Gallego

Educación pon en marcha EduExchanges, un programa de intercambio con centros da UE para a mellora do coñecemento de linguas extranxeiras

Na iniciativa -dirixida a estudantes de 3º e 4º de ESO- poderán participar todos os centros de ensino públicos que desenvolvan algunha iniciativa deste tipo entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño

A Consellería destina 105.000 € a este programa que se convoca por primeira vez este ano

O idioma de estudo obxecto do intercambio poder ser a primeira ou a segunda lingua estranxeira cursada polo alumno

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de por en marcha o programa “EduExchanges”, de intercambio de alumnado entre centros escolares galegos e centros do estranxeiro, co fin de que os rapaces melloren as súas competencias lingüísticas noutro idioma, nun contexto de convivencia diaria nunha contorna familiar.

Esta iniciativa, que se enmarca dentro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras Edulingüe 2020, está dirixida a alumnado que estea cursando 3º e 4º de ESO, e nela poden participar todos os centros de ensino públicos galegos que teñan desenvolvido algunha iniciativa deste tipo -ou teñan previsto facelo- entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño deste ano. O idioma de estudo obxecto do intercambio poder ser a primeira ou a segunda lingua estranxeira cursada polo alumno.

A Consellería de Educación financia esta iniciativa -que se convoca por primeira vez este ano- cun total de 105.000 euros que se distribuirán entre o máximo dos 15 centros seleccionados. Cada un deles recibirá unha cantidade de 300 € por alumno participante e outros 1000 € para o profesorado acompañante.

Segundo se establece na convocatoria (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24543), as solicitudes para beneficiarse do financiamento para estes intercambios, deberán tramitalas os propios centros escolares, que serán tamén os encargados de seleccionar ao alumnado candidato ata un máximo de 20 estudantes por centro. Ademais establécese un número mínimo de 10 alumnos para poder acollerse ao proxecto; aínda que a Consellería podería autorizar un número inferior de xeito excepcional atendendo ás características específicas do centro.

Así mesmo, os centros educativos deberán ocuparse de todos os aspectos organizativos relacionados co intercambio, incluída a planificación das actividades educativas e extraescolares que consideren, baixo a supervisión dun docente que exercerá de coordinador.

Pola súa banda, as familias do alumnado participante no proxecto comprométense a recibir na súa casa a un alumno doutro país e a responsabilizarse do seu aloxamento e manutención.

Aprendizaxe activa nun contexto real

Dentro das accións da Consellería para acadar o obxectivo de mellorar a competencia en linguas estranxeiras por parte dos alumnos, está a de favorecer a internacionalización dos centros educativos e a mobilidade a nivel europeo e internacional. Nesta liña, os intercambios escolares son un importante recurso para a aprendizaxe activa de linguas estranxeiras, xa que favorecen a convivencia e a comunicación nun contexto real e dun xeito natural.

Nesta mesma liña, cómpre lembrar que a Consellería tamén ten en marcha o programa Galimiens, de intercambio con centros educativos franceses dependentes da Académie d’Amiens, tamén dirixido a alumnos de 3º e 4º ESO que cursa a materia lingua francesa como Primeira ou Segunda lingua estranxeira.

Sección: 

Convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario para participar no programa “EduExchanges” de intercambio de alumnado con centros educativos doutros países da Unión Europea durante o curso 2017/2018

Gallego

Xúntase a Resolución do 19 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se regula a convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa “EduExchanges” de intercambio de alumnado con centros educativos doutros países da Unión Europea durante o curso 2017/2018.

O alumnado galego poderá participar no programa de intercambio con Francia Galimiens

A Consellería de Cultura e Educación acaba de abrir o prazo de solicitude para participar neste programa con centros educativos da Académie d’Amiens

Gallego
O alumnado galego poderá participar no programa de intercambio con Francia Galimiens

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de abrir o prazo para que o alumnado galego, ata un total de 60 estudantes, participe no programa GALIMIENS, de intercambio con centros educativos franceses. A iniciativa enmárcase no Protocolo de cooperación asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Académie d’Amiens o 16 de decembro de 2011.

Ademais cómpre lembrar que, no marco da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020 (EDUlingüe), o departamento educativo da Xunta de Galicia ten previsto promover actividades de intercambio e estadías de alumnado coa finalidade de posibilitar que os centros educativos provexan programas de inmersión para que ao longo da súa escolaridade o seu alumnado acade un nivel axeitado de competencia en comunicación en linguas estranxeiras.

O programa GALIMIENS consiste nunha inmersión lingüística e cultural en centros docentes dependentes da Académie d’Amiens (Francia) a través dun intercambio de alumnado. Trátase de mellorar a competencia en comunicación lingüística en lingua francesa  do alumnado e mellorar o seu coñecemento da cultura francesa. Ao seu abeiro, o alumnado galego de 3º e 4º ESO que cursa a materia lingua francesa como Primeira ou Segunda lingua estranxeira terá a posibilidade de realizar estadías de dúas semanas nun centro educativo francés e de recibir o alumnado francés nos seus centros e fogares en réxime de reciprocidade supoñendo isto un custo reducido para as familias galegas e unha oportunidade de convivencia.

Cada centro solicitante presentará un número máximo de doce alumnos que estarán acompañados nas viaxes de ida e volta por un docente do seu centro de orixe. A convocatoria está dirixida a centros públicos de titularidade da Consellería para sufragar gastos do alumnado e do profesorado ata un máximo de 4.200 euros por centro.

Prazos e datas

O intercambio levarase a cabo en dúas quendas: o alumnado francés visitará Galicia entre o 14 de maio de 2018 e o 01 de xuño de 2018 e o alumnado galego permanecerá en Francia durante dúas semanas entre o 01 de outubro de 2018 e o 19 de outubro de 2018.

O prazo para que os centros soliciten participar no programa GALIMIENS será de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación no Portal Educativo.

Colectivo: 

Sección: 

Programa GALIMIENS de intercambio de alumnado con centros educativos da Académie d'Amiens (Francia)

Programa GALIMIENS de intercambio de alumnado con centros educativos da Académie d'Amiens (Francia)
Gallego

Xúntase a Resolución do 20 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa dirixida a centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se regula a convocatoria pública para participar no programa GALIMIENS de intercambio de alumnado con centros educativos da Académie d’Amiens (Francia) durante o ano 2018.

 

  • O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación no Portal Educativo.

Colectivo: 

Galicia é a cuarta comunidade autónoma en número de alumnos que se examinan do DELF escolar

A Consellería de Cultura e Educación acaba de abrir o prazo de matriculación nestas probas, no marco do Convenio de colaboración coa Embaixada de Francia

Na convocatoria de 2017, máis do 90% dos presentados acadaron a certificación á que aspiraban

Gallego
Galicia é a cuarta comunidade autónoma en número de alumnos que se examinan do DELF escolar

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria acaba de abrir o prazo de matrícula nas probas do DELF Escolar (Diplôme d’Études en Langue Française), un recoñecemento oficial de lingua francesa expedido polo Ministerio de Educación Nacional do país veciño e homologado internacionalmente por 174 países. Cómpre sinalar que estes diplomas teñen a mesma validez oficial que o DELF para adultos, con temas adaptados aos adolescentes e unha duración indefinida.

Estas probas, que se realizarán por segundo ano consecutivo nos centros educativos públicos de Galicia, enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre a Consellería e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España. Esta iniciativa supuxo, xa na primeira convocatoria das probas, un incremento do 200% no número de candidatos, un total de 621, de tal forma que Galicia se situou no cuarto posto por número de inscritos a nivel estatal.  Cómpre salientar, ademais, que máis do 90% dos examinados acadaron a certificación á que aspiraban, chegando a máis do 99% de éxito nas probas do nivel A2 e o 97% nas probas do nivel B1.

Tras pechar o período de preinscricións para a edición 2018, continúa incrementándose o interese por este tipo de probas, estando previsto un incremento de 20% no número de candidatos/as que supera os 750 preinscritos. Tamén é salientable a participación de 19 centros educativos novos.

Prazos e lugares

O prazo para matricularse nestas probas estará aberto ata o 28 de febreiro de 2018, e os exames desenvolveranse os días 25 de abril (para o nivel B1) e 26 de abril (para os niveis A2 e B2); mentres que as orais individuais realizaranse entre o luns 16 de abril de 2018 e o venres 18 de maio de 2018.

Os candidatos pode presentarse directamente ao diploma correspondente ao seu nivel, dentro dos devanditos 3 ofertados - A2, B1 e B2- do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Cada diploma avalía as 4 destrezas lingüísticas: comprensión e expresión escritas, comprensión e expresión orais. A superación da media (50 puntos sobre 100) permite obter o diploma; aínda que se esixe unha nota mínima de 5/25 n cada destreza.

Os centros de realización das probas do DELF Escolar serán os IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña), Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela), Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Lugo), Eduardo Blanco Amor (Ourense), Sánchez Cantón (Pontevedra) e de Teis (Vigo).

Sección: 

Educación duplica as prazas de estadías lingüísticas para o alumnado en Galicia e no estranxeiro

A Consellería convoca 1400 prazas para estudantes de ESO e bacharelato co fin de que melloren as súas competencias en linguas estranxeiras

Ademais de realizarse na Comunidade, este ano ábrese tamén a Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal, en réxime residencial ou familiar

Ao abeiro de EDUlingüe 2020 ofértanse 30 prazas de integración nun centro educativo de Canadá dun mes de duración

A Consellería sufragará entre o 87 e o 50% do custo destas estadías

Gallego
Educación duplica as prazas de estadías lingüísticas para o alumnado en Galicia e no estranxeiro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria duplica este ano as prazas de estadías lingüísticas para o alumnado ao convocar un total de 1400, fronte ás 682 postas a disposición o curso pasado. Isto demostra o compromiso da Xunta de Galicia coa mellora das competencias en linguas estranxeiras por parte do alumnado, dado que ademais, esta convocatoria (que se pode consultar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180207/AnuncioG0164-230118-0002_gl.html ), introduce unha serie de cambios con respecto á anterior que xeran máis oportunidades formativas para os mozos e mozas.

Deste xeito, as estadías non só se realizarán en Galicia, senón que se abren tamén a Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal, a través dun réxime residencial ou familiar. Así mesmo, o período formativo, que corre a cargo de profesorado nativo, vai de 1 a 4 semanas dependendo do curso e lugar de destino.

En concreto, para alumnado de ESO convócanse 940 prazas en réxime residencial na comunidade autónoma cunha duración de 1 a 2 semanas. A lingua na que se afondará a formación é o inglés.

Máis oportunidades en bacharelato

Pola súa banda, no caso de 1º e 2º de bacharelato convócanse 460 prazas, en réxime de familia ou residencial tanto en Galicia como no estranxeiro, nomeadamente en Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal. A duración das estadías oscila entre 1 semana (en Galicia) a 3 semanas durante o verán, mentres que se pon en marcha unha actividade de integración de 4 semanas de duración para alumando de 1º de bacharelato ao inicio do curso 2018/19.

Para esta última estadía, que se organizará en Canadá en réxime familiar, ofértanse 30 prazas. Neste caso, o alumnado galego asistirá a clases en centros educativos da zona de destino. Cómpre salientar que esta actividade se enmarca na Estratexia galega de linguas estranxeiras, EDUlingüe 2020, na que se prevén estadías de integración en países estranxeiros co fin de fomentar unha mellora integral das competencias en lingua estranxeira.

O prazo de solicitude destas estadías –cuxo custo a Consellería asumirá entre o 87 e o 50%– estará aberto desde mañá día 8 de febreiro ata o 7 de marzo, ambos os dous días incluídos. En concreto, a distribución de prazas é a seguinte:

 

 

MODALIDADE

DURACIÓN

RÉXIME ALOXAMENTO

Nº PRAZAS

2º BACH.

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

80

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

90

Francés en Francia

3 semanas

Residencia

10

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

10

1º BACH.

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

90

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

80

Inglés en Canadá- Integración

4 semanas

Familia

30

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

50

Francés en Francia

3 semanas

Residencia

10

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

10

TOTAL BACH.

 

 

 

460

4º ESO

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

50

4º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

90

3º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

180

2º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

240

1º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

380

TOTAL ESO

 

 

 

940

Solicitudes

As persoas interesadas poderán realizar a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta, no enlace web https://sede.xunta.es; seguindo as instrucións correspondentes da aplicación dispoñible a través da dirección web http://www.edu.xunta.gal/axudasle –onde tamén se farán públicas as listaxes cos nomes do alumnado que se beneficiará das achegas–; ou presentando o formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Xunta, por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para obter as bolsas, os candidatos e as candidatas terán que estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017/18, na comunidade autónoma de Galicia; ter unha nota mínima na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía de Ben ou 6 no curso 2016/2017, así como ter superadas todas as materias nese mesmo ano académico. Para a actividade de integración (1º Bacharelato, que se desenvolverá no inicio do curso 2018/19), ademais das condicións xa citadas, debe estar matriculado/a, no curso 2017/18, nun centro da Rede de Centros Plurilingües.

Os criterios para o baremo, puntuación e determinación das achegas familiares serán a nota media do expediente académico no curso 2016/17 e a renda per cápita da unidade familiar. Ademais, terase en conta o feito de pertencer a unha familia numerosa, contar cun membro cunha discapacidade igual ou superior ao 33% ou pensionista de grande invalidez. Igualmente, o feito de non ter sido beneficiario dunha axuda destas características na convocatoria do ano pasado.

Contacto idiomático e cultural

O propósito desta iniciativa, enmarcada en EDUlingüe 2020, non é só conseguir que o alumnado aprenda un idioma estranxeiro, senón que o poña en práctica durante todo o día nas diversas actividades que está previsto que se realicen, entre as que se inclúen competicións deportivas, xogos, obradoiros, excursións ou veladas nocturnas. Todo isto permitirá darlle unha formación lingüística, social, cultural e ambiental ao alumnado, promovendo unha inclusión total na lingua estranxeira.

Nos cursos que se celebrarán no estranxeiro, o obxectivo é que os asistentes teñan un verdadeiro contacto idiomático, polo que os estudantes asistirán a clases con alumnos e alumnas de diversas nacionalidades.

Tema: 

Sección: 

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva
Gallego

Xúntase a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será do 8 de febreiro ata o 7 de marzo (incluído)

Servizo relacionado: 

Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (2017)

Gallego

Xúntase a Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2018/2019. Solicitude de novos/as candidatos/as

Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2018/2019. Solicitude de novos/as candidatos/as
Gallego
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2018/2019. Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana, portuguesa e rusa.
 
Dirixidas a graduados/as e estudantes universitarios/as no seu último ano académico dos seguintes países: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica (francés ou inglés), Bulgaria (inglés), Canadá (francés ou inglés), China, Estados Unidos, Federación de Rusia, Filipinas (inglés), Finlandia (inglés), Francia, Irlanda, Italia, Luxemburgo (inglés), Malta, Marrocos (francés), Noruega (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Portugal, Reino Unido e Suecia (inglés).
  • Prazo aberto ata o 6 de abril de 2018.

Ligazón á convocatoria: https://www.mecd.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/998188/ficha.html

Información:
Consultas xerais: 91 506 57 16.
Auxiliares da Unión Europea (excepto os indicados abaixo): 91 506 55 96 / 91 506 55 75.
Auxiliares de Australia, Bélxica (inglés), Bulgaria, Canadá, China, Estados Unidos, Filipinas, Finlandia, Luxemburgo, Noruega, Nova Zelandia, Países Baixos e Suecia: 91 506 56 40.
Horario de atención telefónica: de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas.

Enderezos electrónicos:
Auxiliares de Alemaña, Austria, Bélxica (francés), Francia, Irlanda, Italia, Malta e Reino Unido:auxiliares.conv@mecd.es
Auxiliares de Australia, Bélxica (inglés), Bulgaria, Canadá, China, Estados Unidos, Filipinas, Finlandia, Luxemburgo, Noruega, Nova Zelandia, Países Baixos e Suecia: auxiliares.extra@mecd.es
Apoio ás consultas de tipo informático da aplicación Profex: profex.soporte@mecd.es

Colectivo: 

Convocatoria para a solicitude de renovación das persoas auxiliares de conversa para o curso 2018/2019. Centros públicos

Convocatoria para a solicitude de renovación das persoas auxiliares de conversa para o curso 2018/2019. Centros públicos
Gallego

Información en galego, castelán e inglés relativa ao proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia. Contén ligazóns á información e aos documentos a descargar. Estas instrucións van dirixidas aos participantes no programa de auxiliares de conversa en activo durante o curso 2017/2018 que desexen renovar no programa durante o curso 2018/2019.

Colectivo: