Gallego

Convocatoria de Profesores Visitantes en Estados Unidos, Canadá e Reino Unido para o curso 2019/2020 do Ministerio de Educación y Formación Profesional

Convocadas 590 prazas de profesores visitantes españois co título de Mestre, Graduado ou Licenciado, en diversas áreas ou materias (ver convocatoria) en centros educativos de Estados Unidos, Canadá e Reino Unido para o curso académico 2019-2020. 

Gallego
Convocatoria de Profesores Visitantes en Estados Unidos, Canadá e Reino Unido para o curso 2019/2020 do Ministerio de Educación y Formación Profesional

Sección: 

Carmen Pomar visita nos Peares o alumnado da English Week organizada por Educación

A titular de Educación tamén se desprazou ao CEE Miño, en Ourense, onde a Consellería acomete unha reforma dos falsos teitos

Uns 1.125 alumnos de toda Galicia participan nestas estadías de inmersión lingüística en inglés que cada ano programa a Consellería e que son totalmente de balde para as familias

Os obxectivo desta iniciativa, enmarcada na Estratexia Galega de Linguas Extranxeiras, EDUlingüe 2020, é que os rapaces melloren as súas competencias en lingua inglesa

Durante unha semana os participantes compaxinan actividades educativas con outras lúdicas, que lles permiten poñer en práctica o uso deste idioma en situacións reais, sempre apoiados por profesorado nativo

Gallego
Carmen Pomar visita nos Peares o alumnado da English Week organizada por Educación

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou hoxe o alumnado que está participando na English Week, o programa de inmersión lingüística en inglés que cada outono organiza a Xunta de Galicia no Centro de Excelencia dos Peares, e que vai dirixido a estudantes de 6º curso de educación primaria e dos catro cursos de ESO co fin de que melloren as súas competencias neste idioma.

O obxectivo principal da iniciativa -no que participan arredor de 1.125 alumnos de toda Galicia entre outubro e novembro- é proporcionarlle ao alumnado unha actividade de inmersión lingüística que lle permita mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa.

Para iso, organízanse tanto actividades académicas como de tempo libre e obradoiros, de tal xeito que se reforce a un tempo o programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas e a convivencia entre eles, promovendo a comunicación en lingua inglesa entre os participantes. Trátase, por tanto, de que o alumnado poida desenvolver a súa comunicación en inglés nunha contorna real, estimulando a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos máis amplos que os que permite o ámbito escolar.

A conselleira Carmen Pomar emprazou aos alumnos participantes (esta semana hai uns 100 rapaces de 5 colexios) a que aproveiten ao máximo a súa estancia nos Peares, tanto desde o punto de vista lúdico como desde o académico, xa que hoxe en día o coñecemento de idiomas “deixou de ser un valor engadido para converterse nun requisito imprescindible” no desenvolvemento profesional e ademais do enriquecemento persoal.

Enmarcadas dentro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, EDUlingüe 2020, as estadías son totalmente gratuítas para as familias, xa que a Consellería asume o custe das mesmas cunha partida de 544.500 euros destinados a sufragar os gastos de docencia e material escolar, de mantemento e aloxamento dos rapaces, a contratación dos monitores que os acompañan, as actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos, os certificados e os seguros correspondentes.

As estadías desenvólvense en sete quendas dunha semana de duración entre o 7 de outubro e o 24 de novembro. Deste xeito, os rapaces pasan unha semana de domingo a sábado en réxime de internado nun campamento con profesorado e monitores nativos en inglés, onde compaxinarán as actividades formativas con outras de carácter lúdico.

Centros participantes

Nesta estadía participan un total de 39 centros educativos públicos a razón de 17 centros da provincia da Coruña, 7 de Lugo, outros 7 de Ourense e 8 de Pontevedra.

En concreto, os centros participantes da provincia de A Coruña son: o IES Fernando Blanco de Cee, o IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, o IES Plurilingüe Adormideras de A Coruña, o IES David Buján de Cambre, o IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas, o IES Terra de Soneira de Vimianzo, o IES Sofía Casanova de Ferrol, o IES de Ortigueira, o IES Ferrol Vello de Ferrol, o CEIP Plurilingüe de Pedrouzos de Brión, o CEP Salustiano Rey Eiras de A Pobra do Caramiñal, o CEIP Plurilingüe Manuel Murguía de A Coruña, o CEIP Plurilingüe Os Casais de Fene, o CEIP Plurilingüe Ponte do Porto de Camariñas, o CEIP Plurilingüe San Marcos de Abegondo, o CEIP Plurilingüe Concepción Arenal de A Coruña e o CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso de Noia.

Da provincia lucense participan o CPI de Tino Grandío de Guntín, o IES Río Cabe de Monforte de Lemos, o IES Enrique Muruais de A Pontenova, o CPI Doctor López Suárez de O Saviñao, o IES Becerreá, o CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela e o CEIP Plurilingüe Santa Rita de Viveiro.

Pola súa banda, na provincia de Ourense benefícianse o CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas, o CPI Antonio Faílde de Coles, o IES Xermán Ancochea Quevedo de A Pobra de Trives, o CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro de Barbadás, o CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar, o CEIP Plurilingüe dos Blancos e o CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro.

Por último, de Pontevedra participan nas estadías de inmersión lingüística os seguintes centros: o IES Plurilingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis, IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña, o IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía de Arousa, o CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén, o IES de Salvaterra do Miño, o CPI do Progreso de Catoira, o CEIP Plurilingüe Froebel de Pontevedra e o CEIP Torre-Illa de A Illa de Arousa.

Visita ao CEE Miño

Na xornada de hoxe a conselleira Carmen Pomar tamén visitou o Centro de Educación Especial Miño (na cidade de Ourense), onde mantivo un encontro cos responsables do centro, a quen informou da obra de renovación dos falsos teitos que se inicia hoxe e que suporá un investimento de 177.000 euros.

A renovación prodúcese despois do desprendemento dalgúns elementos destes falsos teitos. Como medida provisional, a Unidade Técnica da Consellería na provincia de Ourense decidiu demoler algúns dos teitos, aínda que os informes elaborados recomendan cometer a reposición do falso teito e da instalación de iluminación de forma inmediata, para evitar unha situación que impide o normal funcionamento do centro escolar.

A do CEE Miño enmárcase na rolda de visitas que está a realizar a conselleira a centros de ensino de toda Galicia para coñecer de primeira man as realidades das diferentes comunidades educativas e as súas necesidades, así como para comprobar o desenvolvemento dos programas educativos que se impulsan desde o seu departamento.

Nesta visita, a conselleira estivo acompañada do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad.

Tema: 

Sección: 

Guía do Programa de Auxiliares de Conversa en centros públicos 2018/2019

Xúntase a Guía do Programa de Auxiliares de Conversa 2018/19 nos centros de educación públicos.

 

Gallego
Guía do Programa de Auxiliares de Conversa en centros públicos 2018/2019

Sección: 

Xestión e asistencia médica do Programa de Auxiliares de Conversa en centros públicos 2018/2019

Xúntanse orientacións e anexos para a xestión do Programa de Auxiliares de Conversa 2018/2019 nos centros de educación públicos. Asemade, achégase información sobre a asistencia médica.

NOTA IMPORTANTE

Para xestionar o certificado de  Delitos de Naturaleza Sexual deben realizarlo coa cl@ve PIN:
http://clave.gob.es/clave_Home/clave.html
 
Solicitude de certificado de Delitos de Naturaleza Sexual:
 
 
Gallego
 Xestión e asistencia médica do Programa de Auxiliares de Conversa en centros públicos 2018/2019

Colectivo: 

Sección: 

Ata 2100 alumnos de centros plurilingües poderán presentarse a probas gratuítas para certificar o seu nivel de inglés

É a segunda vez que a Consellería de Educación habilita este procedemento para acreditar B1 ou B2 para o alumnado de Bacharelato e PluriFP

Esta proba é totalmente de balde para as familias

Os exames escritos realizaranse o día 17 de novembro, mentres que os orais terán lugar entre o luns 19 e o venres 23

Gallego

Un total de 2100 alumnos e alumnas dos centros plurilingües de Galicia poderán acreditar o seu nivel de coñecemento lingüístico en lingua inglesa de acordo cos niveis B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Trátase da segunda ocasión en que esta Consellería habilita un procedemento deste tipo para que os estudantes que cursan os seus estudos de bacharelato e formación profesional nalgún dos centros que forman parte da Rede de Centros Plurilingües teñan a posibilidade de acreditar o seu nivel neste idioma estranxeiro a través dunhas probas que son totalmente gratuítas para as familias.

Os exames escritos realizaranse o día 17 de novembro, mentres que os orais terán lugar entre o luns 19 e o venres 23. O alumnado poderá escoller entre realizar as probas de acreditación do nivel B2 ou do nivel B1. Cómpre destacar que o B1 equivale a un nivel intermedio, e é o que requiren moitas universidades para poder titular. Polo tanto esta iniciativa achega un valor engadido ao esforzo no desenvolvemento do programa por parte dos centros, e supón unha importante oportunidade para o alumando e as súas familias, que teñen a posibilidade de obter de balde unha acreditación da aprendizaxe en lingua estranxeira co aval dunha entidade certificadora de recoñecido prestixio como é o Trinity College.

Esta iniciativa enmárcase dentro das liñas establecidas na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, EDUlingüe 2020, que establece, entre outras accións, a habilitación de procedementos específicos para certificar o alumnado dos centros plurilingües ao final de cada etapa, ben a través das Escolas Oficiais de Idiomas (EOI), ou mediante entidades estranxeiras certificadoras, como é o caso destas probas. O obxectivo final é que o 30% do alumnado certifique un nivel B1 ao remate da ESO nun centro plurilingüe, e un nivel B2 ao final do Bacharelato.

Resultados positivos da primeira acreditación

Cómpre destacar que neste curso 2018/19 alcanzáronse os 385 centros plurilingües –que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira–, 63 máis que o ano pasado. Isto significa multiplicar por máis de 6,5 os 58 centros que había no curso 2010/11, cando se comezou con este sistema. En canto ás seccións bilingües, aumentan en 296 ata chegar ás 4.441, un 7% máis con respecto ao curso pasado. A maiores, os centros educativos contarán cun total de 617 auxiliares de conversación, fronte aos 550 que había no 2017/18.

Ademais, en xuño deste ano realizáronse por primeira vez, ao abeiro da estratexia Edulingüe, as probas para certificar o nivel B1 e B2 de inglés do alumnado que finalizou a etapa de ESO e de Bacharelato nalgún dos centros plurilingües. As probas, realizadas por Trinity College, mostran uns resultados moi satisfactorios, posto que dos 465 alumnos presentados, aprobaron 391. Isto é, o 84% dos estudantes que se presentaron aprobaron os exames.

Colectivo: 

Sección: 

O sistema educativo galego recibe 30 auxiliares de conversa en inglés con alto perfil académico

A Consellería de Cultura e Educación incrementa este curso nun 25% este apoio

En total, os centros educativos contarán con 617 auxiliares

Gallego

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, Manuel Corredoira, recibiu hoxe os 30 auxiliares de conversa con alto perfil académico que este ano prestarán servizo no sistema educativo galego a través do convenio asinado entre a Consellería e a Comisión Fulbright de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América. Este é o terceiro ano consecutivo no que os centros de ensino da nosa Comunidade contan con este apoio, que este curso se incrementa ademais nun 25%, ao dispor de 4 auxiliares máis deste perfil.

O obxectivo desta iniciativa é favorecer a presenza de persoas nativas de fala inglesa cun alto perfil académico nos centros plurilingües galegos, contribuíndo ao fomento das vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñarías e Informática), así como á competitividade futura do alumnado nestes eidos, nos que o dominio da lingua inglesa é fundamental. A propia Comisión farase cargo do proceso de preparación e difusión da convocatoria e da preselección dos auxiliares de conversa, segundo os criterios de obxectividade, calidade e independencia que rexen os seus programas; e encargarase do seguimento do programa e da xestión do aboamento das compensacións mensuais ás persoas bolseiras, así como da organización dos seminarios de orientación e seminario de seguimento e evolución que se realiza para todas as persoas bolseiras Fulbright estadounidenses en España.

En concreto os centros nos que prestarán apoio son o IES Plurilingüe de Ames  (Ames), CEP Plurilingüe de Ventín (Ames), CEIP Plurilingüe de Pedrouzos (Brión), IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña), CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cervino (A Coruña), IES Plurilingüe Elviña (A Coruña), IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña), IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña), CEIP Plurilingüe de Tarrío (Culleredo), IES Universidade Laboral (Culleredo), CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro), CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol), IES Campo de San Alberto (Noia) e IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), na provincia da Coruña; e o CIFP As Mercedes (Lugo), na de Lugo. No caso da provincia de Ourense haberá auxiliares de alto perfil académico no CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo (O Carballiño), IES Eduardo Blanco Amor (Ourense), IES As Lagoas (Ourense), IES O Couto (Ourense), IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense), CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) e CIFP A Farixa (Ourense); mentres que na de Pontevedra estarán no IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis), IES Antón Losada Diéguez  (A Estrada), IES A Xunqueira I (Pontevedra), IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda), IES República Oriental do Uruguai (Vigo), IES Valadares (Vigo), IES Ricardo Mella (Vigo) e CIFP Manuel Antonio (Vigo).

Esta medida enmárcase na Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020, EDUlingüe, cuxo obxectivo fundamental é estender o plurilingüismo a todas as etapas educativas e facilitar que os alumnos e alumnas poidan acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de etapa. Ao abeiro desta Estratexia, este curso Galicia contará cun total de 617 auxiliares de conversa (67 máis que o curso anterior, un 12% máis).

Colectivo: 

Sección: 

Listaxe provisional de centros admitidos e excluídos das novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2018/2019

Gallego

Xúntanse as Listaxes provisionais de centros admitidos e excluídos das novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2018/2019.

  • Abrirase un prazo de reclamacións de 5 días hábiles no que os centros poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas.  Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación no correo electrónico seccionsbilingues@edu.xunta.es .

Colectivo: 

Sección: 

Listaxe provisional dos centros autorizados e excluídos CPI, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2018/2019

Gallego

Xúntase a Listaxe provisional dos centros autorizados e excluídos CPI, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2018/2019.

  • Abrirase un prazo de reclamacións de 5 días hábiles no que os centros poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas.  Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación no correo electrónico seccionsbilingues@edu.xunta.es .

Sección: 

Listaxe provisional de centros admitidos no bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2018/2019

Gallego
Xúntase a listaxe provisional de centros admitidos no programa Pluribach para o curso 2018-2019.

Ensinanza: 

Sección: 

Listaxe provisional de centros admitidos no programa Plurinfantil, para o curso 2018/2019

Gallego
Xúntanse as listaxes provisionais de centros admitidos e excluídos no programa Plurinfantil para o curso 2018-2019.
  • Ábrese un prazo de reclamación e alegación de 5 días hábiles.  Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación no correo electrónico centrosplurilingues@edu.xunta.es.

Ensinanza: 

Sección: