Información.Renovación da documentación na Oficina de Estranxería ou Comisaría de Policía - Auxiliares renovadores/as non Europeos/as. Curso 2019/2020
Xov, 16/05/2019 - 10:51

INFORMACIÓN PARA AUXILIARES RENOVADORES NON EUROPEOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O CURSO 2019/2020

Os auxiliares renovadores deberán solicitar persoalmente a renovación da súa documentación.

RENOVACIÓN DA AUTORIZACIÓN DE ESTANCIA POR ESTUDOS

Lugar presentación: Oficina de estranxeiría ou Comisaría de Policía en cada provincia. Nalgunhas provincias,  é necesario solicitar cita previa (de 9 a 12 horas de luns a venres).

Documentación necesaria, presentación persoal:

  1. Impreso de solicitude EX00, orixinal e copia, debidamente cumprimentadas e asinadas.

  2. Orixinal e copia do pasaporte (todas as follas con selos ou anotacións).

  3. Nomeamento da Consellería (orixinal e copia).

  4. Se se trata dun traslado desde outra Comunidade Autónoma: Nomeamento da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (orixinal e copia).

  5. Certificado de empadroamento actual (se fose posible).

  6. Resgardo bancario do abono das taxas de prórroga.

RENOVACIÓN DA TIE

Lugar presentación: Oficina de estranxeiría e/ou Comisaría de Policía en cada provincia. Nalgunhas provincias, é necesario solicitar cita previa (de 9 a 12 horas de luns a venres).
Prazo de solicitude: pódese solicitar a renovación do TIE desde 60 días antes da súa caducidade, de forma extraordinaria nos 90 días posteriores á súa caducidade.
Desde que se recibe a resolución deberase acudir á Xefatura de Policía/Estranxeiría mais próxima en o prazo máximo dun mes para finalizar os trámites.

Documentación necesaria, presentación persoal:

  1. Impreso de solicitude EX17, orixinal e copia, debidamente cumprimentadas e asinadas.

  2. Certificado de empadroamento.

  3. Orixinal do pasaporte.

  4. 1 foto de tipo carné (a cor con fondo branco).

  5. TIE anterior.

  6. Resolución de Estranxeiría (orixinal).

  7. Nomeamento da Consellería.

  8. Resgardo do abono das taxas correspondentes.

SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN DE REGRESO

Lugar presentación: Oficina de estranxeiría e/ou Comisaría de Policía en cada provincia. Nalgunhas provincias,  é necesario solicitar cita previa (de 9 a 12 horas de luns a venres).

Documentación necesaria, presentación persoal:

  1. Impreso de solicitude Ex-13, orixinal e copia, debidamente cumprimentadas e asinadas.

  2. Orixinal do cartón de identidade de estranxeiro (TIE), que debe estar caducada.

  3. Nota: Excepcionalmente poderá presentarse a solicitude de autorización de regreso sen que caducase  aínda a TIE, cando se acredite debidamente a concorrencia dunha situación excepcional que lle esixe saír do territorio español e retornar con posterioridade á perda de vixencia do cartón de identidade de estranxeiro.

  4. Resgardo da solicitude de renovación. Orixinal e fotocopia.

  5. Orixinal e copia do xustificante de pago en concepto de tramitación de a autorización de regreso.

  6. Orixinal e copia do billete de avión de volta a España.

IMPRESOS. Pódense descargar aquí: http://extranjeros.empleo.gob.es/es/modelossolicitudes/mod_solicitudes2/

  • EX00 - Solicitude de Prorroga de Estancia por Estudos

  • EX13: - Solicitude de autorización de regreso.

  • EX17 - Solicitude de Cartón de Identidade de Estranxeiros.
     

INFORMACIÓN PARA AUXILIARES RENOVADORES NON EUROPEOS NOUTRA COMUNIDADE AUTÓNOMA PARA O CURSO 2019/2020

Recoméndase acudir á Oficina de estranxeiría ou policía máis próxima á súa residencia para informarse sobre o lugar e procedemento de trámite de renovación da TIE, prorroga de estancia e demais documentación necesaria. Para máis información, deberán porse en contacto coas persoas xestoras do Programa de auxiliares de conversación da comunidade solicitada para o curso 2019/2020.