Gallego

Resolución do 1 de xuño de 2017 pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2017/2018

Gallego

Xúntase a Resolución do 1 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2017-2018.

  • O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de xuño de 2017 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ensinanza: 

Convocatoria para autorización dos CPI, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE)

Gallego

Xuntase a Resolución do 2 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE).

  • Prazo de solicitude: 15 maio ao 10 de xuño 2017.

Convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2017/2018

Gallego

Xúntase a Resolución do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2017/18.

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de maio.

Colectivo: 

A Xunta incrementa nun 45% as prazas para a formación do profesorado en linguas estranxeiras

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de convocatoria do programa PIALE, con 215 prazas

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) para o ano 2017. En total serán 215 prazas, case un 45% máis ca no ano anterior para que os docentes do ensino non universitario melloren as súas competencias en inglés, portugués, francés ou alemán en estadías en países estranxeiros. Á súa volta, deberán elaborar materiais para a sociedade da información na lingua obxecto de estudo, co fin de que a experiencia redunde no beneficio do conxunto do sistema educativo.

As solicitudes deberán tramitarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os requisitos poden consultarse no DOG, no enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170503/AnuncioG0164-240417-0006_gl.html .

Haberá tres modalidades para as prazas convocadas. A primeira delas distribuirase en tres fases, das que a primeira será un curso de formación en inglés en Galicia e a segunda unha inmersión de tres semanas en Reino Unido, Canadá ou Estados Unidos. A terceira fase será a destinada á elaboración dos devanditos materiais para a sociedade da información.

Na segunda das modalidades, os docentes realizarán a primeira fase cun programa de inmersión total en inglés ou portugués consistente na integración na vida escolar, sen obrigas lectivas, en centros escolares de Canadá ou Portugal. Na segunda fase deberá presentar un plan de difusión da experiencia adquirida na súa estadía, coa súa correspondente memoria de desenvolvemento.

A modalidade tres consistirá nun curso de formación en inglés, portugués, francés ou alemán, segundo sexa o caso, en Reino Unido, Portugal, Francia ou Alemaña de dúas semanas de duración. Á súa volta, na segunda fase, os docentes deberán elaborar os correspondentes materiais na lingua obxecto de estudo.

A Consellería destina un total de 770.265 euros á organización deste programa ao que poderán acceder, con carácter xeral, o profesorado de linguas estranxeiras que participe nos programas de seccións bilingües ou centros plurilingües ou que teña previsto facelo a partires do curso 2017/18.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2017

Gallego

Xúntase a Orde do 24 de abril de 2017 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2017.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Convocatoria de dúas prazas Posto por Posto en Amiens para profesorado de Francés para o curso escolar 2017/2018

Gallego

Xúntase a Resolución do 25 de abril de 2017 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se aproban as bases do concurso público para a adxudicación de dúas prazas Posto por Posto como profesor/a de Lingua e Literatura Españolas en dous centros educativos da rexión francesa de Amiens para o curso 2017-2018.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir da publicación desta resolución no portal educativo

Colectivo: 

Convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2017/2018

Gallego

Achégase a Resolución do 12 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2017-2018.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de abril de 2017.

Colectivo: 

Novidade: Programa de Educación Financeira dispoñible en inglés

Este programa é unha iniciativa enmarcada dentro do Plan de Educación Financeira, proxecto lanzado pola Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV) e o Banco de España. Coa colaboración da Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones e a Secretaría General del Tesoro, co obxectivo xeral de contribuír á mellora da cultura financeira de todos os cidadáns.  O Ministerio de Educación, cultura e Deporte avala esta iniciativa.

O programa de Educación Financeira pretende incorporar temas de finanzas persoais nas aulas. Trata de potenciar os coñecementos, destrezas e habilidades básicas que permitan ao alumnado comprender conceptos claves como o aforro, os ingresos, o presuposto persoal, o custo das cousas, a calidade de vida o e consumo responsable.

Como novidade os materiais tamén están dispoñibles en inglés.

Os centros e docentes que participen neste programa contarán cos seguintes recursos:

  • Contidos e manual didáctico
  • Zona reservado para docentes na web www.gepeese.es
  • Curso online (certificado polo INTEF)
  • V Edición do Concurso “Premios Programa de Educación Financeira”

Para máis información e acceso ao formulario de inscrición, na ligazón aportada

Gallego
Cartel do Programa de Educación Financeira curso 16/17

Colectivo: 

Educación convoca 682 prazas para que o alumnado mellore as súas competencias en lingua inglesa

A Consellería sufragará entre o 87,5 e o 50% do custo destas estadías, un importante esforzo a prol da aprendizaxe de idiomas

As actividades formativas desenvolveranse en réxime residencial na Comunidade Autónoma de Galicia

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai de novo este ano un importante esforzo a prol da aprendizaxe de idiomas coa convocatoria de 682 prazas para que o alumnado mellore as súas competencias en lingua inglesa en estadías lingüísticas. Así o alumnado galego de ESO e de bacharelato poderá optar a bolsas para realizar estadías formativas en réxime residencial na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o día 27 de febreiro esta convocatoria, cuxo prazo de solicitude estará aberto do 28 de febreiro ao 27 de marzo –ambos os días incluídos-, con axudas a través das que a Consellería sufragará entre o 87,5 e o 50% do custo das estadías que realice o alumnado beneficiario.

No caso do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, convócanse 92 prazas, en réxime residencial na Comunidade Autónoma de Galicia, en estadía de unha semana e con profesorado nativo.

No caso do alumnado de 1º, 2º, 3º, e 4º da ESO, convócanse 590 prazas, en réxime residencial na Comunidade Autónoma de Galicia, en estadías de dúas semanas e con profesorado nativo.

Solicitudes

As persoas interesadas poderán realizar a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta, no enlace web https://sede.xunta.es, ou seguindo as instrucións correspondentes da aplicación dispoñible a través da dirección web http://www.edu.xunta.gal/axudasle, onde tamén se farán públicas as listaxes cos nomes dos alumnos e das alumnas que se beneficiarán das achegas, ou presentando o formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Xunta, por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para obter as bolsas,os candidatos e as candidatas terán que estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016-2017, na Comunidade Autónoma de Galicia; ter unha nota mínima na área ou materia de lingua estranxeira (inglés) de Ben ou 6 no curso 2015/2016, así como ter superadas todas as materias nese mesmo ano académico. Os criterios para o baremo, puntuación e determinación das achegas familiares serán a nota media do expediente académico no curso 2015/2016 e a renda per cápita da unidade familiar. Ademais, terase en conta o feito de pertencer a unha familia numerosa, contar con algún membro cunha discapacidade igual ou superior ao 33% ou pensionista de grande invalidez. Igualmente, contará o feito de non ter sido beneficiario dunha axuda destas características na convocatoria do ano pasado.

Contacto idiomático

O propósito desta iniciativa, enmarcada no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, non é só que o alumnado asistente aprenda un idioma estranxeiro, senón que este idioma o poñan en práctica durante todo o día nas diversas actividades que está previsto que se realicen, nas que se inclúen competicións deportivas, xogos, obradoiros, excursións ou veladas nocturnas. Todo isto permitirá darlle unha formación lingüística, social, cultural e ambiental ao alumnado, promovendo unha inclusión total en lingua inglesa.

Sección: 

Convocadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

Gallego

Xúntase a Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será do 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído)

  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.

Servizo relacionado: 

Colectivo: