Gallego

Modificación da resolución definitiva dos centros seleccionados para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, “English Week”, curso 2019/2020 correspondentes ao 6º curso de Primaria e aos cursos 1º, 2º, 3º e 4º de ESO

Xúntase a Modificación da resolución definitva dos centros seleccionados para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, “English Week”, no curso 2019/2020 correspondentes ao 6º curso de Educación Primaria e aos cursos 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

 

Gallego
Modificación da resolución definitiva dos centros seleccionados para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, “English Week”, curso 2019/2020 correspondentes ao 6º curso de Primaria e aos cursos 1º, 2º, 3º e 4º de ESO

Colectivo: 

Sección: 

Xestión e asistencia médica do Programa de Auxiliares de Conversa en centros públicos 2019/2020

Xúntanse orientacións e anexos para a xestión do Programa de Auxiliares de Conversa 2019/2020 nos centros de educación públicos. Asemade, achégase información sobre a asistencia médica.

 

NOTA IMPORTANTE

Para xestionar o certificado de  Delitos de Naturaleza Sexual deben realizarlo coa cl@ve PIN:
http://clave.gob.es/clave_Home/clave.html
 
Solicitude de certificado de Delitos de Naturaleza Sexual:
 
Gallego
Xestión e asistencia médica do Programa de Auxiliares de Conversa en centros públicos 2019/2020

Colectivo: 

Sección: 

Galicia recibe os 617 auxiliares de conversa en linguas estranxeiras que prestarán apoio este curso no seu sistema educativo

Carmen Pomar presidiu a recepción de benvida

A meirande parte colaboran no ensino da lingua inglesa

Gallego
Galicia recibe os 617 auxiliares de conversa en linguas estranxeiras que prestarán apoio este curso no seu sistema educativo

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, deu hoxe a benvida aos 617 auxiliares de conversa que prestan apoio este curso no sistema educativo, nun acto celebrado na Cidade da Cultura. A presenza destas persoas, tal e como sinalou a conselleira ten un alto valor engadido para a formación das alumnas e alumnos. “O voso traballo non é só contribuír á aprendizaxe de linguas, senón tamén abrirlles os ollos ao mundo, darlles os mecanismos para entender unha sociedade cada vez máis globalizada e, desta forma, facelos máis plurais e críticos”, dixo.

A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia agradeceu a implicación dos docentes na implantación do modelo plurilingüe nos centros educativos, xa que “supón un esforzo importante para a administración e un aínda maior para o profesorado, ao que nunca me cansarei de agradecer o seu esforzo e compromiso diarios”.

Carmen Pomar sinalou cada idioma como unha forma de ver e interpretar a vida, de tal forma que “canto máis coñezamos, máis abertos seremos e máis libres”. “con esa idea –engadiu- implantamos o modelo plurilingüe en Galicia hai unha década, un modelo que cada vez chega a máis centros e que está a acadar uns resultados moi positivos no alumnado”. “O curso pasado realizáronse probas par que os que remataran algunha etapa educativa en centros plurilingües puidesen, de forma gratuíta para a súas familias, certificar os niveis B1 e B2 de inglés. Máis do 80% dos presentados superou os exames”, explicou a conselleira, engadindo que estas probas de certificación se volverán realizar o mes que vén.

A conselleira rematou agradecendo o labor dos auxiliares, que “sodes, sen dúbida, unha parte importante deste éxito”, por contribuír ademais a “acadar unha educación aberta, plural e libre, que garantiza a igualdade de oportunidades”

Seis idiomas

Os auxiliares de conversa prestan servizo nas Escolas Oficiais de Idiomas, nos 423 centros educativos de Galicia con modelo plurilingüe integrado polo Plurilingüismo clásico, o PlurInfantil, o PluriBach ou o PluriFP e, nalgúns casos, nos centros con seccións bilingües.

Por idiomas, o sistema educativo galego vai contar este curso con 564 auxiliares de inglés, 28 de francés, 10 de alemán, 7 de portugués, 7 de chinés e 1 de ruso. Os países de procedencia das persoas auxiliares son Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Bulgaria, Canadá, China,  Estados Unidos, Federación de Rusia, Filipinas, Francia, Hungría, Irlanda, India, Marrocos, Noruega, Nova Zelandia, os Países Baixos, Portugal, Reino Unido, diferentes países de Oceanía (Fiyi, Illas Salomón, Tonga e Vanuatu), Suecia.

Tras a inauguración a xornada de recepción continuará con relatorio arredor do modelo plurilingüe e a Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras Edulingüe 2020, así como das funcións das persoas auxiliares de conversa. Ademais, varios auxiliares e representantes de centros educativos exporán as súas experiencias neste programa. Ao longo do día abordaranse tamén cuestións como a xestión administrativa, entre outras.

Achegamento á cultura doutros países

A figura do auxiliar de conversa é un elemento clave para acercar a realidade cultural e lingüística do seu país de orixe ao alumnado galego. Deste xeito, estas persoas desenvolven un importante servizo complementario, ao apoiaren o labor do profesorado, facilitando as prácticas de conversa en linguas estranxeiras. Ademais, representan un auténtico vehículo de achegamento á cultura dos países onde se fala a lingua obxecto de estudo, polo que reforzan o labor docente na compoñente de multiculturalidade.  

A maiores, e debido ao alto perfil académico dalgúns deles (en especial os chegados ao abeiro do convenio coa Comisión Fulbright), é previsible que aporten un alto valor engadido aos proxectos plurilingües, por exemplo en ámbitos como os de materias STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñarías e Informática).

Colectivo: 

Sección: 

Axudas para as "Rutas Científicas, Artísticas y Literarias con inmersión lingüística en inglés otoño 2019" (MEyFP)

Publicada a Resolución da Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional pola que se convocan becas para participar no programa nacional de  Rutas Científicas, Artísticas y Literarias con inmersión lingüística en inglés outono 2019 (BOE 19-09-2019)  destinadas a alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, e 1º e 2º da ESO.

  • O prazo de solicitude finaliza o 7 de outubro de 2019.

Disporán de toda a información na seguinte URL, onde os centros educativos poderán formalizar a súa solicitude.
http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/idiomas/rutas-ingles-otono.html#dc1

 

Gallego
Axudas para as "Rutas Científicas, Artísticas y Literarias con inmersión lingüística en inglés otoño 2019"  (MEyFP)

Colectivo: 

Un total de 69 centros educativos galegos amplían ou incorporan este curso o modelo plurilingüe

A conselleira de Educación anunciouno na súa visita ao CEIP Plurilingüe de Abanqueiro (Boiro)

A maiores, as seccións bilingües increméntanse ata chegar a un total de 4.647 en 727 centros educativos

O Edulingüe chegará este curso a arredor de 110.000 alumnas e alumnos

Gallego
Un total de 69 centros educativos galegos amplían ou incorporan este curso o modelo plurilingüe

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro, na localidade coruñesa de Boiro, un centro dos máis veteráns no modelo plurilingüe, ao que se incorporou no ano 2011. Neste contexto a titular do departamento educativo da Xunta de Galicia anunciou que este ano se incorporan ou amplían o modelo plurilingüe (nas modalidades de centros plurilingüe en Primaria ou ESO, PlurInfantil, PluriBach ou PluriFP) un total de 69 centros educativos de toda Galicia.

Deste xeito, en Galicia hai xa 377 centros con plurilingüismo en Primaria ou ESO (ou en ambas etapas), 171 con PluriInfantil (que contan tamén, na súa maioría, con plurilingüismo en Primaria), 13 con PluriBach (que tamén pode ser combinado con outra etapa) e 23 imparten ciclos formativos de FP nalgunha lingua estranxeira. A maiores, as seccións bilingües increméntanse este curso ata chegar a un total de 4.647 en 727 centros educativos.

Para dar apoio a estes estudantes beneficiados, arredor de 110.000 alumnas e alumnos, a Consellería pon ao servizo da comunidade educativo un total de 617 auxiliares de conversa neste ano académico.

A relación dos centros que se incorporan este ano ao plurilingüismo ou suman algunha etapa é a recollida no seguinte cadro:

Provincia

Concello

Nome

Etapa

Coruña (A)

A Coruña

CPR Plurilingüe Compañía de María

Pluribach

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

Pluribach

CEIP Wenceslao Fernández Flórez

Educación primaria

Educación infantil

Ames

CPR Alca

Educación primaria

Arteixo

EEI de Barrionovo

Educación infantil

Arzúa

CPR Ntra. Sra. del Rosario

Educación primaria

Educación infantil

Betanzos

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen

Educación secundaria obrigatoria

Educación infantil

Carballo

CEIP de Nétoma-Razo

Educación primaria

Carnota

CEIP de Carnota

Educación primaria

Cerceda

CPI Plurilingüe O Cruce

Educación Secundaria Obrigatoria

Dumbría

CEIP Santa Eulalia de Dumbría

Educación primaria

Ferrol

CPR San Rosendo

Educación primaria

CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira

Educación infantil

Laxe

CPI Plurilingüe Cabo da Area

Educación infantil

Monfero

CPI Plurilingüe Virxe da Cela

Educación infantil

Mugardos

CEIP Unión Mugardesa

Educación primaria

Ponteceso

CRA Nosa Señora do Faro

Educación infantil

Ribeira

CEIP Plurilingüe de Palmeira

Educación infantil

Santa Comba

CEIP Barrié de la Maza

Educación primaria

Santiago de Compostela

CPR Plurilingüe Casa do Neno

Educación infantil

CPR Plurilingüe Compañía de María

Pluribach

CPR Plurilingüe Vilas Alborada

Educación infantil

 

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

PluriFP

IES A Pontepedriña

PluriFP

Lugo

Alfoz

CEIP do Castro de Ouro

Educación primaria

Antas de Ulla

CEIP de Antas de Ulla

Educación primaria

Cospeito

CPI Plurilingüe Virxe do Monte

Educación infantil

Foz

CEIP de Foz nº 1

Educación primaria

Guntín

CPI Plurilingüe Tino Grandío

Educación infantil

Lugo

CPR Plurilingüe La Milagrosa

Educación infantil

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

PluriFP

Meira

CEIP Poeta Avelino Díaz

Educación primaria

Mondoñedo

IES Plurilingüe San Rosendo

Pluribach

O Valadouro

CEIP Santa María do Valadouro

Educación primaria

Ourense

Lobios

CEIP do Xurés

Educación primaria

Monterrei

CRA de Monterrei

Educación infantil

O Pereiro de Aguiar

CPR Plurilingüe Miraflores

Educación Secundaria Obrigatoria

Ourense

CEIP Inmaculada

Educación primaria

Rairiz de Veiga

CEIP Carlos Cid Arregui

Educación primaria

Rubiá

CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño

Educación infantil

Pontevedra

Bueu

CEIP Plurilingüe da Torre-Cela

Educación infantil

Cambados

CEIP Plurilingüe de Castrelo

Educación infantil

Gondomar

CEIP Chano Piñeiro

Educación primaria

Moaña

CEIP de Reibón

Educación primaria

Mos

CEIP Pena de Francia

Educación primaria

O Porriño

CEIP Xosé Fernández López

Educación primaria

Poio

CEIP Isidora Riestra

Educación primaria

Ponteareas

CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera

Educación infantil

Pontevedra

CEIP Plurilingüe Froebel

Educación infantil

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

Educación infantil

Redondela

CEIP de Reboreda

Educación primaria

CPR Plurilingüe Vigo

Pluribach

Salceda de Caselas

CRA Raíña Aragonta

Educación infantil

Sanxenxo

CEIP Plurilingüe Nantes

Educación infantil

Tomiño

CEP Pedro Caselles Beltrán

Educación primaria

Tui

CRA Mestra Clara Torres

Educación infantil

Valga

CRA de Valga

Educación infantil

Vigo

CEIP Santa Mariña

Educación primaria

CEIP Plurilingüe Paraixal

Educación infantil

CPR Plurilingüe Compañía de María

Educación infantil

CPR Plurilingüe Labor

Educación Secundaria Obrigatoria

CPR San José de Cluny

Educación primaria

Educación Secundaria Obrigatoria

CPR Plurilingüe Andersen Augalonga

Educación Secundaria Obrigatoria

EEI Monte do Alba

Educación infantil

CPR Plurilingüe Bouza Brey

Educación Secundaria Obrigatoria

Vila de Cruces

CEIP de Cerdeiriñas

Educación primaria

Vilaboa

CRA de Vilaboa Consuelo González Martínez

Educación infantil

Vilagarcía de Arousa

CEIP de Rubiáns

Educación primaria

Vilanova de Arousa

CEIP Xulio Camba

Educación primaria

 

Cómpre sinalar que as diferentes accións que a Consellería desenvolve en prol da mellora da competencia do alumnado en idiomas enmárcanse na Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020, EDUlingüe, cuxo obxectivo fundamental é estender o plurilingüismo a todas as etapas educativas e facilitar que os alumnos e alumnas poidan acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de etapa. Ata hai tres cursos, a ensinanza plurilingüe estaba implantada nas etapas obrigatorias, é dicir, Primaria e Secundaria, pero desde o curso 2017/18 ábrese tamén a Infantil, Bacharelato e Formación Profesional.

Durante a súa visita ao centro boirense a conselleira felicitou a comunidade educativa polo seu traballo arredor do modelo plurilingüe, así como pola súa implicación noutras iniciativas impulsadas pola Consellería, tales como os contratos-programa.

Non en balde, o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro desenvolveu o pasado curso as liñas 1 e 2 dos mesmos. A primeira liña, de Reforzo, orientación e apoio (PROA), busca mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

Pola súa banda, a liña 2 céntrase nas accións para a Mellora das competencias clave, en especial da matemática. O desenvolvemento desta actuación incluirá sempre o reforzo desta competencia, podendo incluír tamén actuacións para a mellora da comunicación lingüística e/ou competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

Sección: 

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa participou no seminario RELANG

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa participou no seminario Relating foreign/language curricula, tests and examinations to the Common European Framework of Reference (RELANG) (Relacionar o currículo, as probas e exames de linguas estanxeiras/segundas linguas co Marco Común Europeo de referencia) que se desenvolveu en Madrid durante os días 29, 30 e 31 de maio 2019 organizado polo SEPIE. Este seminario enmárcase dentro da iniciativa conxunta para a aprendizaxe de lingua Innovative Methodologies and Assessment in Language Learning coordinada polo Centro Europeo de Linguas Modernas (ECML) do Consello de Europa e a Dirección General de Educación y Cultura (DGEAC) da Comisión Europea.

No seminario participaron representantes das Comunidades e Cidades Autónomas e do Ministerio de Educación e Formación Profesional involucrados á toma de decisións sobre o currículo de idiomas de Educación Secundaria Obrigatoria e/ou as súas probas de avaliación e con capacidade multiplicadora.

 

Gallego

File: 

Colectivo: 

Sección: 

Información.Renovación da documentación na Oficina de Estranxería ou Comisaría de Policía - Auxiliares renovadores/as non Europeos/as. Curso 2019/2020

INFORMACIÓN PARA AUXILIARES RENOVADORES NON EUROPEOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O CURSO 2019/2020

Os auxiliares renovadores deberán solicitar persoalmente a renovación da súa documentación.

RENOVACIÓN DA AUTORIZACIÓN DE ESTANCIA POR ESTUDOS

Lugar presentación: Oficina de estranxeiría ou Comisaría de Policía en cada provincia. Nalgunhas provincias,  é necesario solicitar cita previa (de 9 a 12 horas de luns a venres).

Documentación necesaria, presentación persoal:

  1. Impreso de solicitude EX00, orixinal e copia, debidamente cumprimentadas e asinadas.

  2. Orixinal e copia do pasaporte (todas as follas con selos ou anotacións).

  3. Nomeamento da Consellería (orixinal e copia).

  4. Se se trata dun traslado desde outra Comunidade Autónoma: Nomeamento da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (orixinal e copia).

  5. Certificado de empadroamento actual (se fose posible).

  6. Resgardo bancario do abono das taxas de prórroga.

RENOVACIÓN DA TIE

Lugar presentación: Oficina de estranxeiría e/ou Comisaría de Policía en cada provincia. Nalgunhas provincias, é necesario solicitar cita previa (de 9 a 12 horas de luns a venres).
Prazo de solicitude: pódese solicitar a renovación do TIE desde 60 días antes da súa caducidade, de forma extraordinaria nos 90 días posteriores á súa caducidade.
Desde que se recibe a resolución deberase acudir á Xefatura de Policía/Estranxeiría mais próxima en o prazo máximo dun mes para finalizar os trámites.

Documentación necesaria, presentación persoal:

  1. Impreso de solicitude EX17, orixinal e copia, debidamente cumprimentadas e asinadas.

  2. Certificado de empadroamento.

  3. Orixinal do pasaporte.

  4. 1 foto de tipo carné (a cor con fondo branco).

  5. TIE anterior.

  6. Resolución de Estranxeiría (orixinal).

  7. Nomeamento da Consellería.

  8. Resgardo do abono das taxas correspondentes.

SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN DE REGRESO

Lugar presentación: Oficina de estranxeiría e/ou Comisaría de Policía en cada provincia. Nalgunhas provincias,  é necesario solicitar cita previa (de 9 a 12 horas de luns a venres).

Documentación necesaria, presentación persoal:

  1. Impreso de solicitude Ex-13, orixinal e copia, debidamente cumprimentadas e asinadas.

  2. Orixinal do cartón de identidade de estranxeiro (TIE), que debe estar caducada.

  3. Nota: Excepcionalmente poderá presentarse a solicitude de autorización de regreso sen que caducase  aínda a TIE, cando se acredite debidamente a concorrencia dunha situación excepcional que lle esixe saír do territorio español e retornar con posterioridade á perda de vixencia do cartón de identidade de estranxeiro.

  4. Resgardo da solicitude de renovación. Orixinal e fotocopia.

  5. Orixinal e copia do xustificante de pago en concepto de tramitación de a autorización de regreso.

  6. Orixinal e copia do billete de avión de volta a España.

IMPRESOS. Pódense descargar aquí: http://extranjeros.empleo.gob.es/es/modelossolicitudes/mod_solicitudes2/

  • EX00 - Solicitude de Prorroga de Estancia por Estudos

  • EX13: - Solicitude de autorización de regreso.

  • EX17 - Solicitude de Cartón de Identidade de Estranxeiros.
     

INFORMACIÓN PARA AUXILIARES RENOVADORES NON EUROPEOS NOUTRA COMUNIDADE AUTÓNOMA PARA O CURSO 2019/2020

Recoméndase acudir á Oficina de estranxeiría ou policía máis próxima á súa residencia para informarse sobre o lugar e procedemento de trámite de renovación da TIE, prorroga de estancia e demais documentación necesaria. Para máis información, deberán porse en contacto coas persoas xestoras do Programa de auxiliares de conversación da comunidade solicitada para o curso 2019/2020.

 

 

Gallego
Información.Renovación da documentación na Oficina de Estranxería ou Comisaría de Policía - Auxiliares renovadores/as non Europeos/as. Curso 2019/2020

Sección: 

Programas europeos: Oferta de novos TCA do sector escolar e adultos. Seminarios de contacto e visitas de estudo

No sitio web do SEPIE http://www.sepie.es/, a Axencia Nacional de Erasmus +, ofértase novas prazas para participar nas Actividades de Cooperación Transnacional (Seminarios de contacto e visitas, chamadas TCA), que terán lugar en diferentes cidades de Europa durante os vindeiros meses de 2019, para o sector da Educación Escolar (ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e bacharelato) e do sector de Persoas Adultas (EPAs, EE.OO.II e ensinanzas de adultos non formal)

As Actividades de Cooperación Transnacional (Seminarios de contacto e visitas de estudo) teñen por finalidade axudar ás institucións e aos centros educativos dos países a entrar en contacto e desenvolver un plan de traballo con outros centros e institucións europeas que desexen intercambiar experiencias, colaborar en proxectos de mobilidade e/ou establecer unha Asociación Estratéxica; é dicir participar en proxectos europeos futuros conxuntos de Erasmus+.

Os TCAs ofertados son os seguintes:

1.- Visita de Estudos: Creative use of digital technologies in Estonian schools

Tallín (Estonia)

Data 7- 9 de abril de 2019

Destinatarios: administradores e administradoras educativos, directores e directoras e xefaturas de departamento de centros educativos.

Data límite presentación formularios: 08-03-2019  (12:00, hora de Bruxelas)

Idioma: inglés.

Prazas: 1 praza para institucións do ámbito de educación escolar.

Obxectivo: Coñecer o uso creativo das TIC, compartir boas prácticas, crear redes de traballo e atopar socios potenciais para presentar proxectos nas novas convocatorias do programa.

2.- Seminario de Contacto: StS (school to school partnerships) – How to plan an excellent Project for special Schools

Miedzeszyn (Polonia)

Data 22-26 de maio de 2019.

Destinatarios: equipos directivos e docentes de centros de educación especial interesados na realización de proxectos de Asociacións de Intercambio Escolar KA229 no marco do Programa Erasmus+.

Data límite de presentación formularios: 25-03-2019  (12:00, hora de Bruxelas)

Idioma: inglés

Prazas: 2-3 prazas para institucións e organizacións do ámbito da educación escolar.

Obxectivo: o seu obxectivo principal é afondar nos fins e prioridades das asociacións de intercambio escolar no marco do Programa, así como establecer contactos e atopar socios para futuros proxectos Erasmus+ dentro do marco da inclusión social e alumnado con necesidades educativas especiais.

3.- Visita de Estudos: The Role of School Leaders in the professional Development of Teachers

Estocolmo (Suecia)

Data: 14-16 de maio de 2019.

Destinatarios: administradores e adminsitradoras educativos, directores e directoras de centros.

Data límite presentación formularios: 25-03-2019  (12:00, hora de Bruxelas)

Idioma: inglés.

Prazas: 2 prazas para institucións do ámbito de educación escolar.

Obxectivo: intercambiar experiencias e ideas para mellorar o desenvolvemento profesional do profesorado e atopar potenciais socios para futuros proxectos no marco de Erasmus+.

4.- Thematic TCA: Erasmus4ever Erasmus4future

Florencia (Italia)

Data: 7- 9 de maio de 2019.

Destinatarios: coordinadoras e coordinadores de proxectos Eramus+ xa realizados, interesadas e interesados na promoción e formación de redes de alumnado Erasmus+; alumnado para os que a participación no programa Erasmus+ supuxera unha experiencia transformadora. No caso do estudantado, deberán ser maiores de idade, e se xa remataran os seus estudos de Bacharelato, ter titulado no curso 2017-2018. Serán os centros educativos os que enviarán unha solicitude propoñendo a súa participación. Terase especialmente en conta a participación do alumnado en mobilidades de larga duración.

Data límite presentación formularios: 15-03-2019 (12:00, hora de Bruxelas)

Idioma: inglés.

Prazas: 1 praza para institucións do ámbito de educación escolar y 1 praza para institucións de educación de persoas adultas.

Obxectivo: Enmarcar Erasmus+ como unha experiencia transformadora que contribúa á construción da identidade europea; dar os primeiros pasos cara unha futura rede de alumnado Erasmus co fin de mellorar a difusión de Erasmus+ e animar a potenciais participantes no programa.

 

Toda a información sobre a convocatoria, as actividades ofertadas, os criterios de selección e o proceso de solicitude, subvención e xustificación pode atoparse nas seguintes ligazóns:

Educación escolar: http://www.sepie.es/educacion-escolar/seminarios.html#contenido

Educación de persoas adultas: http://www.sepie.es/educacion-adultos/seminarios.html#contenido

 

Gallego
Programas europeos: Oferta de novos TCA do sector escolar e adultos. Seminarios de contacto e visitas de estudo

Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2019/2020. Solicitude de novos/as candidatos/as

O Ministerio de Educación y Formación Profesional abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2019/2020. Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana, portuguesa e rusa.
 
Dirixidas a graduados/as e estudantes universitarios/as no seu último ano académico dos seguintes países: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica (francés ou inglés), Bulgaria (inglés), Canadá (francés ou inglés), China (chino e inglés), Estados Unidos, Federación de Rusia, Filipinas (inglés), Finlandia (inglés), Francia, Irlanda, India (inglés), Italia, Luxemburgo (inglés), Malta, Marrocos (francés), Noruega (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Países de Oceanía (Fixi, Illas Salomón, Tonga e Vanuatu), Portugal, Reino Unido, Singapur, Suecia (inglés), Suíza (alemán, francés ou italiano) e Túnez (francés).

 

  • Prazo aberto ata o 10 de abril de 2019.

Ligazón á convocatoria: http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/profesorado/convocatorias-para-extranjeros/auxiliares-conversacion-extranjeros-espana.html

Información:

 

Gallego
Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2019/2020. Solicitude de novos/as candidatos/as

Colectivo: