Convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week para o ano 2019

Xov, 23/05/2019 - 09:15
Convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week para o ano 2019
Publicada a Orde do 8 de maio de 2019 pola que se regulan a convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería para participaren en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
 
Participantes e quendas
Esta orde ten por obxecto regular a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios para participar en actividades de inmersión en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o ano 2019.

Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos cales se impartan ensinanzas de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

As estadías desenvolveranse en dez quendas dunha semana de duración entre o 6 de outubro e o 14 de decembro deste ano. 

Solicitudes

Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, todos do mesmo nivel educativo.

  • O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 1 de xullo de 2019.