoria Hernández: victoria.hernandez@mecd.es

AUXILIARES DA COTA MINISTERIO

(Auxiliares que reciben a axuda mensual da Ministerio de Educación, Cultura e Deporte durante o curso 2015-2016)

As solicitudes de todos os e as Auxiliares que reciben a axuda mensual do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte durante o curso 2015-2016 deben enviarse á seguinte dirección do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte:

Programa de Auxiliares de Conversación Extranjeros
(A la atención de Victoria Hernández, despacho 524)
Subdirección General de Promoción Exterior Educativa
Paseo del Prado, 28, 5ª planta
28014 Madrid

Correo-e de contacto: victoria.hernandez@mecd.es

Soporte en Profex:

  • Apoio ás consultas de tipo informático da aplicación Profex: profex.soporte@mecd.es.
  • Apoio ás consultas sobre aspectos relacionados co funcionamento do programa, escribir a auxiliares.extra@mecd.es ou chamar ao número de teléfono 91 506 5640 / 91 506 5716
Gallego
Cartel